OS EXILIOS QUE SOMOS
SEIS POEMAS GALEGOS
(Fotopoemas)
(Edición facsimilar e ilustrada)
Irene Tomé e Xabier Ron
Federico García Lorca
FOSFORESCENCIAS
SOBRE RUÍNAS
Lupe Gómez
Xesús Rábade Paredes
ANTÍDOTO
CARTAFOL DE MIRAXES
(Edición Bilingüe)
Aleixandre Lago Barcala
Emma Pedreira CATAVENTO DE NEUTRÓS PAZO DE TOR
DOMESTICADOS
Luz Pozo Garza
Manuel María
POESÍA MÍNIMA | MINIMAL POETRY Helena Villar Janeiro DE CATRO A CATRO (Edición facsimilar do manuscrito orixinal) Manuel Antonio
www.alvarellos.info
«A poesía con formato guión». Así define o autor este singular libro de versos que foi recoñecido en 2019 co Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición número 45. O Poema da Rúa das Aves é «imaxe en poesía, poesía en imaxe». Xorde a partir dun feito tan real como fondamente poético: no barrio vilalbés de Porta de Cima cada casa era coñecida cun orixinal alcume de paxaro (que o autor personifica como «Andoriña do Rego», «Moucha Sagrario», «Bubela Engracia»...). Sobre esta historia, e utilizando técnicas cinematográficas,
Miguel Barrera elabora unha sedutora homenaxe en verso a este barrio da súa vila natal, composicións que son tamén un tributo aos poetas de Vilalba. A partir deste ámbito íntimo, Barrera constrúe toda unha metáfora do noso país.
Xosé Miguel Barrera Vázquez
Poema da Rúa das Aves Miguel Barrera
Outros títulos de Alvarellos Editora
naceu en Vilalba en 1964 e reside en Torrelaguna (Madrid). Comezou a publicar os seus versos en 1985 no xornal A Voz de Vilalba. É autor dos libros de poesía Loita de silencio (1993), Na árbore do desespero (Derradeiros poemas de Cándida) (2002) e Poemas do tempo silenciado (2006). Forma parte do denominado grupo Bilbao de poetas galegos afincados en Madrid e da xunta directiva de Amigos de Prisciliano, movemento cultural fundado en París polo escritor Ramón Chao. É ademais
Miguel Barrera
Poema da Rúa das Aves XLV PREMIO DE POESÍA DO CONCELLO DE VILALBA
fundador e foi vicepresidente da asociación Letras de la Sierra Norte de Madrid, e integrou o grupo de guionistas do proxecto cinematográfico «Una tela en blanco».
Libros do Sarela
Esta obra, Poema da rúa das aves, de Xosé Miguel Barrera Vázquez, obtivo no ano 2019 o Premio de Poesía da XLV edición do Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo). O xurado estivo integrado por Elba Veleiro Fernández (presidenta), Darío Villanueva Prieto, Ramón Villares Paz, Fidel Fernán Vello e Xulio Xiz Ramil e a técnica de Cultura, Sonia García (secretaria).
© ALVARELLOS EDITORA, 2020 Sempre en Galiza, 4 - 15706 Santiago de Compostela correo@alvarellos.info - www.alvarellos.info © Xosé Miguel Barrera Vázquez © Ilustración de capa: imaxe da rúa Porta de Cima, obra de Iker Mugarra Sanmartín galardonada co 2º Premio do IV Concurso de Pintura Rápida ao Aire Libre, celebrado en Vilalba o día 3 de xuño de 2012, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos. © Fotografías interiores: o autor Deseño e maqueta: Xacobe Neto (Alvarellos Editora) Impreso en Podiprint Depósito Legal C 211-2020 ISBN 978-84-16460-78-6 Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a Cedro (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.
Miguel Barrera
Poema da rúa das aves
XLV PREMIO DE POESÍA DO CONCELLO DE VILALBA
C A P ÍT U L O I I : A G O R A* A tráxica historia da Gata Non-nata e como as Aves de Porta de Cima coidaron dos seus gatiños
*
NOTA DO AUTOR: Chámolle "Capítulo II. Agora" porque corresponde á segunda parte dunha triloxía. A primeira, "Antes", e
a terceira, "Despois", son aínda inéditas. Quixen principiar polo tempo presente da historia, polo "Agora".
