Ler portugues en 4 horas

Page 1

ler português em 4 horas seminario de habilitación lectora en lingua portuguesa para estudantes do ensino secundario

Carlos G. Figueiras Associaçom Galega da Língua (AGAL) Setembro de 2010


ÍNDICE

RESUMO DO PROXECTO .......... 2 OBXECTIVOS .......... 2 CONTIDOS .......... 3 TEMPORALIZACIÓN .......... 3 XUSTIFICACIÓNS POLÍTICAS E SOCIOECONÓMICAS .......... 3 ANTECEDENTES .......... 5 ESQUEMA DE ACTIVIDADES LP4 .......... 6 RECURSOS HUMANOS .......... 6 CRONOGRAMA LP4 .......... 6 PROPOSTA DE CARTAZ .......... 7 ORZAMENTO .......... 7 CONTACTOS .......... 7

1


RESUMO DO PROXECTO LP4 é un seminario de capacitación na habilidade lectora en lingua portuguesa dirixido a estudantes do ensino secundario galego. En só catro horas de aulas, LP4 ten como obxectivo aproveitar a proximidade (léxica, morfolóxica e sintáctica) das variantes lingüísticas galega e portuguesa para capacitar os alumnos do ensino secundario na habilidade lectora en lingua portuguesa. O seminario LP4 pode ser adaptado para estudantes de diferentes niveis educativos, entre 6º de Primaria e 2º de Bacharelato, sempre que estes tiveren os coñecementos de lingua galega e informática necesarios para o seu aproveitamento. LP4 pode realizarse en formato “clase” e en formato “conferencia”, feito que implica a adaptación do docente a variados tipos de espazo e a diferente número de alumnos.

OBXECTIVOS 1) Habilitar os alumnos para a lectura en lingua portuguesa. Co simple coñecemento dun reducido número de regras de lectura, os estudantes estarán habilitados para se aproximaren con facilidade da produción cultural, científico-ténica e informativa dos aproximadamente 200 millóns de falantes dos países de lingua oficial portuguesa, colocándoos nunha situación de vantaxe competitiva de que antes carecían no contexto da globalización da comunicación (fundamentalmente no relativo ao seu acceso a materiais de calidade publicados na internet, principalmente de orixe brasileira e portuguesa). 2) Potenciar no alumnado a visión da lingua galega como potente ferramenta de comunicación. Desta maneira, a nosa lingua será presentada aos alumnos como un código que, coa atención a certas variantes no rexistro escrito, posibilita o seu acceso a un amplo abano de recursos, multiplicador das súas oportunidades de comunicación a nivel internacional.

2


CONTIDOS 1) Aproximación á língua e culturas lusófonas e proximidade(-s) co galego e a Galiza. 2) Estratéxias de lectura “á galega” da norma ortográfica da lingua portuguesa. 3) Léxico e falsos amigos e coñecemento básico de diferenzas morfo-sintáticas lusófonas. 4) Ferramentas útiles en lingua portuguesa. Aplicación, utilidades perfeccionamento dos coñecementos adquiridos.

e

TEMPORALIZACIÓN LP4 é un seminario de 4 horas de duración pensado para se realizar en cada centro en 4 días diferentes dunha mesma semana. Excepcionalmente, poderá realizarse para un mesmo grupo de alumnos en dous días, impartíndose en dúas sesións diarias, preferibelmente consecutivas. Os seminarios LP4 realizaranse entre Novembro de 2010 e Xuño de 2011.

XUSTIFICACIÓNS POLÍTICAS E SOCIOECONÓMICAS LP4 non é un simple proxecto de aprendizaxe. A realización deste tipo de seminarios nos centros de ensino obrigatorio galego é unha iniciativa de coñecemento transfronteirizo que procura ampliar as súas habilidades comunicacionais, consoante coa lexislación educativa vixente no Estado español, coas propostas europeas para o ámbito da cooperación galegoportuguesa e coas recomendacións para a conservación da lingua galega recollidas na Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias. No relativo á consoancia de LP4 coa lexislación educativa española, debemos notar referir que no preámbulo da LOCE reférese como un problema de importante calado, a carencia de destrezas que presenta o alumnado para o aproveitamento das posibilidades que abre a integración do Estado no contexto socioeconómico europeo. Exemplo disto é o seguinte parágrafo da lei, en que se indica ademais que a LOCE pretende dar resposta aos compromisos adoptados no marco da Unión Europea nos ámbitos da educación e da cooperación. Por otra parte, la plena integración de España en el contexto Europeo comporta una mayor apertura y exige un mayor grado de flexibilidad del sistema educativo. Exige también que los alumnos puedan adquirir destrezas que, como la capacidad de comunicarse –también en otras lenguas-, la de trabajar en equipo, la de identificar y resolver problemas, o la de aprovechar las nuevas tecnologías para todo ello, resultan hoy irrenunciables. Estas competencias les permitirán sacar el máximo provecho posible,

