Los últimos días en prisión en 1936 y 1937 del republicano gallego José Mejuto JOSÉ MEJUTO BERNÁRDEZ CORRESPONDENCIA [1928-1958]
Cartas inéditas e dispertas CARLOS MASIDE GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO
El libro clandestino de 1937 ANÓNIMO FALANDO CLARO
A historia do anarquista Claro José Sendón Lamela PEPE SENDÓN LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO
XOSÉ MANUEL MACEIRA
Fernando Alsina González foi un destacado cirurxián na Compostela da primeira metade do século XX. Fundador do Sanatorio San Lorenzo (1920), alcalde de Santiago por un ano (1929), sería un dos asinantes en 1933 do famoso manifesto de apoio ao Estatuto de Galicia. Foi, ademais, consogro do escritor Ramón del Valle-Inclán. Entre setembro de 1936 e febreiro de 1937 estivo en diferentes puntos da fronte de guerra no bando franquista, nos que exerceu labores cirúrxicas. E deixou escrito un detallado diario que agora, oitenta anos despois, ve por fin a luz. A recuperación deste documento é todo un exercicio de memoria histórica. Da memoria dun home conservador, católico, que apoiaba a Franco, pero cuxa peripecia persoal está chea de matices, de afinidades galeguistas, e de complexos episodios profesionais e persoais. O especialista Ricardo Gurriarán busca as claves do seu comportamento a través dunha reveladora biografía, ao tempo que analiza a fondo este Diario de guerra. O índice onomástico –con máis de 500 referencias– deste volume, así como as preto de cen fotografías e documentos da época, inéditos, que aquí se recollen (incluídos os do seu ano como alcalde), dan conta da envergadura desta obra.
colección OESTE Todos os nosos libros en
alvarellos.info Artefinal CAPA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 1
Diario de guerra Un rescate ao coidado de RICARDO GURRIARÁN
Foto da capa: Hospital Militar de San Caetano, Santiago de Compostela. Fernando Alsina, entre dous convalecentes (ca. 1937).
OESTE
CARTAS DE UN CONDENADO A MUERTE
FERNANDO ALSINA E O SEU
RICARDO GURRIARÁN (O Barco de Valdeorras, 1953) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago. Especialista na guerra civil española, na memoria histórica e no exilio, obtivo en 2007 o Premio da Crítica coa publicación da súa monumental obra Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (19001936). Tamén foi galardoado co Premio Tertuliano Hervella pola biografía de seu pai, o médico Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975), represaliado na guerra civil. É autor así mesmo de Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 (2010), entre outros traballos. Comisario de exposicións, forma parte de equipos de investigación da USC e da Fundación 10 de Marzo, onde é director da área de Historia. En 2015 recibiu o Premio Peña Novo «polo seu traballo pedagóxico e o seu labor de investigación na procura da reconstrución da memoria colectiva».
divulgación&ensaio
RICARDO GURRIARÁN, ED.
COLECCIÓN OESTE
Fernando Alsina e o seu Diario de guerra
Outros títulos da
Fernando Alsina e Luis Harguindey, en Sigüenza (1936)
07/10/2015 17:50:52
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 2
07/10/2015 18:06:02
FERNANDO ALSINA E O SEU
Diario de guerra
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 1
07/10/2015 18:06:02
OESTE [divulgación&ensaio]
© ALVARELLOS EDITORA, 2015 Sempre en Galiza, 4 15706 Santiago de Compostela correo@alvarellos.info www.alvarellos.info © Herdeiros de Fernando Alsina González © Ricardo Gurriarán Rodríguez: perfil biográfico, apéndice e notas. © Lourenzo Fernández Prieto: presentación Supervisión lingüística: Begoña Méndez Imaxe de capa: Hospital Militar de San Caetano (Santiago). Fernando Alsina, entre dous convalecentes (ca. 1937) Imaxe de contracapa: Fernando Alsina e Luis Harguindey nos arredores de Sigüenza (Guadalajara), en 1936 Deseño e maquetación: Alvarellos Editora Impreso en Tórculo Depósito Legal C 1682-2015 ISBN 978-84-89323-81-0 Todos os dereitos reservados. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 2
07/10/2015 18:06:02
FERNANDO ALSINA E O SEU
Diario de guerra Un rescate ao coidado de RICARDO GURRIARÁN
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 3
07/10/2015 18:06:07
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 4
07/10/2015 18:06:07
Fernando Alsina, por Peñamaría.
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 5
07/10/2015 18:06:08
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 6
07/10/2015 18:06:08
Índice
Nota do Editor .............................................. Presentación .................................................. Perfil biográfico de Fernando Alsina ........... Diario de guerra ....................................... Galería gráfica ........................................... Apéndice ....................................................... Galería documental ................................... Bibliografía e fontes ..................................... Índice de nomes ...........................................
