Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás

Page 1

Obra �inalista nos premios I Gala do Libro de Galicia 2016 na categoría de Libro de Non Ficción. Finalista nos premios Frei Martín Sarmiento 2016 na categoría de Bacharelato e Adultos.

Despois de publicar ...e os domingos, un croissant. Diario dun encontro coa vida (Alvarellos Editora, 2015), onde Ursula Heinze retratara o día a día dos internos dun sanatorio mental, agora, a prestixiosa escritora alemá a�incada en Galicia regresa cun poderoso, valente e orixinal relato. En Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás, a protagonista, Sally, fala a tumba aberta da súa propia depresión. A prosa camiña áxil e atraente, os diálogos médico-paciente son enormemente reveladores, e a carón deles a�loran pensamentos fondos arredor das grandes dúbidas, contradicións e perigos desta tan estendida enfermidade. Nos momentos máis baixos, Sally só se conforta lembrando diante do doutor as viaxes que �ixo por toda Europa nos seus anos dourados, cando era unha escritora recoñecida.

Todo o noso catálogo, en

alvarellos.info Artefinal CAPA Pon un psiquiatra...300117.indd 1

40

n i v e rsar io

Libros do Sarela

psiquiatra

na túa vida... e xa verás Ursula Heinze de Lorenzo

Fotogra�ía: Praza Pública

Ursula Hein ze

padece unha fonda depresión. Para saír do pozo, decide buscar a axuda dun especialista. Visita a un xoven psiquiatra, en sesións mensuais, durante dous anos. Nelas, van aboiando os con�litos e problemas máis fondos da súa enfermidade e da súa vida: a vellez, a idea da morte, a sexualidade, a relación cos demais, a desilusión... E tamén o proveito, ou non, das propias citas médicas.

pon un psiquiat ra na túa vida... e xa verás

Sally McMahon é unha muller madura que

pon un

Ursula Heinze de Lorenzo

naceu en 1941 en Colonia (Alemaña). Licenciouse en Filoloxías Inglesa e Alemá na Universidade de Colonia. Formou parte do grupo universitario de teatro, estudou piano e canto. Reside e escribe desde 1968 en Santiago de Compostela. Foi catedrática de Ensino Medio en Alemaña e lectora de alemán na Universidade de Valladolid (19731977). É membro fundador do PEN Clube Galego e a súa presidenta entre 1991 e 1995. No ano 1993 organizou en Santiago de Compostela o 60 Congreso Mundial do PEN. Ata 2014 foi membro do Patronato Rosalía de Castro. É autora de numerosas obras: novelas, relatos, ensaios, literatura infantil e xuvenil, poesía en galego, e poesía e relatos en alemán. Traduciu obras de autores alemáns ó galego e ó castelán. En 2015 publica ...e os domingos, un croissant (Alvarellos Editora), onde narra o seu internamento nun psiquiátrico. 30/01/2017 20:25:13



pon un

psiquiatra

na túa vida... e xa verás


Libros do Sarela

40

n i v e rsar io

© Alvarellos Editora, 2017 Sempre en Galiza, 4 15706 Santiago de Compostela correo@alvarellos.info www.alvarellos.info © Ursula Heinze de Lorenzo © Deseño capa: Xacobe Neto [Alvarellos Editora] Deseño e produción: Alvarellos Editora Impreso en Podiprint Depósito Legal C 32-2017 ISBN 978-84-16460-14-4

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a Cedro (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.


pon un

psiquiatra

na tĂşa vida... e xa verĂĄs Ursula Heinze de Lorenzo



Para Ramรณn e Amaya. Polos que vivo


Agás algúns episodios das viaxes, todo o restante é ficción e calquera coincidencia coa realidade é pura casualidade. A autora.


I wanted to take him in my arms, hold him close to my body, pass my hands all about him, enter him and whisper a torrent of endearments and worship in his ears. Instead I shook my head, an act of cowardice that I still regret. Tom Wakefield



Chámome Sally McMahon. Téñolle fobia ós médicos e a todo o que ten que ver con enfermidades e hospitais. Quizais coma resultado de que de nena estiven moi enferma. Desde hai anos estou arrastrando unha depresión que cada vez vai a máis. Choro por nada, síntome mal ó erguerme polas mañás, sen gana de comer, sen gana de saír da casa. Asústame mesmo a idea de ter que ir de compras. Ademais complicóuseme a depresión cun ataque de reuma con moita dor. Probei moitos remedios caseiros sen éxito, o que aínda agravou o sufrimento. Nunca pensei que me faría falta un psiquiatra. Penso que viven das debilidades dos demais, ou sexa, aprovéitanse en certo modo do sufrimento e das penas que nos dominan. 9


