apeneira Ano XXVI :: ESPECIAL LETRAS GALEGAS :: www.apeneira.com
Maio de 2010
ESPECIAL LETRAS GALEGAS-2010
Uxío Novoneyra,
o home que converteu O Courel en poesía
COLABORAN: Roberto Varela Uxío Novoneyra Rei Xabier Lago Mercedes Queixas Antón F. Escuredo Alberto Ansede Alfonso García Xurxo Patiño Entrevista a Xosé Lois García
2 a peneira
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
| MAIO DE
2010
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
CRONOBIOGRAFÍA 1930. Eugenio Novo Neira nace o 19 de xaneiro na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, no seo dunha familia labrega acomodada. É o terceiro fillo de José Novo López e Manuela Neira Bello. Neste curruncho, ateigado de tradicións enraizadas na terra, pasa a súa nenez.
a redacción de Os Eidos. Ao remate do servizo militar regresa ao Courel onde debe gardar repouso por mor dunha pleuresía contraída durante a súa estadía en Parga. 1954. Coñece os poetas Avilés de Taramancos e Luís Pimentel, e o pintor Lugrís. É convidado a participar en varios recitais de poesía. Remata a escrita de Os Eidos.
1936. O seu irmán maior, José, morre de tifo con só 16 anos. 1937. Durante os primeiros compases da Guerra, un grupo de falanxistas agrede a Uxío por vestir un xersei de cor vermella. Cunha navalla desgárranlle a prenda sen sacala do corpo do neno. 1945. Estuda o bacharelato en Lugo, na Academia Balmes. Para iso trasládase á cidade durante o período escolar.
1947. Coñece á poetisa María Mariño, que vén de ser asignada como mestra á escola de Parada do Courel. Novoneyra inicia con ela unha profunda relación persoal que se manterá ata a morte da escritora, 20 anos máis tarde. 1948. Coñece en Lugo ao escritor chairego Manuel María, compañeiro de
mundo a sensibilidade poética de María Mariño con artigos na revista portuguesa Céltica e no xornal compostelán La Noche, converténdose no seu principal valedor literario. Coñece o poeta Bernardino Graña. 1962. Regresa a Madrid, onde participa en programas radiofónicos (como Poesía en Compostela) e televisivos (como Versos
1955. Galaxia publica a primeira edición de Os Eidos. xeración e de sentimento arraigado no terruño. Inicia a escrita de Abrojos, o seu primeiro poemario, que aínda fica inédito. O poema inicial, datado no ano anterior, está adicado ao músico Gustavo Freire. 1949. Remata o bacharelato e trasládase a Madrid, onde se matricula por libre na Facultade de Filosofía e Letras, pero non tarda en abandonar os estudos. É unha etapa de formación cultural na que se converte en asiduo lector da Biblioteca Nacional e na que desenvolve unha intensa actividade literaria. Nesta época é cando dá o seu primeiro recital poético. Coa súa voz profunda e a súa dicción pausada, nace nese intre o “decidor” de poesía, como a el lle gustaba dicir.
co tempo se convertirá na súa obra máis relevante, o poemario Os Eidos. 1952. Regresa a Galicia para facer o servicio militar en Parga (Guitiriz), onde outravolta coincide con poeta da Terra Chá, Manuel María. Coñece a Ánxel Fole. 1953. Continúa o servizo militar en Compostela e incorpórase ás tertulias do Café Español. Entra en contacto con figuras da cultura como Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo Carlos Maside, Borobó, García-Sabell, ou Bouza Brey. Destes contactos nace a súa firme determinación de escribir só en galego e abandona definitivamente a lingua castelá. Comeza
1957. As relacións galeguistas lévano a participar en diversos actos culturais, algúns con tintes políticos, como foi o caso da inauguración do ciclo de conferencias no Círculo Mercantil de Compostela baixo o título Homenaxe á poesía galega, organizado por Manuel Beiras, no que se dirixe ao público en galego, lingua proscrita naquelas datas, e recita textos medievais. 1960. En xaneiro participa no Paraninfo de Compostela nunha homenaxe a Ramón Cabanillas (falecido dous meses antes), xunto a Iglesias Alvariño e García Bodaño. 1961. Novoneyra amosa ao
1950. Inicia a escrita dun novo libro de poesía filosófica, tamén inédito, titulado Desde las cosas, do que chega a publicar dous poemas na revista universitaria Bengala. Comeza a escribir un terceiro libro, tamén en castelán e tamén inédito, ao que chama Caurel, no que a terra adquire un papel principal e que podemos considerar como un primeiro ensaio xeral do que
Editada por A PENEIRA CONDADO S.A.
Subdirector: Antón Fernández Escuredo (subdirector@apeneira.com)
Redacción: Amparo Rodríguez Manrique Fernández J.Ramón Couñago
1968. Ofrece un recital na Coruña que remata coa lectura de Vietnam canto, co público posto en pé. Coñece en Lugo a María Elba Rei, que uns anos máis tarde, converterase na súa dona.
1972. Escribe senllos poemas adicados aos obreiros Amador Rey e Daniel Niebla, asasinados en Ferrol polo franquismo. 1973. Casa con Elba Rei en Lugo no mes de xaneiro. Uns meses despois morre a súa nai.
de medianoche, onde recitaba a diario un poema xusto antes do peche da emisión). Participa tamén na vida cultural madrileña, nas tertulias do Café Gijón, relaciónase con membros do grupo Brais Pinto, co pintor Reimundo Patiño, co profesor Herminio Barreiro, co político Bautista Álvarez e cos escritores Ramón Lorenzo, Bernardino Graña, Xosé Fernández Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín.
1966. Publica en Madrid e en edición bilingüe Ele-
Redactor xefe: Diego Giráldez (redactorxefe@apeneira.com)
1967. Aparecen tres poemas de Novoneyra nun número especial da revista leonesa Claraboya adicado a Galicia.
1971. Falece o seu pai.
1963. A editorial Celta, de Lugo, publica o primeiro libro de María Mariño, Palabra no tempo, grazas á teima de Novoneyra por sacar á luz o seu traballo literario.
Director: Guillermo Rodríguez Fernández (director@apeneira.com)
gías del Caurel y otros poemas. Por problemas coa censura e por enfermidade dos seus pais, decídese a regresar ao Courel.
Administración: Beatriz Gil Vázquez Publicidade: Suso Vieito, Fran Eiró, Josué Campos , Francisco Puñal, Juán Louzán, Sheila Álvarez, Anxo Gutiérrez e X.M. Fernández
1974. Nace o seu primeiro fillo e falece poucos días despois por problemas cardíacos. Galaxia publica Os Eidos 2. Libro de olladas, ilustrado con debuxos de Laxeiro, que contén os poemas do ciclo courelán posteriores á primeira edición. 1976. Nace a segunda filla, Branca-Petra. Novoneyra colabora co xornal lugués El Progeso, onde publica a tradución ao galego de catro poemas do escritor e político chinés Mao Zedong, tirados dunha deición castelá da súa obra. 1977. Achega un poema a un libro en homenaxe a Alberti editado nas catro linguas do Estado. 1978. Viaxa a Granada para participar no Congreso de
Fotografía: Riobó Prada - AGN - Alfredo Hernández
Depósito Legal: OR/57/84
Impresión: Publicaciónes Tameiga Mos (Pontevedra)
www.apeneira.com web controlada por
MAIO DE 2010
|
a peneira 3
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
Libreiros de España e nunha homenaxe a García Lorca. 1979. Novoneyra xoga co aspecto máis visual da poesía pescudando nas posibilidades plásticas e expresivas dos textos a través do libro de epigramas Poemas caligráficos, publicado en Madrid polo grupo Brais Pinto.
seu cargo na AELG. Nace o seu cuarto fillo, Arturo.
1997. Publica no xornal O Correo Galego as Lendas de a cavalo, pertencentes á obra inédita á que Novoneyra chamaba Libro de Rotas/Ameto Mítico, que sairía á rúa uns días despois do seu pasamento baixo o título Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago outras rotas.
