Parir a liberdade O movemento feminista en Galicia ELVIRA FENTE
Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas XESÚS ALONSO MONTERO O xornal na clase de Matemáticas CECILIA ALVARELLOS CASAS
Santiago Tafall Un músico compostelano en los albores del galleguismo BEATRIZ CANCELA
Cen anos despois da súa desaparición, Carlos Gegúndez López tenta reparar esta inxustiza. O presente volume é breve e intenso como foi a vida de Canitrot: unha reveladora primeira parte rescata a súa figura en datos e imaxes; na segunda, Gegúndez escolle dez dos mellores relatos breves do autor. Pecha o libro a reprodución de varios manuscritos dirixidos a coetáneos ilustres.
Próxima aparición: Para lermos ‘Cantares gallegos’, de Rosalía de Castro MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
Cuberta 6 Canitrot.indd 1
Canitrot Cen anos de esquecemento
ISBN 978-84-89323-87-2
Todo o noso catálogo en
alvarellos.info
Carlos Gegúndez López
alvarellos.info
CARLOS GEGÚNDEZ LÓPEZ (Becerreá-Lugo, 1976) licenciouse en Humanidades na Universidade de Santiago en 1999. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados acadando a máxima cualificación co traballo Prudencio Canitrot. Un humanista galego no tránsito de século. Imaxinería literaria e imaxinería política (2009). Ten publicado artigos en revistas científicas sobre o protagonista deste estudo e os movementos culturais galegos de comezos do século XX. É investigador, crítico literario e profesionalmente traballa como xornalista. Tamén é autor dos ensaios María Mariño Carou. Caderno de Literura Galega na escola (2007) e O negro leite da aurora. Viaxe a xeografía lírica de Lois Pereiro (2011), en colaboración con Luis Calvo.
OESTE
Galicia bajo la bota de Franco ANÓNIMO DE 1937
Malia ter sido tamén promotor de eventos como a primeira Exposición de Pintura Gallega (Madrid, 1912), fundador da Biblioteca de Escritores Gallegos (1910) ou corrector da obra completa de Rosalía de Castro, unha lousa inexplicable caeu sobre a súa figura dende o intre mesmo do seu pasamento: aquel día, ao seu enterro só acudiron catro persoas (un irmán e tres amigos, entre eles, o escritor Antonio Rey Soto).
divulgación & ensaio
A bordo dun barco sen luces O mundo poético de Luís Pimentel LUZ POZO GARZA
C. Gegúndez López
Discípulo de Murguía e Valle-Inclán, amigo de Castelao, implicado no Rexionalismo e no movemento agrarista, escritor, pintor, ilustrador e promotor cultural, o humanista pontevedrés Prudencio Canitrot faleceu moi novo en Madrid nun mes de xaneiro de 1913. Dende aquela, a súa vida e obra ficaron no máis absoluto esquecemento.
Canitrot. Cen anos de esquecemento
OESTE divulgación & ensaio
21/03/2013 18:10:33
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
Canitrot
1
2
Carlos Geg煤ndez L贸pez
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
Carlos Gegúndez López
Canitrot Cen anos de esquecemento
3
4
Carlos Gegúndez López
OESTE [divulgación & ensaio]
© ALVARELLOS EDITORA, 2013 Sempre en Galiza, 4 15706 Santiago de Compostela correo@alvarellos.info www.alvarellos.info Fotografía de cuberta: Prudencio Canitrot. Galicia, núm.6. Madrid 15-3-1908. Deseño e maquetación: Xacobe Neto/Alvarellos Editora © Limiar: Xulio Pardo de Neyra © Carlos Gegúndez López
Impreso en Tórculo Artes Gráficas Depósito Legal C 318-2013 ISBN 978-84-89323-87-2
Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
5
A Eduardo Canitrot Robles, in memoriam
“Prudencio Canitrot, ese escritor case que esquecido a pesares de ser un deses notables narradores con que contou o país galego a comezos de século”. LUÍS SEOANE
“Compartimos o leito, os soños e contigo descubrín a miña verdadeira paixón, o meu alento diario, agora sei que sempre estarás presente á miña beira”. SABELA CANITROT
“Llegará un día en que Canitrot quede justamente apreciado y debidamente situado entre los excelentes literatos de la región galaica”. CEFERINO PALENCIA ÁLVAREZ-TUBAU
6
Carlos Gegúndez López
Retrato do autor realizado pola súa sobriña-neta Sabela Canitrot.
