Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en gallego], por Henrique Alvarellos

Page 1

SANTIAGO DE COMPOSTELA DEIXOU FASCINADO a Federico García Lorca. Descobre a cidade con 18 anos, durante unha viaxe de estudos por Galicia­­, e axiña escribirá: «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas no ano 1932, ben como conferenciante, tamén como director de La Barraca e sempre como famosísimo poeta. En Santiago será recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade. Lorca dá a coñecer aquí algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. En decembro de 1935 sairán publicados en Santiago os Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino lle tributará á nosa lingua e cultura. O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade nun detido relato a modo de crónica que revive estes días únicos. Tamén recolle as impresións do poeta cando regresa a Madrid, ou durante a súa estadía en Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. Este volume achega numerosos datos e máis de setenta ilustracións e documentos, boa parte deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste eterno Lorca en Compostela. www.alvarellos.info

alvarellos.info

INCLÚE A RUTA A LORQUIAN DE POLA CIDA

FEDERICO GARCÍA LORCA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA HENRIQUE ALVARELLOS

GAL

GAL Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é escritor, editor e promotor cultural. Licenciado en Filoloxía Hispánica e Máster en Medios de Comunicación, en 2018 rescatou a crónica da primeira viaxe de García Lorca a Galicia, realizada en 1916, que publicou baixo o título El gran viaje de estudios de García Lorca; tamén preparou a edición facsimilar e ilustrada dos Seis poemas galegos (Premio ao Mellor Libro Editado de Galicia en 2018). En 2020 traduciu ao galego Medio pan e un libro (Kalandraka), a conferencia pronunciada por Lorca en 1931 na inauguración da biblioteca de Fuente Vaqueros, a súa localidade natal.

Henrique Alvarellos

FEDERICO

GARCÍA

LORCA

Alvarellos é autor de varios libros: Territorio auroral. 36 memorias vivas de Compostela (1997), Teoría de Lugo (2004), Galicia en cen prodixios (2004), Descubrir Lugo (2006), Diario dun pai acabado de nacer (2008), Santiago, 1909 (2009), Balada ceibe no bosque de Conxo (2018) e o conto, A nena que abrazaba as árbores (2020), ilustrado por Xulia Nieto. Dirixe desde 2004 Alvarellos Editora. Henrique Alvarellos é así mesmo impulsor de diversas e significativas iniciativas culturais como a conmemoración do centenario da Exposición Rexional Galega de 1909 (2009), a apertura do Bosque do Banquete de Conxo de 1856 (2018) ou a posta en marcha en 2018 do 25 de outubro como Día de García Lorca en Galicia.

EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

OESTE divulgación&ensaio



FEDERICO

GARCÍA

LORCA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


OESTE divulgación&ensaio

1ª edición, Outubro, 2020 © ALVARELLOS EDITORA, 2020 Rúa de Sempre en Galiza, 4 15706 Santiago de Compostela - Galicia © Henrique Alvarellos Casas, 2020 Deseño da capa: Xacobe Neto. A lúa e o Pierrot foron debuxados por Federico García Lorca en Compostela en maio de 1932. Fotografía de interior da capa: Federico García Lorca na Quintana o 24 de agosto de 1932 Ilustración da lapela: Manuscrito de Federico García Lorca realizado en Lugo en novembro de 1932. Deseño e maqueta: Xacobe Neto Impresión: Sgraf ISBN 978-84-16460-87-8 Depósito Legal C 761-2020 Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.


Henrique Alvarellos

FEDERICO

GARCÍA

LORCA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA



A Ánxel Fole, Francisco Fernández del Riego, Eduardo Blanco Amor, Carlos Martínez-Barbeito, Xosé Landeira Yrago, Xosé Luís Franco Grande, Xesús Alonso Montero, Luís Pérez Rodríguez... E todos os estudosos e cronistas que mantiveron prendido o ronsel galego de Lorca, para que nós hoxe poidamos traelo de novo a pasear polas rúas da súa amada Compostela.



Índice I. «A la modista compostelana»...................... 11 II. «Esto me hipnotiza». Lorca descobre Galicia e Compostela......................................... 17 • Mércores, 25 de outubro de 1916: o tren chega a Cornes • Un completo percorrido pola cidade: do Obradoiro ao Sar e Conxo. • Os primeiros escritos do futuro poeta. • «Mi llanto y mi voz» para Rosalía de Castro. • Unha balada polo Camiño de Santiago.

III. O ano máis galego de Lorca...................... 51 • O poeta novo máis famoso de España regresa á cidade. • Nova York en Compostela: a conferencia do 7 de maio no actual Instituto Rosalía de Castro. • A homenaxe no Hotel Compostela onde Lorca «sentado al piano, tocó, cantó, recitó, representó y rio». • O poeta retorna a Santiago para buscar inspiración. • Nova homenaxe, con retrato de Maside, no Bar Viño. • Unha camelia branca para Rosalía de Castro. • As cartas de Lorca a Martínez-Barbeito. • Os debuxos composteláns de Federico. • Os «cavernícolas» da cidade asoman tras o paso de Lorca.

IV. Desde A Quintana ao Río da Prata.......... 95 • Teatro na «praza-butaca» ante máis de 6.000 persoas. • Resol, unha revista en cores e unha Barraca. • E as forzas de Compostela chegan... ata Bos Aires.

V. Rúa do Vilar, 15: a edición dos «Seis poemas Galegos» ..............................................121 • O nacemento dun tesouro, dunha ofrenda... e dun embaixador para a nosa lingua.


• Falan Lorca, Blanco Amor e Guerra da Cal. • As fontes –e pontes– de Lorca coa Xeración dos Novecentistas. • A publicación dos primeiros exemplares.

