Revista ch 5 (173)

Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 173 | marzo - abril 2017

C om p oste la , destino recoñecido de primeira Recibimos o Premio Trivago á Cidade coa mellor reputación online do país

Entrevista con Marta Fernández, Directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia


*Royal Bliss es una marca registrada de The Coca-Cola Company.

LAS OBRAS MAESTRAS NO NACEN DE LA

ZONA DE CONFORT


PÁXINA 4

[Entrevista] M a r t a Fe r n á n d e z , Directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia

[Actualidade] • C o c a - C o l a p r e s e n t a Ro y a l Bliss, unha innovadora gama de mixers

PÁXINA 7

• Aula de negocios para empresarios hostaleiros • Convenios de colaboración vixentes para todo 2017. • Hosteleria Compostela, en Fitur • Gran reputación online • Gastronomía en Semana Santa

PÁXINA 13

[Opinión] ‘ Fa l a B a i x i ñ o n a R ú a ’ p o r S e r g i o Fe r n á n d e z

[ E D I TO R I A L ] A nosa revista CompHostelería ven cargada de actualidade e é que comezamos este primeiro trimestre de 2017 coa ilusión e co obxectivo de axudar e mellorar o día a día dos nosos asociados. Nestas páxinas que estás a ler atoparás unha entrevista en profundidade con Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia, na que sinala a súa opinión sobre a formación no noso sector e tamén detalla os servizos que oferta este prestixioso centro. Falamos tamén cun dos gañadores da pasada edición do Santiago(é) Tapas, o restaurante Caney, onde o seu xerente, Rahid Jaber Martínez comenta connosco a situación actual da restauración en Compostela. Tratamos diversos temas de actualidade e damos un amplo repaso a visita de Hostelería Compostela en FITUR 2017. Alí a nosa presidenta Sara Santos recolleu o premio entregado por Trivago ao destino coa mellor reputación online de España para Santiago de Compostela, gracias a esta mención e tamén ao traballo feito no stand de Galicia levámonos moi boas sensacións de cara ao futuro do turismo na nosa comunidade. E para non perderte nada do día a día da asociación ata o próximo número, non dubides en visitar a nosa web santiagohosteleria.net Desexamos que che guste!

PÁXINA 14

[Na mesa con ...] Rahid Jaber Martínez n o Re s t a u r a n t e C a n e y

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Rebeca Munín e Cristina Márquez Fotografía: Cristina Márquez e arquivo da Asociación Hostelería Compostela Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


“Ademais de formar a novos profesionais é necesario ‘reciclar’ aos que xa están en activo”

Marta co cociñeiro xaponés Hirohiso Toyama, o xefe de cociña do seu restaurante e a súa filla que acudiron ao CSHG para dar unha clase maxistral.

4


“Formación continua e internacionalización son os dous nosos grandes obxectivos”

Entrevista

[ Entrevista] Marta Fernández, Directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia Para Marta Fernández (A Coruña, 1982) é todo un “orgullo” dirixir o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) desde outubro de 2015. E non é para menos. Trátase dunha escola punteira en todo o mundo, da que teñen saído miles de directivos hoteleiros desde a súa apertura no 1993 e que ten unhas elevadas porcentaxes de inserción laboral. Marta, cres que falta formación no sector da hostalaría? Si, rotundo. Aínda que nos últimos anos estamos mellorando en cociña. Parece que ser cociñeiro está de moda e hai moitos mozos que deciden estudialo. Pero en sala temos unha gran carencia. É unha profesión que non está valorada, a pesar de que a satisfacción do cliente depende en grande medida da atención que reciba alí. De feito, estamos traballando nun plan de formación específico para eles. Tamén queredes mellorar en formación continua e especialización, non si? Si. Estamos traballando en novos programas dirixidos a

