Os exilios que somos. Por Irene Tomé & Xabier Ron

Page 1

David Álvarez Carballido

(escritos en la cárcel) Rafael Bárez

CARTAS DE UN CONDENADO

CORRESPONDENCIA (1928-1958)

A MUERTE

Cartas inéditas e dispersas Carlos Maside

(Un testimonio único de la guerra civil española) José Mejuto Bernárdez

LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO

FERNANDO ALSINA

Xosé Manuel Maceira

E O SEU DIARIO DE GUERRA

Ricardo Gurriarán GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO

(El libro clandestino de 1937) Anónimo

www.alvarellos.info

Versos mancados, espazos en branco e síncopes como atrancos da memoria. Canda eles, imaxes que buscan ocos de luz entre densas brumas; retratos de fendas, depósitos de cinsas... Mais tamén, fronte a todo, os rostros da dignidade e da resistencia. É a historia que turra de nós, que porfía, por non estar resolta aínda. Libros do Sarela

os exilios que somos irene ‘ tome &

xabier ron

© Fotografía: Amador Lorenzo Blach

POEMAS DEL DIEZ DE MARZO

ANTIFRANQUISTA

irene tome & xabier ron

MEMORIAS DUN LOITADOR

Versos e imaxes que loitan contra o esquecemento imposto, contra os silencios herdados. Poemas e fotografías que evocan unha memoria persoal que é tamén común a centos, a miles de familias galegas e españolas que viviron a lousa da guerra civil e da ditadura.

os exilios que somos

Outros titulos de Alvarellos Editora

Somos Xabier Ron Fernández (Lyon, 1969) e Irene Tomé Urresti (A Coruña, 1985), docente e xornalista que compartimos o mesmo ollar sobre a memoria histórica e democrática do noso país. Por medio de fotografías, que se foron facendo durante os últimos quince anos, acompañadas de poemas, queríamos dar voz, dentro da súa dificultade, á memoria das persoas que viviron a guerra ou o exilio dende unha experiencia persoal, que soe ir da man de silencios e esquecemento; aínda que tamén de resistencia e de experiencias propias que dan lugar a reflexións compartidas. Este é o xerme do presente fotopoemario.

Xabier Ron é doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Irene Tomé é xornalista e investigadora sobre Memoria Histórica na mesma universidade, e ambos investigan no campo do Discurso e da Memoria Histórica. No eido da poesía, publicaron en 2017 o poema “As fendas do Pico Sacro”, que forma parte do libro colectivo Pico sacro: ferido polo lóstrego e a lenda (Alvarellos Editora), en edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato. O presente fotopoemario Os exilios que somos é a súa primeira obra.



Os exilios que somos


Libros do Sarela

© ALVARELLOS EDITORA, 2020 Sempre en Galiza, 4 15706 Santiago de Compostela correo@alvarellos.info www.alvarellos.info © textos: Irene Tomé Urresti e Xabier Ron Fernández © fotografías de capa e interior: Irene Tomé Urresti © fotografía da lapela: Amador Lorenzo Blach Deseño e maquetación: Xacobe Neto Impreso en Podiprint ISBN 978-84-16460-76-2 Depósito Legal C-164 2020 Reservados todos os dereitos. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a Cedro (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.


os exilios que somos irene ‘ tome &

xabier ron



A Nicanor Acosta e a Encarna Díaz. Polo seu exemplo, pola súa dignidade e por compartir con nós a súa memoria.



Sempre a memoria abrolla por luminosas fendas invisibles. Sempre a terra desvela o seu segredo por fondo que se enterre e airea os ósos dos seus martirizados. Xesús Rábade Paredes, ‘Memoria’, Sobre ruínas (2013). Contemplados uno a uno, [los supervivientes] son rocas que destacan desde el fondo de sus conciencias, son árboles solitarios olvidados en lugares pocos regados, son presencias que conmueven. Mercedes Vilanova, Mauthausen, después (2014). Asasináronas, mais sempre estarán vivas en nós. Encarceráronas, mais sempre estarán libres en nós. Exiliáronas, mais sempre estarán dentro de nós. Acaláronas, mais sempre falarán por nós. Claudio Rodríguez Fer, Ámote Vermella (2009).