1984. Novoneyra, como presidente da AELG, toma parte no primeiro encontro de escritores galegos, vascos e cataláns, xérmolo de Galeusca, que se celebrou en Barcelona. Nese encontro asínase o histórico Manifesto de Poblet.
1998. Editorial Noitarega publica o ensaio Dos soños teimosos. Luís Vives publica outro conto infantil, Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín.
1985. Xerais publica a segunda edición completa do ciclo caurelán, Os Eidos, novamente revisado polo autor. 1986. A Deputación luguesa publica Muller pra lonxe, que reúne os seus poemas eróticos e amorosos. A edición está ilustrada con debuxos do pintor Carlos Pardo Teijeiro, e con reproducións dos manuscritos do autor. Avilés de Taramancos substitúeo á fronte da AELG. 1981. Nace o seu terceiro fillo, Uxío. Inicia a recompilación do seu ciclo courelán logo dunha profunda depuración, xuntando nun só volume os libros anteriores adicados ao Courel. Así, aparece en Xerais a primeira edición completa de Os Eidos. Libro do Courel. 1982. É nomeado presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Na revista Dorna publica un polémico manifesto dirixido aos novos poetas galegos, que foi duramente criticado polas novas xeracións por ser considerado excesivamente paternalista. 1983. Trasládase definitivamente a Compostela para atender axeitadamente o
1987. Xunto con outros escritores, participa na simbólica ocupación da Real Academia Galega para esixir a dimisión do presidente da institución e delegado do goberno, Domingo García-Sabell, por amparar un recurso presentado contra a nacente lei de Normalización Lingüística. 1988. Sotelo Blanco publica a antoloxía Do Courel a Compostela 1956-1986, que recolle as súas composicións máis políticas e unha escolma de textos críticos de Xesús Rábade Paredes, Herminio Barreiro, Luís Seoane, Basilio Losada, Reimundo Patiño, Méndez Ferrín, Xulio Valcárcel e Claudio Rodríguez Fer. O libro está ilustrado con caligrafías do Courel de Federico García Cabezón, e retratos do escritor realizados por Lorente, Laxeiro e Maside. O poeta donostiarra Koldo Izaguirre prepara unha edición bilingüe en galego e euskera da súa obra magna, que é publicada co título Bazterrak/ Os eidos I e II. E unha edición depurada e despoxada dos elementos menos apegados á terra. 1990. Xerais publica a que pretende ser edición definitiva de Os Eidos, na que se suprimen poemas que
unha reedición actualizada de Elegías del Caurel y otros poemas (1966), e a súa primeira achega á literatura infantil, O cubil do xabarín, un conto ambientado no Courel. Tamén publica o artigo A xeito de autopoética, no que se pronuncia respecto das distintas propostas ortográficas do galego provocando forte polémica entre os pro-lusistas.
non pertencen tematicamente ao ciclo e se engaden algúns novos, na colección Biblioteca das Letras Galegas. A introdución, as notas e os comentarios corren a cargo de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco. 1991. Novoneyra inicia un segundo mandato á fronte da AELG. Aparecen publicados dous novos títulos: o libro de poemas Tempo de elexía, que vén sendo
caligrafías do autor. 1995. Novoneyra participa no poemario de temática compostelá Camelio xaponés-Watsubaki, un fermoso libro que reúne en edición bilingüe galegonipona sete xiikas (poemas xaponeses) de Ayako
1999. Publicación de Onde só queda alguén para aguantar dos nomes. Novoneyra é galardoado co Premio Otero Pedrayo. O 30 de outubro, data prevista para unha homenaxe en Compostela, prodúcese o seu pasamento.
1992. Nova achega á literatura infantil: Novoneyra publica outro conto de aventuras co Courel como escenario, Gorgorín e Cabezón. 1993. Antonia López García publica en Edicións do Cumio un traballo sobre a obra do poeta: Os camiños do soño (a poesía de Uxío Novoneyra). 1994. Espiral Maior publica Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras, con gravados de Carlos Crego, fotografías de Federico García Cabezón, unha pintura de Reimundo Patiño e
Sugitani en tradución de Novoneyra, e tres composicións do poeta galego postas en xaponés pola autora nipona, xunto con caligrafías de Uxío e fotografías de Ayako. 1996. Xosé Manuel Varela Varela edita unha pequena antoloxía titulada Do Courel ó Monte Branco.
Catálogo _ Abrojos (inédito) _ Os Eidos (1955) _ Elegías del Caurel y otros poemas (1966) _ Os Eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974) _ Poemas Caligráficos. Vietnam canto (1979) _ Os eidos. Libro do Courel (1981) _ Muller pra lonxe (1986) _ Do Courel a Compostela: 1956-86 (1988) _ O cubil de Xabarín (1990) _ Tempo de elexía (1991)
_ Gorgorín e Cabezón (1992) _ Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994) _ Camelio xaponés–Watsubaki (1995) _ Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998) _ Dos soños teimosos (1998) _ Onde só queda alguén para aguantar dos nomes (1999) _ Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999)
A homenaxe é postergada para o 18 de decembro. Aparece publicado, xa de maneira póstuma, Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago outras rotas. 2009. A Real Academia Galega decide homenaxear a Uxío Novoneyra adicándolle o Día das Letras Galegas do ano 2010.
4 a peneira
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
| MAIO DE
2010
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
NOVONEYRA, O BARDO DO COUREL ROBERTO VARELA FARIÑÁ (Conselleiro de Cultura e Turismo)
edicar o Día das Letras Galegas a Uxío Novoneyra é un acto de xustiza poética. Xustiza con maiúsculas para un dos grandes nomes da poesía e das letras galegas da segunda metade do século XX. Uxío Novoneyra leva consigo o alcume de ‘bardo do Courel’ porque é difícil atopar outro autor que cantase á serra luguesa con voz tan clara e fermosa. Con todo, Novoneyra poder ser considerado sen temor a esaxerar como bardo universal, porque a súa obra non pertence ao Courel, nin a Lugo, nin sequera a Galicia. A súa obra xa é eterna e pertence a todos os que aman a poesía. Novoneyra cantoulle á terra cunha lírica renovadora; foi quen de fundir as súas raíces cunha expresión absoluta-
D
mente orixinal. A obra poética de Novoneyra nunca nos deixa indiferentes. Non importa as veces que nos acheguemos a ela, sempre nos vai chamar a atención o seu estilo sobrio e conciso que é, a un tempo, tan denso e preñado de sentido e sentimento. Moitos expertos na obra de Novoneyra xa destacaron a semellanza dos seus poemas cos haikus xaponeses. Como escribiu o profesor Anxo Tarrío, a obra de Novoneyra é “como un iceberg poético que, deixándonos escoitar só unhas poucas palabras, agocha en profundidade un universo do que cada lector terá que tirar o seu propio paraíso ou inferno”. Novoneyra afirmou que a poesía era, para el, “unha forma de entusiasmo,
unha forma de responsabilidade, un manterse na busca, ter un alto concepto da dignidade do home”. E ese entusiasmo, esa responsabilidade, esa dignidade poética acompañouno desde moi cedo. Os primeiros poemas de Os Eidos, poemario fundamental das letras galegas no século XX, concibiunos cando apenas pasaba dos vinte anos. A obra que nos legou non é grande en extensión, pero en cambio prolóngase no tempo durante medio século. Isto fálanos dunha busca da palabra exacta, da expresión perfecta, da lírica excelsa. É a súa unha poesía orixinal, como diciamos, e está en constante renovación, porque non é o mesmo o Novoneyra telúrico de Os Eidos que o Novoneyra comprometido de Vietnam
Canto. Quede dito, non obstante, que o noso poeta nunca abandonou o compromiso nin o amor á terra e á natureza. A dimensión poética de Novoneyra só é comparable coa súa dimensión humana. Foi un traballador incansable en prol da lingua galega, un magnífico e inimitable recitador de versos e, segundo todos os que tiveron o pracer de tratalo, un moi amigable e incansable conversador. Xa que logo, o Día das Letras Galegas deste ano Xacobeo, no que Galicia está tan entregada á cultura, será un día grande porque grande é tamén o poeta ao que todos homenaxeamos neste 17 de maio: Uxío Novoneyra, gran poeta das letras galegas, do século XX, da literatura universal.