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
7
ÍNDICE
D’OS ANCARES A PONTEVEDRA CON D. PRUDENCIO CANITROT AO FONDO, por Xulio Pardo de Neyra DÚAS VERBAS DO AUTOR 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10.
Os silencios da nenez Soños de mocidade Galicia en Madrid A pulsión da escrita As viaxes a Suevia Obra literaria Acción política O último alento á pintura galega Unha presea de crisantemos A loaira do amencer
9 13 17 27 35 43 49 55 67 79 87 93
ESCOLMA DE CONTOS
97
Caso La armadura La nube negra Ilusión Mal ruin Peregrinantes Mi madrina El apestado Sangre Mano de santo
99 103 110 115 121 125 130 134 138 143
APÉNDICE DOCUMENTAL
147
8
Carlos Geg煤ndez L贸pez
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
9
D’OS ANCARES A PONTEVEDRA CON D. PRUDENCIO CANITROT AO FONDO
D
entro da antiga raza dos artabroi, os darios e os kerbantios foron dous dos grupos tribais que habitaban o país d’Os Ancares antes da chegada das tropas romanas. Ambos eran pobos compostos por xente rexa, irreductíbel; o propio topónimo ‘Ancares’ así nolo confirma: *ankaro é o que non ama, o que recusa a lei común [a lei, claro, dos romanos]. Esta é a xínea á que pertence Carlos Gegúndez, cuxos devanceiros e devanceiras –os e as Xegúndeces (ese é o seu nome propio) que levan máis de cincocentos anos por aquelas terras– deron forma aos camiños e ás leiras de labor da paisaxe cervantega, aquela que se deixa regar polo río Cancelada cando serpea aló por terras do Santomé do Val, as que soben até o cumio do coroto de Dumia e que, nos rigorosos invernos galegos, se enchen coa auga, xa como neve, procedente do lago Caruceo. Nas súas augas aínda vive a ondina Carisia, aquela muller fabulosa que engaiolara ao mesmo xefe romano das hostes que reduciran o pobo dos e das ancaresas. Eu hai tempo que coñezo Carlos Gegúndez, e hai tempo, portanto, que coñezo Prudencio Canitrot. Cando, tras rematar brillantemente o período de cursiños do seu Doutoramento no Programa “Humanidades” ao abeiro da Universidade de Compostela, o primeiro me pediu que lle dirixise o seu tit, como chamamos o Traballo de Investigación Titorizado que se debe realizar no segundo ano do Bienio de Estudos de Terceiro Ciclo; tiven a sorte de coñecer Canitrot. Foi Carlos quen, nun acto de cordialidade extrema, me presentou o polígrafo e intelectual pontevedrés. Case nada –por non dicir nada– sabía eu até aquel momento da actividade do engaiolante escritor que se acha tras o sonoro nome de D. Prudencio Canitrot. E a Carlos Gegúndez, pois, debo a honra de ter aprendido sobre da figura e do momento en que viviu Canitrot: unha das épocas, a do trán-
10
Carlos Gegúndez López
sito do século XIX ao XX, máis interesantes na edificación da nosa realidade cultural contemporánea. Lector e lectora, a crítica literaria, malia que despeluxada en numerosos e numerosas investigadoras, pouco se ocupou da representatividade desde escritor galego do Sul. A crítica literaria galega, xa o sabemos, éche así: aos e ás que compomos as súas pólas danos por estudar un período, unha figura, un movemento, e dá o mesmo que existan persoas aínda inéditas como o Canitrot, que nada facemos por involucralas no quebracabezas do noso sistema literario ou cultural. Xa que logo, a historia de amor entre Gegúndez e Canitrot, posíbeis chamadas espirituais á parte por parte dun home ben decisivo culturalmente para a nosa nación, deu como resultado o traballo que, lector ou lectora, tes agora nas mans. Porque, con efecto, non podes, ninguén pode, pretender coñecer o que foi a Galiza do agrarismo, a cultura da Galiza do cambio de século –do século decimonónico á centuria novecentista–, sen teres en conta Prudencio Canitrot. No seu gran labor, por acaso un labor unicamente interrompido por unha morte moito temperá, delimítanse unhas das compoñentes que virán por perfilar a conciencia e a maxia da moderna Galiza do novecentos. Actividade literaria, artes plásticas e crónicas xornalísticas son os piares en que o Canitrot desenvolveu o seu aporte a unha cultura galega, e ben galega abofé, mais que desgrazadamente aínda flutuaba entre unhas manifestacións redixidas na súa