Os últimos carballos do Banquete de Conxo

Page 1

Recuerdos de agosto Obra poética, 1850-1858 Aurelio Aguirre

Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a esquecida carballeira do Banquete de Conxo. Nela, un domingo 2 de marzo de 1856, viviríase un feito insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e obreiros. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento da cultura galega.

Versos a Compostela Edición bilingüe Rosalía de Castro

Apuntes históricos sobre Santiago Obra dispersa y olvidada, 1868-1903 Antonio López Ferreiro La marquesa de Camba Recuperada a novela histórica de 1848 Antonio Neira de Mosquera Correspondencia (1928-1958) Cartas inéditas e dispersas Carlos Maside

Artefinal-capa-os-ultimos-carballos-banquete-conxo.indd 1

ISBN 978-84-16460-12-0

Historias de Compostela Dezasete crónicas de Santiago (1970) Xosé Filgueira Valverde

Este libro percorre aquel espazo mítico no actual barrio de Conxo. Un paseo —con imaxes, ilustracións e planos— polas voces e os nomes que o alimentaron, e polo bosque que aínda vive nel. Porque neste terreo, nas marxes do río Sar, resiste unha fraga onde se erguen, posiblemente, os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.

Os últimos carballos do Banquete de Conxo

Henrique Alvarellos (Lugo, 1968). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago e Posgrao en Comunicación pola Universidade da Coruña. Autor de varios libros, xornalista e editor. Dirixe Alvarellos Editora dende 2004. Xurxo Martínez González (Coia-Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Escritor e investigador. É especialista no Rexurdimento do século XIX, sobre o que leva escrito numerosos traballos e impartido seminarios e conferencias. Francisco Singul (Vilagarcía de Arousa, 1963). Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, especialista en arte barroca e no Camiño de Santiago. É autor de varios libros e traballa como comisario de exposicións.

Henrique Alvarellos Xurxo Martínez González Francisco Singul Martín Souto

Martín Souto (Ponteceso, 1980). Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago. É un dos autores da Guía verde de Santiago (2010). Un botánico con amplos coñecementos da flora e bosques de Compostela.

divulgación ensaio

O bosque e o río que namoraron a Rosalía de Castro. O histórico mosteiro que visitou García Lorca en 1916. O souto que versou, na bruma do século XIII, o trobador Joam Airas. A devoción dos peregrinos pola Virxe da Cuncha...

outros títulos do noso catálogo

Os últimos carballos do Banquete de Conxo

divulgación ensaio

07/10/2016 12:02:52


Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 2

13/10/2016 12:28:11


Os últimos carballos do Banquete de Conxo

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 1

13/10/2016 12:28:11


Esta obra publícase baixo unha coedición entre o Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora. Forma parte da biblioteca de divulgación do Consorcio de Santiago e da colección Oeste de divulgación e ensaio de Alvarellos Editora.

© consorcio de santiago, 2016 Rúa do Vilar, 59 - 15705 Santiago de Compostela www.consorcio-santiago.org © Alvarellos Editora, 2016 Sempre en Galiza, 4 - 15706 Santiago de Compostela correo@alvarellos.info - www.alvarellos.info 1ª edición: novembro, 2016 Edición ao coidado de Henrique Alvarellos © textos: Henrique Alvarellos Casas, Xurxo Martínez González, Francisco Singul Lorenzo e Martín Souto Souto. © fotografías e ilustracións: pertencen a Alvarellos Editora as imaxes da capa e contracapa, e as das páxinas 3-4, 26-27, 28, 69, 91, 103, 118, 120, 122, 124-125, 128-129 e 130. Do arquivo de Turismo de Galicia son as correspondentes ás páxinas 94, 99, 105, 106, 107 e 111. De Alejandro Barral, 91 e 103. Todos os debuxos foron realizados por Martín Souto. Os restantes documentos ou imaxes aparecen identificados ao pé. © Plano do bosque de Conxo (páxs.134-135): Alvarellos Ed. e M. Souto. Fotografías de capa e contracapa: follas dun dos carballos centenarios do bosque de Conxo retratadas o 16 de xaneiro de 2016. Deseño e maquetación de capa e interior: Alvarellos Editora Impresión: Norprint Depósito Legal C 1704-2016 ISBN [Alvarellos Editora] 978-84-16460-12-0 ISBN [Consorcio de Santiago] 978-84-16753-04-8 Todos os dereitos reservados. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a Cedro (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 2