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 7
9 13 25 123 237 265 289 301 305
07/10/2015 18:06:08
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 8
07/10/2015 18:06:08
Henrique Alvarellos
Nota do Editor
F
oi Xaquín del Valle-Inclán Alsina, un dos netos de Fernando Alsina González, quen primeiro me falou deste Diario de guerra. A conversa transcorreu un 5 de xaneiro de 2013 no Cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela. Nesa data conmemorábase o 77 cabodano de Ramón María del Valle-Inclán e o primeiro cabodano de Isaac Díaz Pardo. Estabamos falando á entrada, agardando o inicio dos actos, e Xaquín preguntoume se me interesaría un inédito “do meu outro avó”, sabedor de que a miña Editorial ten unha especial estima polo rescate de documentos descoñecidos da nosa historia ou da nosa literatura. Dixen a priori que si, por suposto, como adoito facer. Tiña que valoralo. Aos poucos días recibín, no meu correo electrónico, e tal e como quedaramos, unha copia transcrita daquel Diario de guerra do que eu nada sabía ata o encontro de Boisaca. Cando o lin, captei doadamente o interese editorial do documento. Un mecanoscrito de 38 folios que recollía a experiencia como médico de guerra do bando sublevado, entre setembro de 1936 e febreiro de 1937, do doutor Alsina. Aquela viaxe levárao a exercer como cirurxián por varios lugares do
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 9
07/10/2015 18:06:08
10
Henrique Alvarellos
norte de España (dende a propia Compostela ata Asturias pasando por Burgos, Segovia, País Vasco ou Sigüenza). Mais xurdiume unha dúbida, e non era menor. Pregunteime: Publicando este Diario doulle voz, unha vez máis, aos vencedores, aos que tiveron xa a voz e o argumento esmagadores durante corenta anos de pedra? Ou abro, pola contra, un interesante debate –tamén de memoria histórica– sobre os que, estando no bando chamado nacional, vían a guerra e os seus desastres como unha desfeita e mesmo chegaban a criticar, en ocasións, aos falanxistas? Tendo este libro agora nas mans é evidente cal foi a miña decisión final, pero non a tomei axiña. Precisei de asesoramento. Falei con Ricardo Gurriarán Rodríguez. El era a persoa que eu necesitaba. O prestixioso historiador, autor (entre outros moitos estudos) da monumental Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) (USC, 2006), reproducía nese preciso libro un documento clave para entender esta –chamémoslle– “escada de grises” que sempre é a historia, que fuxe ela do “branco e negro”. Na páxina 570 dese clarificador volume recóllese un manifesto de intelectuais galegos do ano 1933 de apoio á autonomía de Galicia. Unha das firmas, entre outros vinte máis, é a de Fernando Alsina González. O noso protagonista non era entón ou simplemente “un dos vencedores”. Ricardo Gurriarán colleu o Diario e púxose a traballar a reo nel: a buscar as motivacións fondas, o contexto vital de todo un personaxe hoxe totalmente esquecido. O Fernando Alsina prestixioso cirurxián, o Fernando Alsina alcalde de Santiago, o Fernando Alsina
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 10
07/10/2015 18:06:08
Compra de exemplares, en: www.alvarellos.info
NOTA
DO
EDITOR
11
home culto e sensible cun pasado seica, para os franquistas, liberal ou de certa heterodoxia (malia ser un conservador sen fisuras). O Fernando Alsina misteriosamente decepcionado ao final dos seus días... Ricardo Gurriarán contactou coa outra rama dos descendentes do doutor. En concreto, co seu neto o recoñecido medievalista da Universidade de Santiago Fernando López Alsina. E tamén con Pancho Valle-Inclán Alsina. Grazas á súa dedicación e bo facer, Gurriarán foi tecendo unha rede de apoios (de fontes) arredor deste proxecto, facendo aboiar, dos arquivos familiares do noso protagonista, documentos cruciais que completan (magnifican) o rescate inicial do propio Diario: un conxunto de ata 42 fotografías tamén inéditas daquela viaxe pola fronte nacional, que aquí incluímos como Galería gráfica, e que son realmente un diario visual paralelo ao propio texto; a valiosa documentación do seu paso á fronte da alcaldía de Santiago durante un ano só, nos últimos tempos da ditadura de Primo de Rivera (que parte incluímos –toda ela inédita– como Apéndice), e, finalmente, apareceu o manuscrito orixinal (pois nos primeiros meses de traballo manexabamos unha copia): 161 follas homoxéneas e numeradas, tamaño cuartilla de 14 x 20 cms, grampadas en seis bloques separados, e con dúas folliñas cuadriculadas soltas a maiores (numeradas como 160A e 160 B) como peche final. Todas están escritas por unha soa cara agás cando recolle unha nota á marxe ou acotación explicativa, para as que utiliza o reverso da folla. O resultado das investigacións de todos estes meses entre aquel 5 de xaneiro de 2013 e a pri-