lingua propia e a de quen había, por entón, máis de catrocentos anos que a tentaba anular culturalmente. Eis, quizais, o posible motivo que fixo que os críticos e as críticas literarias da nosa nación considerasen talvez que Prudencio Canitrot non debía formar parte da graúda nómina de escritores e escritoras galegas do dezanove. En consecuencia, lector e lectora, o libro que tes agora nas mans vaiche resultar de excelente aproveito. Por suposto, o traballo co que Carlos Gegúndez acadou o seu dea –o Diploma de Estudos Avanzados, título que capacita a calquera para a investigación, por tanto que recolle, claro que falo dos
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
11
roteiros universitarios, a suficiencia investigadora necesaria para construír unha Tese de Doutoramento– era, é, moitísimo máis detido, máis grande e, como imaxinarás, perfectamente amoldado ao cientifismo necesario para superar un trance, como el fixo, conquerindo a máxima cualificación, e de xeito unánime que conste, por parte do tribunal que xulgou –que xulgamos– aquela excelente aproximación. Por iso creme, porque o sei ben, coa lectura desta obra poderás coñecer Canitrot e o mundo que xerou Canitrot, poderás coñecer a Galiza de Basilio Álvarez, poderás coñecer a maxia fidalguista literaria que adoitamos explicar tan só da man da Pardo Bazán, poderás deixarte levar polo goticismo galego de quen tamén, como a condesa coruñesa, creou paraísos afundidos na máis escura das fantasías creadoras; e poderás facelo, sobre todo, da man dunha pluma rigorosa que, amais de acollerse a unha praxe investigadora de impecable feitura, saberá como facer que te sintas entretido ou entretida mentres te metes tanto no mundo do que saíu Canitrot como no que este, con plena conciencia didáctica, edificou para os primeiros galegos e as primeiras galegas que iluminaron as súas noites coa luz eléctrica. A pluma de Carlos Gegúndez, xa o verás, é unha pluma hábil, ben firme e segura, elegante e precisa, coa que, de seguro, sentirás Canitrot como algo que xa formaba parte da túa vida. Porque, e iso quizais non o saibas, a súa imaxinaría é a que, despois, moitos e moitas escritoras aproveitarán para modelar o que hoxe coñecemos como temas e motivos da nosa cultura. E por se non o sabes, non está fóra de lugar sinalar aquí que a Carlos Gegúndez debemos o recente e esclarecedor estudo que publicou sobre do labor do lucense Lois Pereiro, a quen a Real Academia Galega dedicou as Letras galegas no ano 2011. Falo, pois, deste traballo porque aquí, lector ou lectora, non vas atopar o Carlos Gegúndez xornalista –el, por se non o sabes, é unha das voces e unha das sinaturas do noso xornalismo deportivo–, vas atopar o Carlos Gegúndez crítico literario, o Carlos Gegúndez investigador e o Carlos Gegún-
12
Carlos Gegúndez López
dez desenterrador, si, o Carlos Gegúndez que decidiu pesquisar e levar a cabo un estudo sobre dunha das esquecidas figuras do noso pasado cultural, darlle boa forma, facelo libro e finalmente ofrecérnolo aos homes e ás mulleres que actualmente nos sentimos preocupados e preocupadas por aprender que foi da nosa traxectoria intelectual pasada, a dos tempos pretéritos que, non en van, son os que delimitan e nos que se substenta a nosa realidade actual. Que mellor desenvolvemento didáctico que este. Por iso recoméndoche, lector ou lectora, que leas este libro e que tires del, como eu mesmo fixen, parte da sabedoría de Carlos Gegúndez, unha sinatura xa abondo consolidada no panorama da nosa crítica actual, que, agora a través do nome e dos tempos do Canitrot, vainos ser de obrigada referencia ao abordarmos períodos como o da Etapa Agrarista das nosas letras contemporáneas. Agardo, porén, que che sexa de utilidade e que, quizais como lle ocorreu a Gegúndez, te deixes penetrar do espírito ferventemente arrebatado dun home que, aliás de literato, foi pintor e xornalista, e que, por riba de todo, desexou unha outra Galiza, unha Galiza que, tras a súa morte, non ía tardar moito en chegar. Sente, lector e lectora, esa Galiza e non esquezas que o noso compromiso como membros e membras dunha comunidade é sermos fieis á mesma: sendo fieis á Galiza de Canitrot seremos fieis a unha Galiza de seu. O excelente exercicio que Carlos Gegúndez nos descobre nestas páxinas é a súa mellor expresión. Compróbao. X. PARDO DE NEYRA Viveiro, xullo de 2011