7
ÍNDICE DO GUIÓN
Limiar, 15 I. Ficha Artística, 23 Aves Rulas Mediadoras, 24 Moucha Sagrario, 25 Pavo Real, 26 Morcego Vizoso, 27 Corvo Toniño, 29 Gabián Celeiro, 31 Lavandeira Carmiña, 33 Bubela Engracia, 34 Paporroibo Gedelliño, 35 As Paxariñas: ▪ Andoriña do Rego, 37 ▪ Pardal das Fontiñas, 338 ▪ Xirín Cazoriño, 39 ▪ Ouriolo Novo, 40
Personaxes non Aves* Gata Non-nata Gatiños: ▪ Pedriño ▪ Chago ▪ Soliña Raposo Señor de Fernandares Rato Matagato das Barbas Brancas Avelaíñas Can Antón, 41 Relator. Principia e dá paso en cada escena describindo as localizacións, 43 II. Escenas, 45 Escena 1: Interior. Faiado de María Mediadora. Noite, 47 Escena 2: Exterior. Curralón do Porrón. Noite, 52 Escena 3: Exterior. Fonte das Donas. Amañecer, 57 Escena 4: Exterior. Baixo a Sombra da Gran Camelia. Tarde, 60
* NOTA DO AUTOR: A ficha artística dos personaxes non Aves non aparecen versificadas neste capítulo, agás Can Antón. 10
Escena 5: Exterior. Pedriño Camiña Pola Porta de Cima. Mañá, 65 Escena 6: Interior. Pedriño Fronte á Virxe da Cova. Mañá, 69 Escena 7: Exterior. Dende o Alto do Castelo. Mañá, 75 Epílogo Estorniño, 79
11
And there is the silence of the dead. If we who are in life cannot speak Of profound experiences, Why do you marvel that the dead Do not tell you of death? Their silence shall be interpreted As we approach them**. Spoon River Anthology. Edgar Lee Masters Lo strumento linguistico su cui è impiantato il cinema è quindi di natura irrazionale: e questo spiega la profonda qualità del sogno del cinema, e anche la sua concretizzazione assoluta ed essenziale***. Pier Paolo Pasolini contra Eric Rohmer. Cine de poesía contra cine de prosa. Cuadernos Anagrama, Barcelona,1965.
**
E está o silencio dos mortos. / Se nós, vivos, non somos quen de falar / De profundas experiencias, / Por que asombrarse de
que os mortos / Non nos falen da morte? / O seu silencio será interpretado / Cando nos acheguemos a eles. ***
O instrumento lingüístico sobre o que está implantado o cine ten unha natureza irracional: isto explica a calidade profunda do
soño do cine e tamén a súa concreción absoluta e esencial. 13
14
LIMIAR A POESÍA EN FORMATO GUIÓN Fálame musa do longo tempo, de cando antes confundíanse as fames nas brétemas da memoria, fálame musa da dimensión efémera onde atopamos o longo agora, fálame musa para que despois poida mesturar a imaxe poboada do todo. Antes. Agora. Despois. Son tres os capítulos de Poema da Rúa das Aves, aínda que nas túas mans hoxe agarimas o capítulo dous: “A tráxica historia de Gata Non-nata e como as Aves de Porta de Cima coidaron dos seus gatiños”. Imaxe, imaxe, imaxe, imaxe en poesía, poesía en imaxe, poesía, poesía, poesía. Écfrasis inversa sometida á ditadura das tomas, encuadres e planos, ansiosas imaxes amparadas, secuestradas polo texto sometido ao discurso cinematográfico. Os antecedentes máis fieis queren remontarse a Manhatta (1921) de Pauld Strand y Charles Sheeler como efeméride da proxección do poema visual con versos de Leaves of Grass do magnífico Walt Whitman. Discurso cinematográfico provocando un esforzo de diálogo entre as artes, a metade de camiño entre o literario e o cinematográfico, tensando o verso coa ousadía (ou atrevemento), en valente sintonía co guión Viaje a la Luna de Lorca ou propoñer transformar a linguaxe 15