Pero a enfermidade e a desesperación puideron con estes pensamentos e co medo. Un día convencinme a min mesma de que non podía seguir así e necesitaba axuda médica. Faláronme dun psiquiatra moi bo da Coruña, o doutor Arne Lundberg. Que nome máis raro. De aquí non é. Xa temos algo en común. Busquei o teléfono e o seu enderezo. Pasaron os días dubidando, chamo ou non chamo. Por fin, decidinme. Colleu o teléfono unha muller. Preguntoume se xa fora antes ou se era a primeira vez. Contesteille e deume un día para unha consulta pola tarde.

10


Primeira cita

Marchei da casa con moitos nervios. Que ía dicir? Como sería o médico? Eu podo entender que un se faga traumatólogo, cirurxián, oftalmólogo ou algo parecido, pero psiquiatra! Supoño que o doutor Lundberg tería as súas razóns e inclinación para esta especialidade, non cabe dúbida. Cheguei ó enderezo indicado. Antes de abrila porta, dubidei outra vez. Entrar ou non entrar. Entrei. Recibiume a muller do teléfono, unha rapaza alta, bonita e amable. Pediume os datos persoais, nome, enderezo e número de teléfono. Non, móbil non teño. O apelido tiven que deletrealo coma de costume. 11


S a l l y M c M a h o n. Tecleouno todo nun ordenador. —Este apelido non é de aquí, sorriu ela. —Non, pero o do teu xefe tampouco que digamos. —Xa pode pasar, indicoume ela, sinalando a porta do despacho. Abrín a porta e case tiven un esvaecemento. Detrás dunha mesa ergueuse un home, que non parecía acabar nunca coa altura, máis dun metro noventa, que se prestaba máis para xogador de balonmán ca para médico. Levaba unha bata tan curta que seguramente encollera ó lavala, igual que pasaba coas mangas, que non eran para as medras. Era bastante novo, duns trinta e moitos anos, co pelo crecho e os ollos claros, que lle vin cando sentamos nunhas cadeiras de “deseño”, el enfronte de min coa mesa polo medio. —Ola, que tal? Chámase, a ver como era, Sally, non si? Quedei tan fascinada polo aspecto deste home que fun incapaz de contestar. Son unha persoa maior, o que non quita que quedase cativada pola virilidade atraente dun individuo distinto a moitos homes do país. El repetiu: 12


—Sally, ou quere que a chame señora Mac Mahón?, aínda que non sei se pronuncio ben o seu apelido. —Chámeme Sally. O meu apelido pronúnciase “Mecmón”, o “h” non se pronuncia e o “o” é aberto coma o de “rosa” e un pouco alongado. Perdoe a tardanza en contestar, estou algo confusa. —Non se preocupe. A primeira toma de contacto sempre custa un pouco. Axiña lle pasará. Síntome molesta, porque teño que mirar contra a luz. Para disimular tomei un grolo de auga da botella que levo sempre comigo. —Ó mellor estráñalle tamén o meu nome. Os meus antepasados son de orixe escandinava. Eu nacín nunha pequena vila galega, San Pedro de Vilachá, na provincia de Lugo. O seu nome tampouco é de aquí. —Non, son irlandesa, levo xa moitos anos en Galicia. —Onde vive? —Nos arredores da Coruña. —Vive nun piso ou nunha casa? —Temos unha casa con xardín e unha piscina. —Dígame, por que acode a min e non escolleu outro colega? —Porque mo recomendaron. 13


Agora xórdeme unha leve sospeita da razón. A ver como se desenvolve a nosa relación. De momento estou encantada da vida. —Ben, quere contar vostede o que lle pasa ou prefire que lle pregunte eu? Que lle é máis doado? Así de golpe non sei que dicir. Case prefiro que me pregunte el. Cústame collerlle confianza. É unha persoa que impón pola fisionomía e pola distancia na súa cadeira, na que se bota cara a atrás. O aspecto exterior dun individuo marca moito, querendo ou non. Trato de calma-los nervios, “non me vai comer”, pero sigo cohibida. Vexo a alianza e trato de empezar unha conversa neutral antes de comenta-los meus problemas. El dáse conta da miña ollada investigadora. —Si, estou casado e teño dous fillos pequenos. Vostede tamén ten fillos? —Teño dous fillos e unha filla. —Estupendo, pero agora dígame o que lle pasa. —Estou moi mal pola reuma e isto repercute no meu estado de ánimo. Levo anos aguantando unha depresión e, como esta se complica agora coa dor física, desespero e xa non sei que facer. —Consultou algunha vez un reumatólogo? 14