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
13
DÚAS VERBAS DO AUTOR
C
hega as túas mans prezado lector este anaco da miña vida que fun tecendo no meu escritorio moi de vagar como facían as avoas de roca e fuso a carón da lareira nos tempos pretéritos. Velaquí o froito de anos pescudando en arquivos e bibliotecas, moito tempo investido que hoxe podo compartir contigo mercede á xentileza e interese de Alvarellos Editora. Para comezar vou rachar unha lanza por Prudencio Canitrot, un dos fillos máis apegados á terra como el mesmo se ten proclamado e porén tan pouco reivindicado. Mais, racharei esta lanza con moito ollo por este meu amigo de vello e por iso o farei polo couce deixando o aguillón ben afiado como medida preventiva polo que puidese acontecer. Ao dar a coñecer a súa figura, entramos ao mesmo tempo nunha etapa histórica na que se desenvolveron movementos e accións culturais que resultan de sumo interese para coñecer mellor a historia do noso país, unha historia que tamén se escribiu alén das nosas fronteiras xeográficas. A Galicia da emigración ten no tránsito ao século XIX ao XX unha gran actividade, agroman as publicacións periódicas e o sentimento galeguista, especialmente na diáspora mantendo viva a chama que acendera o Rexurdimento antes da chegada doutra etapa florecente para a cultura galega, a Época Nós. O protagonista deste estudo é un home apaixonado, idealista e sobre todo polifacético, un humanista no máis amplo sentido da palabra preocupado pola terra, a súa situación e o seu desenvolvemento. Canitrot seguirá o pensamento político-ideolóxico liberal de Manuel Murguía e Alfredo Vicenti, firme defensor da corrente rexionalista formaliza o seu compromiso agrarista cando pasa a formar parte do grupo Acción Gallega e mesmo chega a implicarse nunha campaña electoral para apoiar á agrupación liderada por Basilio Álvarez. No eido artístico, o seu punto de referencia era a Xeración Doente e a arte rexionalista galega, dende o punto de vista
14
Carlos Gegúndez López
literario toma como gran referente a literatura de Ramón del Valle-Inclán, admirando as primeiras obras do xenial escritor arousán, Femeninas, Jardín Umbrío, Flor de Santidad, as Sonatas. Ninguén sabe como evolucionaría o pensamento deste home de non ter falecido por mor dunha enfermidade aos trinta anos, nin sequera se chegaría a consagrarse definitivamente como literato ou se finalmente acadaría sona como pintor e debuxante, mais coido que paga a pena percorrer a súa memoria. Este traballo ten unha primeira parte analítica na que se poñen enriba da mesa todas as cuestións ás que se alude nos parágrafos anteriores, o xerme é o traballo de investigación tutelado realizado para o programa de doutoramento de Humanidades e polo tanto ten sempre unha base puramente científica aínda que foi un pouco alixeirado de citas e formalismos para que a lectura resulte o máis amena posible. Logo desta fase puramente ensaística aparecen as creacións literarias co desexo de achegar unha ollada o máis completa posible da súa figura. Non podo agochar o inmenso pracer que me produce compartir os meus coñecementos de Prudencio Canitrot coa humanidade. O meu interese pola súa figura xa ben de tempo atrás. Apareceu diante de min a terna formada por Heraclio Pérez Placer, Antonio Rey Soto e o propio Prudencio Canitrot Mariño. Tres nomes galegos dun mesmo momento. Entre Rey Soto e Canitrot mesmo houbo unha relación de amizade, mais a miña predilección pola traxectoria do pontevedrés e o noso común perfil humanista achegaron definitivamente as nosas vidas. Velaquí este estudo, unha raiola de luz que ten como misión principal sacar de entre as tebras a un persoeiro máis da nosa historia. Sei que este libro lle presta a moita xente e por iso quero rematar agradecendo o asesoramento e colaboración do doutor Xulio Pardo de Neyra, quen apostou por recuperarme para a investigación e me guiou nas miñas pescudas.