profesionais que non poden acceder, por exemplo, a un curso de catro anos presenciais. Porque ademais de formar a novos profesionais é necesario ‘reciclar’ aos que xa están en activo. Hai unha gran parte dos hostaleiros de Galicia que basean a súa formación na experiencia. Iso é moi valioso, por suposto. Pero recibir algunhas nocións fóra desa experiencia vital podería mellorar moito os resultados dos seus negocios. Para intentar axudar nese senso, creamos a Escola de Turismo Itinerante. Depende de Turismo de Galicia, nútrese de profesorado do CSHG e o que fai é desplazarse a eses lugares que turísticamente están menos desenvolvidos, para impartir programas de formación a medida e de xeito totalmente gratuíto. Por que elexir unha escola como o CSHG? Primeiro porque somos os únicos en Galicia que ofertamos o Diploma Superior en Xestión Hoteleira. E en canto ao Diploma de Gastronomía e Xestión de Restaurantes diferenciámonos dos IES en que os nosos alumnos teñen coñecementos de xestión ademais de saber cociñar. Por

outro lado, está o noso método. Alternamos unha semana de formación teórica e unha de práctica. E con prácticas reais porque temos espazos de venda ao público: unha cafetería e un restaurante. Ademais, desde o primeiro curso, o alumno ten contacto coas empresas. No caso de Xestión Hoteleira temos colaboracións con máis de 25 cadeas hoteleiras internacionais. Podemos presumir, por exemplo, de que veña Marriott directamente desde USA a entrevistar aos nosos alumnos. Así, cando alguén remata a súa formación, tivo catro experiencias laborais diferentes. É dicir, xa ten o currículo debuxado. E por que un empresario debería apostar polos alumnos do CSHG? Porque o valor máis importante dunha empresa é o persoal. É o que vai permitir ter un negocio de éxito. Nós o que ofrecemos son profesionais de nivel. Os rapaces que saen do centro atopan tamén traballo en Galicia ou teñen que marchar do país? Hai un perfil moi variado. Durante as prácticas, moitos intentan saír fóra para adquirir 5


Marta nunha visita cos responsables da Universidade de Brighton

Entrevista experiencia. En penso que iso é moi enriquecedor. Pero cando se queren establecer, moitos deles queren voltar a Galicia. Existe traballo aquí? Si. Poderíamos ocupar a todos os nosos estudantes de Xestión Hoteleira en Galicia? Probablemente non. Aos de Gastronomía si que poderiamos ocupalos a todos, seguro.

Hai moitos sitios de referencia en Santiago. Pero como somos o gran escaparate de Galicia, creo que temos que asumir esa responsabilidade e todavía mellorar onde fai falla. Estamos facendo o camiño, pero todavía falta.

Pero como podemos combater a precariedade laboral no sector?

Si. Porque as asociacións son un interlocutor. É unha forma de poder acceder a moito a través dun só punto. É fundamental para definir intereses, necesidades… e para promover o corporativismo que creo que tamén é moi importante.

Eu creo que o empresario ten que crer na importancia de ter un bo traballador para que o seu negocio obteña uns mellores resultados. No momento no que se interiorice isto, as condicións de traballo probablemente cambien. Que opinión ten do sector hosteleiro en Compostela? Está evolucionando moito. 6

E sobre o asociacionismo? É bo para o hosteleiro estar asociado?

Por último, que balance fai deste primer ano como directora e que obxectivos se marca para 2017? Eu son unha persoa moi impaciente. Quero conseguir as cousas e quero conseguilas

“Estamos traballando nun plan de formación específico para sala porque aí hai unha grande carencia” rápido. Pero nunha conferencia na que estiven un empresario africano dixo unha frase que me encantou: “So chegarás rápido, pero só en equipo chegarás lonxe”. Hai que definir moi


“Podemos presumir de ter colaboracións con máis de 25 cadeas hoteleiras internacionais”

Actualmente, o Centro Superior de Hostelería de Galicia oferta dous ciclos formativos: o Diploma Superior de Xestión Hoteleira, que é un título propio da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e o Diploma de Gastronomía e Xestión de Restaurantes.

