Fortrans xunta galicia

Page 1

Descubrir a historia Plan director das fortalezas transfronteirizas do Baixo Mi単o



As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño Presentación

S

e hai algún elemento do patrimonio cultural dun país no que se plasma, mesmo a nivel social, a dualidade de valores que o acompañan, ese é o da arquitectura e a enxeñería militar; é dicir, o mundo cos castelos, as torres e as fortalezas de calquera época. Pois, efectivamente, é neste ámbito onde, incluso no acervo e no imaxinario popular, se comprende perfectamente, por un lado, o seu enorme valor como documento histórico ou como fonte de coñecemento de etapas moi diversas e, por outro, a súa valía como ben insubstituíble de carácter patrimonial, cultural e, ao cabo, social. Dentro das mostras históricas da arquitectura e da enxeñería galega destaca, por dereito propio e pola importancia do seu impacto territorial, o conxunto de fortalezas de fronteira, resaltadas neste caso pola presenza, xeográfica e natural pero tamén simbólica, dun río que separa e que, ao tempo, une: o Miño/Minho. Este duplo sistema afrontado de castelos transfronteirizos (que hoxe conforma unha unidade patrimonial) foi deseñado e construído maiormente no século XVII, conforme ás normas poliorcéticas do galo Vauban, pero tiña antecedentes próximos na torre medieval de Fornelos, tamén aquí recollida, sen recorrermos ao espléndido conxunto das torres da Limia, de función similar, aínda que nun contexto histórico diferente. Dende hai uns anos e incluíndoo dentro do programa de fondos europeos Interreg III-A, púxose en marcha o Plan director das fortalezas transfronterizas de Galicia e Portugal, Fortrans I e II, que permitiu prospectar, documentar e cartografar, intervir e, en fin, poñer en valor para os seus usos culturais e sociais toda unha serie de conxuntos fortificados en moi diferente estado de conservación en canto ás súas estruturas, pero cunha unidade no seu deseño e función nun territorio tan singular coma o Baixo Miño. Foron, e aínda son, traballos de estudo histórico e de recuperación patrimonial moi complexos e absorbentes de medios humanos e económicos, pero necesarios e irrenunciables para o seu coñecemento, protección e gozo. Así, os traballos rematarán no seu día coa construción ou habilitación dun centro interpretativo sobre este sistema de fortificacións que complemente a información que se dispoña en cada castelo. Será este o paso definitivo para achegar aquel valor de documento histórico co de ben patrimonial que todos debemos protexer e, por obriga legal e moral, transmitir aos nosos herdeiros. Precisamente para coadxuvar á difusión deste patrimonio cultural é polo que se publica esta primeira guía de conxunto para a difusión e divulgación destas fortificacións, dun xeito atractivo e ameno, sen detrimento da súa contrastada seriedade científica. Serve ademais esta publicación para afortalar, e nunca mellor dito aquí, a identidade miñota/minhota de vellas raiceiras históricas. Explícase aquí o plan director destas fortalezas, en efecto, para “descubrir a historia”, pero tamén para protexer e darmos a coñecer o noso acervo patrimonial, labores nos que está empeñada esta consellería, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e que, sen dúbida, terán o seu froito na mellora da súa conservación e da súa utilidade cultural, educativa e, polo tanto, social. Ánxela Bugallo Rodríguez Conselleira de Cultura e Deporte

1



Vista aérea do forte da Insua na desembocadura do río Miño, elemento de separación noutras épocas e que agora serve de nexo de unión das actuacións nas fortalezas. Fotografía de Paisajes Españoles.


4

Pedro Teixeira, 1634, Atlas de Espa単a y Portugal.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

Recuperar o patrimonio, revivir a historia O Plan director das fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño, encargado no ano 2001 pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, inclúe un traballo de documentación, diagnóstico e un conxunto de propostas de actuación. Esta reflexión previa servirá para lle dar prioridade a parte das accións e proxectos formulados, co fin de que poidan ser incluídos nas propostas dos programas de investimentos, tanto no ámbito europeo coma no estatal ou rexional.

Recreación das formas e oficio no traballo do material pétreo.

Detalles do castro no monte de Santa Tegra (A Guarda).

