Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza (Alvarellos Editora), de A. López e A. Pociña

Page 1

Cantares gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro Mª PILAR GARCÍA NEGRO Canitrot. Cen anos de esquecemento CARLOS GEGÚNDEZ LÓPEZ Galicia bajo la bota de Franco ANÓNIMO DE 1937 Parir a liberdade. O movemento feminista en Galicia ELVIRA FENTE Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas XESÚS ALONSO MONTERO O xornal na clase de Matemáticas CECILIA ALVARELLOS CASAS

A. López | A. Pociña O presente volume é a culminación dese inxente traballo: unha obra rica en datos, noticias, textos –moitos, absolutamente inéditos ou descoñecidos–, e opinións escritas pola propia Luz onde se sincera, a petición dos autores, sobre a súa obra literaria. O libro complétase cunha antoloxía da obra poética de Luz e tamén inclúe unha selección de fotografías e ilustracións como resumo gráfico de case un século de vida... á procura da Poesía.

ISBN 978-84-89323-89-6

9 788489 323896

Todo o noso catálogo en

alvarellos.info Capa BIO LUZ FINAL 2 lombo 29mm,.indd 1

alvarellos.info

AURORA LÓPEZ (Sarria, 1948) é catedrática de Filoloxía Latina na Universidade de Granada, onde ocupa tamén o cargo de directora da Unidade de Igualdade entre mulleres e homes. Investiga sobre todo no campo da literatura latina, principalmente o teatro e a súa pervivencia actual; é especialista en estudos sobre a muller romana, e tamén sobre Rosalía de Castro. ANDRÉS POCIÑA (Lugo, 1947) é catedrático de Filoloxía Latina na Universidad de Granada, onde foi decano de Filosofía e Letras e director do departamento de Latín. Investiga no campo da literatura latina, do teatro clásico antigo e a súa pervivencia nos teatros actuais, como tamén no da literatura galega, especialmente sobre Rosalía de Castro.

Á procura da poesía Vida e obra de Luz Pozo Garza

OESTE

Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso XOSÉ MANUEL MACEIRA FERNÁNDEZ

Aurora López e Andrés Pociña dedicaron máis de dez anos ao estudo da vida e da obra de Luz Pozo Garza, quizais a meirande figura das Letras galegas dos nosos días.

Aurora López | Andrés Pociña

divulgación & ensaio

A bordo dun barco sen luces. O mundo poético de Luís Pimentel LUZ POZO GARZA

Á PROCURA DA POESÍA. VIDA E OBRA DE LUZ POZO GARZA

OESTE divulgación & ensaio

14/10/2014 21:03:32



Á procura da poesía



Aurora López | Andrés Pociña

Á procura da poesía VIDA E OBRA DE LUZ POZO GARZA


OESTE [divulgación & ensaio]

Colaboran: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Cultura Universidade de Granada (Grupo de Investigación HUM-318)

© Alvarellos Editora, 2014 Sempre en Galiza, 4 15706 Santiago de Compostela correo@alvarellos.info www.alvarellos.info © Aurora López e Andrés Pociña Deseño e maquetación: Alvarellos Editora Fotografía da capa: Luz aos once anos de idade (Viveiro, 1933) Impreso en Tórculo Depósito Legal C 1246-2014 ISBN 978-84-89323-89-6

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a Cedro (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.


Índice

Pequeno Limiar 7 I. Vida de Luz 12 II. A poesía de Luz 63 1. Ánfora 65 2. El vagabundo 88 3. O paxaro na boca 110 4. Cita en el viento 141 5. últimas palabras/ verbas derradeiras 153 6. Concerto de Outono 185 7. Códice Calixtino 212 8. Prometo a flor de loto 246 9. Vida secreta de Rosalía 268 10. Medea en Corinto 286 11. Ribadeo Ribadeo 325 12. As arpas de Iwerddon 332 13. As vodas palatinas 349 14. Deter o día cunha flor 355 15. Sol de Medianoche 377 16. Poemas disperos 383 III Obra filolóxica de Luz 431 IV Pequena antoloxía poética 485 V. Apéndice 535 Bibliografía 551