poética nun “vehículo de intuición creadora” (Jean-Luc Godard) capaz de “desocultar” a verdade, sinal inconfundible en Historia(s) del cine (2007). Pero é no poema Cinemática de Vicente Aleixandre onde parte a idea de escribir poesía como se fose un montaxe fílmico, alternando elementos cinematográficos con obxectos que nos fan entender, baixo a forma de poema, a escena que se está describindo. Versos que se esforzan en dar ritmo ás palabras, parecendo representar o mesmo ritmo cinematográfico que se dá nas imaxes co encabalgamento das estrofas (certeiro e conmovido foi atopar, nos escritos de Román Gubern, a ansiada referencia cando afirma que as relacións que atopamos entre o cine e a poesía explícanse polo feito de que as dúas artes son artes do tempo e do ritmo). As Aves son protagonistas e produtoras ao suspender no aire, en planos xerais con cámara de picados e subxectivos fundamentalmente. No obxecto observado, os tiros de cámara principian nos ollos das aves, transcende suspendido no transcorrer descritivo dos versos fixando as imaxes localizadas; onde a voz relatora, evocadora e grave, nos introduce na historia da que é sabedor o Gato Cerís. Gato albino e cego, que sabedores somos dos desfrutes a carón dos pes do Señor de Miranda, sendo testemuña privilexiada das audiencias e contos relatados na súa presenza, nos que posiblemente oíu a épica historia de Gata Non-nata e da salvación das aves. Como en todo guión, os intres de maior desfrute prodúcense co proceso da creación dos personaxes. Xogar na mestura máxica entre as características da propia ave, a obra do poeta 16
loado, o contexto biográfico que lle tocou vivir, engadindo a referencia directa co nome do poeta como acróstico é, se cadra, das pezas máis emocionantes que contan con estrutura autónoma coma se se tratasen de pezas únicas, pero que serán recuperadas máis adiante na lectura do relato guionizado de Gata Non-nata. O resultado desa catarse prodúcese cando o personaxe descóbrese como un ser libre adquirindo o desfrute da vida propia, descóbrese con fíos de pertenza a un pasado de verso e lama, suxeridas canles esperanzadas cara ao porvir. Quizais a metáfora sublime dun territorio vivíndose. Referencias precursoras de poesía descritiva de cine en galego tamén teñen pegada nos Cinepoemas de Claudio Rodriguez Fer, nos caóticos-catódicos zas-zas-zas de Antón Reixa na Historia do Rock and Roll e no brillante e próximo Comic Poetry (o diálogo da poesía e a banda deseñada) de O Puño e a Letra de Yolanda Castaño. Pero, si podo (e debo) aproveitar estas liñas, é porque non quero deixar pasar a entrega de DENANTES de Manoel Abad; a súa marca é inesquecible no meu acordo. Se o heterónimo Cándida suicidouse no Na árbore do Desespero foi porque DENANTES e o equilibrio denunciado de Xela Arias estaban alí. E a escusa está en empregar a fábula e, como Sabatino Scia no seu Unafavolaperprotesta. com, cométese a imprudencia de facelo en verso (oh, insensato!), non so no maxín do guionista, no maxín do atrevido lector. Poema da Rúa das Aves é unha composición guionizada en tres capítulos co obxectivo de ser interpretada en banda deseñada, ou nos debuxos animados, ou acuarela ou 17
nos computadores emulando a Pixar. As Aves mostran, como bandadas simbólicas de identidades universais de nós, o palpitar da historia como fitos e albas de gloria. Para máis lonxe queda esa forma de contar cando a imaxe secuestre definitivamente o texto poético, para máis lonxe... cando a historia dos capítulos “A viaxe indiana de Gata Non-nata e a salvación das Aves” (Antes), “As sete vidas de Pedriño contadas polo Cuco Primaveral” (Despois) se confundan nunha triloxía onde o capítulo segundo sae do prelo co título de “A tráxica historia de Gata Non-nata e como as Aves de Porta de Cima coidaron dos seus gatiños” (Agora). GRAZAS AOS POETAS LOADOS Grazas aos poetas loados, pequenos heroes da miña mitoloxía local, pertenza indiscutible nos cemiterios da miña memoria. Grazas á “Dona da Chaira” (a cita de Salvatore Quasimodo no “Longa Noite de Pedra” perségueme como un reclamo de liberdade pró meu pobo, entre as cinzas da pólvora e a natureza morta das magnolias). Algunha vez escoitei, como proclama universal ou slogan, algo así como: “fálame do mundo, cóntame como é a túa aldea”. Poema da Rúa das Aves fala da miña aldea. Os suxerentes comentarios de Xulio Villarino Fernández, incansable lector de poesía (hai poetas e hai lectores) deu o senso necesario falando da analoxía con Spoon River Anthology de Edgar Lee Masters, para persuadir do necesario recoñecemento dos poetas 18