VI. Primavera de 1936: Lorca improvisa en Madrid un recital en galego..................... 139 • Os poemas composteláns, en Torrejón de Ardoz. • Ao piano, a través da emisora EAJ-4 Radio Galicia.

VII. Despois do golpe: un feito insólito, opinións valentes e testemuños directos..... 147 • No agosto terrible do 36. • Un poema en galego de Lorca, na prensa de Compostela en plena guerra civil. • Os versos galegos asoman na longa noite de pedra. • Lorca a Fole: «Santiago es una ciudad única, con su sol camelia y su luz enferma». • Luis Manteiga: «Deixounos nas mans o seu primeiro poema galego». • Filgueira Valverde: «As conversas recaían sempre sobre Rosalía, Compostela». • Blanco Amor: «Quedó fulminado por Compostela». CODA: Un poeta galego para o século XXI....167 • «Día de García Lorca en Galicia». • Na Alameda, fronte a Rosalía de Castro. APÉNDICE: Lorca e(n) Santiago, nos seus

textos ............................................................... 173

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA ....................................... 193 ÍNDICE DE NOMES .............................................. 197 RUTA LORQUIANA POR COMPOSTELA ........... 203


«Recuerdo con verdadero encanto los días en Santiago y la alegría de ese grupo de amigos, a quienes no olvido y espero ver muy pronto». Federico García Lorca Carta a Carlos Martínez-Barbeito, 23 de maio de 1932. «A medida en que la poesía en castellano se me hace profesional siento dentro de mí que la poesía gallega se me está haciendo vocacional» Federico García Lorca, en carta (hoxe, desaparecida) a Eduardo Blanco Amor, citada por este en 1959. «Cernuda habla de Dostovesky. Federico, de las conferencias que acaba de dar en Santiago de Compostela. Nos describe la ciudad, su catedral, y evoca en forma insuperable el canto profundo de sus campanas». Carlos Morla Lynch En España con Federico García Lorca (Páginas de un diario íntimo, 1928-1936) «Compostela o ollou, o mar de Vigo o viu barqueiro i-as cervas do monte o viron amador. A lingua nil é natural fonte cristaíña i a ágora fresca báñalle o corazón». Álvaro Cunqueiro El Pueblo Gallego do 9 de febreiro de 1936.


Henrique Alvarellos


I «A la modista compostelana»

A escena transcorre no hall do Hotel Compostela, modernísimo aloxamento que fai esquina entre a praza de Pablo Iglesias (actual praza de Galicia) e a rúa do 14 de abril (actual Fonte de Santo Antonio). Son os primeiros días do maio republicano de 1932 e Federico García Lorca precisa dunha pequena axuda: o seu pantalón ten un descosido importante e o poeta anda á procura de quen llo poida arranxar. Chama entón a Arturo Cuadrado, compañeiro inseparable nestes días na cidade, marcados por unha axenda sen ocos repleta de homenaxes, conferencias e inesquecibles paseos co ilustre escritor pola primavera compostelá. Cuadrado –poeta, editor e libreiro, copropietario dunha singular libraría, Niké, aberta no número 18 da rúa Caldeiraría– proporciónalle axiña unha solución a Lorca.

+ INFO EN: WWW.ALVARELLOS.INFO


SANTIAGO DE COMPOSTELA DEIXOU FASCINADO a Federico García Lorca. Descobre a cidade con 18 anos, durante unha viaxe de estudos por Galicia­­, e axiña escribirá: «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas no ano 1932, ben como conferenciante, tamén como director de La Barraca e sempre como famosísimo poeta. En Santiago será recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade. Lorca dá a coñecer aquí algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. En decembro de 1935 sairán publicados en Santiago os Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino lle tributará á nosa lingua e cultura. O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade nun detido relato a modo de crónica que revive estes días únicos. Tamén recolle as impresións do poeta cando regresa a Madrid, ou durante a súa estadía en Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. Este volume achega numerosos datos e máis de setenta ilustracións e documentos, boa parte deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste eterno Lorca en Compostela. www.alvarellos.info

alvarellos.info

INCLÚE A RUTA A LORQUIAN DE POLA CIDA

FEDERICO GARCÍA LORCA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA HENRIQUE ALVARELLOS

GAL

GAL Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é escritor, editor e promotor cultural. Licenciado en Filoloxía Hispánica e Máster en Medios de Comunicación, en 2018 rescatou a crónica da primeira viaxe de García Lorca a Galicia, realizada en 1916, que publicou baixo o título El gran viaje de estudios de García Lorca; tamén preparou a edición facsimilar e ilustrada dos Seis poemas galegos (Premio ao Mellor Libro Editado de Galicia en 2018). En 2020 traduciu ao galego Medio pan e un libro (Kalandraka), a conferencia pronunciada por Lorca en 1931 na inauguración da biblioteca de Fuente Vaqueros, a súa localidade natal.

Henrique Alvarellos

FEDERICO

GARCÍA

LORCA

Alvarellos é autor de varios libros: Territorio auroral. 36 memorias vivas de Compostela (1997), Teoría de Lugo (2004), Galicia en cen prodixios (2004), Descubrir Lugo (2006), Diario dun pai acabado de nacer (2008), Santiago, 1909 (2009), Balada ceibe no bosque de Conxo (2018) e o conto, A nena que abrazaba as árbores (2020), ilustrado por Xulia Nieto. Dirixe desde 2004 Alvarellos Editora. Henrique Alvarellos é así mesmo impulsor de diversas e significativas iniciativas culturais como a conmemoración do centenario da Exposición Rexional Galega de 1909 (2009), a apertura do Bosque do Banquete de Conxo de 1856 (2018) ou a posta en marcha en 2018 do 25 de outubro como Día de García Lorca en Galicia.

EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

OESTE divulgación&ensaio


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.