MAIO DE 2010
|
a peneira 5
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
NACIONALISMO, LIBERDADE E DEMOCRACIA NA ‘LETANÍA DE GALICIA’ UXÍO NOVONEYRA REI
“Novoneyra é un vate que comparez na asamblea comunal e clama pola patria e a liberdade. Ou pola ausencia de patria e de liberdade”. MÉNDEZ FERRÍN.
entro das diferentes poéticas de meu pai, da súa obra, do “único poema” que conforman como lle oín dicir en Vigo a Méndez Ferrín fai pouco, sempre me chamou a atención a Letanía de Galicia, o poemahimno nacional que xunto ao poema-manifesto da solidaridade internacionalista Vietnam Canto, conformaban o eixo político-poético novoneyriano. Todos os demais elementos do discurso poético-político de meu pai, poden posicionarse collendo como base este eixo, sen afirmar en ningún momento que sexan accesorios ao mesmo, senón que iste lles vale de marco de interpretación, pudendo existir outros tantos. Este é o meu. Sempre lle estou a dar voltas a iste poema, ao encaixe dunha letanía formal para conter un himno nacional. Ao discurso nacionalista que forman os elementos presentes nela, loairos, sen referir nin contextualizar calquer outro factor externo, alleo. Analizando o discurso nacionalista da Letanía de Galicia de Novoneyra, creo encontrar unha conformación de elementos anovada, que supón unha complementación do discurso pondaliano, sen suplilo. Neste discurso identifícase ao suxeito individual en primeira instancia, para despois referir, identificando primativamente, ao suxeito colectivo nacional en base á nosa lingua, ao elemento nacionatario linguístico, imbricando, nun senso hipotético, neste suxeito colectivo aos que non afirman a súa pertenza en base ao elemento linguístico antedito, e a pervivencia das tradicións no suxeito individual, por tanto identifica nos dous un elemento étnico no sentido cultural, o único que existe, que contrapón, en base ao concepto de liberdade, ao seu exercicio. Ou sexa, o capital étnico existe, pero non é preponderante á liberdade individual, senón que é unha potencial decisión do individuo, aínda que o uso da liberdade para non seguir o proceso de autocoñecemento é negativa dende o punto de vista moral, dende o punto de vista da
D
verdade, da autenticidade, sendo un proceso de coñecemento individual a lóxica de sensibilización a pertenza ao suxeito colectivo, un proceso necesario. En relación ao elemento contextual este atopase nunha fase histórica negativa, recesiva, tanto a nivel político, no senso da liberdade, (calada, atrelada e xorda a forza significan a falla de liberdades cívicas, de expresión e de educación/coñecemento), como a nivel económico (emigrante a forza), espiritual (triste a forza, elemento definitorio da poesía do meu pai, existencialista, pero que tamén pode verse como resultado do contexto no senso dun determinismo sociopolitico, inda así o proceso nacionalista sigue vivo en condición adversas (viva inda). A partir do contexto, o suxeito individual pode elixir obviar a existencia do suxeito colectivo cultural-linguístico, exercendo a liberdade, pero esta liberdade non terá carácter positivo no senso do acertado (non ser, morrer, fuxir). Pódese dicir que o elemento primeiro no discurso de Novoneyra é a liberdade orixinaria, pero o obxectivo último está noutro plano, no plano moral da verdade, e nese plano o acertado e que o individuo en base a un proceso de coñecemento descúbrase dentro do suxeito colectivo e nacional, Galicia. Esta Galicia novoneyriana, é caracterizada por unha certa penetración do cleavage socioeconómico, por identificación coas clases traballadoras galegas, no senso do suxeito histórico socialista, tanto leninista coma maoista, conformando unha ideoloxía respecto a esta fractura política de marxismo heterodoxo. Aquí dáse outra sustitucion respecto a Pondal, o fundamento histórico presente son os Irmandiños, que teñen unha significación de xustiza social no microuniverso histórico-cultural galego, relacionando así este elemento co antedito. O fundamento do nacionalismo en Novoneyra é multiple, tendo por un lado o elemento contextual ecocéntrico, non antropocéntrico, por outro lado o
fundamento colectivo social do pobo, un terceiro fundamento, iste neutralizado polo contexto histórico, a Historia, e o cuarto, inalienable, a Lingua, con maiúscula como el puña. Todo o construto complexo nacionalista, segundo Novoneyra, pervive en estado latente para o seu potencial uso polas xeracións posteriores, non sesgadas pola represión do contexto negativo. O mesianismo en Novoneyra, igual que en Pondal, é a esperanza dun cambio no que aflore Galicia, como Nación, pero a diferenza deste o proceso non se ten que dar como única deriva lóxica, senón por unha elección moralmente acertada no pobo galego, a potencial elección de seguir a verdade, a autenticidade. Galicia non desenvolverá o proceso por si mesma, como suxeito único senón só, se o colectivo de individuos decide desenvolver a acción política neste senso nun contexto de liberdade. A liberdade pode enxendrar i enxendra nacionalismo. E un nacionalismo de base libertaria, “Nacionalismo por elección”, por elección da verdade. O analise circular volve quedar na fase de discurso. A evolución por retroalimentacion no sistema democrático actual é ben coñecida. Pero está inacabada. Meu pai decía “Unha problématica identitaria, un problema nacionalista, cerrado en falso é un problema nacionalista eterno”.
LETANÍA DE GALICIA (Poema sonorizado) GALICIA digo e un di GALICIA decimos todos hastr’os que calan din e saben
GALICIA GALICIA GALICIA sabemos
GALICIA da door GALICIA da tristura GALICIA do silencio GALICIA da fame GALICIA vendada GALICIA tapeada GALICIA atrelada
chora á forza triste á forza calada á forza emigrante á forza cega á forza xorda á forza queda á forza
libre pra servir libre pra non ser libre pra morrer libre pra fuxir
libre pra servir libre pra non ser libre pra morrer libre pra fuxir
GALICIA labrega GALICIA mariñeira GALICIA obreira
GALICIA nosa GALICIA nosa GALICIA nosa
GALICIA irmandiña GALICIA viva inda recóllote da TERRA recóllote do PUEBLO recóllote da HISTORIA
estás mui fonda estás n’il toda estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d’argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa.
6 a peneira
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
| MAIO DE
2010
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
Xosé Lois García, historiador e escritor
‘A Uxío tentaron deixalo no gueto’ Amigo persoal do poeta courelán, Xosé Lois García (Lugo, 1945) foi un dos impulsores da candidatura de Uxío Novoneyra como homenaxeado no Día das Letras Galegas neste 2010. Este historiador afincado en Barcelona promoveu a través da web www.uxionovoneyra.com a recollida de sinaturas que “presionaran” para que se recoñecera a figura do autor d´Os Eidos na festividade máis importante da nosa literatura. Autor de varios artigos e libros sobre o escritor, o último leva por título Novoneyra revisitado (Xerais, 2010) e nel descobre as interioridades do home e o escritor que canta como ninguén a Galiza.