próximos, dos poetas que saudamos nas beirarrúas porque levan o seu nome, dos poetas que compartimos vivezas, dos que sabemos o seu lugar nos cemiterios (Manoel María amaba como ninguén a eses poetas, aos poetas próximos), non si?... Quizás a vida dos galegos non sería ren sen as humildes aves, miúdas e grandes, que espallan belezas e esperanzas polos recantos universais de Galiza. RÚA DAS AVES VERSUS RÚA PORTA DE CIMA Dende a profética alegoría do Reino das Aves feita polo Conde de Lemos no seu “Búho Gallego”, as aves reivindican o nome de Galiza e o seu protagonismo colectivo. As Aves representan como ninguén a diversidade do espazo aéreo do territorio, do camiño simbólico da Vía Láctea, do encontro conciliador nas prazas arredor das árbores (coma Ágoras republicanas). Cada personaxe referencia momentos contextuais e transtextuais (Gérard Genette) da historia que lle tocou vivir, algunhas veces esas referencias quedan suxeridas, veladas, outras agachadas coa pretensión de espertar a curiosidade do lector; vaia o exemplo á referencia á prensa da época (que vila non desfrutou de prensa?) no intre do nacemento do primeiro gatiño na primeira escena, na que o gatiño, rolando entre os periódico,s engurra o Faro Villalbés do 27 de marzo de 1933. A curiosidade do lector pode verse satisfeita ao consultar a cita nas hemerotecas. 19
Unha vez máis a fábula tece os fíos ásperos da memoria simbólica xogando da man do mestre Cunqueiro, contando mentiras verdadeiras, contos certeiros e lendas urbanas. Mesturando realidade e ficción, cultura popular e mitoloxía. A memoria colectiva de Vilalba conta como, aló polos principios do século XX (meus soños imaxinan que, nas mesmas datas de novembro de 1916, cando na sede do periódico Heraldo de Villalba, estaba constituíndose a “Irmandade da Fala de Villalba”), un grupo de rapaces deron bautismos aos veciños de Porta de Cima con alcumes de aves, aplicando a cada veciño propiedades da ave bautizada. A listaxe, nunha folla escrita a lapis, foi cravada con nocturnidade na porta da igrexa de Santa María polo Pavo Real, auto-proclamándose o Rei das Aves. Nace a lenda. Nace a lenda, tan certo como que hai alcumes que traspasan as xeracións, tan certo é que, o que escribe estas liñas, conserva o alcume de “Morcego” e miña compañeira pertence á familia dos “Gabiáns”. Poema da Rúa das Aves podería contarse como unha historia de calquera vila de Galiza, vilas como Viveiro, Monforte, Muros, Cariño, Laxe, Lalín, Verín, en cada mundo hai unha Celanova por descubrir e mil primaveras por aniñar. Na parte dos agradecementos está, como non!, Vilalba e Outeiro de Rei, patrimonio compartido da miña infancia. Agradecementos ao Concello de Vilalba por promover a festa da poesía co seu lonxevo Certame. Agradecementos aos que contribuíron con esta preciosa portada, o pintor Iker Mugarra por inmortalizar Porta de Cima e o Instituto de Estudos
Chairegos, que vén de lonxe a súa extraordinaria xenerosidade, e agradecementos a quen compartiron pacientemente as lecturas de Poema da Rúa das Aves, en especial a Xosé Ramón Lorenzo Manso e Chema Felpeto. Dende a rúa compostelá de Sempre en Galiza, sede da editorial Alvarellos, tamén a ti, agradecido lector que, chegando ao remate deste limiar consegues manter a túa curiosidade, convídote a desfrutar dos cantos melodiosos, grallados e corvéeos das Aves de Porta de Cima. Confío que deixen en ti acordo de todas as Aves do territorio da extensa Terra (Cha) longal.
Xosé Miguel Barrera Vázquez Paio Xordo, Xamebou e Morcego.
