é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos. Ademais da ciencia, está moi unida ás letras. Desde moi nova destacou
na creación literaria. Hoxe é unha das
autoras de literatura infantil e xuvenil
máis recoñecidas de Galicia, cunha ampla
e premiada obra. Colabora habitualmente en medios de comunicación e tamén en actividades de promoción da lectura e da cultura.
Dan i Pa d r ó n (Ourense, 1983)
é arquitecto. Ilustrador de literatura infantil e xuventil. En 2011 gañou o premio de ilustración Pura e Dora
Vázquez. Desde aquela, a súa obra
artística está presente en numerosos libros e exposicións colectivas.
¿A que altura está o ceo? Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia: ¿A que altura está o ceo? Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: ¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? ? ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?¿Cal é a idade do universo? ¿E o seu tamaño? ¿Que quere dicir que o universo se expande? ¿E a que velocidade o fai? ¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?...
Benvidos a esta aventura. ¡Boa viaxe espacial!
colección OESTE
Consulta o noso catálogo
alvarellos.info Artefinal CAPA A que altura esta o ceo-Jorge Mira 200116.indd 1
alvarellos.info
¿A que altura está o ceo? Jorge Mira Coa colaboración de
María Canosa
ilustrado por
Dani Padrón
Jo rg e M i r a (Baio, 1968) é físico e
catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago. Ten
recibido numerosos galardóns pola
súa brillante traxectoria académica e investigadora, como o Premio da
Crítica Galicia de investigación, o da
Real Academia
Galega de Ciencias, ou o do Colexio
Oficial de Físicos de España.
É tamén un recoñecido comunicador
científico desde finais dos anos 90,
varias veces premiado a nivel español.
O seu estilo en prensa,
radio e televisión caracterízase por
unha especial capacidade para facer comprensibles as cuestións máis complexas da ciencia.
Lidera diferentes iniciativas de
divulgación, entre as que destaca
o Programa ConCiencia, que atrae
Premios Nobel a Galicia desde hai
unha década. ¿A que altura está o ceo?
é o seu segundo libro. divulgación ensaio
Mar í a C a nosa (Cee, 1978)
¿A que altura está o ceo?
jorge mira
divulgación ensaio
21/01/2016 12:08:29
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 1
21/01/2016 10:40:15
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 2
21/01/2016 10:40:17
¿A que altura está o ceo?
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 1
21/01/2016 10:40:17
OESTE [divulgación&ensaio]
© Alvarellos Editora, 2016 Sempre en Galiza, 4 15706 Santiago de Compostela correo@alvarellos.info www.alvarellos.info © texto: Jorge Mira Pérez e María Canosa Blanco © ilustracións (capa a interiores): Daniel Iglesias Padrón As fotografías das páxinas 53, 77, 84, 98, 109 e 117 pertencen o arquivo gráfico da NASA (National Aeronautics and Space Administration). A fotografía de Edwin Hubble da páx. 74 pertence a Johan Hagemeyer (1931). A de Albert Einstein da páx. 87 é de Orren Jack Turner (1947). O retrato de Galileo da páx. 46 foi realizado por Justus Sustermans (1636). As ilustracións ou imaxes restantes son de autoría descoñecida. Deseño e maquetación: Alvarellos Editora Impreso en Tórculo Depósito Legal C 5-2016 ISBN 978-84-16460-02-1 Todos os dereitos reservados. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a Cedro (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 2
21/01/2016 10:40:17
¿A que altura está o ceo? Jorge Mira Coa colaboración de
María Canosa
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 3
ilustrado por
Dani Padrón
21/01/2016 10:40:20
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 4
21/01/2016 10:40:20
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 5
21/01/2016 10:40:20
Criterios de edición Para a escritura dos números nesta obra aplicamos o criterio tradicional europeo, que consiste en insertar un punto para separar os millares e unha coma para separar os decimais. Polo tanto, o número 1.000,2 lerase "mil coma dous". Así mesmo, para facilitar a rápida comprensión do texto, decidimos marcar as interrogacións e admiracións tamén ao comezo das frases, opción que permite a Normativa vixente da Real Academia Galega.