Pequeno limiar

N

un tempo de crise que teima afogar canto de fermoso e ledo anima as nosas vidas de seres nados para levantar os ollos dunha imaxe triste e desolada dun xénero humano deitado por terra, queda sempre o camiño da procura da poesía. E nese proxecto indispensable de resistencia firme temos, por fortuna, no campo da literatura galega, a vida e a obra dunha muller excepcional, a poeta Luz Pozo Garza. A vida, porque Luz é igualmente fermosa no exterior e no interior; a obra, porque máis de sesenta anos de poesía ininterrompida, sobre todo en galego, pero tamén en castelán, fan dela a personalidade literaria máis admirable da Galiza do noso tempo. Na nosa intensa admiración pola escrita de Luz, a literaria e a filolóxica, e na nosa inmensa amizade con Luz, probada xa por moitas décadas, hai agora uns dez anos que decidimos dedicarlle un libro longo ao estudo da súa vida e da súa obra. Se hoxe podemos sentir a dita sen límites de velo rematado, cando Luz Pozo Garza camiña con pé firme e con cabeza que proxecta fermosas obras cara ao seu nonaxésimo segundo aniversario, é o noso desexo pormos nas súas mans este libro, na redacción do que nos axudou tanto. Probablemente ningunha das moitas obras que levamos publicado na nosa vida resulte tan orixinal e tan produtiva como esta, debido ao material sen nú-


8

Aurora López | Andrés Pociña

mero e aos datos que nos comunicou oralmente Luz, sen esquecer as moitas páxinas inéditas ou directamente redactadas, a petición nosa, para este libro. É posible que publicásemos cousas non moi exactas sobre os nosos clásicos de Grecia e de Roma, sobre os seus herdeiros e herdeiras en moitas literaturas, sobre a nosa Rosalía, sempre presente nas nosas vidas; en cambio, nas páxinas escritas durante estes dez anos sobre a vida e a obra de Luz Pozo Garza cremos que non hai erros nin inexactitudes, porque sempre estaba ela para informarnos e corrixirnos. Nunca fomos máis felices escribindo unha obra, guiados polo obxecto do noso estudo. Á procura da Poesía puxémonos como meta a vida e a obra de Luz Pozo Garza, e ao cabo achamos a Luz Pozo Garza ―dá gusto repetir o nome completo―, que era o que andabamos a buscar. Non hai dúbida de que teriamos que darlle as grazas á colaboración de moitas persoas na redacción deste libro, pero soamente queremos lembrar aquí a axuda de Luz; os demais agradecementos van expresados con todo agarimo ao longo das páxinas do libro. Queremos, de todas maneiras, agradecer de corazón a atención, o agarimo e o coidado inmensos cos que foi acollido polo editor, Henrique Alvarellos, en tempos cheos de dificultades para o mundo editorial. Esperamos, querido lector, querida lectora, que podas atopar con nós un solaz no desacougo destes tempos de crise coa imaxe de Luz e da súa poesía escrita ata o día de hoxe, porque mañá será xa incompleta: Luz Pozo Garza escribe cada día un poema novo, polo menos, e un dos últimos é este, que acaba de mandarnos, escrito co gallo do ses-


Pequeno

limiar

9

quicentario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía, para nós, pero tamén para vós: Tempos menesterosos Rosalía Para Aurora López e Andrés Pociña

Nacer naciches coas flores: en tempos menesterosos Semella unha profecía O mar do Orzán está en calma O Sar –de amor– a penas se respira No silencio da sombra consagrada bates coas noites frías de obstinados reiseñores na porfía miña amada miña amiga Muller que en tal signo nace enfía o espazo inviolado como unha pomba ferida: desde o monte Xistral ata as Fisterras en total e absoluta perspectiva miña amada miña amiga... Transida de herbas moi leves de herbas moi finas... transida escoitas o son da morte escoitas o son das rías