O documento é un marco para a definición concreta dos instrumentos e prioridades de intervención. O seu encadramento non se fará exclusivamente dende unha perspectiva sectorial cultural, senón dende unha ampla perspectiva territorial. Considerarase o conxunto das fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño como un recurso territorial que pode servir como soporte para o desenvolvemento do turismo e valorizarase a paisaxe, o que servirá de base para a construción de novos equipamentos e dotacións de calidade e para a recuperación de valores culturais materializados na raia húmida que, paradoxalmente, fan deste espazo un lugar destacado da Unión Europea, pola desaparición da fronteira moderna entre España e Portugal, asentada a mediados do século XVII, despois da guerra da restauración portuguesa, e que xustificou a construción deste sistema fortificado. Os obxectivos que se perseguen son os seguintes: — Recapitular e mellorar o coñecemento sobre os conxuntos fortificados do Baixo Miño. — Definir o alcance e clasificar as patoloxías e os procesos que afectan os elementos e os conxuntos. — Avaliar as necesidades de restauración, rehabilitación, protección e conservación. — Poñer en relación as fortalezas co contexto territorial e socio económico do Baixo Miño. — Analizar as condicións de accesibilidade. — Elaborar unha estratexia conxunta e formular usos e propostas viables.

5


6

Mapa da provincia de Tui e unha parte da de entre Miño e Douro, coas garitas e fachos que gornecen a súa fronteira con Portugal. Vigo, 20 de setembro de 1762. Copia do que se garda no Arquivo do Servizo Xeográfico do Exército.

Planta da barra de Caminha e entrada do río Miño. Gonçallo Luis da Sylva Brandão.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

Vista parcial do Miño dende o miradoiro da Atalaia, en Vilanova de Cerveira.

O sistema territorial As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño preséntanse como un único sistema xeral, o que levou ao establecemento dunha serie de áreas e conxuntos que permiten abordar o traballo de forma sistemática e ordenada, agrupando elementos por sistemas e tendo en conta a súa proximidade xeográfica, as etapas da súa construción e os sistemas defensivos. Existen dúas grandes zonas: a situada ao sur-suroeste da serra do Suído (área 1), con amplos e produtivos vales fluviais; e a zona sur-sueste (área 2), encaixada nos montes das serras e separadas pola navegabilidade do río. Na área 1 sitúase a case totalidade das fortalezas, dende o castelo de Santa Cruz da Guarda, ata a praza forte de Salvaterra, en Salvaterra do Miño. Na área 2 localízanse as fortalezas de Crecente, en Galicia e de Melgaço, en Portugal. Son varios os aspectos que levaron á separación destas dúas áreas: a propia orografía do terreo —separadas pola serra do Suído—, os feitos históricos, as características das fortalezas e a propia defensa, xa que: — As fortalezas da área 1 sitúanse na ribeira ou nas proximidades do río Miño e corresponden á época moderna, entre os séculos XVII-XVIII, agás aquelas fortalezas que se levantaron sobre sistemas amurallados anteriores, como é o caso de Tui. — A finalidade das fortalezas da área 2 non era a defensa da vía principal, senón a dun afluente ou, máis ben, a dun paso a un territorio e corresponden probablemente á época medieval anterior. — Existen tamén claras diferenzas na tipoloxía das plantas e nos sistemas de defensa e, ademais, corresponden a épocas cronolóxicas distintas. Pola súa vez, dentro destas áreas diferenciáronse zonas ou conxuntos fortificados. Estes sistemas están formados por unha serie de elementos que teñen a súa correspondencia en ambos os lados do Miño e defenden tramos concretos (vaos, pasos, etc.) que, en moitos casos, se corresponden con zonas de tránsito natural, como pode ser o corredor existente entre O Porriño-Tui-Valença ou lugares onde existen pasos de barcas tradicionais e históricos no Miño, que vemos sistematicamente reflectidos na cartografía histórica. Estes mesmos pasos principais mantéñense na actualidade con outras traducións tecnolóxicas (pontes ou transbordadores). Noutros casos, as agrupacións das fortalezas en zonas arqueolóxicas fixéronse pola súa proximidade xeográfica.

7


Datas para unha historia da fronteira

8

A formación da fronteira 1096 Doazón do Condado Portucalense de Afonso VI á súa filla Teresa. 1137 Primeira ocupación de Tui por Afonso Henriques.

1163-5 Guerra hispano-lusa. Arredor do 1200 Fortificación de contraste (Valença do Minho) e repoboación de D. Sancho I.