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 6
21/01/2016 10:40:20
Índice ¿Como nace este libro?.................................................. 9 ¿Vivimos nunha terra chá?........................................... 13 ¡Que listos eran os gregos! (Séculos III-II a.C.)....... 19 A medida da Terra....................................................... 26 A Lúa, ese queixo........................................................ 30 A distancia á Lúa.................................................. 35 ¿E o Sol?......................................................................... 37
O SALTO DO Renacemento ATA A IDADE MODERNA........ 41 A Terra non está no centro...................................... 43 ¿A que altura están os planetas?.............................. 47 Por fin, a distancia ao Sol.... e a distancia aos planetas.................................................................. 50
Ollar as estrelas (séculos XIX-XX)............................. 55 A medida da distancia á primeira estrela............... 57 A regra quédasenos pequena: ano luz.................... 61 A solución de Henrietta Leavitt á crise de principios do século XX............................................ 62
As galaxias: UNHA IDEA CON MENOS DUN SÉCULO........ 71 Hubble amplía o universo coñecido....................... 74 Hai máis galaxias alén da nosa.......................... 76 ¿Como alumean as luces que se moven?....... 80 O universo que escapa de nós......................... 83
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 7
21/01/2016 10:40:20
O talento de Albert Einstein.................................... 85
O BIG BANG........................................................................ 89 O sacerdote listo........................................................ 91 O Big Bang… ¿ideado por un crego?...................... 94 O sacerdote tiña razón.............................................. 96 Hawking e Penrose: encaixe do Big Bang na teoría da relatividade........................... 98
A idade do universo... e o seu tamaño....................... 101 ¿A que ritmo foxen as galaxias?............................... 103 ¡A derradeira altura do ceo!..................................... 107
A expansión acelerada. Epílogo.................................... 113 ¿E isto, canto vén sendo?. Apéndice........................... 119 O sistema solar na nosa casa................................... 122 ¿Que ocorre se intentamos meter o universo todo na nosa casa?................................. 127
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 8
21/01/2016 10:40:20
¿COMO NACE ESTE LIBRO?
O
obxecto deste libro é dar resposta a unha pregunta que a bo seguro se leva formulando desde os albores da nosa existencia. Posiblemente os homínidos dalgunha especie previa xa ergueran a cabeza de noite cara arriba ao percibir a marabillosa visión do ceo estrelado. Ese espectáculo (que vos recomendamos encarecidamente) ademais da súa beleza, ten a gran virtude de inducir reflexións profundas sobre a natureza do universo, e seguramente a primeira sexa... ¿a que altura está o ceo, esa bóveda que cobre o noso mundo? Durante o día, se está despexado, podemos ver enriba de nós un tellado azul e, presidindo a escena, un Sol amarelo. O Sol en realidade é branco, e veriámolo desa cor se puidésemos saír da nosa atmosfera. Ao estarmos por debaixo dela, a luz branca do Sol debe atravesala para chegar a nós. A luz branca vén sendo a suma de todas as
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 9
21/01/2016 10:40:20
Mรกis info, en www.alvarellos.info Tenda en rede.
Nicolás Copérnico, Galileo Galilei e Johannes Kepler deron un pulo revolucionario á nosa visión do universo nos séculos XVI e XVII.
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 46
21/01/2016 10:40:37
O SALTO DO Renacemento ATA A IDADE MODERNA
47
¿A que altura están os planetas? No modelo heliocéntrico de Copérnico os planetas daban voltas arredor do Sol describindo circunferencias. Kepler, a través dun traballo de observación moi minucioso e un esforzo extenuante, chegou á conclusión de que esas traxectorias non eran circulares, senón elípticas. Pero para a nosa historia particular, o máis relevante foi que, ademais, descubriu que para todos os planetas existe a mesma proporción entre o tempo que lles leva dar unha volta ao redor do Sol e a súa distancia a el. Nomeadamente descubriu que, se elevamos ao cadrado o tempo que lle leva a un planeta dar a volta ao Sol, e o dividimos pola súa distancia máxima ao Sol elevada ao cubo, o número que nos sae é igual para todos os planetas. É dicir, se facemos iso para o planeta Marte, sáenos o mesmo número que para Xúpiter, o mesmo número para Saturno, etc. ¿E iso de que nos vale? Fixémonos: esa regra (chamada terceira lei de Kepler) implica que o planeta que dea a volta ao Sol máis rápido (un tempo de xiro máis pequeno) terá que ter forzosamente un radio de xiro máis pequeno. Dese
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 47
21/01/2016 10:40:38
Mรกis info, en www.alvarellos.info Tenda en rede.
