ACTIVIDADES DE NADAL 2014 TRAVESAS-CAMELIAS -Café de Catro a Catro (Girona, 16) • Babamor Larraitz Urruzola Público familiar Día: 12 de decembro Hora: 18 h Nesta ocasión Babamá vén de recoller miles de historias que nacen en moitas familias cheas de amor. En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias diversas envolvidas en toneladas de cariño. Ollos que miran outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas. A narradora utiliza a técnica da manipulación de obxectos e as ferramentas da narración tradicionais, xoga a crear atmosferas poéticas, situacións que xorden da transformación de obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea. -Librería Andel (Avda. Camelias, 112) • Contos do medio co Apalpador Faia Público familiar Día: 20 de decembro Hora:18 h Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias fermosas do bo carboeiro. -Galerías de AETRAVI (Galerías Gran Vía, 176 -Local 7 ) • Cantos de Reis Xandobela Público familiar Día: 2 de xaneiro Hora: de 17 a 20 h Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións orais . Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos.
Actividades de Nadal de Normalización Lingüística
Páxina 1 de 7