Antón F. Escuredo/ Fotos: S. Amado -Como xorde a iniciativa da presentación de Novoneyra como homenaxeado no Día das Letras Galegas? -A Uxío Novoneyra tentaron deixalo no gueto. Nunca foi un home preocupado polas homenaxes; tampouco tiña premios e non se presentaba a convocatorias porque non lle interesaba. Pero había outros premios indirectos nos que non había necesidade de presentarse e que sempre levaban os mesmos. Foi un persoeiro sen premios e merecíaos. Tampouco foi académico. O anterior presidente da RAG queixábase disto... agora todo o mundo se lamenta. Eu, como amigo, vin o esquecemento que se facía coa súa figura. A idea primeira foi crear unha web tomando como exemplo a experiencia da de Carbalho Calero. Foi, e aínda é, un elemento reivindicativo e de presión onde se implicaron os cidadáns. Tamén Carbalho Calero, inxustamente, tiña que ter sido homenaxeado coas Letras Galegas hai xa bastantes anos. Que era lusófono? Señores, váianse ás esencias galegas que ten. Só coa súa Historia da Literatura Galega xa merecía un recoñecemento. Nós pensamos que o mesmo pasaría con Novoneyra. Daquela eu coñecía a Fernando Galindo, un bo informático, e montamos a páxina web cunha boa loxística a tres anos vista. Foi un proceso lento que comezou en 2007 ata que foi elixido. A páxina axudou e creou un ambiente favorable. Entrou nela moita xente, lectores e tamén profesorado. Logo entraron os ecoloxistas porque tamén hai moito que falar do ecoloxismo en Novoneyra. -E o pasado 9 de maio unha homenaxe no seu Courel... -A programación dese día estaba pensada moito antes de darlle as Letras
Galegas. Faríase igual, molestase a quen molestara. Non se podía defraudar a aquela xente que enviou mensaxes que aínda se poden ver na web. Daría para facer unha tese de doutoramento sobre elas! -Como coñeceu a Uxío Novoneyra e como foi a súa relación persoal con el? -Coñecino en Lugo, en agosto de 1973. Eu acompañaba a Fole, un vello amigo dende había uns cinco anos. Paseando pola cidade apareceu Uxío e presentoumo. Convidoume a unha tertulia e alí empezou unha longa historia de amizade e de encontros. Pensabamos igual. Nunca tivemos desencontros. Tiña moito cariño pola xente nova que comezaba a escribir ou que tiña moito interese na defensa de Galicia. Animábaos. Falaba de que os dous eramos labregos no senso de que entendiamos a Galicia que fixo cultura e que as cidades a depredaron. A relación foi moi intensa. -Que papel xoga Novoneyra na literatura galega? -É unha figura clave no final dun milenio, proxectándose cara ao pasado, ese pasado máis glorioso da nosa literatura. Novoneyra era un dicidor, un recitador de versos da xograría galega, dos trovadores... Sobre todo dun en particular: Airas Nunes. Nunes era un poeta crítico que se deslizaba fóra do outro tipo de poesía, a de amor e de amigo que tamén facía, e metíase no sirventés. Ten un poema que di que a xustiza non existe nin na orde do Cister! Esta crítica ao poder encantáballe a Uxío. A palabra dos trobadores, o concepto máis universal da lingua galega el encontrábaa na tradición xograresca, nos cancioneiros medievais. Sabía que despois deles viña a gran carencia literaria e que a lingua conservouse polo pobo. Novoneyra tiña unha obsesión tremenda polos antepasados e tamén pola
tradición dos rexurdistas como Rosalía e Pondal. Salientaba máis no tema telúrico que bucólico. Uxío non era un poeta bucólico por moito que se empeñen algúns en tratalo así. Tampouco era un poeta da paisaxe, era un poeta telúrico. A súa poesía nace nun contexto de posguerra, onde o que había que dicir politicamente había que configuralo doutra forma. Nese contexto, tamén formou parte dos escritores que eran avogados ou procuradores (Celso Emilio, Manuel María e o mesmo Novoneyra aínda que non exercía). Eles sabían o límite da palabra. En Catalunya tamén pasaba o mesmo: Pere Quart e Espriu eran avogados... Era a poesía dos anos 50, a dos que sabían que sentido ou que léxico se podía empregar para non caer no delito
Era un poeta ruralista no mellor concepto. O pobo galego naceu da ruralidade e hoxe é un pobo urbano, e a desfeita posiblemente veña pola urbanidade. El sabía isto e reivindicaba o topónimo.
para a censura. Non é doada certa obra de Uxío. Os Eidos é un libro pesado nunha primeira lectura. Quizais moitos abandonen e hai que lelo dúas ou tres veces. A Novoneyra non hai que lelo linealmente, sobre todo cando estás no seu terreo de nacemento que é O Courel. Os elementos telúricos acláranche moito a súa obra. -Novoneyra tiña preocupación por que quedase constancia dos nomes, dos lugares, das persoas que vivían daquela no seu entorno... -El xa tiña unha preocupación polo concepto do que se perdía. Como dicía Antonio Machado “se canta lo que se pierde”. Poetas como Cuñas Novás, Manuel María e o propio Novoneyra cantan o que se perde. Os topónimos eran para Novoneyra a configuración maior non só dun territorio senón a constancia de que o nome que se deu foi empregado por moitas xeracións e non foi por casualidade. É como a lingua... non nace por decreto. Tiña moito respecto por facer prevalecer o que era a decadencia do rural. Era un poeta ruralista no mellor concepto. O pobo galego naceu da ruralidade e hoxe é un pobo urbano, e a desfeita posiblemente veña pola urbanidade. El sabía isto e reivindicaba o topónimo, non só n´Os Eidos senón no seu último libro Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas. Nel fai unha recuperación dos topónimos como dicindo que aquí había isto e se chamaba así malia que hoxe non exista. É como dicir “coidado, atentos que estamos perdendo algo”. -Uxío foi unha persoa comprometida co seu traballo como escritor e tamén coa profesión. Como era a relación del co resto de compañeiros de viaxe? -Moi boa. Era un presidente que non estorbaba.
MAIO DE 2010
|
a peneira 7
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
-Hai presidentes que estorban? -Non facía estorbar aos demais. Levábase moi ben con todos. Cando falaba miraba aos ollos, estábate lendo e escoitaba moito. Máis dun pensou que era unha persoa tímida e non era así. Na AELG estivo 17 anos. Acompañeino varias veces ás reunións de Galeusca. Era un home de consenso, algo dificil porque sempre había alguén que discutía. Uxío dáballe espazo a todas as ideas. Foi fabuloso. Sentíase a súa vitalidade. -Que relación chegou a ter con escritores de Euskadi e Catalunya a través dos Galeusca? -Neses encontros atopabamonos escritores novos e vellos, de moitas tendencias políticas e relixiosas, de maneiras diferentes de escribir. Alí coñecíamonos todos. Seguramente que a nivel burocrático con outros presidentes había relacións e de intercambio de informacións. Galeusca serviu e continúa servindo como plataforma de relacións, intercambio de libros, o coñecemento dos escritores, propostas para editar, era un circuíto que funcionaba. Novoneyra en Galeusca tivo unha importante obra ensaística. As súas mellores reivindicacións da lingua e a función do escritor son as de Galeusca. Nos discursos de peche das xornadas, como cando participaba no Día das Letras Galegas, sempre falaba da lingua. -Como celebraba as Letras Galegas? -Temos recollidos en varios libros os seus discursos sobre as Letras Galegas. Neles comenta en profundidade a obra dos persoeiros homenaxeados. Lembro que en 1991 veu a celebrar as Letras Galegas no centro Galego de Barcelona. Veu dar un recital e fixo unha introdución do homenaxeado. Hai un discurso de Uxío no Ateneo de Madrid que agora se publicou reivindicando politicamente a Celso Emilio. Dilles aos de Madrid “vós estades machacando a lingua galega”. Era a súa dinámica. O tema da lingua era un elemento preferente nel. El sabía que o pulmón do respiro galego era a lingua e a lingua era o atestado máis verídico da
“O tema da lingua era un elemento preferente nel. El sabía que o pulmón do respiro galego era a lingua e a lingua era o atestado máis verídico da idiosincracia galega”.