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 11
07/10/2015 18:06:09
12
Henrique Alvarellos
mavera de 2015 rexístrase nas páxinas que seguen. Á luz de toda a investigación inclinámonos a concluír que este Diario de guerra foi reescrito por Fernando López Alsina ao final da súa vida, a partir das notas que tomou, estas si, a pé de guerra. Así se deduce tamén pola uniforme caligrafía e disposición que presiden practicamente todo o documento. É evidente que o doutor, nos seus últimos días, quería deixar testemuño, para o futuro, do que naqueles meses desgraciados presenciara, e tamén da súa actividade médica e humana na fronte. Desexo, pois, cumprido. Aínda que sexa tantos anos despois. Só me queda agradecer, en primeiro lugar, a Xaquín del Valle-Inclán a porta que nos abriu co seu xeneroso ofrecemento. E por suposto a Ricardo Gurriarán, que sublimou literalmente, co seu tesón, rigor e paixón, aquel achádego primeiro. Tamén a Fernando López Alsina e a Pancho del Valle-Inclán. Ata a última “incorporación” ao equipo que integrou este volume, Lourenzo Fernández Prieto, quen enfoca, de novo, aquela guerra e esta nosa memoria histórica. HENRIQUE ALVARELLOS
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 12
07/10/2015 18:06:09
Perfil biogrรกfico de Fernando Alsina Ricardo Gurriarรกn
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 25
07/10/2015 18:06:10
F
ernando Alsina González é un notable persoeiro santiagués, descoñecido para o público en xeral, máis alá do ámbito familiar, dos seus discípulos e dos estudosos locais. Acadou éxitos como cirurxián e docente, logo de adquirir unha sólida formación na Facultade de Medicina de Santiago. A súa destreza no manexo do bisturí acadou sona alén da ría do Eo e dos portos que nos separan de Castela. Tamén foi alcalde de Compostela nos últimos tempos da ditadura de Primo de Rivera. Á parte das citas na prensa local, sobre todo en artigos que refiren a historia social e sanitaria compostelá, son moi poucas as liñas que se lle teñen dedicado, pese á importancia que tivo no período convulso que lle tocou vivir.1 Xosé Carro Otero en 1998 dedicoulle unha breve caracterización biográfica, con profusión de iconografía e reprodución documental (contén algúns erros nos datos que achega), dentro dun tomo que inclúe 17 haxiografías doutros tantos médicos composteláns ou foráneos que impartiron docencia na Facultade de Medicina de Santiago. Logo, o que subscribe (2006), abordou de xeito transversal aspectos do seu itinerario vital, nomeadamente do seu paso pola Facultade de Medicina, o seu papel na guerra civil, e unha achega relevante, porque non se abordara anteriormente, logo de explorar o Arquivo do
1
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 27
07/10/2015 18:06:10
28
Ricardo Gurriarán
As lagoas acerca da súa personalidade e carácter son moitas, aínda que se poidan facer aproximacións máis ou menos atinadas sobre el. A ideoloxía e profunda relixiosidade do cirurxián non deixan espazo para a dúbida: era tradicionalista e conservador; católico, pero cunha preocupación polo social enmarcada nas súas coordenadas ideolóxicas e o conservadorismo político, mais tamén no feito de ser médico e ter un coñecemento de primeira man da realidade. Foi deixando tímidas pegadas por onde pasou, ás veces contraditorias. Isto fainos pensar que talvez a contorna docente e profesional, sobre todo no período republicano, puido exercer un influxo en Alsina, que, en certa medida, o fixera mudar algúns conceptos e clixés propios da época, adubado por grandes doses de lectura e viaxes ao estranxeiro; tamén por certa preocupación cultural da que o cirurxián non exColexio Provincial de Médicos: o papel de Fernando Alsina como xuíz instrutor para a depuración dos médicos da provincia da Coruña incursos en procedementos e causas como sospeitosos de non teren suficiente adhesión ao novo réxime. Este arquivo contén unha documentación de valor: a relación epistolar de Alsina coa cúpula médica colexial. Esta publicación citada ten vinte e dúas entradas de Fernando Alsina (por ter un referente, a día de hoxe, 18 de setembro de 2014, Google, tan só localiza unha ducia de entradas). Recentemente, o significado historiador santiagués da anestesia, Avelino Franco Grande (2014), tratou importantes aspectos da práctica médica de Alsina nunha aproximación biográfica fundamentada na prensa local. Mais o que primeiro escribiu unhas liñas biográficas sobre Alsina foi o profesor Ramón Baltar Domínguez en La Escuela Médica Compostelana (EMC, 1968). Este é un folleto que serviu de catálogo para a exposición homónima patrocinada polo Instituto Padre Sarmiento, que pretendeu herdar o vello Seminario de Estudos Galegos (SEG). Realizárase con motivo do centenario da morte do profesor Varela de Montes.