Entrevista

O CSHG EN DATOS ben os cimentos para que os proxectos sexan sólidos. Entón, estanse empezando a conseguir cousas pero todavía queda moito por facer. Un dos meus obxectivos era que o CSHG fose un centro aberto, que se coñecera o que facemos aquí. E outro gran obxectivo é a formación continua para conseguir profesionalizar o sector. Tamén estamos traballando na internacionalización. Tanto na formación dos alumnos, que é certo que fan as súas prácticas en todo o mundo, pero eu quero tamén que cheguen a estudar noutros países. E tamén na captación de alumnos do exterior. A día de hoxe son os meus dous grandes obxectivos: formación continua e internacionalización. Ser útil ao sector é fundamental. ❚

A matrícula en réxime externo de Xestión Hoteleira é de 7.500 euros por curso e ten unha duración de 4 anos. Forman a directores ou mandos intermedios dun hotel e contan cuns 80 alumnos por promoción. Os requisitos para ingresar son ter rematado o Bacharelato, superar a Proba de Acceso á Universidade e unha entrevista persoal e probas no centro. O 85% dos que adquiren esta titulación obteñen un traballo en menos de dez meses. Pola súa banda, o Diploma de Gastronomía e Xestión de Restaurantes ten unha duración de 2 anos e un prezo de matrícula en réxime externo de 6.890 euros. Forman a cociñeiros con coñecementos en xestión. Como requisitos, precísase o Bacharelato e superar unha entrevista persoal e as probas do centro. Contan con 28 alumnos por curso e unha inserción laboral do 100%. “Recibo semanalmente moitas chamadas solicitando a xente para distintos postos e non podo dar resposta a todos. É frustrante”, admite Marta Fernández.

A directora do CSHG con cociñeiros do Grupo Nove. 7


[ Ac t u a l i d a d e ] Coca-Cola presenta Royal Bliss, unha innovadora gama de mixers

C

oca-Cola presenta Royal Bliss, unha innovadora gama de mixers premium que permite composicións infinitas e que xa está nos mellores locais de hostalaría do noso país desde o 1 de febreiro.

Actualidade

Sabores complexos, ricos en tons aromáticos que van revolucionar o mercado espertando sensacións inéditas con cada sorbo. Iso é Royal Bliss, unha gama de mixers premium tan volúbel que permite moitísimas creacións. Elaborada íntegramente pola marca Coca-Cola e dirixida plenamente ao consumidor, supón unha nova maneira de experimentar o universo dos mixers. Coa creación desta marca, Coca-Cola segue apoiando ao sector hostaleiro con iniciativas práticas e innovadoras xa que Royal Bliss e a súa gama de produtos satisfarán as distintas necesidades dos consumidores.

Suxerencias de presentación Royal Bliss aposta por un vaso high ball ou long drink que permite unha apreciación máis directa dos aromas. O mixter premium traballa nun novo concepto de combinado que deixa saír da zona de confort co uso das texturas con combinacións sorprendentes de ingredientes no exterior da copa. Isto permite xerar novas experiencias en boca mentres se respecta o produto. É unha técnica sinxela de executar pero moi sorprendente, que inspira ao bartender a compoñer e crear dentro do seu propio estilo persoal.

Oito variedades que permiten infinitas creacións Creative Tonic Water, unha rica mestura entre amarga e doce que non esquece os sabores cítricos. Bohemian Berry Sensation, con tons moi definidos e sensacións perfumadas que lembran ao lichi, froita da paixón, melocotón, albaricoque e froitas do bosque. Creative Zero Azúcar Tonic Water, cero azucre cun sabor acedo moi marcado e un ton lixeiramente doce. Elegant Soda, esta variedade abre as portas a infinitas combinacións. Exotic Yuzu Sensation Tonic Water, con matices que lembran a mandarina, pomelo e yuzu e cunha tonalidade vexetal. Expressive Orange, sabor que mestura notas a laranxa con pomelo, mandarina, kumsuat e froitas tropicais. Ironic Lemon, máis alá do limón, con matices intensos e acedos aínda que cunha presenza doce que deixa unha sensación refrescante. Irreverent Gingerale, as notas do xenxibre o os cítricos vense equilibradas polos matices amaderaidos e doces.. ❚

8


[ Ac t u a l i d a d e ] Aula de negocios para empresarios hostaleiros

hostaleiros’ que xa desde principios deste ano vense celabrando nas nosas instalacións .