El olvido no tuvo que imponerse: se convirtió en algo inherente a las prácticas sociales y políticas de la época, y se mantenía gracias al recuerdo traumático de la Guerra Civil y al miedo a la violenta polarización que, según muchos, podría ocasionar hurgar en el pasado”. Paloma Aguilar e Leigh A. Payne, El resurgir del pasado en España, Fosas de víctimas y confesiones de verdugos (2018). No sé quien dijo que, gane quien ganen las guerras, las pierden siempre los poetas, Javier Cercas, Soldados de Salamina (2001). Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra (1962).


Limiar Á procura dos significados, rescatando os grises depositados nas cinsas dos recordos dunha memoria, demasiado feble, demasiado ferida, aínda digna, aínda resistente. Non é preciso explicar ou concretar o contexto das fotografías: abonda con dicir que percorren as liñas temporais da vida dunha familia. Escoitemos o salouco das súas fendas e rememoremos a poesía que nelas latexa. 11

O branco e negro, os grises, son as cores que permanecen antes de seren pingas de dignidade. Viven do amor de quen ve e recorda esas imaxes... Cando as percorremos coas xemas, agarimamos a faciana máis humana da nosa existencia. Somos presente porque tivemos pasado. A verdade dura da historia nosa. Cando non queda nada, as fotos son a escritura da memoria.



I Obxectos


14


VIOLÍN RESPIRANDO SILENCIOS

Espérote espídote érgote co teu corpo lixeiro dou voz aos meus sentidos e penso en encontros que volverán no vals da memoria mais hoxe lonxe as túas mans os silencios impregnan a melodía 15


16


RADIO NA PERDA DO ÓXIDO

De que temas falaban amor? guerras? conquistas? do mesiánico caudillo? Aínda no ventre dos vermes os fíos do tempo roen a esperanza e só desexo que se liberase do crematorio a poesía proclaman o triunfo da ignorancia deliberada Berran ao lonxe os ósos aínda perdidos mentres a ferruxe das pilas mata a última radio libre

+ INFO EN WWW.ALVARELLOS.INFO 17


David Álvarez Carballido

(escritos en la cárcel) Rafael Bárez

CARTAS DE UN CONDENADO

CORRESPONDENCIA (1928-1958)

A MUERTE

Cartas inéditas e dispersas Carlos Maside

(Un testimonio único de la guerra civil española) José Mejuto Bernárdez

LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO

FERNANDO ALSINA

Xosé Manuel Maceira

E O SEU DIARIO DE GUERRA

Ricardo Gurriarán GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO

(El libro clandestino de 1937) Anónimo

www.alvarellos.info

Versos mancados, espazos en branco e síncopes como atrancos da memoria. Canda eles, imaxes que buscan ocos de luz entre densas brumas; retratos de fendas, depósitos de cinsas... Mais tamén, fronte a todo, os rostros da dignidade e da resistencia. É a historia que turra de nós, que porfía, por non estar resolta aínda. Libros do Sarela

os exilios que somos irene ‘ tome &

xabier ron

© Fotografía: Amador Lorenzo Blach

POEMAS DEL DIEZ DE MARZO

ANTIFRANQUISTA

irene tome & xabier ron

MEMORIAS DUN LOITADOR

Versos e imaxes que loitan contra o esquecemento imposto, contra os silencios herdados. Poemas e fotografías que evocan unha memoria persoal que é tamén común a centos, a miles de familias galegas e españolas que viviron a lousa da guerra civil e da ditadura.

os exilios que somos

Outros titulos de Alvarellos Editora

Somos Xabier Ron Fernández (Lyon, 1969) e Irene Tomé Urresti (A Coruña, 1985), docente e xornalista que compartimos o mesmo ollar sobre a memoria histórica e democrática do noso país. Por medio de fotografías, que se foron facendo durante os últimos quince anos, acompañadas de poemas, queríamos dar voz, dentro da súa dificultade, á memoria das persoas que viviron a guerra ou o exilio dende unha experiencia persoal, que soe ir da man de silencios e esquecemento; aínda que tamén de resistencia e de experiencias propias que dan lugar a reflexións compartidas. Este é o xerme do presente fotopoemario.

Xabier Ron é doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Irene Tomé é xornalista e investigadora sobre Memoria Histórica na mesma universidade, e ambos investigan no campo do Discurso e da Memoria Histórica. No eido da poesía, publicaron en 2017 o poema “As fendas do Pico Sacro”, que forma parte do libro colectivo Pico sacro: ferido polo lóstrego e a lenda (Alvarellos Editora), en edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato. O presente fotopoemario Os exilios que somos é a súa primeira obra.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.