idiosincracia galega. -Era comprometido. Por que entón esa imaxe de poeta da paisaxe? -Protexía as palabras nun autorrefuxio para evitar a censura. Por iso precisa máis dunha lectura. Se profundizamos vemos a existencialidade do pobo galego, o existencialismo tamén é un elemento vital n´Os Eidos, e o tema elexíaco. Aí si hai unhs engranaxe política. Cando pregunta "Será a miña xeración
quen te salve?" ou "Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?” está sendo político. Cando volve de Madrid no ano 1966 escribe Letanía de Galicia e Vietnam canto nun contexto social moi político: a guerra do Vietnam, os acontecementos de París, o asasinato do Che, o congreso de solidariedade na Habana, o paro nas universidades... Novoneyra destápase. Vietnam canto é prohibido pola censura
pero non censuran Letanía de Galicia, algo que nunca entendín... estas coñas que teñen as ditaduras! O seu compromiso político xa vén de moito atrás. Cando vai a Madrid con 19 anos a estudar á Universidade fai unha observación do panorama da capital do Estado. Con certa violencia verbal dicía que el coñeceu aos que resistían mesmo mortos de fame, resistían despois levando hostias, palizas e esquivando fusilamentos. Uxío quedou impresionado por ese panorama. -Fálase de certo paralelismo entre Novoneyra e Manuel María... -Si. Coñécense aos 17 anos no instituto en Lugo, crean revistas, discuten sobre poesía e en 1952 tócalles aos dous o mesmo cuartel en Santiago. Daquela visitan a unha serie de intelectuais, naquel momento vixiados polo franquismo: Carlos Maside, Ramón Piñeiro, Bouza Brei e Otero Pedrayo. Había un compromiso entre os dous de publicar no mesmo ano... Manuel adiantouse... ou Uxío se retrasou. Pero nunca se levaron mal. Eu fun amigo dos dous. A Manuel tíñao aquí máis cerca e a Uxío víao tres ou catro veces ao ano. Os seus proxectos son moi semellantes pero logo distáncianse porque o Courel non é a Terra Cha. O pensamento e a profundidade de Uxío non é a de Manuel. -Que considera que se descubre de Uxío no seu libro? Que sorprenderá ao lector? -Certos tons da poesía orientalista, o haiku. Había insinuacións e eu arrisqueime de ir buscar conceptos do tema zen como o haiku e a caligrafía... Sempre sen imitar a outros, dende unha perspectiva galega. Uxío no primeiro periodo en Madrid como estudante, asumía aos clásicos gregos, latinos e a literatura oriental. Nesa época entra de Francia moita poesía con conceptos orientalistas. Algunhas publicacións francesas chegaban a Madrid e había unha serie de escritores que seguían este concepto. Novoneyra xa coñecía aos grandes clásicos da poesía tradicional china.
8 a peneira
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
O BIERZO CO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010 XABIER LAGO MESTRE (Colectivo Fala Ceibe do Bierzo)
ogano celebramos o Día das Letras Galegas en honra do escritor Uxío Novoneira, poeta do Courel moi cercano ao Bierzo. A súa condición estremeira tamén a compartimos os bercianos. A lírica intimista, apegada á terra nai, recupera o seu poder literario na escrita. Ao abeiro do dialectismo labrego soubo enriquecer o idioma de Galiza. “É xa hora de que sexas toda patria dos teus/ dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus”. Porque a patria debe ser de todos os que compartimos a lingua secular que nos cohesiona. A súa mirada literaria non esqueceu tampouco a presencia cultural do Bierzo. “En pasado Monte Irago/ e xa en Lingua de Galicia/ Ponferrada e Vilafranca/ deixando a chaira Estanca/ e nas mesmas portas dela./ O Valcarce e sin perguicia/ polo marcado carreiro (…)”. Lección do noso mestre. O idioma común pode e debe recuperar as bisbarras irmás, a mellor arma para derrubar prexuizosos lindeiros políticos. Só así algún día o desexo do poeta será realidade, “Irei un día do Courel a Compostela por terra liberadas?”. Dende O Bierzo non podemos deixar de vindicar, para o vindeiro Día das Letras Galegas, un novo protagonismo cultural noso. Que o 2011 sexa declarado ano de Antonio Fernández y Morales. Este escritor publicou no 1861, dous anos antes dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, Ensayos poéticos en dialecto berciano. Esta obra está escrita en galegoberciano e pode inserirse no chamado Rexurdimento galego. O noso autor recolle o complexo das costumes (magostos, vendimas, entroidos, romarías…) e da xeografía berciana (Vilafranca, Ponferrada, Cacabelos…), prestixiando o escenario lírico popular. Dende logo que a declaración do 2011, como ano de Antonio Fernández y Morales, co gallo do 150 aniversario da publicación dos ditos Ensayos poéticos, supoñería un grande esforzo de prestixio cultural colectivo. Aínda así cómpre facer unha nova homenaxe aos falantes asoballados da franxa estremeira (Navia-Eo, O Bierzo, As Portelas e val do Elas), como xa se fixo no 2002, co frei Martín Sarmiento. Chega o momento de recuperarmos as vellas palabras do escritor berciano, “Cual tesoro que o codicia/ de dous avaros escolta/ con xusticia, ou sin xusticia/ tira por ela Galicia/ mais Castilla non a solta”. Oxalá Galiza teña a valentía necesaria e aproveite esta oportunidade de dignificar culturalmente O Bierzo, como exemplo de irmandade galega.
H
| MAIO DE
2010
MAIO DE 2010
|
a peneira 9
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
A AELG TRINTA ANOS DESPOIS MERCEDES QUEIXAS ZAS (Secretaria xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega)
ranscorridos trinta anos desde a fundación da AELG en 1981, despois dunha ollada ás conclusións aprobadas entre os asistentes a aquel I Encontro de Escritores en Lingua Galega celebrado no Mosteiro de Poio e ao que acudiron uns 150 escritores e escritoras, a perspectiva do tempo transcorrido permite aplaudir a consecución de reclamos e esixencias que figuraban nas conclusións da clausura daquel inaugurador congreso, avalándonos, neste camiño andado cara a madurez, algúns avances a respecto da restauración de usos para a lingua galega no camiño da desexada normalización lingüística, literaria e cultural. No entanto, despois de tres décadas de protección legal para a lingua galega, da progresiva incorporación desta ao ensino e de investimentos económicos importantes e reiterados en campañas de concienciación social, varias daquelas conclusións definitivas seguen a estar de plena actualidade na medida en que, xa en 1981, a AELG reivindicaba o dereito dos escritores en lingua galega a non seren traducidos ao castelán nas entrevistas que se lles fagan nos medios de comunicación galegos, reclamaba a presenza de autores de teatro galegos na TV, a derrogación do decreto de bilingüismo, o emprego do galego na Administración, demandaba a corrección de erros e enfoques trabucados, que se dan arreo, sobre a literatura galega no ensino, e esixía a realidade dunha escola galega e en galego a todos os niveis.