Trátase dun ciclo de pequenas accións formativas pensadas para as persoas que dirixen ou ten como obxectivo responsabilizarse dun negocio de hostalaría. Os responsables de dirixir estar xornadas de debate e aprendizaxe son Emilio Arias, consultor experto en desenvolvemento de negocio e Ángel González, recoñecido experto en estratexia de negocios; membros de Edan Xestión, consultoria especializada en dirección, xerencia e

Actualidade

C

ontinuamos no mes de marzo coa ‘Aula de negocios para empresarios

organización de empresas do sector hostaleiro. Cada actividade ten unha duración de dúas horas que se dividen en exposición participativa e debate aberto. O contido destas aulas procura dar solucións prácticas e útiles aos profesionais do noso sector que elixan asistir e é por iso que os grupos serán reducidos de non máis de 12 persoas por xornada. O prezo de cada actividade é de 30 euros por alumno, no caso de estar asociado a Hosteleria Compostela. Para os non asociados o importe ascende a 60 euros por persoa.

Datas e temática das vindeiras xornadas: Quero diferenciarme da competencia. Que podo facer? Terá lugar o 2 de marzo, impartida por Emilio Arias, consultor experto en desenvolvemento empresarial. Os puntos a tratar serán: que significa diferenciarse da competencia, como transmito ao potencial cliente que o meu negocio é diferente e atractivo, influenza positiva e negativa da competencia na miña empresa; innovar, como facelo.

Que prezos poño no meu local? Esta xornada ten data para o 9 de marzo, de 10h a 12h. Nesta ocasión os asistentes xunto co experto en estratexia de negocio Ángel González tratarán os seguintes temas: Que debe determinar os prezos do meu local,; marxes de rencibilidade, produtos estrela e produtos gancho; como facer un escandallo útil.

Captar clientes a través das redes sociais. A última acción formativa deste ciclo será dirixida o 23 de marzo por Emilio Arias. Nesta aula debatiranse diferentes temas como: O meu negocio ten que estar onde están os meus

Emilio Arias, consultor de Edán Gestión, na aula de formación de Hostelería Compostela

clientes; son útiles as redes sociais? Internet como campo de conversa interesada; como sacar rendemento das redes sociais, cales elixir, que buscar con cada unha delas; como captar o interese da xente a través do que publicas. ❚

9


[ Ac t u a l i d a d e ] Convenios de colaboración vixentes para todo 2017.

D

esde a Asociación Provincial de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela e coa finalidade de conseguir os mellores beneficios para os nosos asociados, temos en vigor os seguintes acordos.

Actualidade

• Segarel 2000 SL: O convenio firmado con Segarel 2000 logra beneficios e vantaxes na contratación dos diversos seguros que poida necesitar calquera profesional do noso sector. A empresa vinculada oferta ao membros de Hostelería Compostela as mellores condicións posibles, atendendo ao mercado dos seguros. Asímesmo Segarel 2000 comprométese a ofertar os seus produtos cos prezos máis competitivos do mercado. Tamén facilita aos nosos asociados asesoramiento legal, directo e persoalizado de xestión de riesgos e seguros, co obxecto de mellorar a información sobre as suas pólizas. • Central Dreams Winio SL: A entidade Winio colabora con distintas asociacións coa finalidade de agrupar o maior número de empresas e consumidores posible e así conseguir as mellores condicións de compras para todos eles. E con ese obxectivo, a Asociación Hostelería Compostela, velando polos intereses dos seus asociados, busca acordos de colaboración nos que estes saian beneficiados. Gracias ao acordo, Winio oferta aos socios produtos previamente negociados con diversos proveedores ao coste máis baixo e rentable segundo as condicións do mercado nese momento. • Combustibles Otero S.L: A súa actividade principal é o suministro de hidrocarburos nas súas distintas modalidades. Co propósito de lograr unha cooperación efectiva e beneficiosa para todas as empresas e autónomos membros da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago, a entidade Combustible Otero, fixará uns prezos especiais nos produtos suministrados para os socios da entidade. Estes prezos serán determinados pola empresa colaboradora coa periodicidade que considere e sempre buscando a natureza máis beneficiosa para os hostaleiros asociados. • Repsol Gas: A distribuidora suministra GLP aos membros da asociación nas cantidades que precisen para o seu consumo. Os profesionais poden realizar pedidos de gas por unha cantidade mínima de cincocentos kilos e, en especial, cando comprueben que o nivel do seu depósito descende do vintecinco por cento. Os prezos de venda serán, por cada suministro os resultantes da aplicación da Tarifa Repsol Gas de Gran Consumo. Os pedidos poden facerse chamando ao 901120120 e Repsol Gas comprométese a facer o suministro no prazo máximo de 96 horas, excluyendo os sábados, domingos e festivos.