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 28
07/10/2015 18:06:10
PERFIL
BIOGRÁFICO DE
FERNANDO ALSINA
29
cluía as iniciativas que o rexionalismo e, logo, o galeguismo nacente propoñían. Precisamente, por ter un Diario escrito durante a guerra civil (aínda que incompleto), que aquí queremos poñer en valor, adquire unha dimensión persoal e de permanencia relevante, dada a escaseza deste tipo de testemuños en primeira persoa. Aínda que designa cos tópicos propios do bando onde lle tocou colaborar –co que significaba, obviamente, a colaboración profesional como médico cirurxián–, a súa ponderación á hora de axuizar determinadas actuacións é sintomática: sendo propias dun home de orde, non foxe de censurar con xusteza certas condutas do seu bando. Xa indicamos noutro lugar como aventurada hipótese que Fernando Alsina tratase de «escapar» do teatro de operacións da barbarie que se estaba a dar na Compostela dos primeiros momentos do golpe (Gurriarán, 2006), onde lle tocou certificar, entre outras, a morte de Pepiño Devesa Areosa: segundo cita Alfonso Mato, aparecera nunha gabia nos arredores de Santiago, cabo do corpo do alcalde da cidade, Ánxel Casal. Fuxir do escenario de actuación dos incontrolados puido ser tamén un reforzo da motivación para ir ofrecerse aos sublevados, espazo natural no caso de Alsina, sen dúbida, nun principio. Mais, como se poderá comprobar conforme se avance na lectura desta pequena achega biográfica, o itinerario vital de Fernando Alsina ofrece moitas incertezas e mesmo cuestións difíciles de resolver. Coma nos casos de alistamento, que foron moitos, os que tiñan un pasado recente ligado aos partidos republicanos fuxiron dos seus lugares
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 29
07/10/2015 18:06:10
30
Ricardo Gurriarán
de orixe para pasaren inadvertidos enrolándose no exército franquista, nas escasas opcións que se presentaban, nomeadamente no chamado requeté –co que Alsina amosou moitas simpatías, como apunta no Diario de guerra–. Outros, con profesións de aplicación bélica, ofreceron o que sabían facer. Os médicos aos que o golpe colleu en territorio non leal á República ou en lugares que caeron deseguida, e en gran medida os cirurxiáns, buscaron acubillo nas filas dos sublevados atendendo feridos de guerra preto das frontes; máis aínda se había unha leve sospeita de que as novas autoridades ou os servizos de información do exército franquista puidesen vixialos polo seu pasado, mesmo liberal. Houbo moitos casos nesta situación –dos que xa demos conta no seu día–, incluso sen militarizar, que doadamente podían ser albo dos que xa se aventuraban vencedores da cruzada. Por suposto que, dos ideoloxicamente afíns, foron moitos os que se prestaron voluntarios para estes labores sanitarios. A profesión médica era necesaria no exército franquista desde os primeiros momentos, sen exclusións, mesmo a sabendas de que moitos sanitarios serían despois sancionados e represaliados con diferentes sortes: algúns xa ingresaron no cárcere nos primeiros momentos, outros foron paseados, como ben documentou Simón Lorda para Galicia. Os médicos eran unha man de obra especial e necesaria, máxime cando a situación xeoestratéxica converteu o noso país en territorio ideal para situar a gran zona hospitalaria da fronte do Norte. Galicia foi «acubillo» de boa parte da clase médica dirixente que apoiou o golpe. Mais tamén foron moitos os
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 30
07/10/2015 18:06:11
PERFIL
BIOGRÁFICO DE
FERNANDO ALSINA
31
médicos galegos civís que asistiron feridos preto da fronte de guerra. Queremos significar tamén que a represión na Facultade de Medicina de Santiago foi cualitativamente morna en comparación con outras facultades, por razóns obvias de necesidade na conxuntura bélica. Ideoloxicamente, o conservadorismo imperaba entre o profesorado, aínda que tamén algúns desta condición foron sancionados levemente apartándoos da capacidade de desempeñar cargos de representación. O doutor Fernando Alsina pertencía, case con absoluta certeza, ao citado grupo dos afíns, pero con todo, asinara durante a República un manifesto a favor do Estatuto de Autonomía que non era inocuo para algúns e, probablemente, o profesor tivese certa preocupación polo seu futuro inmediato tras o golpe de Estado. Hai varias interrogantes por aclarar nas actuacións e actitudes de Alsina. Por que asina este manifesto, ao meu modo de ver, de claro contido político. Ou por que foi designado xuíz instrutor do Colexio Provincial de Médicos da Coruña en 1939 para depurar os colegas que non probaran «suficiente adhesión». Ou por que interveu cirurxicamente o Foucellas e llo ocultou á Policía, principiando a década dos corenta, acción que lle causou problemas coas forzas do novo réxime. Ou por que naquela altura dos corenta comezou a facer declaracións públicas en xornais, cando non o fixera xamais en corenta anos. Ou por que se presentou a unha oposición de cátedra con 59 anos, en 1940, sen seguridade de gañar a praza, como ao cabo ocorreu (neste proceso, viuse excluído nunha primeira fase por non efectuar o
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 31
07/10/2015 18:06:11
32
Ricardo Gurriarán
