Bloque Boborás Impreso postal sen enderezo
Número 3. Epoca 1ª / Setembro 2010
Tras 20 anos de Goberno do Partido Popular o balance é decepcionante. Boborás precisa outro goberno con ideas e proxectos
Boborás precisa dun novo goberno para saír do estancamento No anterior boletín do BNG falábamos de que 20 anos semellan ser moitos anos gobernando un concello. O propio alcalde danos a razóns cando fai declaracións aos medios de comunicación recoñecendo a posibilidade de non presentarse ás próximas eleccións municipais, xa que leva mais de 20 anos como rexedor. Isto fainos lembrar aquela idéntica situación duns anos atrás, na que tamén adiantou a súa marcha para, despois dunha vergoñenta parodia de “clamor popular”, aceptar facer un novo sacrificio e continuar. Desde o BNG comprobamos, ao igual que todos os veciños e veciñas de Boborás, que a realidade pon en evidencia que non existe ningún síntoma de cambio por parte do alcalde e do Partido Popular. As decisións tomadas son cada vez máis desafortunadas e sen un proxecto serio de futuro
www.bng-galiza.org Edita: BNG Boborás
Estado de abandono das infraestruturas municipais
para o noso concello. Todo isto sería anecdótico se non fose porque con este alcalde e este goberno Boborás está a perder o tren dos avances e a transformación. Non hai actuacións ilusionantes e de promoción das nosas potencialidades: a promoción turística é inexistente, o noso campo abandónase e a xente nova marcha. En Pazos de Arenteiro -zona de especial protección-, onde existen edificios destinados ao turismo hai anos, todo esmorece pola falla de interese. Desde o Bloque Nacionalista Galego
non podemos pasar por alto estas situacións. Temos moi claro que é preciso unha mudanza ilusionante, onde todas e todos teñamos as mesmas oportunidades, onde os empresarios do noso termo municipal non estean marxinados á hora de realizar traballos para o Concello, onde os mozos e mozas poidan vivir no seu pobo. E porque 20 anos semellan ser moitos anos para uns resultados tan pobres e decepcionantes. Os veciños e veciñas de Boborás merecen outro goberno.