13/10/2016 12:28:11


Os últimos carballos do Banquete de Conxo Henrique Alvarellos Xurxo Martínez González Francisco Singul Martín Souto

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 3

13/10/2016 12:28:18


Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 4

13/10/2016 12:28:20


Baixada ao bosque do Banquete de Conxo

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 5

13/10/2016 12:28:21


Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 6

13/10/2016 12:28:21


Índice

Balada ceibe no Bosque de Conxo Por Henrique Alvarellos ....................... ... 9

Conxo. Cantiga de liberdade. Anotacións ao pé do Banquete de Conxo Por Xurxo Martínez González .............. .. 55

Memoria xacobea, historia e arte no mosteiro de Conxo Por Francisco Singul .............................. 87

Un paseo botánico pola carballeira de Conxo Por Martín Souto................................... 115

Plano do bosque de Conxo e río Sar........ 134 Apéndices ................................................ 141 "Brindis" de Aurelio Aguirre .................. 143 "Brindis" de Eduardo Pondal ................ 147 Crónica de La Oliva (06-03-1856)......... 150

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 7

13/10/2016 12:28:21


Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 8

13/10/2016 12:28:21


Balada ceibe no bosque de Conxo

Henrique Alvarellos

Balada ceibe no bosque de Conxo Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 9

13/10/2016 12:28:21


Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 10

13/10/2016 12:28:21


Q

uixemos escribir algo novo —ou diferente, quizais, para a maioría— sobre Conxo e o seu Banquete democrático celebrado na carballeira deste barrio compostelán (daquela, concello independente) un domingo 2 de marzo de 1856. Relevantes historiadores nosos —Barreiro, Beramendi, Villares...— teñen estudado o seu significado e contexto históricos. Como un non é historiador, só acaso aquí, un xornalista divulgador, guiador ou pescudador de historias, entoamos esta “Balada ceibe...” que non é outra cousa que un percorrido, a modo de crónica, por algúns anacos esquecidos deste acontecemento e do lugar que o acolleu. O obxectivo noso é simplemente rescatar da bruma o vizoso bosque de Conxo. Contamos coa axuda de plumas expertas, investigadores que fan agromar,

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 11

13/10/2016 12:28:21



+ info: www.alvarellos.info



xurxo martínez GONZÁLEZ

conxo. cantiga de liberdade. Anotacións ao pé do banquete de conxo

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 55

13/10/2016 12:28:56


Xurxo Martínez gonzález

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 56

13/10/2016 12:28:56


Conxo. Cantiga de liberdade

Na historia apréndese a liberdade Antolín Faraldo

De París a Compostela

O

poeta Alphonse de Lamartine camiñaba rexo, con chaqueta de pescozo alto e fular escuro, polas rúas parisinas na mañá do 22 de febreiro de 1848. A multitude, mestura de estudantes e

obreiros convocados pola indignación, arrexuntábase na Place de la Madelaine. A firmeza do escritor, á súa vez deputado republicano, vibraba no seu discurso parlamentario: “entre o perigo e a vergonza do país, non hai vacilación ningunha”. O Goberno declarou o Estado de Sitio; o ministerio dispuxo do exército para intervir; a cohorte democrática estaba lista; timidamente se erguían as primeiras barricadas; a Garda

Nacional dubidou. A tensión foi in crescendo.

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 57

13/10/2016 12:28:56


58

Xurxo Martínez gonzález

Banquete en Chateâu Rouge, París, 9 de xullo de 1847. Ilustración extraída do libro Révolution Française (París, 1860), de Élias Regnault.

A causa deste episodio iniciático da Revolución de 1848 foi a actitude autoritaria do executivo de Guizot. O propósito daquela malta era asistir a un banquete (censurado pola autoridade) que espertara o temor dos partidarios do monarca Luís Felipe de Orleans. Porque aquelas xuntanzas, de suposta razón gastronómica, transmutábanse nunha enorme concentración política nun tempo en que os partidos eran ilegais. Porén, no banquete oíanse os mitins e as proclamas que se facían sentir en toda Francia. (A Campagne des Banquets ofrecía un espazo público para os sectores opostos ó Goberno conservador de

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 58

13/10/2016 12:28:56


Conxo. Cantiga de liberdade

59

Barricadas na rúa Saint-Maur-Popincourt de París. Daguerrotipo do 26 de xullo de 1848. Fotógrafo: Eugéne Thibault (Musée d'Orsay).