T
Demasido vixentes algúns destes reclamos na Galicia contemporánea, trinta anos despois, en permanente revisitación dos versos do poeta de Guitiriz, Xosé Mª Díaz Castro: Un paso adiante e outro atrás, Galiza / e a tea dos teus soños non se move, ou do poeta do Courel, Uxío Novoneyra: Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas? En 2005, o consello directivo da AELG, presidido polo poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, acordou render tributo de lembranza e homenaxe, amical e profesional, a quen foi o seu presidente entre os períodos 1982-1985 e 19881999, na publicación colectiva intitulada Uxío Novoneyra. A emoción da terra. O seu compromiso e ideario de construción da nación soñada segue vixente como facho que guía o proxecto
O seu compromiso e ideario de construción da nación soñada segue vixente como facho que guía o proxecto colectivo da AELG
colectivo de presente e, sobre todo, de futuro, que alimenta a AELG contemporánea, fortemente imbricada na sociedade galega, no seu tempo, nas súas coitas e esperanzas. Reivindicou Uxío Novoneyra e seguimos a reivindicar nós a defensa da independencia intelectual do escritor, a reclamación da necesaria e respectuosa estabilidade económica da AELG a nivel institucional, a achega da literatura viva da man e voz dos seus autores e autoras como tarefa complementaria ao eido educativo, o amor pola cultura oral e escrita que cómpre recollermos para continuar o herdo, a defensa inequívoca e irrenunciábel da lingua propia e da función do escritor como construtor do idioma e salvagarda da tradición, pois as palabras non nos foron simpremente ofrecidas como expostas, senón pra que rematen a criación pois ningunha é completa. Todos foron principios nucleares, axiais, do proxecto vivo que deu razón de ser no tempo ido a esta casa común que, tal e como nos foi aprendido, a AELG quere continuar a ser. Proxecto de futuro alicerzado, máis unha vez, na lingua galega e nas palabras do noso poeta-decidor courelao: Porque a lingua é sagrada, é o único que queda de tódolos nosos mortos, a única forma de inmortalidade longa. E o poeta é ou debe ser a encarnación viva desa língua. E sabéndoo ou sin sabelo con plenitude sempre fala en nome do seu pobo.
10 a peneira
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
| MAIO DE
2010
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
ESCOLMA FIANDEIRA namorada que fías detralo lume cos ollos postos nas chamas roxiñas brancas i azules. Fiandieriña que fías nas noites do longo inverno as liñas máis delgadiñas que o fío do pensamento. Cai a neve branca fora riba dos teitos calada mentras ti fías e soñas nunha cousiña lonxana...
Ó SIL O río ó ras cheo d-auga e destino ó paso flue flumen pr-onde foi xa o sol tragado todo o ouro volto prata /gris raspado/ en mil sarillos e aneis cruzados sumándose ó caudal da noite tamén alto. Il non precisa de nós nin diste canto. Ela sola Naturaleza é forma de algo. I eu de eiquí quedo chegou ó outro lado coma cando a polas doncelas dun salto foi do cabalo de Roldán ralvado. Niste aire quente rente amigo Lauro sómo-la beira con todo o tempo pra miralo coma se nin a el nin a nós agardara o Oceano E non-o viramos perderse eí a corto tramo i ó pechar a noite nela desembocando.
FICANDO na anta - a fiestra aberta á albavía voar as anduriñas. Levein os ollos prá serra i esquecinme da alba de min e delas que anque iban e viñan i anque oía non oía…
ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada: neve folga no tourón basada. De polvoriña e xistra rexeitado á Faba i a Lagúa a arrecadadas. Esbarar ó Valcarcel en irado a favor das barras aguzadas. Repetidas súpetas petadas entre piornos tornos xestas hastra o val das augas batanadas. Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas. Volver por Vilafranca á empinada por Corullón e Oencia / por Vilarrubín a Ferramulín / pasados Vilarrubín Ferramulín Horreos pechado / hastra a Boca do Couto i a Parada. Por Savane á Pedra nova remontada cruzando o Courel de lado a lado. E por Lóuzara / Padrocelos de Martín trovador / hastra Samos. Retomado o Camiño tra-la corta rodeada. Facsímile do caderno inédito “Abrojos”.
BRANCA, Uxío i Arturo quedaranse no Futuro quedaredes no Futuro pra que siga o Pasado e ti Galicia a durar anque se funda o lousado e caia neve no lar. Anque se funda o lousado e se descubra o faiado. No coarto en que fun nado e no mesmo leito ha nevar.
Tódolos tempos tempiños son pero a neve é gran prisión. Verbo antigo
TERRAS érmedas do Freixeiro! Montes irados! Pobos pobres que se foron quedando nos ósos!
O MOUCHO DA ALAMEDA / LUGO
POLO Real de Parada por Savane e por Piñeira Pontalor e Fondestela cara Pacios de Lousada o solar da miña mai. Polas rotas do meu pai i a miña irmá cabaleira. Coma se fora candi-el coma se fora candi-ela a Pedrafita á feira. Por Grandalonga e Liñares deixando a do Courel pola vista dos Ancares.
MOUCHO que cantas pra noite queda na sombra das flairas tecidas, ti fais distas arbres de cidade un bosque antigo no que eu estuven sempre. Oíndote, esquezo as casas apezadas d´orredor que o teu canto iñora. Moucho, nós non somos para vivir esquí. Os dous viñemos de lonxe e tornaremos outra vez para aló, onde o noso misterio se acai. Ti iraste, despois que eu me vaia, unha noite que ninguén vele nesta cidade de nebras e campás vagariñas.
PRANTO POLO CHÉ Elexía instantánea a Ernesto Guevara
COUSOS do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde niguén foi nin ha d'ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca da vagoada máis sola e máis medosa... Rastrexa párase e venta finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo con toda a sombra da noite na boca.
AS aves da tua morte foron os muricegos que non vira en [todo o ano. Por iles soupen que é certo. É certo! é certo! é certo! é certo! é certo! Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros [paxariños mortos de tódalas anduriñas que cairon ó irse. Como os homiños morren os éroes non se funden Os Andes nin nada. A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto [baixiño. E nin inda agora nin pra ti teño outra voz.
MAIO DE 2010
|
a peneira 11
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
A MARÍA MARIÑO CÁNTOS outonos e longos invernos pasando a ollada –espello a espelloda coor dos teus ollos á coor do Ucedo!
ouh muller para lonxe pra aquil que tral'o locir d'intres nada pode haber diario chegas do Norde pasas da saga á cantiga levando sola a gran imaxen
súpeta creba a forcia dos isolados g r a n d e s a l t o s pra cair.
SERRA ABERTA TERRAS outas e soias! Serras longas mouras! Eu son esta coor de soedá Ancares soñados co lonxe! Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do Candedo ás Moás! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Páxaro Tesos cumes do Courel! Pobos probes Ardidos de tristura mouros de queimados! Lor ruxindo polo val pecho! Ucedo e ucedo! Fontiñas outas penedos carrozos escuros fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras que soio vistes istes tesos e máis estes vales! Aturula a curuxa e canta o cuco medindo o tempo quedo que se para na cor e tornándose contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte!
ONDE só queda alguén pra aguantar dos nomes poño eu a ampla fronda a redroma dun castiñeiro e sentada á súa sombra xunta a longa estirpe do último [labrego. Non coma as estirpes dos reis ciscadas en múltiples pazos e alcázares e países diversos senón as estirpes campesiñas xeraciós e xeraciós xuntas á porta das casas pechadas na escaleira de pedra ou nas raigañas fóra dunha árbore coma esta. Estirpes da gleba amosados mortos que nin oxa o sol de Xullo cando se erguían pra gadañar co orvallo! Gadañarei outro ano gadañarei en homenaxe non por que a herba volva tenra e igual e defender os prados gañados á bouza. Gadañarei coma nas grandes rogadas do Vrao tralos gadañeiros sucesivos lambendo con brío os calcaños de diante. Ir e vir da gadaña canta a ritmo binario sobre un fondo de roxe ou río contin.
PASADAS TÓDALAS FRANCIAS PASADAS tódalas Francias por Ocitania ou Gascuña ou de París a Iruña xa diluídas distancias. A Aragón por Cataluña ou polo Norte por Son. En pasádalas Navarras as cadeas e as barras. Pasados León e Castela por Castela a León. En pasado Monte Irago e xa en Lingua de Galicia Ponferrada e Vilafranca deixando a chaira estanca enas mesmas portas dela. O Valcarce e sin perguicia –as penas de garamel– apeitar para o Cebreiro polo marcado carreiro que a neve volve vago. Encarar o porto incerto o longo cerengo aberto. A un lado i autro del todo o horizonte en vela os Ancares i o Courel. Pasada Triacastela do Iribio as faldras fago. E por Samos Sarria a Lugo. Oh Lugo a ti me adugo e solo por ti me arredo que ben mereces desandes! Ver a Ponte a antiga vía a Muralla a Catedral de Dona Santa María o Coro e o Grial. E ver fincadas rezar coma co antigo medo poñer a súa alma núa didiante dos Ollos Grandes. E despois de rodear de rodear e de estar que non se fai o Camiño solo para o rematar cruza e debruza no Miño: Portomarín sulo lago. Palas Melide Arzúa. E logo xa Compostela –Monxoi! Eoi! Ei Santiago!– e párame á vista dela mirar como eu o fago.