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
15
Tamén teño que lembrar aquí á miña familia por amosarme a cultura do traballo. Toda a miña estima para o gran mestre da palabra e aínda mellor amigo José Luis Calvo, traballador incansable da literatura por facerme partícipe dos seus proxectos e sobre todo por axudarme nos momentos máis complicados e por esta mesma razón ao gran poeta e amigo Luis Valle, sen esquecer nunca o inestimable apoio do gran camarada Iago Rodríguez Yañez, fonte inesgotable de esforzo e coñecemento nin as valiosas achegas de Lucía García Vega e Antonio Canitrot Gómez, gran coñecedor da xenealoxía dos Canitrot. Non quero deixar de resaltar a paciencia e axuda do persoal da Biblioteca Xeral de Santiago de Compostela, Instituto de Estudos Padre Sarmiento, Fundación Barrié de la Maza, Real Academia Galega, Biblioteca Nacional, Marcos Fernández Torres, Lidia Castro Vargas, Javi Torres, sen esquecer a doutora Amparo de Juan que un día me presentou a Prudencio Canitrot. Na boa vila terra natal do autor fixen coa teima de Canitrot inmellorables amizades, Sabela Canitrot, a gran pintora das mulleres, única da estirpe que seguiu o camiño do mestre. Eduardo E. Meruéndano, excelente mecenas da cultura, navegante e gran persoa a quen nunca saberei agradecer a súa colaboración desinteresada e entusiasmo, ás xentes do Ateneo, Carlos Montero, Carlos Valle e Ángeles Tilve. A adicatoria deste traballo é para Eduardo Canitrot Robles, fillo de Isidoro e sobriño de Prudencio pola súa humanidade e colaboración, porque sei que nada lle faría máis ilusión que ter entre as súas mans esta modesta homenaxe ao seu antergo. Sen sabelo aquel día que nos coñecemos na rúa Princesa de Madrid logo dun longo faladoiro sobre o seu tío despedímonos para sempre cun apertón de mans, os seus ollos estaban húmidos. CARLOS GEGÚNDEZ LÓPEZ Á beira do Sar, Compostela, 2011
16
Carlos Gegúndez López
Casa natal de Prudencio Canitrot. Rúa Princesa, nº 12 de Pontevedra. Foto: Carlos Montero.