FICHA ARTÍSTICA
We are the Birds that stay.**** Emily Dickinson
"Elexía nº 13" Estas liñas escritas sobre o poeta morto non sei se son poema tenro ou elexía. Manoel María Elexías á miña vida pequeniña (Colección Biblioteca Chairega, nº 1)
**** Somos os paxaros que quedan.
RULAS MEDIADORAS M igradoras de longos percorridos na busca de pobos ben queridos, A lbeando traen coa luz do novo día, R ulas voadoras, a palpitación dourada das leiras de grao. I ntensas na teima do compromiso, izando voos de misericordia, A ves lixeiras, constantes fabricando tempos estivais. M eritorias na ausencia e na derrota, constante E ntusiasmo na valía do alleo, sen decoro nin fachenda ostentosa, D onas teimudas na timidez dos curros e nos bosques abertos. I nimigas da estulticia e o mal dicir, A mparadas en estadios onde as alturas non vertixe, D ominadas polo esforzo da fe no horizonte migrado. O utrora, dispuxeron de ocupados intres, R esidentes de amores solidarios. A ndando no tempo aprendemos a deixármonos querer, S entindo nostalxias dos seus suaves arrolos, admirados pola envergadura da súa caridade.
24
MOUCHA SAGRARIO M oucha Sagrario, sabedora dos segredos da noite, E stende de fantasías os cantos do miúdo. S abedora dos contornos tépedos das fragas, T orna incansable na ondulación do ar penetrante. R abuña na xistra efémeras pingas da aritmética da palabra, A nimosos acubillos nos seus ollos, mestres no oficio de esculcar. S alienta nos pesadumes, pousando nas pólas do olmo da Alameda, A terrado resón no xeo profundo do seu son. G uieira nos salmos da pulcritude, R obusta silueta sosténdose en riba dos penedos do Madalena, A tarefada e fiel ao territorio, R ealza queixosos os suspiros penetrando nas noites, I nsistente no pesadelo, O mnipresente na xeometría do seu voo, tentando nas portas do descoñecido.
+ INFO EN WWW.ALVARELLOS.INFO 25
OS EXILIOS QUE SOMOS
SEIS POEMAS GALEGOS
(Fotopoemas)
(Edición facsimilar e ilustrada)
Irene Tomé e Xabier Ron
Federico García Lorca
FOSFORESCENCIAS
SOBRE RUÍNAS
Lupe Gómez
Xesús Rábade Paredes
ANTÍDOTO
CARTAFOL DE MIRAXES
(Edición Bilingüe)
Aleixandre Lago Barcala
Emma Pedreira CATAVENTO DE NEUTRÓS PAZO DE TOR
DOMESTICADOS
Luz Pozo Garza
Manuel María
POESÍA MÍNIMA | MINIMAL POETRY Helena Villar Janeiro DE CATRO A CATRO (Edición facsimilar do manuscrito orixinal) Manuel Antonio
www.alvarellos.info
«A poesía con formato guión». Así define o autor este singular libro de versos que foi recoñecido en 2019 co Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición número 45. O Poema da Rúa das Aves é «imaxe en poesía, poesía en imaxe». Xorde a partir dun feito tan real como fondamente poético: no barrio vilalbés de Porta de Cima cada casa era coñecida cun orixinal alcume de paxaro (que o autor personifica como «Andoriña do Rego», «Moucha Sagrario», «Bubela Engracia»...). Sobre esta historia, e utilizando técnicas cinematográficas,
Miguel Barrera elabora unha sedutora homenaxe en verso a este barrio da súa vila natal, composicións que son tamén un tributo aos poetas de Vilalba. A partir deste ámbito íntimo, Barrera constrúe toda unha metáfora do noso país.
Xosé Miguel Barrera Vázquez
Poema da Rúa das Aves Miguel Barrera
Outros títulos de Alvarellos Editora
naceu en Vilalba en 1964 e reside en Torrelaguna (Madrid). Comezou a publicar os seus versos en 1985 no xornal A Voz de Vilalba. É autor dos libros de poesía Loita de silencio (1993), Na árbore do desespero (Derradeiros poemas de Cándida) (2002) e Poemas do tempo silenciado (2006). Forma parte do denominado grupo Bilbao de poetas galegos afincados en Madrid e da xunta directiva de Amigos de Prisciliano, movemento cultural fundado en París polo escritor Ramón Chao. É ademais
Miguel Barrera
Poema da Rúa das Aves XLV PREMIO DE POESÍA DO CONCELLO DE VILALBA
fundador e foi vicepresidente da asociación Letras de la Sierra Norte de Madrid, e integrou o grupo de guionistas do proxecto cinematográfico «Una tela en blanco».
Libros do Sarela