pagamento para iniciar o procedemento do seu expediente de depuración, que era obrigatorio). Ou por que o seu expediente persoal de depuración non se resolveu favorablemente ata 1944, tal e como figura no seu expediente docente (AHUS); probablemente, o procedemento tramitouse con certa prudencia por se tratar de quen se trataba, e dado que el mesmo fora xuíz instrutor. Non esquezamos que o reitor Legaz quixo resolver as causas e sancións pendentes naquela altura, como a do flagrante caso do catedrático Fernando Calvet. Ao remate da guerra civil, todos os docentes sen exclusión, con maior ou menor adhesión ou pasivos fronte ao novo réxime, foron sometidos a un expediente de revisión persoal obrigatorio para poder seguir exercendo a profesión. Os que eran delatados de sospeita tiñan que se someter a procedementos de depuración máis complexos, en moitos casos denunciados polos propios compañeiros co fin de ocupar a súa praza. Descoñecemos por que non hai rastro por ningures desta causa do bo de Alsina, se é que a houbo. Levárono en secreto as autoridades encargadas da depuración ou houbo unha sanción encuberta? Que saibamos, Alsina só tivo suspensión obrigada de docencia por cuestións de saúde. Relaciónanse entre si todas estas interrogantes? Desenvolveremos cada episodio con máis vagar e información, apoiados nunha manifestación –con interrogantes pero bastante esclarecedora polo que encerra en si– do cirurxián compostelán nunha carta dirixida ao presidente do Colexio de Médicos provincial e que, ao noso entender, dá algunhas claves do seu proceder, amais de manifestar unha certa incomodidade no espazo universitario,
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 32
07/10/2015 18:06:11
PERFIL
BIOGRÁFICO DE
FERNANDO ALSINA
33
que ocupou unha boa parte da súa vida profesional. Rematamos as interrogantes preguntándonos: por que non quixo o profesor Alsina que se lle fixese unha homenaxe cando a súa xubilación? Unha certa timidez e un pasar desapercibido, que caracterizaban o personaxe de cara o exterior, contrastan coa redacción deste Diario de guerra: cal era o seu obxecto e a que destinatarios pretendía Alsina que chegase?2 En calquera caso, parécenos un documento moi interesante daquel tempo bélico do que, insistimos, non abondan no país en primeira persoa.3 O noso obxecto nesta colaboración que nos ofrece Alvarellos Editora, por xenerosidade do neto do autor, de Xaquín del Valle-Inclán Alsina, ao facilitar este prezado documento, é contextualizar: poñer en valor e dar a coñecer o rico itinerario vital e formativo do cirurxián compostelán, explicar e complementar o encaixe no tempo que lle tocou vivir e axudar o lector a coñecer os personaxes que estaban ao seu redor durante o episodio fratricida. Entendemos que para iso foi primordial compendiar toda a documentación 2 Entrevistamos o seu neto Fernando López Alsina quen, aínda que non coñeceu o avó, di terlles escoitado aos seus maiores que na intimidade familiar tiña un fino sentido do humor e gustaba de facer bromas. Tamén escoitou que viaxaba anualmente a Francia. Cónstanos que, polo menos, fixo catro viaxes ao estranxeiro; probablemente os seus achegados convertérono en norma anual. 3 Tamén do tempo de guerra, neste caso no bando republicano, é o diario de Casimiro Jabonero, preso no cárcere de Santiago: Diario del soldado republicano Casimiro Jabonero. Campo de prisioneros de Lavacolla. Prisión de Santiago de Compostela, 1939-1940. Edición a cargo de Víctor M. Santidrián Arias e publicado pola Fundación 10 de Marzo de Santiago (2004).
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 33
07/10/2015 18:06:11
34
Ricardo Gurriarán
que se coñece del, ligala e explicala; tamén engadimos algunhas achegas biográficas novas. Queremos facer un agradecemento expreso a Quique Alvarellos polo entusiasmo con que acolleu e nos trasladou a confección primaria deste traballo. E polo apoio e o ánimo que me deu ante as dificultades que foron xurdindo, sempre con reforzo positivo e agarimo da súa parte. E porque sempre tivo as portas abertas a calquera demanda. Tamén a Fernando López Alsina pola súa transcendental achega, logo de terlle mazado tenazmente o seu maxín reclamando información e documentación do biografado. Referímonos á interesante colección fotográfica da guerra civil do seu avó, que lle dá unha especial prestancia e que conforma un importante complemento a este traballo. E á axuda e interese que amosou para atopar o documento orixinal do Diario de guerra, que felizmente apareceu cando este traballo ía moi adiantado, entre outros papeis do seu avó. E ao seu curman Pancho Valle-Inclán Alsina, que remexeu a documentación en carpetas do seu avó, en Pontevedra, ata que atopou unha boa parte das imaxes que ilustran este traballo. De novo, a todos eles, grazas.
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 34
07/10/2015 18:06:11
PERFIL
BIOGRÁFICO DE
FERNANDO ALSINA
35
Os primeiros pasos: a formación inicial e profesional dun cirurxián de futuro prometedor Fernando Javier Carlos Alsina González naceu o 30 de maio de 1881 na santiaguesa rúa da Acibechería.4 Seu pai, Francisco Javier Alsina Román, tamén nacera en Compostela (1831) e era comerciante, pois rexentaba unha papelería. Este, á súa vez, era fillo de José Alsina, natural de Alzira (Valencia), e de Manuela Román, nada en Agost (Alacante). Casaran na Coruña. A nai de Fernando era Manuela González Ceinos, natural de Cuenca de Campos (Valladolid), que estaba casada con Francisco Javier en segundas nupcias. Fernando foi fillo único. Desde 1875, Francisco Javier Alsina facía parte da sociedade propietaria da fábrica de papel La Concepción, tamén chamada Minerva, situada nas inmediacións de Caldas de Reis (San Andrés de César), na ribeira do río Umia. Na sociedade estaban familias notables de Compostela como os Varela de Limia e os Pérez Sáenz, pai do coñecido banqueiro Olimpio Pérez. A fábrica era unha moderna instalación que mercaran nunha poxa de acredores. Este enxeño foi propiedade da sociedade citada máis de vinte anos. O pequeno Fernando, logo de facer o exame de instrución primaria no Instituto de Santiago, iniciou o bacharelato no Colexio de Nosa Señora do Carme e rematouno no Colexio de San Luís En expediente persoal de Fernando Alsina González (Arquivo Histórico do IES Arcebispo Xelmírez I, Santiago; caixa 163).