Se precisas máis información de calquera dos convenios publicados podes chamar ao 981592700 ou entrando na nosa web santiagohosteleria.org ❚

10


[ Ac t u a l i d a d e ] A

Asociación Hostalería Compostela

munidade autónoma como un referente

gozarán dun gran éxito neste 2017 e

acudiu o pasado mes de xaneiro

enoturístico.

axudarán a continuar posicionando a nosa comunidade como un destino

ao Salón Internacional de Turismo

de Madrid, Fitur 2017. Entre outros actos, o

O proxecto ‘Destino familiar’ inclúe un

multiexperiencial e de calidade.

vicepresidente Carlos Tardáguila partici-

sistema de acreditación orientado á posta

pou na presentación das marcas ‘Enotu-

en valor da oferta dirixida a este seg-

O Salón Internacional de Turismo de

rismo Galicia’ e ‘Galicia Destino Familiar’,

mento a fin de que o consumidor poida

Madrid, FITUR 2017, pechou as súas

concibidos en colaboración cos asociados

identificar os servizos, establecementos,

portas con récord de visitantes, máis

do Clúster de Turismo de Galicia para

instalacións e actividades turísticas pen-

de 245.000, e tamén con moi boas

mellorar a comercialización e a diferen-

sados e adaptados para familias.

sensacións no espazo de traballo no stand de Galicia.

ciación da oferta turística galega. Durante a presentación, a directora de Turismo de

Tardáguila asistiu tamén á exposición

Galicia, Nava Castro, destacou que estes

das novas conexións da compañía Luf-

Durante os días dedicados ao sector

dos proxectos deron os seus primeiros

thansa en Santiago, que dende finais de

profesional, o espazo de Galicia en

pasos no pasado ano e que impulsarase o

marzo unirán a capital de Galicia tres

Fitur acolleu unha intensa activi-

seu desenvolvemento neste 2017.

veces por semana co seu hub inter-

dade de networking que permitiu

nacional de Frankfurt e unha vez por

pechar encontros entre hostaleiros,

semana co de Múnich.

consultoras, responsables de novas

A través da iniciativa ‘Enoturismo Galicia’

Actualidade

Hosteleria Compostela, en FITUR

tecnoloxías, portais de xestión de

únense por primeira vez as cinco Rutas do Viño de Galicia baixo unha mesma

Nava castro avogou pola importancia

reservas on line, axencias de viaxes,

marca co obxectivo de situar a nosa co-

destas dúas iniciativas afirmando que

etc. ❚

11


[ Ac t u a l i d a d e ] Gran reputación online

Gastronomía en Semana Santa

F

itur foi tamén

Santiago Paixón Doce: máis aló das roscas e ovos de Pascua

o escenario

Actualidade

escollido por

Trivago, o coñecido

A

buscador de prezos

s celebracións

de hoteis, para facer

de Semana

entrega a Santia-

Santa e Pascua

go do premio á cidade coa mellor reputación online de España.

contan con numerosos

Ao acto asistiron a presidenta da nosa asociación, Sara Santos; a

doces e sobremesas

directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o alcalde Martiño No-

tradicionais en Santiago,

riega; a concelleira de Turismo, Marta Lois; e a xerente de Turismo

cidade larpeira, que

de Santiago, Flavia Ramil.

goza de receitas ancestrais traídas hai

Na análise tivéronse en conta máis de 9.000 cidades de todo o mundo, e un total de máis de 200 millóns de opinións. Santia-

séculos polas ordes relixiosas, e dunha longa tradición

go obtivo unha puntuación de 83,72 puntos, por riba de cidades

chocolateira, vida de América e transferida a Europa

como Kioto (83,4), Varsovia (83,38), Lisboa (83,16) Bogotá (82,81) ou

grazas á contribución do Camiño.