52
Jorge Mira
Estrela de referencia
Marte
A
Desde París, a muller ve Marte á esquerda da estrela. Desde a Guayana Francesa, o home vea á dereita. Sabendo a distancia que separa eses dous lugares e o ángulo A, calcúlase a distancia a Marte.
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 52
21/01/2016 10:40:42
O SALTO DO Renacemento ATA A IDADE MODERNA
53
O planeta Urano Por certo, ¿lembras como usaron os gregos unha moeda para medir a distancia á Lúa? Nas eclipses de Sol, como xa temos dito, a Lúa fai de moeda e, como sabemos a distancia ao Sol, podemos obter tamén o seu tamaño: dado que a distancia ao Sol é 400 veces maior que á Lúa, resulta que o Sol é 400 veces máis grande ca ela. En 1716, o británico Edmund Halley (1656-1742), o mesmo que calculou a órbita do cometa que leva o seu nome, propuxo usar o paso de Venus por diante do Sol para mellorar un chisco o cálculo desa distancia (observando a posición relativa de Venus sobre o Sol desde dúas ubicacións distintas da Terra), o que se fixo en 1769.
Artefinal Ceo-Mira 210116.indd 53
21/01/2016 10:40:42
é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos. Ademais da ciencia, está moi unida ás letras. Desde moi nova destacou
na creación literaria. Hoxe é unha das
autoras de literatura infantil e xuvenil
máis recoñecidas de Galicia, cunha ampla
e premiada obra. Colabora habitualmente en medios de comunicación e tamén en actividades de promoción da lectura e da cultura.
Dan i Pa d r ó n (Ourense, 1983)
é arquitecto. Ilustrador de literatura infantil e xuventil. En 2011 gañou o premio de ilustración Pura e Dora
Vázquez. Desde aquela, a súa obra
artística está presente en numerosos libros e exposicións colectivas.
¿A que altura está o ceo? Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia: ¿A que altura está o ceo? Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: ¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? ? ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?¿Cal é a idade do universo? ¿E o seu tamaño? ¿Que quere dicir que o universo se expande? ¿E a que velocidade o fai? ¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?...
Benvidos a esta aventura. ¡Boa viaxe espacial!
colección OESTE
Consulta o noso catálogo
alvarellos.info Artefinal CAPA A que altura esta o ceo-Jorge Mira 200116.indd 1
alvarellos.info
¿A que altura está o ceo? Jorge Mira Coa colaboración de
María Canosa
ilustrado por
Dani Padrón
Jo rg e M i r a (Baio, 1968) é físico e
catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago. Ten
recibido numerosos galardóns pola
súa brillante traxectoria académica e investigadora, como o Premio da
Crítica Galicia de investigación, o da
Real Academia
Galega de Ciencias, ou o do Colexio
Oficial de Físicos de España.
É tamén un recoñecido comunicador
científico desde finais dos anos 90,
varias veces premiado a nivel español.
O seu estilo en prensa,
radio e televisión caracterízase por
unha especial capacidade para facer comprensibles as cuestións máis complexas da ciencia.
Lidera diferentes iniciativas de
divulgación, entre as que destaca
o Programa ConCiencia, que atrae
Premios Nobel a Galicia desde hai
unha década. ¿A que altura está o ceo?
é o seu segundo libro. divulgación ensaio
Mar í a C a nosa (Cee, 1978)
¿A que altura está o ceo?
jorge mira
divulgación ensaio
21/01/2016 12:08:29