4
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 35
07/10/2015 18:06:12
Compra de exemplares, en: www.alvarellos.info
Diario de guerra Fernando Alsina
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 123
07/10/2015 18:06:46
Inicio do Diario. Reproduci贸n do manuscrito orixinal.
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 124
07/10/2015 18:06:47
DIARIO
DE GUERRA
125
Emprendemos el viaje. Salimos de Santiago a las seis treinta del día 10 de septiembre de 1936. Formamos la excursión Luis Sánchez Harguindey, Juan y Salvador Harguindey, Ricardo Bescansa, Juan Varela Gil, Felipe Gil, Miguel Pérez, Domingo Sánchez Guisande, Francisco Porto, López Sendón, Ferreiro de la Maza, Echevarría, Raluyó, Balujó, Ángel M. de la Riva, Elisardo Fernández y yo.68 68 Luis Sánchez Harguindey, discípulo de Alsina, era profesor axudante na Facultade de Medicina e médico municipal de Santiago desde 1925. Tamén eran docentes na mesma facultade Ángel Martínez de la Riva Labarta (Santiago, 1909-1988), fillo do seu socio Antonio no Sanatorio San Lorenzo; Juan Varela Gil (Tui, Pontevedra, 1887-Santiago, 1969), analista; e Manuel López Sendón (Carnota, A Coruña, 1909-Santiago, 1985), recoñecido falanxista compostelán. Domingo Sánchez Guisande era profesor axudante de Economía política da Facultade de Dereito, onde Felipe Gil Casares (Santiago, 1877-Vilagarcía de Arousa, 1953) era catedrático de Dereito civil e logo, reitor da Universidade de Santiago entre novembro de 1936 e 1938; antes fora o primeiro e o último alcalde da ditadura de Primo de Rivera, despois foi deputado pola CEDA dúas lexislaturas; tras o golpe de Estado presentouse ao comandante militar con trinta mozos da JAP armados para ofrecerse a colaborar –as Juventudes de Acción Popular, JAP, era o movemento xuvenil da CEDA que ao comezo da guerra se transformou en milicia–. Ricardo Bescansa Castilla (Bueu, Pontevedra, 1888-Santiago, 1958) era propietario do coñecido establecemento farmacéutico e fundador do laboratorio que leva o seu apelido; estivera de concelleiro con Alsina –tamén había un concelleiro de apelido Baluja, que pode ser o citado no texto como Balujó–. Francisco Porto Anido (Santiago, 1915-Alto del León, Segovia, 1936) era mestre. O citado Elisardo Fernández tería que ser o gastroenterólogo santiagués Elisardo García Fernández, propietario logo do Sanatorio da N. S. de Lourdes. Dos outros Harguindey, notable familia compostelá dedicada á industria dos cur-
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 125
07/10/2015 18:06:47
126
Fernando Alsina
Astorga.– Una anécdota de Millán Astray. El general está haciendo un viaje de propaganda patriótica por España. Estuvo en varias poblaciones de Galicia y llega a Astorga antes que nosotros. La población está engalanada y en Astorga se le hace un recibimiento tan entusiasta como en todos los sitios; hay los discursos correspondientes y Millán pronuncia su arenga. Ordena que la Banda Municipal interprete el Himno de Falange, que los músicos fusilan ignominiosamente. Después pide que el cornetín toque paso de ataque y como no lo sabe toca a banderillas, en medio de la algaraza general. El general hace al público las preguntas que suele hacer en estos casos: ¿verdad que amáis todos a España? ¡¡Sí!!, contesta el público; ¿verdad que derramaríais toda vuestra sangre por ella? ¡Sí!; ¿verdad que lo que hay peor en Astorga es la Banda Municipal? ¡Sí! (referido por los que conducían los convoyes de medicamentos y víveres, Ferrer, Pavón, Sanmartín). León. Comida en el Hotel Oliden. Antes de empezar a comer todos puestos en pie rezamos un padrenuestro que se repite al terminar y que guía Felipe Gil. Señoras y caballeros nos miran tidos, Salvador e Juan (este industrial) tiñan de segundo apelido Harguindey; foran japistas nos anos trinta; Juan chegou a presidir as JAP e en decembro de 1936 integrou a primeira «comisión gestora» do concello de Compostela (Lanero Táboas, 2007: 232). Tamén hai un Juan Harguindey Pérez que era propietario e estivera de concelleiro na altura do mandato de Alsina, como tenente de alcalde. Hai un santiagués de nome Ramón, que responde ao apelido Ferreiro de la Maza, que fora membro da Real Academia de Belas Artes, vogal da Sociedade Galega de Amigos da Arte, en 1931 e secretario da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago entre 1940 e 1962. Do resto dos cidadáns citados non podemos achegar datos persoais.