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
17
OS SILENCIOS DA NENEZ
O
ciclo vital de Prudencio Canitrot decorre principalmente por dous escenarios que coinciden ademais cos lugares nos que naceu e faleceu, as cidades de Pontevedra e Madrid.1 Permaneceu na cidade súa natal até os dezanove anos, entre 1883 e 1902 onde pasou a infancia e a adolescencia aínda que tamén frecuentaba, sobre todo na época estival unha casa familiar con vista á ría no veciño concello de Poio. Prudencio Canitrot Mariño naceu o día 8 de xaneiro de 1883 no inmoble situado no número dous da rúa Princesa de Pontevedra, actualmente o número doce. Na cerimonia bautismal celebrada o día dezasete deste mesmo mes na igrexa parroquial de San Bertomeu fóronlle impostos os nomes de Prudencio e Sebastián. Foi apadriñado polo seu avó materno Sebastián e por unha tía, Aurora Mariño.2 El foi o sexto fillo do matrimonio formado por Prudencio Canitrot Argibay (1847-1930) e Carmen Mariño Villanueva (1870-1935). Os outros oito fillos foron bautizados cos nomes de Dolores Antonia (1871), Daniela Manuela (1873), Luis Prudencio Joaquín (1873), falecido aos trece anos e Manuel (1877) quen tamén morreu na infancia. Isidoro (1880), Carmen (1885) finada ao pouco de nacer, María del Carmen (1888) e Adolfo Federico Carmelo (1890).3
1 As fontes bibliográficas e orais consultadas confirman que Prudencio Canitrot faleceu o 24 de xaneiro de 1913 en Madrid, cidade na que foi soterrado. Hai autores como Cruceiro Freijomil ou Varela Jácome que dan como lugar do pasamento a cidade do Lérez. Moitas biografías son imprecisas ao sinalaren as datas e lugares de nacemento e falecemento de Prudencio Canitrot ou erran ao achegaren a idade que tiña cando morreu. 2 Estes datos aparecen na partida bautismal de Prudencio Canitrot Mariño conservada no Arquivo Parroquial de San Bertomeu (Pontevedra). 3 Para completar os datos da xenealoxía familiar foi fundamental a aportación de Eduardo Canitrot Robles e Antonio Canitrot Gómez, descendente dos Canitrot de Ribadavia.
18
Carlos Gegúndez López
Daniela foi a primeira en contraer matrimonio cando Prudencio tiña once anos casando cun militar José Martínez Castrillo co que tivo dous fillos. O seu irmán Isidoro nado en 1880 decidiu estudar Medicina en Compostela obtendo o título no ano 1903, posteriormente marchou a Madrid e seis anos máis tarde casou con Concepción Robles, o matrimonio tivo catro fillos e Prudencio apadriñou á primoxénita, Carmen de la Concepción na Igrexa de San Salvador.4 O outro dos irmáns varóns Adolfo Canitrot Mariño emigrou a Buenos Aires e cando se funda a Casa de Galicia comparte o cargo de secretario co escritor ourensán Eduardo Blanco Amor que daquela se atopaba na capital arxentina5. Adolfo foi un dos promotores das homenaxes tributadas pola Casa de Galicia a Prudencio nos anos vinte. Casou con Carmen Rabuñal, pero enviuvou e contraeu matrimonio en segundas nupcias con Margarita Errea no ano 1927 coa que tivo dous fillos. A irmá máis vella, Dolores Canitrot Mariño quedou solteira e a irmá máis nova, Carmen casou con Manuel Canitrot Méndez no ano 1918, un emigrante retornado que era orixinario de Ribadavia, lugar no que asentou outra das ramas chegadas a Galicia dende Francia. O pai de Prudencio Canitrot Mariño estudou para practicante na USC e posteriormente traballou como dentista. No xornal pontevedrés La Correspondencia Gallega apareceron durante as dúas primeiras décadas do século XX anuncios publicitarios da clínica dental de Prudencio Canitrot Argibay, a primeira aberta na cidade pontevedresa: “Prudencio Canitrot. Cirujano-dentista. En su acreditado gabinete abierto en Pontevedra en la calle del Comercio número 19 frente al Liceo-Casino recibe consultas todos los días”. Canitrot Argibay amosábase partidario con outros colegas do colexio odontolóxico pontevedrés da obrigada adhesión ao órgano colexial para poder exercer a profesión, nun mo4 5
El Liberal, Madrid, 17-05-1910, 3. El Correo de Galicia, Buenos Aires, 11-12-1921, 3.
PRUDENCIO CANITROT. DO REXURDIMENTO Á ÉPOCA NÓS
19
Prudencio Canitrot Argibay. Pai de Prudencio Canitrot Mariño. Arquivo do Museo de Pontevedra. Núm. de rexistro: 8107.
mento no que se inicia unha campaña proteccionista para acabar co intrusismo e a competencia desleal. Ademais, Prudencio Canitrot Argibay foi político conseguindo unha acta de concelleiro en Pontevedra cando pasa a integrar a candidatura monárquica, porque anos antes simpatizaba cos republicanos, así cando se nomea unha comisión para a organización dunha coalición republicana presidida por Indalecio Armesto forma parte desta como vogal; dous anos máis tarde participa na festa do republicanismo pontevedrés como orador6. O seu pai José María Canitrot Somoza
6
La República, Madrid, 23-3-1890, 3.