SE O PASADO É PASADO SE o pasado é pasado i o presente é o urgente por qué inda busca a xente aquil soño clausurado? Vido visto ben Santiago i esa cuestión non resolta fago camiño de volta camiño de volta fago. Camiño de volta fago volvo do cabo do Mundo. Terra sólo en ti me fundo: é a certeza que trago.
PORTA XORDA 1966 PORTA xorda cravada a forza que o pulo sabe! Dente puño teso a premer valeiro! Cando volva o vento serás ti Libertá ou soamente abalar de árbores?
Facsímile do caderno inédito “Abrojos”.
soños vir a tempo
PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun caborco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas da nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos espidos do Nadal!
Facsímile do caderno inédito “Abrojos”.
ANDAS as ruas coma se fora a praia lenelene entras na carta i escribes diante frores murchas a fibela do meu traxe sigue tan benfeita
Rota a corda que tempera a forza do sino un pobo enteiro rébrese no tempo folga xeral contra da Historia. Compría agouxarse en calquer ichó mais seguín fora a xistra velando norde estrela longa brillo atuido. Alguén chama. Alguén agarda. Corazón tente sostén a gran nembranza.
12 a peneira
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
| MAIO DE
2010
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
A HOMENAXE DO POBO ANTÓN F. ESCUREDO (Xornalista)
ove de abril de dous mil dez. Non imaxino unha homenaxe mellor a un poeta, menos aínda se de quen falamos é Uxío Novoneyra. No seu Courel natal, no lugar onde pasou tantas horas da súa vida e que tanto amaba, os seus amigos, compañeiros de profesión, veciños, lectores da súa obra, entre os que eu me atopo, e a súa propia familia paseamos polos seus versos físicamente entre A Ferrería de Seoane e Parada do Courel. Nun acto sinxelo e emotivo, sen presencia institucional nin política, unhas seiscentas persoas seguimos o antigo Camiño Real para visitar os lugares máxicos que antes léramos sobre o papel a través dos versos do poeta. O Lor, á dereita, acompañábanos a xeito de guía. “Ao outro lado do río aínda se conserva a calzada romana e preto de aquí é onde dín que estaba o monte Medulio”. A voz era a de Uxío Novo, fillo do escritor, que se confundía coa paisaxe mentras transmitía algúns dos tesouros que ten a tradición oral. De fondo, entre poema e poema, uns gaiteiros de Boqueixón deixaban constancia de que a música, a nosa, segue sendo imprescindible na literatura e nos actos deste país. Diante camiñaba o amigo persoal do poeta, o tamén escritor Xosé Lois García, organiza as lecturas. Á entrada de Parada, ao pé dun inmenso souto, agardábanos Elba Rei, viúva do Novoneyra, para adentrarnos no universo privado e público do poeta. Diante do escano que sempre recibía aos visitantes ás portas da vivenda atopamos máis poesía. Logo unha ofrenda floral en nome de todos e todas os que sentíamos que presenciábamos un intre único. Despois a sorpresa de poder visitar o interior da casa. Alí estaban os seus libros, os seus cadros, as súas fotografías. En cada recuncho máis poesía saía espontánea dos agradecidos visitantes. Xa de regreso á Escola da Ferrería cada quen contaba as súas sensacións persoais tratando de gardar no seu interior cada intre do día. Na Escola da Ferrería máis parlamentos, lecturas, cancións, e o vento a non querer perderse nada do que alí acontecía. O regreso, horas despois, valeunos de transición tras ter ben clara a idea de que ese día o poeta compartíu con nós algo máis que a súa obra, o seu espíritu.
N
Os participantes subindo cara a Parada.
Polo camiño houbo lecturas espontáneas de versos de Uxío Novoneyra.
Ofrenda diante da súa casa e en presencia da familia do escritor.
MAIO DE 2010
|
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
a peneira 13
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
A CASA MUSEO MANUEL MARÍA ALBERTO ANSEDE (Secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos)
A casa erguida con xisto e cantería, por obra dos avós, era fermosa. Aí está: forte, firme, fachendosa chea de beleza, prestancia e harmonía. Toda ela é unha lección de xeometría, unha doce ternura pudorosa unha lareira tépeda, amorosa e un deslumbrante sol ao mediodía. A presencia da casa é imborrábel: unha fonda experiencia que vivín de maneira fatal e irrenunciábel. Nesta casa eu nacín, amei, sufrín… A súa memoria, firme e perdurábel, ¿qué lembranza conservará de min? MANUEL MARÍA. Sonetos á casa de Hortas
ste é un dos 50 sonetos que Manuel María lle dedicou á súa casa natal, a casa de Hortas, para contar e cantar os traballos e os días dunha casa labrega de bo pasar. A identificación do poeta con ela e coa forma de vida que representaba queda ben de manifesto ao longo de todo o poemario no que este soneto se inclúe. As Casas Museo apareceron como memoriais de ilustres persoas dos ámbitos literario, artístico, cultural e mesmo político. Xeralmente, as súas residencias convértense en museo para acoller o máis memorábel da obra desa persoa, unida aos seus obxectos persoais e a todo tipo de documentación sobre el e a súa época. Desde hai algo máis de dous anos a Fundación Manuel María de Estudos Galegos vén traballando caladamente para darlle unidade ao legado do poeta Manuel María a través da constitución dunha Casa Museo do escritor na súa casa natal de Outeiro de Rei. Transcorrido este
E
Casa Museo de Manuel María.
tempo empezan a agromar os resultados. A familia, con grande xenerosidade, accede a abandonar esa casa centenaria que lles serve de vivenda habitual e, mediante un acordo económico, proceder á construción dunha nova casa. As institucións estanse sumando progresivamente ao proxecto, comezando pola Deputación de Lugo que o encabeza institucionalmente, e continuando polas de A Coruña e Ourense así como diferentes concellos do País. Tamén a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) adoptou o acordo na súa Executiva de asinar un convenio-marco coa Fundación no sentido de avalar e patrocinar a súa sinatura-adhesión por parte dos concellos do País.
Tamén a sociedade civil se está a implicar. Primeiramente o grupo musical Berrogüetto está a vincular a presentación do seu novo disco Kosmogonías a este proxecto de maneira que, contando tamén coa colaboración doutras institucións, o recadado por venda de entradas destinarase tamén a esta finalidade. Numerosos particulares mostraron igualmente a súa adhesión mediante pequenas aportacións económicas ou profesionais. De continuarmos así, non tardaremos en conseguirmos o obxectivo e, ademais, do xeito que a Manuel María lle gostará: dunha forma participada, plural e galega. Seguimos coa porta aberta desde www.manuelmaria.com. O proxecto vale a pena.