10

Aurora López | Andrés Pociña

pasan dornas pasan almas pasan as aves branquísimas e levas camelias murchas na propia ausencia ferida descalza e alucinada te mostras en carne viva miña amada miña amiga... adiós ríos adiós fontes sobre o teu corpo sideral chovía e chovía chovía... desde Padrón a Santiago ibas descalza e chovía... ao lonxe soa unha gaita que a paisaxe estremecía se a gaita canta ou se chora dínolo tí Rosalía miña amada miña amiga... Se choras es ti quen chora ti es a Rosa dos ventos fuxidía onde se pule o misterio onde a prata se pulía onde se eleva a conciencia quedou un sesgo de cinza


Pequeno

limiar

11

e onde o Pórtico da Gloria abre as súas portas [benditas queda unha flor vulnerada queda unha rosa aterida queda un fragmento de soños queda o misterio da vida... os finos ouros do Sil reclaman fama e cobiza e nas estancias do Pazo a sombra de Rosalía tristes pianos de loito voces de alondra ferida... miña Sombra miña amiga... O Sar camiña a modiño leva saudades e lilas leva o valeiro das almas e a soidade radial de Rosalía... e a paixón estremada polos fillos e unha dolor escura e informe de invernía Negra Sombra Negra Sombra rosa de amor que ás veces desvaría incendiáronche a noite marcáronche con lume a fábula da vida miña Sombra miña amiga...


12

Aurora López | Andrés Pociña

Coda Naceras Rosalía cando as flores na espideza ontolóxica dunha saudade cruel radicalísima... e aquí pervives : para ti n’hai morte badaladas TON... TON ... de Pura Gloria interna sinfonía eternamente xuntas na memoria mares montañas ríos luz do día salmos sagrados xestas palpitantes un libro –o corazón– mítica historia versos que a morte e o amor actualizan paixón da dolor eterna símbolos clave verbas sibilinas...

Padrón Padrón Padrón... SEMPRE EN GALICIA! miña Sombra miña amiga... (Luz Pozo Garza, 15.03.13)

Aurora López–Andrés Pociña Los Ogíjares, 1 de setembro de 2013


I. Vida de luz



Luz aos vintedous anos (Viveiro, Semana Santa, 1944).


Dona Luz Garza Feijoo-Montenegro, nai de Luz (arriba) e Luz Pozo aos corenta anos (1962).


N

ace Luz Dolores Elvira Pozo Garza en Ribadeo (Lugo), o 21 de xullo de 1922, filla segunda da cultísima familia formada por Gonzalo Pozo y Pozo, veterinario, e Luz Garza Feijoo-Montenegro, mestra; completaba a unidade familiar un irmán, catro anos maior que a poeta, Gonzalo1. A vida enteira de Luz, de modo especial nos seus aspectos literario e artístico, estará marcada sempre pola educación que recibe da parella, de seu pai, home de fonda cultura, de ideas progresistas, como demostran feitos como ser fundador en 1932 da agrupación de Viveiro do Partido Republicano Radical socialista, e mellor aínda o costume de ler polas noites no ámbito familiar obras como as de Rosalía2 ou Así hablaba Zaratustra de Nietzsche, onde sen dúbida radi1 Luz Pozo Garza ten falado en moitos lugares deste irmán con inmenso agarimo e admiración: “Mi hermano Gonzalo, cuatro años mayor que yo, era un pequeño sabio, un pequeño monstruo. A los catorce años daba conferencias de historia, filosofía y política” (en N. Regueiro, “Conversando con Luz Pozo Garza: Preludios literarios de una escritora”, Moenia 2 (1996) 195). Lémbrao sempre como un rapaz progresista, de esquerdas, morto con só vinte anos, ferido na guerra civil, sendo soldado raso na fronte do Ebro. 2 Cf. L. Pozo Garza, Diálogos con Rosalía, A Coruña, Real Academia Galega, 1996, p. 45: “Antes dos sete anos, aínda no meu Ribadeo natal, na apacible velada despois da cea, lía o pai a Rosalía. A mamai sabía de corrido as palabras da Sombra e a inquedanza do espírito na beira do Sar...”.


