MÓDULO 5: "IMPLICACIÓN ACTIVA. RECURSOS. FERRAMENTAS DE AUTOR"
TAREFA Alumno/a
As ferramentas de autor permiten elaborar paquetes de actividades que funcionan en web. Existen na rede moitos recursos didácticos elaborados con diferentes ferramentas ademais das que nos propoñemos dar a coñecer neste itinerario de formación Despois de documentarnos sobre as características principais destas aplicacións, sobre o seu funcionamento e as súas posibilidades, imos pasar á aplicación práctica destes recursos na aula. Imos crear un DIRECTORIO TEMÁTICO; un grupo de enlaces a recursos na web sobre unha temática concreta. Estes recursos deben ser analizados, seleccionados e organizados para a súa posta en práctica. Un directorio temático será de moita utilidade para a súa aplicación en aula, para elaborar webquest ou para ir creando un banco de recursos. Nesta tarefa buscaremos, analizaremos e seleccionaremos recursos elaborados coas ferramentas de autor propostas neste itinerario ; Jclic, Ardora e Lim, (Tamén podedes engadir outros recursos de xeito voluntario)
Seguiremos este proceso:
1.- Coñecer e analizar cada una das ferramentas propostas. 2.- Identificar as actividades e as posibilidades de cada unha delas 3.- Escoller un tema de traballo, pode ser curricular ou ben transversal (Ex: A paz) Escoller tamén un nivel de ensinanza para o que irá dirixido o traballo. 4.- Buscar na rede 2 actividades feitas con JClic, 2 actividades feitas con Ardora e tamén 2 actividades feitas con Lim, todas elas referidas ao tema escollido. 5.- Copiar os links correspondentes e cumprimentar no formulario pdf. 6.- Crear un directorio temático (ou un pequeno banco de recurso)
7.- Publicar o noso directorio temático no Blog ou no Moodle creados. (Podes publicar este pdf completo ou ben os enlaces do directorio temático) 8.Copiar o enderezo da publicación (Blog ou Moodle) e pegala neste formulario. 9.Valorar a experiencia e o aporte das Tic e das ferramentas de autor no ensino