3


en términos de formación, de cualificación y de experiencia personal, del nuevo espacio educativo europeo. Los compromisos adoptados en el marco de la Unión Europea con respecto a los sistemas de educación y formación de los países miembros requieren, además, la efectiva adaptación de la realidad educativa de cada país a las nuevas exigencias, de conformidad con los procedimientos de cooperación existentes (Ley Orgánica de Calidad de la Educación. B.O.E. núm. 307, 24-12-2002, pág. 45189/2002).

Tamén nesta liña teñen avanzado declaracións de intencións os últimos gobernos autonómicos galego. Son exemplo disto o anuncio da obrigatoriedade dunha segunda lingua para os cursos de 1º e 2º da ESO que fixo no seu día o goberno bipartito ou o espírito do chamado “Decreto do Plurilingüísmo” do executivo que actualmente preside Alberto Núñez Feijóo. Contodo, estas declaracións de intencións teñen encontrado múltiplos problemas de implementación, como a habitualmente aducida dispersión territorial da poboación galega. Outra das xustificacións sociopolíticas para a idoneidade da efectivación dun proxecto como LP4 responde ás carencias que, en materia de aproximación cultural transfronteiriza, teñen presentado, de maneira recorrente, os investimentos feitos coas axudas económicas derivadas dos fondos europeos dos diferentes programas INTERREG. A Unión Europea, nas disposicións que regulan estas axudas para a cooperación transfronteiriza, que pretenden contribuir para eliminar as barreiras que dificultan a conversión das eurorrexións en espazos económicos homoxéneos facilitadores da mobilidade de empresas e traballadores, aconsella que, ademais de incentivar a cooperación económica, os estados deben impulsar a aproximación cultural entre os territorios incluídos dentro das áreas das eurorrexións, atendendo especialmente á formación lingüística dos seus cidadáns. LP4 preséntase así como unha iniciativa acorde coas diferentes regulacións, iniciativas e vontades manifestas do ámbito político, mais a súa xustificación socioeconómica principal reside no inxente incremento que nos últimos anos se produciu no relativo ás relacións empresariais e comerciais transfronteirizas galego-portuguesas. Este incremento debe implicar, para a súa consolidación e o seu crecemento futuro, a mellor preparación dos estudantes galegos para o seu desenvolvemento. Exemplo neste sentido poderían ser as exitosas políticas de aprendizaxe da lingua portuguesa do Gabinete de Iniciativas Transfronterizas da Comunidade Autónoma de Extremadura, rexión que está a competir actualmente coa comunidade galega na lideranza das relacións económicas luso-españolas. Se ben é certo que un investimento tal podería considerarse excesivo nunha comunidade que como a galega ten unha grande proximidade lingüística co seu parceiro eurorrexional, tamén é certo que a total ausencia de formación está a pór os nosos mozos e mozas nunha evidente desvantaxe competitiva. Finalmente, e no tocante ao valor de LP4 como iniciativa capaz de contribuir a fortalecer a visión da lingua galega como unha ferramenta de traballo e comunicación de ámbito internacional entre os máis novos, podemos referir as recomendacións da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, que aconsella a facilitación por parte dos estados membros da recepción dos medios de comunicación en linguas iguais ou semellantes ás coñecidas como rexionais ou minorizadas. Con independencia da problemáticas xurídicas e 4


económicas en volta da hipotética recepción das televisións e radios portuguesas pola cidadanía galega, LP4 é un proxecto habilitador para o consumo da prensa escrita e de outros recursos informativos e de ocio escritos en ligua portuguesa a que os estudantes galegos terían acceso facil e gratuíto por medio da internet. É por estes motivos que os promotores de LP4 consideramos que este é un proxecto en total consonancia coa realidade socioconómica dos estudantes galegos e que, dos puntos de vista político e socioeconómico, debería ter un acollimento satisfactório por parte das diferentes administracións públicas e dos centros de ensino.