20
Carlos Gegúndez López
xa militara no Círculo Liberal pontevedrés a mediados do período decimonónico7. Porén, en novembro de 1903 Canitrot Argibay ingresa na candidatura monárquica polo distrito de Santa Clara e sae elixido manténdose na corporación municipal durante máis de quince anos: “las elecciones fueron reñidísimas, triunfaron los monárquicos D. Manuel Ferreiros, D. Rogelio Quin-
Carmen Mariño Villanueva, nai de Prudencio Canitrot Mariño. Arquivo do Museo de Pontevedra. Núm. de rexistro: 8108.
táns y D. Prudencio Canitrot”.8 Desempeñou diversas competencias como concelleiro, entre outras iniciativas dotou á cidade do Lérez do corpo de bombeiros no ano 1909. 7 8
El Comercio, Madrid, 29-1-1948, 3. El Áncora, Pontevedra, 25-8-1903, 1.
Parir a liberdade O movemento feminista en Galicia ELVIRA FENTE
Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas XESÚS ALONSO MONTERO O xornal na clase de Matemáticas CECILIA ALVARELLOS CASAS
Santiago Tafall Un músico compostelano en los albores del galleguismo BEATRIZ CANCELA
Cen anos despois da súa desaparición, Carlos Gegúndez López tenta reparar esta inxustiza. O presente volume é breve e intenso como foi a vida de Canitrot: unha reveladora primeira parte rescata a súa figura en datos e imaxes; na segunda, Gegúndez escolle dez dos mellores relatos breves do autor. Pecha o libro a reprodución de varios manuscritos dirixidos a coetáneos ilustres.
Próxima aparición: Para lermos ‘Cantares gallegos’, de Rosalía de Castro MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
Cuberta 6 Canitrot.indd 1
Canitrot Cen anos de esquecemento
ISBN 978-84-89323-87-2
Todo o noso catálogo en
alvarellos.info
Carlos Gegúndez López
alvarellos.info
CARLOS GEGÚNDEZ LÓPEZ (Becerreá-Lugo, 1976) licenciouse en Humanidades na Universidade de Santiago en 1999. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados acadando a máxima cualificación co traballo Prudencio Canitrot. Un humanista galego no tránsito de século. Imaxinería literaria e imaxinería política (2009). Ten publicado artigos en revistas científicas sobre o protagonista deste estudo e os movementos culturais galegos de comezos do século XX. É investigador, crítico literario e profesionalmente traballa como xornalista. Tamén é autor dos ensaios María Mariño Carou. Caderno de Literura Galega na escola (2007) e O negro leite da aurora. Viaxe a xeografía lírica de Lois Pereiro (2011), en colaboración con Luis Calvo.
OESTE
Galicia bajo la bota de Franco ANÓNIMO DE 1937
Malia ter sido tamén promotor de eventos como a primeira Exposición de Pintura Gallega (Madrid, 1912), fundador da Biblioteca de Escritores Gallegos (1910) ou corrector da obra completa de Rosalía de Castro, unha lousa inexplicable caeu sobre a súa figura dende o intre mesmo do seu pasamento: aquel día, ao seu enterro só acudiron catro persoas (un irmán e tres amigos, entre eles, o escritor Antonio Rey Soto).
divulgación & ensaio
A bordo dun barco sen luces O mundo poético de Luís Pimentel LUZ POZO GARZA
C. Gegúndez López
Discípulo de Murguía e Valle-Inclán, amigo de Castelao, implicado no Rexionalismo e no movemento agrarista, escritor, pintor, ilustrador e promotor cultural, o humanista pontevedrés Prudencio Canitrot faleceu moi novo en Madrid nun mes de xaneiro de 1913. Dende aquela, a súa vida e obra ficaron no máis absoluto esquecemento.
Canitrot. Cen anos de esquecemento
OESTE divulgación & ensaio
21/03/2013 18:10:33