18

Aurora López | Andrés Pociña

ca a fonda formación nietzscheana que amosa a poeta en obras de xuventude, como El vagabundo3; porén máis grande é aínda a formación que recibe de súa nai, muller de inmensa cultura, que, como escribe Carmen Blanco, “estudiara en distintos colexios de Vigo, Bélxica, Alemaña e Estados Unidos. Era mestra superior, dominaba o inglés e o francés, e exercera como profesora auxiliar de Taquigrafía, Mecanografía e Contabilidade na Escola Normal de Zamora”4. A paixón de Luz Pozo Garza pola súa nai, cuxa nobre e fermosa imaxe segue presidindo ata os días en que escribimos esto o salón da súa casa da Coruña, foinos confesada por ela nestas sinceras e sentidas palabras: A miña nai é todo para min, é todo, porque desde os primeiros momentos da miña vida ata que morreu estivo sempre pendente de min, da miña vida, do meu porvir, da miña formación, literaria, musical, integral: o que sei débollo todo a miña nai. A meu pai tamén lle debo moito, é certo, pero miña nai foi o eixo do meu destino5. 3 Nun texto sobre o poemario El vagabundo, escrito para este libro noso en febreiro de 2012, comenta a poeta: “Nas vellas lecturas nocturnas do noso fogar en Viveiro, antes da guerra, cando tiña doce ou trece anos, líanos meu pai aquela obra terriblemente atea, de raigame maquiavélica, pero que tanto nos atraía: Así hablaba Zaratustra. No meu interior aínda resonarían aquelas ideas luminosas: ‘Zaratustra, vuelto a su soledad, entona un canto ensalzándola, y reniega de las ciudades y de los hombres...’”. 4 C. Blanco, Luz Pozo Garza: a ave do norte, Ourense, Ediciones Linteo, 2002, p. 23. 5 Declaracións literais de Luz, recollidas para este libro, nunha conversa con ela, na súa casa da Coruña, o día 22



Cantares gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro Mª PILAR GARCÍA NEGRO Canitrot. Cen anos de esquecemento CARLOS GEGÚNDEZ LÓPEZ Galicia bajo la bota de Franco ANÓNIMO DE 1937 Parir a liberdade. O movemento feminista en Galicia ELVIRA FENTE Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas XESÚS ALONSO MONTERO O xornal na clase de Matemáticas CECILIA ALVARELLOS CASAS

A. López | A. Pociña O presente volume é a culminación dese inxente traballo: unha obra rica en datos, noticias, textos –moitos, absolutamente inéditos ou descoñecidos–, e opinións escritas pola propia Luz onde se sincera, a petición dos autores, sobre a súa obra literaria. O libro complétase cunha antoloxía da obra poética de Luz e tamén inclúe unha selección de fotografías e ilustracións como resumo gráfico de case un século de vida... á procura da Poesía.

ISBN 978-84-89323-89-6

9 788489 323896

Todo o noso catálogo en

alvarellos.info Capa BIO LUZ FINAL 2 lombo 29mm,.indd 2

alvarellos.info

AURORA LÓPEZ (Sarria, 1948) é catedrática de Filoloxía Latina na Universidade de Granada, onde ocupa tamén o cargo de directora da Unidade de Igualdade entre mulleres e homes. Investiga sobre todo no campo da literatura latina, principalmente o teatro e a súa pervivencia actual; é especialista en estudos sobre a muller romana, e tamén sobre Rosalía de Castro. ANDRÉS POCIÑA (Lugo, 1947) é catedrático de Filoloxía Latina na Universidad de Granada, onde foi decano de Filosofía e Letras e director do departamento de Latín. Investiga no campo da literatura latina, do teatro clásico antigo e a súa pervivencia nos teatros actuais, como tamén no da literatura galega, especialmente sobre Rosalía de Castro.

Á procura da poesía Vida e obra de Luz Pozo Garza

OESTE

Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso XOSÉ MANUEL MACEIRA FERNÁNDEZ

Aurora López e Andrés Pociña dedicaron máis de dez anos ao estudo da vida e da obra de Luz Pozo Garza, quizais a meirande figura das Letras galegas dos nosos días.

Aurora López | Andrés Pociña

divulgación & ensaio

A bordo dun barco sen luces. O mundo poético de Luís Pimentel LUZ POZO GARZA

Á PROCURA DA POESÍA. VIDA E OBRA DE LUZ POZO GARZA

OESTE divulgación & ensaio

14/10/2014 21:03:34


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.