ANTECEDENTES Existe unha grande tradición no discurso galego e galeguista relativa á posta en valor das relacións culturais e socioeconómicas galego-portuguesas. Portugal é historicamente un referente de lexitimación para o galeguismo, entendéndose o veciño como un país en que unha lingua e cultura próximas da galega son vividas con naturalidade e normalidade. A importancia dos vínculos lingüístico-culturais galego-portugueses ten sido tal a nivel teórico que se encontra plasmada no articulado do Estatuto de Autonomía para Galicia de 1981, contodo, a vertente práctica desa importancia non sempre ten sido efectivada. Portugal ten sido un referente lexitimador para o galeguismo de preguerra, para a xeración culturalista de Galxia, para os parlamentares e os partidos políticos envolvidos no deseño do noso Estatuto de Autonomía, mais non sempre, e como xa apuntaba a integrante de UCD María Antonia F. Sainz de Pérez Puga en 1979 durante o proceso estatutario, aproveitado no ámbito da cooperación, das trocas económicas e do desenvolvemento industrial. Diferentes entidades sociais como a Mesa pola Normalización Ligüística e a Central Intersindical Galega teñen realizado diferentes campañas para o coñecemento da lingua portuguesa no ámbito do ensino galego. O Bloque Nacionalista Galego presentou en 2003 unha proposición non de lei para a implantación da lingua portuguesa no ensino secundario galego e diferentes presidentes da Xunta de Galiza como Manuel Fraga, Emilio Pérez Touriño ou Alberto Núñez Feijóo téñense posicionado publicamente sobre a utilidade da lingua portuguesa para a sociedade galega e a idoneidade da súa docencia no ensino regrado. Contodo, por veces a excesiva politización deste tipo de iniciativas, por veces a dispersión da poboación galega, teñen representado un impedimento decisivo para medidas capaces de situar as mozas e mozos galegos nunha situación de vantaxe competitiva no mundo laboral a que poderían acceder con extrema facilidade. O bo funcionamento de cursos promovidos pola Dirección Xeral de Xuventude, a presenza do portugués nas Escolas Oficiais de Idiomas, as boas experiencias desenvolvidas polos centros que por iniciativa do profesorado ofreceron nestes últimos anos a lingua portuguesa como materia optativa ou de iniciativas como

5


o programa LALO 1, animan a pensar que un tratamento práctico e eficaz da habilidade lectora en lingua portuguesa podería ser exitoso, útil e atraente dentro da nosa comunidade escolar. Desta maneira, LP4 preséntase como unha solución de mínimos, á par que capaz de ofrecer resultados, para unha ausencia de contacto coa lingua portuguesa existente no ensino galego que moi diversos sectores da sociedade e da política galegas teñen referido como unha problemática que necesariamente debe ser solucionada.

ESQUEMA DE ACTIVIDADES LP4 - Traballos previos: ·

·

·

Elaboración de “LP4. O Blogue”. Site para a presentación do proxecto, disponibilización de recursos e calendarización e seguimento das actividades nos diferentes centros en que se realice o seminario. Elaboración e edición de “LP4. O CD”. Compendio dos materiais didácticos do seminario que será entregado a cada un dos alumnos participantes no mesmo. Deseño e activación da campaña de comunicación social.

- Docencia dos seminarios (4 horas / 4 días):

RECURSOS HUMANOS - Promoción e implementación do proxecto, edición dos materiais e viabilización económica: Associaçom Galega da Língua (AGAL). - Deseño do proxecto, materiais didácticos, campañas de comunicación e docencia: Carlos G. Figueiras (CV anexo).

CRONOGRAMA LP4 - Setembro - Outubro 2010: Deseño dos materiais didácticos e da campaña de comunicación. - Novembro 2010 – Xuño 2011: Implementación da campaña de comunicación, edición dos materiais didácticos e docencia dos seminarios. 1

Programa de aulas de portugués para estudantes de primaria fillos de emigrantes portugueses con moi boa acollida e seguimento por nenas e nenos galegos que comparten con eles aulas en zonas fronteirizas das provincias de Ourense e Pontevedra.

6


PROPOSTA DE CARTAZ

ORZAMENTO - Deseño do proxecto, materiais didácticos e campañas de comunicación: 0 €. - Seminarios: 400 € + 10 € / 100 km (desde Santiago de Compostela). - Edición CD-ROM: 1 € / unidade / alumno. - Cartelaría: 20 € / centro.

CONTACTOS - Valentim R. Fagim: 606.627.363 / 677.692.912 - Carlos G. Figueiras: 667.287.066

7


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.