Actividades nadal Concello de Vigo

Page 1

ACTIVIDADES DE NADAL 2014 TRAVESAS-CAMELIAS -Café de Catro a Catro (Girona, 16) • Babamor Larraitz Urruzola Público familiar Día: 12 de decembro Hora: 18 h Nesta ocasión Babamá vén de recoller miles de historias que nacen en moitas familias cheas de amor. En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias diversas envolvidas en toneladas de cariño. Ollos que miran outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas. A narradora utiliza a técnica da manipulación de obxectos e as ferramentas da narración tradicionais, xoga a crear atmosferas poéticas, situacións que xorden da transformación de obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea. -Librería Andel (Avda. Camelias, 112) • Contos do medio co Apalpador Faia Público familiar Día: 20 de decembro Hora:18 h Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias fermosas do bo carboeiro. -Galerías de AETRAVI (Galerías Gran Vía, 176 -Local 7 ) • Cantos de Reis Xandobela Público familiar Día: 2 de xaneiro Hora: de 17 a 20 h Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións orais . Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos.

Actividades de Nadal de Normalización Lingüística

Páxina 1 de 7


VERBUM (Avda. de Samil, 17) Obradoiro de improvisación teatral Alba Bermúdez A partir de 6 anos Día: 13 de decembro Hora: 11:30 h (para inscribirse enviar un e-mail co nome completo, teléfono, idade ao correo actividades.snl@vigo.org) A través de estruturas dramáticas os nenos e nenas veranse inmersos en mundos, lugares, espazos imaxinarios creados por eles e nos que acontecerá todo o que imaxinen. a docente encargarase de guialos por eses mundos de fantasía incentivando a creatividade dunha maneira lúdica. •

Unha viaxe polo mundo As Maimiñas Público familiar Día: 20 de decembro Hora: 12:30 h (as portas abriranse ás 12:15 h. Prazas limitadas ata completar as localidades) As Maimiñas somos Mai e Miña, ou o que é o mesmo, Lucía e Irene, dúas amigas que un día decidimos saír a camiñar... e andando, andando, andando... polo mundo enteiro fomos viaxando. Visitamos altas montañas, grandes desertos, longas murallas... e andando, andando... aprendemos que o mundo é un lugar precioso, que hai tantas xentes coma músicas, que hai tantos ritmos coma corazóns diferentes... e aprendemos tamén que a todas e todos os habitantes deste planeta o que máis lles gusta é o mesmo que a nós: cantar e bailar! •

Cine: Hora:17:30 h (as portas abriranse ás 17:15 h. Prazas limitadas ata completar as localidades) Días:

-23 de decembro A tropa de trapo Duración: 70 minutos Todos os públicos: recomendado para nenos e nenas entre os 3 e os 7 anos O día que Mumu descobre un branco rabaño de ovellas pastando no parque onde xoga cos seus amigos, non pode evitar comparar o seu perfecto branco aspecto co del e dos membros da tropa. Avergoñada e sentindo envexa das ovellas decide que unha vaca tan especial non pode perder tempo co grupo de amigos equivocados, Camuflada entre o rabaño, sobe ao tren que a levará ao país onde sempre brilla o sol, onde aprenderá Actividades de Nadal de Normalización Lingüística

Páxina 2 de 7


que ser diferente é o que nos fai realmente especiais e únicos. -26 de decembro Copito de neve Duración: 90 minutos Todos os públicos: recomendado para nenos e nenas entre os 5 e os 9 anos Copito de neve, o único gorila branco do mundo, chega ao zoo de Barcelona. A súa cor fai que acapare todas as miradas e aplausos das persoas visitantes, pero tamén provoca o rexeitamento dos seus novos compañeiros gorilas, que non o aceptan como un dos seus. Cando Copito descobre que a famosa Bruxa do Norte está de paso na cidade, decide ir na súa procura para que lle dea unha poción que o converta nun gorila negro normal e corrente. -30 de decembro Espírito do bosque Duración: 80 minutos Todos os públicos: recomendado para nenos e nenas entre os 6 e os 8 anos Un poderoso home de negocios pretende construír unha estrada e a malvada Sra. D'Abondo ve a oportunidade perfecta para acabar co bosque. Os animais teñen que fuxir, pero as toupas Furi e Linda e o rato Piorno non pensan renderse. E tampouco Cebolo, unha toupa asustadiza que acaba de chegar á cidade. -2 de xaneiro Pinocho 3000 Duración: 80 minutos Todos os públicos: recomendado para público familiar Gepetto consegue, coa colaboración do seu axudante de confianza pingüin-ciborg, Spencer, crear a Pinocho. Pinocho é un robot moi especial, equipado cun procesador P3k único que o dota da poderosa imaxinación dun rapaz. A pesar de que Gepetto acepta de inmediato a Pinocho como a un fillo, o maior desexo do robot é converterse nun neno de verdade. Pero primeiro debe aprender algunhas das calidades necesarias para ser humano de verdade. Crebanoces Larraitz Urruzola Público familiar Días: 3 e 4 de xaneiro Hora: 12:30 (as portas abriranse ás 12:15. Prazas limitadas ata completar as localidades) O Crebanoces é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela. •