Whashington D.C (82,44).

Por elo, durante a Semana Santa, nos establecementos da cidade, tanto en bares e restaurantes, como en

Trala entrega, Sara Santos comentou as impresións sobre a

panaderías e reposterías, atoparás nestas datas propostas

obtención deste premio. A presidenta sinalou que Compostela é o

especiais baseadas nos mellores produtos e preparacións

destino final ao que leva o Camiño de Santiago, sendo o mesmo un

da gastronomía de temporada, entre os que é preciso

dos seus principais atractivos. A cidade, Patrimonio da Humanidade,

destacar os DOCES: desde leite fritida, buñuelos de

conta cun impresionante conxunto arquitectónico, o que a converte

Coresma, rosquillas, melindres, rosca, ovos de pascua

nun destino cultural por si mesmo. “Ademais, non podemos obviar

ata cafés “capuchinos” e copas de xeado “das confrarías”,

que Santiago, e Galicia no seu conxunto, ofrecen un importante

tortas e outras lambetadas desta época do ano.

atractivo gastronómico. É unha cidade moi acolledora onde todo visitante atópase arroupado polas súas xentes”, asegurou.

Romaría de San Lázaro: ponte de Uñas

poñente material do hotel en si. O hotel ten que estar nunhas boas

C

condicións, ser acolledor, ofrecer unhas boas prestacións ao cliente.

San Lázaro celebra durante catro xornadas (do venres 31

Por outra banda, destacamos o compoñente humano, que é igual

de marzo ao luns 3 de abril) unha das festas relixiosas e

de importante, e é parte do recordo que o cliente leva. Non hai que

gastronómicas máis antigas de Galicia, a Festa da Uña.

oincidindo co Quinto Domingo de Coresma, tamén

E cales cre Sara que son os puntos fortes dos hoteis composteláns para obter este premio? “ Por unha banda, valoramos o com-

esquecer que estamos na era do turismo de experiencias”.

chamado ‘Domingo de Lázaro’ ou ‘Domingo de Paixón’, que antecede ao Domingo de Ramos co

que se abre a Semana Santa, o compostelán Barrio de

Centenares de veciños reúnense cada ano durante eses días nos restaurantes do barrio, situado no Camiño

Por último, respecto aos principais desafíos que os hoteis de

Francés, para degustar o tradicional prato da “Festa da

Santiago experimentan para competir on-line, Sara mencio-

Uña” (servido con chourizo, patacas e bertóns de col) e

nou o incremento da venda directa, ofrecendo o mellor prezo

gozar dunha das tradicións gastronómicas máis antigas e

disponible, e a máis completa información de interese. Asi-

populares da cidade.

mesmo, considerou importante o investimento en webs accesibles, claras, intuitivas e atractivas para o cliente. ❚

12

+ info: www.semanasantasantiago.com [Promoven: Turismo de Santiago e Asoc. Hostelería]


[Opinión]

Sergio Fernández Dosil, empresario hostaleiro e membro da Asociación de Bares e Pubs de Compostela danos toda a información sobre esta

D espois

do éxito da primeira campaña do “Fala Baixiño” organizada por “Compostela Territorio Musical” e da segunda campaña organizada polo sector hostaleiro o pasado mes de decembro, as distintas asociacións de hostalería de Compostela en colaboración co Concello e a petición de colectivos veciñais, programan a campaña anual “Fala Baixiño na Rúa”. Esta campaña o que pretende é concienciar, mitigar e reducir os distintos ruídos que se producen na rúa, tentando favorecer a convivencia e o descanso dos veciños. Con este obxectivo programáronse unha serie de actuacións anuais que inciden sobre todo nas épocas de maior afluencia de visitantes a Santiago, nas distintas celebracións e nos distintos festexos, como son:

.- No inicio do ano, primeiros do mes de xaneiro, como data de inicio da campaña. .- Nos días previos ó Entroido (febreiro). .- Nas vésperas da Semana Santa (marzo). .- Antes das Festas da Ascensión (maio). .- Antes das Festas do Apóstolo (xullo). .- Inicios do Curso Académico (setembro). .- Datas previas ó Nadal e ceas de Empresa (novembro).

iniciativa.

Dentro do que é a campaña “Fala Baixiño na Rúa” prográmanse actividades moi variadas, con distintos soportes e materiais, que van dende carteis explicativos, vídeos divulgativos, materiais educativos, ata un decálogo de boas prácticas de convivencia na rúa chamado “Fai e non Fagas”.

Opinión

‘FALA BAIXIÑO NA RÚA’

Estas actividades e actuacións lévaranse acabo principalmente no ámbito do comercio e da hostalaría de toda a cidade, tentando ter a maior repercusión posible sobre os usuarios da rúa a altas horas da madrugada, buscando con accións creativas e innovadoras chegar ó maior numero de xente, concienciala das molestias que supón o ruído na rúa e facelos partícipes da súa solución. Dende as distintas asociacións que conforman o sector hostaleiro de Santiago de Compostela pedimos a colaboración de todos para que esta campaña volte a ter o éxito que tiveron as dúas anteriores e agardamos que as distintas actuacións e actividades que se programaron sexan efectivas, incidan e melloren a convivencia, aportando en parte, unha solución ó problema dos ruídos na rúa. ❚

13


Rahid Jaber MartĂ­nez no Restaurante Caney

14


[Na mesa con ….] Rahid Jaber Martínez no Restaurante Caney

Se nos sentamos na mesa do Caney, que imos atopar? Imos atopar un establecemento diferente, que abrangue moitos tipos de clientes, veciños e turistas; no que o ambiente é moi agradable, como dunha familia. Temos varias zonas, para os que queren picar algo cun viño, ata os que queren algo máis elaborado ou algo máis íntimo nun dos nosos reservados. Falades dun ‘Concepto Caney’. En que consiste? ‘Caney’ é unha palabra latinoamericana. É o punto de reunión das tribus indíxenas cando se reúnen para comer e pasan unha boa sobremesa. Iso é o ‘Concepto Caney’, un centro social onde a xente está a gusto para comer, gozar e pasar un tempo interesante. É un punto de encontro. Que destacarías dentro da súa carta? A nosa non é unha carta fixa. Hai pratos que varían pero onde se mesturan conceptos tradicionais, como un bacallau á portuguesa ou unha pescada, con conceptos innovadores, como os raviolis de

salmón con queixo do Cebreiro. Sempre estamos en continua evolución. E iso é gracias a un equipo de cociña que sempre está aí. Canta xente fai posible que o Caney funcione? Moita. Non só os cociñeiros ou os camareiros. O importante é o traballo en común, o equipo que vai desde a limpadora ata a persoa que atende as reservas. Hai que rañar moito o peto para comer aquí? Para nada! Temos variedade de prezos. Desde un tapeo, pasando por un menú de 20 euros ata algo máis elaborado. Seguimos tamén organizando xornadas gastronómicas, como as do cocido, de arroces, mexicanas, árabes… Funcionan moi ben para romper un pouco a monotonía dos clientes que veñen todos os días. ‘Prohibido facer lume’ foi a tapa que presentéchedes ao Santiago(é)Tapas e foivos moi ben! O público premiouna como o petisco con máis ‘chispa’ ou orixinalidade. Por que credes que foi? Iso habería que preguntarllo ao público (Sorrí). A tapa foi feita con cariño, pensando moito en que a execución fora rápida e, sobre todo, buscando sorprender. Concursos así están moi ben porque fomentan o movemento na restauración da cidade. E con Santiago(é) Tapas todos aprendemos.