1262 Reconstrución de Valença por Afonso III tras a destrución pola invasión leonesa.

1580 Unidade da Península Ibérica e dominios de ultramar con Filipe II. 1640 Inicio da Guerra de Restauración Portuguesa. O 1 de decembro ten lugar o acto de proclamación de independencia en Lisboa. Noméase rei a João IV, duque de Bragança.

Ataques portugueses Valença

1658

Ataques españois

Lapela

Fortalezas de Ribera de Duero. Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid). AGS MPY D XXXVIII-65

1658 Monção

Tui San Paulo

1643 Salvaterra

1642


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

9

A redefinición da fronteira, o século XVII 1643 Vista portuguesa de Salvaterra · Fortificación de Salvaterra. · Destrución de San Paulo. · Morte de Viola d`Anthis. · Construción do paso de barcas. 1644 Primeiro ataque a Goián · Construción do primeiro fortín de San Lourenzo, por orde de Henrique IV (construíuno o capitán xeneral de Galicia, marqués de Tavara). · Finalización de Santiago de Aytona e A Estrela en 1646, para controlar Salvaterra.

Ocupación española de Melgaço · Reforzo de Tui (Fillaboa, etc.). · Construción de San Luíz Gonzaga (1657). 1658 Ocupación da Pela e Monção (1659) polo marqués de Viana · Reforzo de Caminha e construción da Granda en 1664, para defender Valença.

Ocupación portuguesa de Goián (1664) e da Guarda (1665) · Escaramuzas cruzadas en San Luíz Gonzaga e Nosa Señora da Concepción. · Fortificación de Medos e de Amorín. · Morte de Filipe IV (1665).

1664 Vilanova da Cerveira Caminha

1656 San Luíz Gonzaga

A Insua Amorín

Goián

A Guarda

1644 1665

Santa María de Oia

Tratado de paz (1668) e reforzo das fortificacións (1672) · María Ana de Austria e o príncipe Pedro de Portugal (10 marzo de 1668). · Portugal devolve A Guarda e Goián. Refórzase San Lourenzo e Santa Cruz. · España devolve Lapela, Monção, o forte de San Luís Gonzaga e outros.


Espazos, lugares e sistemas

10

Sistema atlántico

Sistema Goián-Vilanova da Cerveira

Sistema Tui-Valença

SALCEDA DE CASELAS

18

TUI 26

TOMIÑO

25 24

16

2

17

20

ROSAL 21

19 06 05

08

A GUARDA

07

09 12 10 11

04

13 14 15

23

22

03 01

02

01Forte da Insua 02 Forte de Caminha 03 Caminha 04 Santa Tegra 05 Recinto amurallado 06 Castelo de Sta. Cruz

27

07 Forte de San Lourenzo 08 Forte de Nsa. Sra. da Concepción 09 Forte das Chagas 10 Torre dos Correas 11 Fortaleza de Vilanova 12 Torre dos Ratos 13 Fortaleza de Lovelhe, Forte de S. Francisco 14 Fortín de Atalaia 15 Atalaia de Vilanova 16 Forte de Santiago Carrillo 17 Forte de Medos 18 Torre de Tebra 19 Forte de Campos

20 Fortificación de Amorín 21 Forte de San Luíz Gonzaga 22 Forte da Silva 23 Forte de Gandra 24 Fortaleza de Valença 25 Fortín no río S. Martiño 26 Fortaleza de Tui


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

11

Sistema Salvaterra-Monçao

Sistema Fornelos-Melgaço

S

28

SALVATERRA DE MIÑO 35 29 30 32 31 33

36

AS NEVES

CRECENTE

34 ARBO

41 40 39

37 38

27 Atalaia de S. Paulo de Porto 28 Torre de Lapela 29 Fortificación de Fillaboa 30 Pazo de Corzas 31 Pazo de Lira 32 Praza forte de Salvaterra 32 Portón da Inquisición 33 Pazo de Petán 34 Fortaleza de Monçao 35 Fortaleza de Santiago de Aitona 36 Forte de Estrela