Guizot. Dende 1847 a principal reivindicación era a reforma electoral e a convocatoria de eleccións). O aumento na celebración deste tipo de actos por todo o territorio e a transcendencia política dos mesmos alertou ós seareiros da Monarquía de Xullo. A represión gobernamental foi a isca que prendeu sobre a pólvora sementada polos banquetes. Os días 23 e 24 París testemuñou os combates nas barricadas, ó son dos cánticos da Marsellesa, que provocaron a abdicación do rei. Axiña se proclamou a República, a segunda medio século despois de Robespierre.

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 59

13/10/2016 12:28:56



+ info: www.alvarellos.info



Memoria xacobea, historia e arte...

francisco singul

memoria xacobea, historia e arte no mosteiro de conxo Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 87

13/10/2016 12:29:02


Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 88

13/10/2016 12:29:02


C

onxo vai nacer ao abeiro das lendas e tradicións xacobeas, xurdidas no seo da cultura das peregrinacións a Santiago de Compostela. En concreto dunha lenda recollida por autores decimonónicos tan dispares nos seus intereses intelectuais como Manuel Murguía, Neira de Mosquera e Antonio López Ferreiro, e que se refire a unha nobre dama francesa —da rexión de Picardie— chamada Rwisinda, cuxo amante, Almerico Canogio, é asasinado a mans dun rival no camiño de Santiago, e na súa memoria funda en Conxo, na beira do Sar, na contorna dunha capela dedicada á Virxe, un eremitorio no que enterra a Almerico, xerme dun convento de monxas no que Rwisinda se vai retirar con outras mulleres. Vai ser Tirso de Molina, gran dramaturgo do século XVII, pseudónimo do mercedario frei Gabriel

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 89

13/10/2016 12:29:02


90

Francisco Singul

Téllez (1579-1648), quen interprete o topónimo de Conxo como derivado do nome desta antiga capela fundada pola nobre dama: “Conjo o Conju que en lengua galiciana es lo mismo que Nuestra Señora de la Concha, de quien a lo largo de los siglos toma el nombre el convento y el lugar”, escribe Téllez na súa Historia General de la Orden de Nuestra Señora de la Merced.

Os peregrinos visitan a Virxe da Cuncha Polas escavacións arqueolóxicas de 1965 sábese que hai restos prerrománicos baixo o cruceiro da igrexa actual, que corresponden posiblemente á primitiva capela ou ermida de Canogio, supostamente fundada en tempos de san Pedro de Mezonzo, abade de Antealtares e bispo de Iria-Compostela entre os 985 e 1003. Téllez destaca a localización do mosteiro de Canogio na ruta xacobea, evidentemente no Camiño Portugués, posto que, segundo o sabio mercedario que consultou vellos documentos do cenobio, eran moitos os peregrinos de toda Europa que “noutros tempos” acudían a venerar á imaxe da Virxe da Cuncha.

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 90

13/10/2016 12:29:02


Memoria xacobea, historia e arte...

91

Fotografía da coñecida como "Fonte da Virxe" de finais do XIX-comezos do XX extraída do volume Santa María la Real de Conxo, de Alejandro Barral. Outra imaxe deste santuario reproduciuse na páxina 31 do presente volume. Abaixo, o Camiño Portugués a Santiago, hoxe, por diante do Mosteiro.

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 91

13/10/2016 12:29:06



+ info: www.alvarellos.info



martĂ­n souto

un paseo botĂĄnico pola carballeira de conxo Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 115

13/10/2016 12:29:19


Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 116

13/10/2016 12:29:19


Conxo

A

nalizamos o bosque de ribeira de Conxo. Ao

pé do río Sar érguense restos do que foi o gran bosque ou carballeira do antigo mosteiro. Atopamos, e medimos, os exemplares de car-

ballos centenarios que aínda resisten, e analizamos tamén o estado da fraga e as súas especies máis comúns. Centrámonos no bosque inferior da finca, e non nos imos deter (só citaremos o esencial) no que se coñece como “Horta do Psiquiátrico”, os xardíns do centro sanitario. Iniciamos, pois, o percorrido polo bosque. Pero primeiro imos lembrar a importancia que os Quercus robur tiveron e teñen na nosa paisaxe... e na nosa vida.

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 117

13/10/2016 12:29:19


118

Martín Souto

Outono no bosque de Conxo.