14 a peneira
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
| MAIO DE
2010
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
A CRISE: RETO E OPORTUNIDADE ALFONSO GARCÍA (Presidente da Asociación Galega de Editores)
unca tanto se editou e tan ben en lingua galega. Nunca se vendeu tanto libro galego. Estas afirmacións, que son certas, puideran impedir de forma interesada unha análise ponderada da situación actual da nosa edición. É certo que en 24 anos se multiplicou por dez o número de títulos anuais editados e pasamos dos 187 en 1980 aos 1.894 títulos no ano 2004. É certo que na última década se duplicou o número de empresas que forman parte da AGE, que suma xa 45 editoras e algunha máis á espera. Pero tamén é certo que a partir de
habituais (Alemaña, Gran Bretaña) ou do máis do 75% dos países escandinavos. Téñase en conta que o noso 54,9% inclúe a lectura nas diversas linguas e sitúa o índice de lectores habituais en galego, sorpréndanse, nunha franxa entre o 5 e o 7%, a todas luces indefendible social e politicamente. É imprescindible salientar que o futuro dos índices de lectura en galego está en dependencia directa do prestixio da propia lingua e do seu uso, e, en consecuencia, das políticas lingüísticas que se apliquen. Os lectores habituais en galego len sistematicamente libros en
castelán, pero existe en Galicia unha ampla maioría que le decote en castelán e non o fai en galego. As consecuencias son claras e non caben divagacións políticas. En Galicia, e con datos xa consolidados, no ano 2007, dunha facturación total para o libro de 165,33 millóns de euros, só 22 millóns son de libro galego e tan só o 1,60 % das vendas corresponden ao noso libro literario. Os números son reveladores e para nada reforzan a actual teima do “suposto” equilibrio entre linguas e o teórico bilingüismo harmónico. Asumir o reto da edición en novos
RIOBÓ PRADA
N
que representa. Diversificar a oferta editorial. Cómpre precisar que o 70% da nosa produción e sobre o 80% da facturación ten como destinatario final o ámbito escolar (texto, dicionarios e literatura infantil e xuvenil). O ensino foi pois unha plataforma privilexiada para o desenvolvemento do sector pero convértese ao tempo en risco previsible. Oportunismo, improvisación e irracional revanchismo presiden con demasiada frecuencia a acción política no ámbito educativo e o mundo da edición
2004 se produce unha certa ralentización no crecemento, tanto en produción coma en vendas, e que os datos agardables confirmarán que a crise, aínda que menos destrutiva ca noutros ámbitos, se fixo presente tamén no sector. Todo apunta, non obstante, a unha consolidación definitiva da actividade editorial galega, que debe enfrontar con serenidade os retos que o presente lle depara e que brevemente concretamos nos seguintes puntos. Reforzar os ámbitos de profesionalización da edición de xeito que permita compatibilizar o necesario labor cultural coa imprescindible xestión empresarial. Esta será a mellor garantía de futuro para o sector do libro e para a cultura
non pode danzar ao seu aire. Cómpre reforzar a oferta editorial, abríndoa a todos os ámbitos que esixe unha cultura adecuadamente posta en valor, para deste xeito minorizar os riscos que a propia acción política poida depararnos. Aumentar os índices de lectura e sinaladamente os índices de lectura en galego. Se ben é certo que nos últimos anos se produciu un avance nos índices de lectura, que nos achega xa á media estatal, non é menos certo que a melloría vai principalmente da man dos encomiables esforzos que se realizan, unha vez máis, no contexto educativo. O noso índice lector está aínda moi lonxe da media europea e aínda máis de países de referencia que superan o 70% de lectores
Oportunismo, improvisación e irracional revanchismo presiden con demasiada frecuencia a acción política no ámbito educativo e o mundo da edición non pode danzar ao seu aire.
soportes. Os cambios globais que se aveciñan no mundo da edición apuntan a un novo paradigma no ámbito do libro. O sector editorial galego prepárase para asumilo consciente dos riscos e tamén das vantaxes que ofrece. A experiencia doutras industrias culturais neste ámbito, sinaladamente a música ou o cine, marcan os límites do risco. Por diante un traballo arduo na definición dun novo modelo de negocio e tamén unha nova definición do oficio de editor. E no horizonte unha posibilidade certa de adecuada visibilización do libro galego. A Plataforma galega do libro dixital está cada día máis cerca e seguimos a soñar co Culturgal das nosas industrias culturais.
MAIO DE 2010
|
a peneira 15
ESPECIAL “LETRAS GALEGAS”
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2010
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
O PAPEL DAS LIBRARÍAS XURXO PATIÑO PÉREZ (Presidente da Federación de Libreiros de Galicia)
O
executamos e que, máis alá da súa vertente comercial, posúe un alto grao de compromiso cultural e intelectual. Esa faciana non mercantil pesa moito máis que a estritamente económica. Por suposto que temos que pensar no noso sustento, pero en ningún momento esquecemos que o ánimo que nos impulsa ten unhas connotacións románticas evidentes e a maiores tendemos a ter unha perspectiva comprometida que se vencella de xeito especial aquí en Galicia coa nosa cultura en xeral, e coa nosa lingua e a nosa literatura en particular, especialmente en datas tan sinaladas coma o Día das Letras Galegas que imos celebrar este vindeiro día 17 de maio reivindicando este ano a figura do
poeta do Courel, o noso universal Uxío Novoneira. Volvendo sobre o labor libreiro, temos, xa que logo, sentirmonos orgullosos do traballo ben feito que estamos a realizar, sen esquecer por suposto os esforzos precisos para mellorar, e agradecer os recoñecementos que desde outros sectores deste noso universo do libro se nos fan (caso do Premio Nacional de Fomento da Lectura 2008 que centrado na figura da nosa agrupación nacional, CEGAL, se fixo extensiva a todos os libreiros) e non debemos obviar que temos que loitar polo recoñecemento social do noso labor poñendo nun especial énfase na nosa importancia inexcusable no mundo cultural e literario. Estamos afeitos a escoitar choros polas librarías que pechan deixando atrás unha pegada ines-
quecible, mais non temos costume de ver recoñecemento do noso traballo diario por manter abertos os nosos establecementos. É mágoa non dar aprezo ao que se ten e cómpre evitar este erro desgraciadamente frecuente (Isto é o que temos que esforzarnos por cambiar entre todos, libreiros en primeiro lugar, pero tamén escritores, editores, lectores, institucións...) Non debemos renunciar a seguir a ocupar un papel fundamental na cultura hoxe mesmo e no vindeiro tamén. Temos que facernos ver e valer e para iso debemos contar por riba de todo co noso primeiro e fundamental aliado, o lector, o noso cliente, o noso amigo. Por todo iso, por contar con nós, moitísiamas grazas, prezado amigo lector.
RIOBÓ PRADA
mundo do libro xira arredor de dous eixos vertebradores, que son, por suposto, o autor como creador da obra literaria e o lector como interpréte e destinatario último do seu traballo. Mais este panorama básico se desenvolve nun universo complexo que inclúe a unha chea de operadores; como libreiro que son quero centrar por un instante a atención sobre o papel final da cadea de valor do libro ante o consumidor último, papel que pode ser desenvolvido por múltiples operadores (pensemos no bibliotecario, no mestre ou profesor, no crítico literario...) pero ao meu entender se representa de xeito especialmente evidente na figura do libreiro, cómplice necesario na perpetración do feito lector, culpable por tanto do delito de lectura en primeiro grao... (e a moita honra) Somos nós, a xente que traballa nas librarías, persoas afeitas a ocupar un discreto segundo plano que tende a desenfocar o noso labor, facendo que ata nós mesmos non sexamos conscientes da importancia do traballo que arreo
apeneira
Edita: EDICIÓNS A PENEIRA CONDADO S.A. Sarmiento Rivera, 17 - 36.860 Ponteareas (Galiza) Telf./Fax: 986 66 09 86 Madrid: Tlf e Fax: 926 547606 - 91 539 52 41 Valencia: Tlf.: 659 50 47 36 Nova Iorque: 86-19,58 Av. Elmhurs - 11373 USA Vigo: vigo@apeneira.com Pontevedra: pontevedra@apeneira.com
Condado: condado@apeneira.com Louriña: lourinha@apeneira.com Baixo Miño: baixominho@apeneira.com Val Miñor: valminhor@apeneira.com Deportes: deportes@apeneira.com Publicidade: publicidade@apeneira.com Impresión: Tameiga Publicacións - Mos - 986 48 74 80 Depósito Legal: OR/57/84
Asociación Española de Editoriais de Publicacións Periódicas
Este xornal imprímese en papel reciclado