37 Pazo de Moreira 38 Fortaleza de Melgaço 39 Pazo de Queimadelos 40 Pazo de Frage 41 Torre de Fornelos


12

Sistema atlรกntico


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

13

O corredor atlántico Dos estudos históricos e das valoracións da documentación deste plan director, pódese concretar un primeiro grupo de fortalezas que protexen o corredor atlántico: dende A Guarda a Baiona, no lado español e, dende Caminha-Insua a Viana do Castelo, no lado portugués, que se identifica necesariamente cun sistema permanente de fortificación da fronteira, constituíndo o lado portugués o sistema fortificado de maior entidade. No lado español, Santa Cruz e a muralla da Guarda caracterízanse pola súa dependencia funcional do transporte marítimo, xa que os pasos e os accesos ás fortalezas necesitaban do dito transporte, xa que non se resolveron no seu día con pontes e barcas, a diferenza dos outros grupos ou sistemas. Isto demostra que a defensa deste sistema apostaba pola cobertura do camiño marítimo que dende A Guarda, pola costa, accede a Baiona, elemento estratéxico da defensa galega fronte ao avance portugués.

A fortaleza de Santa Cruz e a vila da Guarda serven de cobertura da defensa marítima costeira.

PLANTA DA PRAZA DE CAMINHA E OS SEUS ARREDORES Mapa sobre o sistema atlántico, antigas fortificacións españolas da barra de Caminha xa desaparecidas. 1/G/19 SGL


14

Sistema atlántico

Plano do forte de Sta. Cruz 1854. Plano propiedade de Antonio Martínez.

Santa Cruz: o xigante agachado Tras a toma de Goián polas tropas lusas, considerouse que era necesaria a construción dun forte que defendese a vila da Guarda e que dificultase o paso das tropas inimigas cara a Baiona. Construído entre 1663 e 1664 polos enxeñeiros coroneis Carlos e Fernando de Grunembergh, aproveitando material da muralla medieval, presenta forma irregular con catro baluartes, catro medias lúas e o foxo que circunda os lenzos. No ano 1664, utilizábase xa en misións defensivas, aínda que continuaron as obras ata o 11 de novembro de 1665, momento no que comezaron os ataques portugueses. Estaba baixo o mando de Jorge de Madureira, mestre de campo e gobernador. Foi ocupado o 22 de novembro de 1665 e devolto o 26 de xullo de 1668. Estaba insuficientemente armado, o que non permite o control do Miño, polo que defende, fundamentalmente, o acceso dende a ría a Baiona.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

15 Vista aérea da fortaleza de Santa Cruz dende o suroeste. A cortina sur do elemento está ocupada por edificacións que ocupan o glacis e impiden a lectura do monumento. Fotografía de Paisajes Españoles.

A limpeza da vexetación permitirá rescatar algúns elementos ocultos actualmente.

Vista aérea dende o nordeste, co monte de Santa Tegra ao fondo. Fotografía de Paisajes Españoles.


Sistema atlántico

16 Na Guarda, algúns restos da antiga muralla incorporáronse en construcións históricas.

Gravado da Guarda, onde se observa parcialmente a muralla medieval e o acceso dende o porto. Realizado por Avendaño no século XIX.

A Guarda, muralla medieval Núcleo central fortificado e defendido de pouca entidade. De forma amendoada, tamaño reducido —duns 120 x 80 m—, e en pendente, conta con dúas portas unidas pola rúa do Medio, hoxe rúa de Colón. De ruda construción e integración co núcleo, esixe o peche dalgunhas rúas para unha correcta defensa. Posición intermedia controlada dende a fortaleza e dende o monte de Santa Tegra. Parece convivir cunha torre defensiva e vixía, que se podería corresponder coa actual torre do Reloxo, restos do castelo medieval desaparecido.

Plano xeral da fortaleza de Santa Cruz, posible trazado da muralla medieval e as súas interconexións.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

17 Traza sobre plano actual das fortificacións de Caminha.

O sistema atlántico en Portugal Os principais elementos que o integran son: · A fortaleza da Insua no Atlántico, controlando o acceso do Miño, que é unha construción barroca de planta en estrela irregular. · Antigas fortificacións españolas na banda de Caminha, hoxe desaparecidas. · A fortificación de Caminha, que constitúe o recinto amurallado base de aprovisionamento do Miño.

Fortaleza de Insua. Situada nunha pequena illa na entrada do Miño, constitúese como un elemento fundamental para a interpretación do sistema. Fotografía de Paisajes Españoles.