O carballo como símbolo A actual carballeira de Conxo é un pequeno reduto do que noutra época foron as formacións de árbores máis comúns no noso país, as que, de non ser pola intervención do home, corresponderíalles hoxe dominar a maior parte do territorio galego: os Quercus robur ou carballos. A importancia desta especie na nosa historia reflíctese nas numerosas referencias etnolóxicas: centos de topónimos, lendas, tradicións ou folclore que atopamos espallados por todo o país. Os carballos de maior tamaño poden acadar os 30 metros de altura e os 3 metros de diámetro. Teñen un tronco groso con grandes pólas retortas nos exemplares illados, ou máis esveltas cando me-

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 118

13/10/2016 12:29:23


un paseo botánico pola carballeira de Conxo

119

dran no interior das fragas. Poden formar masas homoxéneas, só de carballos cunha orixe antrópica na maioría dos casos (é dicir, orixinados pola actividade humana), ou ben bosques mixtos caducifolios, as denominadas fragas, onde aparecen acompañados por unha gran variedade de especies frondosas como castiñeiros, pradairos, freixos, sabugueiros, abeleiras, espiños, cerdeiras..., e tamén especies perennes coma o loureiro, o acivro ou o érbedo. Os carballos constitúen tamén a base dunha numerosa comunidade de fentos, musgos e liques que se desenvolven, grazas á humidade, sobre os seus troncos e pólas. Na primavera, florecen baixo os carballos numerosas plantas ventureiras como os estalotes, chuchameles, celidonias ou as hedras, que ascenden polas árbores para poder captar mellor a pouca luz que chega ao sotobosque das sombrizas carballeiras. Constitúen ademais un refuxio para unha gran cantidade de especies de fauna autóctona: destaca, entre elas, o escornabois ou vacaloura (Lucanus cervus) un escaravello de gran tamaño, o máis grande de Europa, onde os machos desta especie se diferencian das femias por unhas grandes mandíbulas a modo de cornamenta; as larvas aliméntanse da madeira podre dos vellos carballos. Ou paxaros como

Artefinal interior Banquete Conxo 131016.indd 119

13/10/2016 12:29:24



+ info: www.alvarellos.info


Recuerdos de agosto Obra poética, 1850-1858 Aurelio Aguirre

Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a esquecida carballeira do Banquete de Conxo. Nela, un domingo 2 de marzo de 1856, viviríase un feito insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e obreiros. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento da cultura galega.

Versos a Compostela Edición bilingüe Rosalía de Castro

Apuntes históricos sobre Santiago Obra dispersa y olvidada, 1868-1903 Antonio López Ferreiro La marquesa de Camba Recuperada a novela histórica de 1848 Antonio Neira de Mosquera Correspondencia (1928-1958) Cartas inéditas e dispersas Carlos Maside

Artefinal-capa-os-ultimos-carballos-banquete-conxo.indd 1

ISBN 978-84-16460-12-0

Historias de Compostela Dezasete crónicas de Santiago (1970) Xosé Filgueira Valverde

Este libro percorre aquel espazo mítico no actual barrio de Conxo. Un paseo —con imaxes, ilustracións e planos— polas voces e os nomes que o alimentaron, e polo bosque que aínda vive nel. Porque neste terreo, nas marxes do río Sar, resiste unha fraga onde se erguen, posiblemente, os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.

Os últimos carballos do Banquete de Conxo

Henrique Alvarellos (Lugo, 1968). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago e Posgrao en Comunicación pola Universidade da Coruña. Autor de varios libros, xornalista e editor. Dirixe Alvarellos Editora dende 2004. Xurxo Martínez González (Coia-Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Escritor e investigador. É especialista no Rexurdimento do século XIX, sobre o que leva escrito numerosos traballos e impartido seminarios e conferencias. Francisco Singul (Vilagarcía de Arousa, 1963). Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, especialista en arte barroca e no Camiño de Santiago. É autor de varios libros e traballa como comisario de exposicións.

Henrique Alvarellos Xurxo Martínez González Francisco Singul Martín Souto

Martín Souto (Ponteceso, 1980). Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago. É un dos autores da Guía verde de Santiago (2010). Un botánico con amplos coñecementos da flora e bosques de Compostela.

divulgación ensaio

O bosque e o río que namoraron a Rosalía de Castro. O histórico mosteiro que visitou García Lorca en 1916. O souto que versou, na bruma do século XIII, o trobador Joam Airas. A devoción dos peregrinos pola Virxe da Cuncha...

outros títulos do noso catálogo

Os últimos carballos do Banquete de Conxo

divulgación ensaio

07/10/2016 12:02:52


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.