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 126
07/10/2015 18:06:48
DIARIO
DE GUERRA
127
con verdadera simpatía; en poco está que no nos aplaudan. Valladolid. Llegamos a la tardecita. Animación, bullicio, entusiasmo por todas partes. Mucha gente al ver nuestros uniformes de milicianos se vuelven para mirarnos; algunos preguntan de dónde procedemos. Pasaportes, bencina. Luis Sánchez Harguindey, que es Alférez Médico de Complemento y luce una estrella, y Echevarría, que es sargento de milicias, se ocupan de estos menesteres, ya desde que hemos salido de Santiago. El dúo de la bencina por eso alguien les llama así, y desde entonces les queda ese sobrenombre para toda la excursión.69 El Jefe. Con su actividad acostumbrada, y por su modo de hacer las cosas, Luis es reconocido unánimemente por Jefe.70 69 A excursión, tal e como denomina Alsina esta iniciativa, é de difícil caracterización. Ao noso entender foi o resultado dun proceso de mobilización cidadá, heteroxéneo e inducido, nun contexto de resposta ao golpe nos territorios onde triunfou, para amosar sintonía e expresar compromiso coa causa. Aínda que garda unha relación coa activación das milicias de retagarda, este ten características propias, máis aínda cos sinais que marca Alsina. Se nun principio eran bens materiais os que achegaba o grupo (excursión) a diferentes instancias relacionadas coa sintonía ideolóxica do golpe, como colaboración, foise disgregando unha vez cumprido o carácter orixinal. Co paso do tempo, só Alsina e Harguindey ficaron na fronte de guerra curando feridos nos hospitais de sangue. Reiteramos que Alsina, con toda probabilidade, quixese fuxir do inicuo escenario da Compostela dos primeiros momentos, tal e como lle escoitara o seu neto Pancho á súa nai, mesmo das acusacións de ser galeguista. 70 Luis Sánchez Harguindey viña do Laboratorio Farmacéutico de Medicamentos para o Exército do Norte, onde estaba como responsable da sección de caixas de urxencia de campaña e instrumental cirúrxico.
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 127
07/10/2015 18:06:48
128
Fernando Alsina
Alojamiento. No hay posibilidad de que nos alojemos todos en el mismo hotel, somos muchos y los alojamientos escasos. A unos cuantos nos toca el Francia, que cambió su nombre, en vista del comportamiento de aquel país para con nosotros, por el de Fernando e Isabel.71 El padre nuestro. A la cena se repite esta oración con la misma emoción que al mediodía. Ahora la dirige Luis. Día 11 A la mañana vamos a la división. [Allí, al ver las cosas que llevamos, nos dicen: ¡pero Galicia está haciendo verdaderos sacrificios y se la puede citar como ejemplo! ¡Los soldados se están acostumbrando a comer a la carta!].72 Vemos al General Jefe de Sanidad Militar ( Juan Gil, pone, será que se llama). Luis le enseña los botiquines de campaña ideados por él. Éxito completo. Laboratorio de Medicamentos de la Facultad de Farmacia de Santiago.73 Se le explica su funcioEstes cambios de nome eran práctica habitual do comercio, da pequena industria e dos establecementos hostaleiros como posta en valor dos «intereses patrios» nos chamados territorios liberados. Aconteceu tamén cos nomes das rúas das vilas e cidades que ía tomando o exército franquista. Mesmo Villar Iglesias, cónsul de Francia en Santiago, renunciou ao cargo pola mesma razón que apunta Alsina no texto. 72 Este texto, e todos os seguintes que marcaremos entre [ ], aparecían no manuscrito orixinal como notas complementarias de Alsina que, no reverso das páxinas, engadía ao texto, e que referenciaba sempre co número “1”. 73 Ante a interrupción docente e a necesidade urxente de producir material de curas e medicamentos específicos, 71
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 128
07/10/2015 18:06:49
Compra de exemplares, en: www.alvarellos.info
DIARIO
DE GUERRA
129
namiento y las preparaciones que allí se hacen, y como no hemos podido traer de todo por habernos reclamado La Coruña todo lo que había preparado. El General entusiasmado con la exposición detallada de los trabajos del Laboratorio promete su ayuda. Hospital Militar. Tan contento queda, que él y sus ayudantes nos acompañan a una detenidísima visita que hacemos a este establecimiento. Romero Corral.74 Abrazo a este buen amigo que este establecemento comezou a funcionar en agosto de 1936 na Facultade de Farmacia. O Laboratorio Farmacéutico de Medicamentos para o Exército do Norte estaba instalado no Pazo de Fonseca e o seu obxecto era fabricar medicamentos e outros produtos químicos de uso bélico (Gurriarán, 2006: 637 e ss.). Dirixíao o comandante farmacéutico Luis Máiz Eleicegui (Santiago 1880-1967), reingresado á escala activa ese mesmo ano. O profesorado colaborou no labor en calidade de militares asimilados con grao de oficial, segundo a pertenza á escala docente, agás os profesores sancionados, que quedaron sen militarizar. Tamén as familias santiaguesas máis abastadas e conservadoras colaboraron cunha cota de mulleres que traballaron durante a guerra en labores varios da fabricación –«señoritas voluntarias hijas de familias santiaguesas» (Brasa, 2007: 200)–; comezaron a traballar arredor de cincuenta persoas que, co tempo, aumentaron ata 120; as mulleres conformaron as tres cuartas partes do cadro de persoal, aproximadamente, segundo a fonte citada. Entre elas estivo en Fonseca Mercedes, filla de Alsina. O Laboratorio tiña sete seccións. Entre outros, deseñaron e fabricaron caixas de urxencia de campaña e unha unidade móbil que se desprazaba polas frontes de batalla e que funcionaba a modo de «farmacia de campaña». 74 León Romero Corral (A Coruña, 1884-1973), fillo e neto de médicos, estudou Medicina en Santiago e ingresou no corpo de Sanidade Militar en 1907. Ao comezo da guerra civil era tenente coronel, logo chegou a ser xeneral de Sanidade. Era especialista en dermatoloxía, enfermidades venéreas e bacterioloxía (Romero, 1977: 150). Resulta curioso que o autor anuncia neste libro a publicación do
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 129
07/10/2015 18:06:49
Fernando Alsina
Galería gráfica
As fotografías recollidas nas seguintes páxinas son un verdadeiro “diario de guerra”, en imaxes tamén inéditas, de Fernando Alsina. Apareceron nunha caixa de cartón entre a documentación que estaba custodiada no domicilio do seu neto Fernando López Alsina. Respetamos a orde na que estaban dispostas na propia caixa.