Que relación ten o Caney co hotel Araguaney? Funcionan independentemente pero tamén teñen sinerxias. Forman os dous parte dunha mesma familia pero Caney é un restaurante de rúa que está situado debaixo dun hotel. Non é un restaurante que traballa só coa clientela do hotel como poden ser os doutros establecementos, situados por exemplo nunha sexta planta. Iso ao cliente de Santiago botaríao para atrás. Ter un acceso independente facilítanos moito as cousas. Que precisa, en xeral, a hostalaría en Santiago? Viaxar. Hai moitos restaurantes que son moi bos pero necesitan renovarse. Viaxando podes incorporar aos teus pratos cousas novas. Sempre hai que intentar crecer, coñecer outros tipos de cociña e innovar. Como hotel, estades satisfeitos co turismo que temos en Compostela? É certo que no 2016 as cifras de visitantes foron maiores que o ano anterior pero aínda queda moito que facer. Mellorouse con respecto a fai cinco anos? Non. Aínda non estamos como estabamos. Nunca vai ser igual pero temos que mellorar. E para iso todos temos que intentar ir no mesmo camiño. Nese senso, falta unión no sector. Ademais aquí cremos que Santiago é coñecido en todo o mundo. E non é así. Falta tamén esa parte de promoción fóra. ❚

Na mesa con ...

N

este número de CompHostelería sentámonos á mesa no Caney, o restaurante dun dos hoteis con máis sona da cidade, o Eurostarts Araguaney, e un dos gañadores da pasada edición do Santiago(é)Tapas. Alí charlamos co seu xerente, Rahid Jaber Martínez.


CAMILO JOSÉ CELA. O CENTENARIO DUN NOBEL 18 nov – 19 feb EXPOSICIÓN MUSEO CENTRO GAIÁS

IRMANDADES PAISAXE E DA FALA: FALAR PATRIMONIO E ESCRIBIR EN GALEGO

INVERNO NO GAIÁS 2017

Ata o 17 de xaneiro

Ata o 20 de marzo

EXPOSICIÓN

EXPOSICIÓN

BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

RECITAL MULTIMEDIA CON YOLANDA CASTAÑO 14 de xaneiro

AVENTURAS LITERARIAS

TROQUELANDO OBRADOIRO CONTOS DE ILUSTRACIÓN

PEQUEFILMES PREMIOS DA CULTURA GALEGA

22 de xaneiro

28 de xaneiro

28 de xaneiro

14 e 15 de xaneiro

DÍA DO USUARIO

OBRADOIRO INFANTIL

OBRADOIRO INFANTIL

DÍA DA ILUSTRACIÓN

BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

XORNADAS ACADÉMICAS ‘CAMILO JOSÉ CELA’ 24 de xaneiro

NEXOS NEXOS +INFANTIL

ESCENAS DO CAMBIO

BAILE DE ENTROIDO

O CENTENARIO DUN NOBEL MUSEO CENTRO GAIÁS

ORGANIZA

28 de xaneiro

O aforismo e a beleza da síntese

18 de febreiro

A crise existencial de Europa CICLO DE CULTURA CONTEMPORÁNEA BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

Do 28 de xaneiro ao 15 de febreiro FESTIVAL DE INVERNO DE TEATRO, DANZA E ARTE EN ACCIÓN CIDADE DA CULTURA

CO PATROCINIO DO FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA:

CIDADEDACULTURA.GAL

FESTIVAL INFANTIL DE CURTAS

23 de xaneiro GALARDÓNS 2016

MUSEO CENTRO GAIÁS

MUSEO CENTRO GAIÁS

INTERVENCIÓN DE IRMA ÁLVAREZ LAVIADA

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

27 de febreiro

16 de marzo

ACTIVIDADE FAMILIAR MUSEO CENTRO GAIÁS

EXPOSICIÓN TORRES HEJDUK

25 de marzo ACTIVIDADES FAMILIARES ESPAZOS VERDES NO GAIÁS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.