Actividades de Nadal de Normalización Lingüística

Páxina 3 de 7


BARRIO HISTÓRICO -Local da Asociación veciñal do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo) Charla sobre o Rexurdimento Xurxo Martínez González Público adulto Día: 10 de decembro Hora: 20:00 h Información: coñeza e saiba valorar a importancia do propio Rexurdimento na historia de Galicia e do sinalado papel que tivo Vigo: a publicación de Cantares gallegos, o círculo social vigués achegado a Rosalía de Castro, a importancia da imprenta de Juan Compañel, o papel da prensa (La Oliva-El Miño), etc. •

Obradoiro de improvisación teatral Alba Bermúdez A partir de 6 anos Día: 13 de decembro Hora: 17:00 h (é necesaria a inscrición previa na propia asociación veciñal, chamando ao número 986 43 97 99, de 10:30 a 13:30 ou de 17:00 a 20:00) Información: a través de estruturas dramáticas os nenos e nenas veranse inmersos en mundos, lugares, espazos imaxinarios creados por eles e nos que acontecerá todo o que imaxinen. a docente encargarase de guialos por eses mundos de fantasía incentivando a creatividade dunha maneira lúdica. •

Cantos de Reis Xandobela Público familiar Día: 29 de decembro Hora: de 17:00 a 20:00 h Información: na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos. •

-Centro de Visitantes das Illas Atlánticas (Palma, 4) •

Carola, a carteira centola

Actividades de Nadal de Normalización Lingüística

Páxina 4 de 7


Polo correo do vento Público familiar Día: 28 de decembro Hora: 12:30 h Protagonizado polos mariscos máis habituais da natureza galega (a centola, o lagostino, a vieira, a ameixa, o camarón…), abordándose, ademais, os instrumentos e xéneros musicais populares e a localización dalgúns dos faros da costa galega. Mestura a narración dunha historia con ilustracións de personaxes mentres se está contando a historia. Promover a lectura, a comprensión oral en galego e a creatividade dos nenos e nenas son algúns dos obxectivos que queremos acadar con esta actividade. -Escaleiras Pescadores (Torrecedeira, 13) Contos do medio co Apalpador Faia Público familiar Día: 18 de decembro Hora: 18:00 h Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias fermosas do bo carboeiro. •

-Taberna A Regueifa (San Vicente, 1 -baixo a curva de Elduayen) Vermú regueifeiro Regueifeiros e alumnado do CIOV Público familiar Día: 20 de decembro Hora: 12:30 Chámase regueifa ás cantigas improvisadas en verso, onde dúas ou máis persoas empregan unha determinada métrica e ritmo nunha disputa verbal sobre un tema determinado, sempre cun punto de humor. Nesta ocasión o tema das regueifas xirará a redor do Nadal. •

CALVARIO -Biblioteca Neira Vilas (Martínez Garrido, 21) • Contos do medio co Apalpador Faia Público familiar Día: 22 de decembro Actividades de Nadal de Normalización Lingüística

Páxina 5 de 7


Hora: 18:00 h Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias fermosas do bo carboeiro. • -Local da Asociación de comerciantes do Calvario (San Roque, 109) • Cantos de Reis Xandobela Público familiar Día: 23 de decembro Hora: de 17:00 a 20:00 h Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos. NAVIA -Librería Hobbit (As Teixugueiras, 32) • Contos do medio co Apalpador Faia Público familiar Día 19 de decembro Hora: 18:00 h Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias fermosas do bo carboeiro. -Local da Asociación NovoVigo (As Teixugueiras, 11-P 6-entrechán, local 9B) • Misterios de Nadal Polo correo do vento Público familiar Día: 3 de xaneiro Hora: 18:30 h A investigador Pe e o seu inseparable can Magnum chegan a Vigo polo Nadal. E coma sempre, atoparanse cun novo e misterioso caso. Estes intrépidos detectives, poderán descubrir o misterio? ...elemental, querido Magnum!

Actividades de Nadal de Normalización Lingüística

Páxina 6 de 7


VIGO-CENTRO -Galerías Colón (r/Colón, 7) • Cantos de Reis Xandobela Público familiar Día: 22 de decembro Hora: de 17:00 a 20:00 h Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos. -Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) • O soño de Zalo As Maimiñas Público familiar Día: 27 de decembro Hora: 18:00 h (as portas abriranse ás 17:45 h. Prazas limitadas ata completar as localidades) As Maimiñas somos Mai e Miña, ou o que é o mesmo, Lucía e Irene, dúas amigas que un día decidimos facer unha longa viaxe na que vivimos un monte de aventuras. Nesa viaxe atopámonos con Zalo, un cabalo moi simpático. Zalo non é un cabalo coma outro calquera, non. Vive nunha granxa con outros animais e pasta na herba verde do prado, pero el non quere ser un cabalo. El soña con ser outra cousa, pero claro, os soños son soamente iso: soños... ou non?

Actividades de Nadal de Normalización Lingüística

Páxina 7 de 7


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.