—Naturalmente. Probamos de todo sen éxito e a dor foi cada vez máis forte ata case non poder andar nin ser quen de deitarme na cama. Imposible. O reumatólogo sospeita que existe un problema de fondo e que é cousa de falar cun psiquiatra. Por iso estou aquí. —Á parte dese ataque de reuma e deixando a depresión a un lado, antes era feliz? —Antes era máis nova, viaxaba polo mundo adiante e sentíame querida e apreciada. Agora síntome vella e xa non podo viaxar polos achaques de saúde que sufro. Desde hai algún tempo teño problemas coas cervicais, que me producen vertixe e mareos. Nas últimas viaxes en avión paseino moi mal, eran traxectos longos e case non chego aquí. Agora non me atrevo a desprazarme. A vellez é coma un castigo para min. —Entendo, pero non siga nese plan tan negativo. —Iso dío vostede, que aínda é novo. Eu teño sesenta e oito anos. Xa verá cando chegue á miña idade. Preciso que me axude a supera-los problemas. —Non se poña así, isto non nos leva a ningures. Lévase ben coa familia? —Claro que si, por aquí non está o meu problema. Neste aspecto non hai nada que falar. —De acordo, pero teño a impresión de que é moi pesimista. 15



+ info en www.alvarellos.info


Obra �inalista nos premios I Gala do Libro de Galicia 2016 na categoría de Libro de Non Ficción. Finalista nos premios Frei Martín Sarmiento 2016 na categoría de Bacharelato e Adultos.

Despois de publicar ...e os domingos, un croissant. Diario dun encontro coa vida (Alvarellos Editora, 2015), onde Ursula Heinze retratara o día a día dos internos dun sanatorio mental, agora, a prestixiosa escritora alemá a�incada en Galicia regresa cun poderoso, valente e orixinal relato. En Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás, a protagonista, Sally, fala a tumba aberta da súa propia depresión. A prosa camiña áxil e atraente, os diálogos médico-paciente son enormemente reveladores, e a carón deles a�loran pensamentos fondos arredor das grandes dúbidas, contradicións e perigos desta tan estendida enfermidade. Nos momentos máis baixos, Sally só se conforta lembrando diante do doutor as viaxes que �ixo por toda Europa nos seus anos dourados, cando era unha escritora recoñecida.

Todo o noso catálogo, en

alvarellos.info Artefinal CAPA Pon un psiquiatra...300117.indd 1

40

n i v e rsar io

Libros do Sarela

psiquiatra

na túa vida... e xa verás Ursula Heinze de Lorenzo

Fotogra�ía: Praza Pública

Ursula Hein ze

padece unha fonda depresión. Para saír do pozo, decide buscar a axuda dun especialista. Visita a un xoven psiquiatra, en sesións mensuais, durante dous anos. Nelas, van aboiando os con�litos e problemas máis fondos da súa enfermidade e da súa vida: a vellez, a idea da morte, a sexualidade, a relación cos demais, a desilusión... E tamén o proveito, ou non, das propias citas médicas.

pon un psiquiat ra na túa vida... e xa verás

Sally McMahon é unha muller madura que

pon un

Ursula Heinze de Lorenzo

naceu en 1941 en Colonia (Alemaña). Licenciouse en Filoloxías Inglesa e Alemá na Universidade de Colonia. Formou parte do grupo universitario de teatro, estudou piano e canto. Reside e escribe desde 1968 en Santiago de Compostela. Foi catedrática de Ensino Medio en Alemaña e lectora de alemán na Universidade de Valladolid (19731977). É membro fundador do PEN Clube Galego e a súa presidenta entre 1991 e 1995. No ano 1993 organizou en Santiago de Compostela o 60 Congreso Mundial do PEN. Ata 2014 foi membro do Patronato Rosalía de Castro. É autora de numerosas obras: novelas, relatos, ensaios, literatura infantil e xuvenil, poesía en galego, e poesía e relatos en alemán. Traduciu obras de autores alemáns ó galego e ó castelán. En 2015 publica ...e os domingos, un croissant (Alvarellos Editora), onde narra o seu internamento nun psiquiátrico. 30/01/2017 20:25:13


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.