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 237
07/10/2015 18:06:59
238
Fernando Alsina
A caixa de cart贸n coas fotograf铆as do Diario de guerra e a carteira de Alsina, tal e como apareceron.
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 238
07/10/2015 18:07:00
GALERÍA
GRÁFICA
239
Hospital Militar de San Caetano. Alsina, entre dous convalecentes (ca. 1937).
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 239
07/10/2015 18:07:01
240
Fernando Alsina
Arriba, Alsina e o seu fillo Ramón, en primeira fila, flanqueando a unha relixiosa do Hospital Real (ca. 1945). Abaixo, Alsina e o seu equipo cirúrxico no Hospital de Sangue de Sigüenza (ca. decembro de 1936).
Artefinal MAQUETA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 240
07/10/2015 18:07:02
Los últimos días en prisión en 1936 y 1937 del republicano gallego José Mejuto JOSÉ MEJUTO BERNÁRDEZ CORRESPONDENCIA [1928-1958]
Cartas inéditas e dispertas CARLOS MASIDE GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO
El libro clandestino de 1937 ANÓNIMO FALANDO CLARO
A historia do anarquista Claro José Sendón Lamela PEPE SENDÓN LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO
XOSÉ MANUEL MACEIRA
Fernando Alsina González foi un destacado cirurxián na Compostela da primeira metade do século XX. Fundador do Sanatorio San Lorenzo (1920), alcalde de Santiago por un ano (1929), sería un dos asinantes en 1933 do famoso manifesto de apoio ao Estatuto de Galicia. Foi, ademais, consogro do escritor Ramón del Valle-Inclán. Entre setembro de 1936 e febreiro de 1937 estivo en diferentes puntos da fronte de guerra no bando franquista, nos que exerceu labores cirúrxicas. E deixou escrito un detallado diario que agora, oitenta anos despois, ve por fin a luz. A recuperación deste documento é todo un exercicio de memoria histórica. Da memoria dun home conservador, católico, que apoiaba a Franco, pero cuxa peripecia persoal está chea de matices, de afinidades galeguistas, e de complexos episodios profesionais e persoais. O especialista Ricardo Gurriarán busca as claves do seu comportamento a través dunha reveladora biografía, ao tempo que analiza a fondo este Diario de guerra. O índice onomástico –con máis de 500 referencias– deste volume, así como as preto de cen fotografías e documentos da época, inéditos, que aquí se recollen (incluídos os do seu ano como alcalde), dan conta da envergadura desta obra.
colección OESTE Todos os nosos libros en
alvarellos.info Artefinal CAPA Diario de Guerra-Alsina 071015.indd 1
Diario de guerra Un rescate ao coidado de RICARDO GURRIARÁN
Foto da capa: Hospital Militar de San Caetano, Santiago de Compostela. Fernando Alsina, entre dous convalecentes (ca. 1937).
OESTE
CARTAS DE UN CONDENADO A MUERTE
FERNANDO ALSINA E O SEU
RICARDO GURRIARÁN (O Barco de Valdeorras, 1953) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago. Especialista na guerra civil española, na memoria histórica e no exilio, obtivo en 2007 o Premio da Crítica coa publicación da súa monumental obra Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (19001936). Tamén foi galardoado co Premio Tertuliano Hervella pola biografía de seu pai, o médico Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975), represaliado na guerra civil. É autor así mesmo de Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 (2010), entre outros traballos. Comisario de exposicións, forma parte de equipos de investigación da USC e da Fundación 10 de Marzo, onde é director da área de Historia. En 2015 recibiu o Premio Peña Novo «polo seu traballo pedagóxico e o seu labor de investigación na procura da reconstrución da memoria colectiva».
divulgación&ensaio
RICARDO GURRIARÁN, ED.
COLECCIÓN OESTE
Fernando Alsina e o seu Diario de guerra
Outros títulos da
Fernando Alsina e Luis Harguindey, en Sigüenza (1936)
07/10/2015 17:50:52