18

Sistema Goián-Vilanova da Cerveira

O sistema Goián sitúase nun vao na zona baixa do Miño, arredor do núcleo medieval de Vila Nova de Cerveira. Santiago Carrillo e Amorín, máis ao norte, estaban vinculados ao camiño que unía Tui coa Guarda.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

Sistema Goián-Vilanova da Cerveira O sistema inclúe as fortalezas de San Lourenzo, Nosa Señora da Concepción, As Chagas, torre dos Ratos, torre dos Correa e forte de Medos, no lado español; e as fortificacións de Vilanova de Cerveira, Lovelhe e atalaia de Espírito Santo, no lado portugués. A súa compresión só é posible dende o entendemento do paso de fronteiras —unha ponte de barcas no XVII, un transbordador agora e unha ponte permanente—, de forma que o sistema implica un evento histórico —unha penetración militar portuguesa en territorio español— e algúns dos seus elementos derivaron en fortificacións permanentes. O dito sistema abrangue, ademais, case todos os tipos posibles e variantes de proxecto, o que o converte nun obxectivo esencial dende o seu entendemento como conxunto, aínda que paradoxalmente en ningunha destas categorías —vila fortificada, forte permanente de fronteira ou forte en fraga— incluía os mellores exemplos da zona.

O sistema Goián representa un exemplo da planificación e construción conxunta e unitaria de sistemas do Miño. Planta do conxunto fortificado de Vilanova de Cerveira e Goián. O gravado consérvase no Arquivo do Servizo Histórico do Exército e no Servizo Xeográfico. 1663-1668.

19


Sistema Goián-Vilanova da Cerveira

20 Fortaleza da Nosa Señora da Concepción. Forte defensivo avanzado e retagarda da estrutura inicial de San Lourenzo (Goián). Plano do estado actual realizado por Jaime Garrido en 1982.

Fortaleza da Nosa Señora da Concepción (Goián) A fortaleza foi construída polos portugueses entre 1663-1664, segundo orde de don Francisco de Azevedo. Utilizouse como praza forte para máis de tres mil infantes e máis de cincocentos cabalos. O seu dominio territorial fixo que os españois iniciasen o ataque de Vilanova antes ca o de Goián. Forte defensivo avanzado e retagarda da estrutura inicial de San Lourenzo sobre o camiño histórico da Guarda a Tui. Fortaleza interior non visible actualmente dende o río. Construída polos portugueses, aínda hoxe se distingue o seu contorno cos seus cinco baluartes, hornaveque, foxos, camiños cubertos e trincheiras.

Imaxes do estado actual do hornaveque e patio de armas.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño Plano do forte novo de Goián, chamado tamén de San Lourenzo. Arquivo do Servizo Histórico do Exército. 1673.

Forte San Lourenzo (Goián) O primeiro trazado de San Lourenzo é anterior á ocupación portuguesa, pero o forte considérase insuficiente e mal situado case dende a súa construción. Reconstruído a partir de 1668, segundo o trazado de Carlos e Fernando Grunemberg. Chapado e reforzado polos españois despois da ocupación da Guarda. Elemento ben conservado, é unha fortificación recoñecida pola súa singularidade e polo seu gran potencial turístico e simbólico.

Vista do lado oeste de Vilanova de Cerveira, do Livro de Fortalezas. Duarte D’Armas. Comezos do século XVI.

Vista aérea de San Lourenzo de Goián e do río Miño augas abaixo. Fotografía de Paisajes Españoles.

21


22

A natureza e a agricultura ocultan e, asemade, preservan as trazas orixinais do forte.

Sistema Goián-Vilanova da Cerveira

Forte Santiago Carrillo. Medos (Goián) Forte do tipo da fortaleza de Fraga, utilizouse como defensa para o paso de Goián a Tui e á Guarda. Foi construído entre os anos 1663 e 1664. Malia que é o máis extenso do conxunto, non é visible dende o río e vese con dificultade dende a terra, xa que sufriu múltiples intervencións de forte impacto no contorno inmediato, como instalacións deportivas, zona de espectáculos, infraestruturas e accesos ás plantacións, así como explotacións agrícolas extensivas. As plantacións e o arboredo axudaron a conservar parte do trazado da fortaleza e, mesmo, definen espazos e elementos históricos dentro do conxunto; por exemplo: unha plantación de kiwis coincide co patio de armas. É de difícil acceso e está bastante afastado do río. A súa traza presenta semellanzas co forte de Amorín e é o máis extenso dos existentes. Plano do estado actual do forte de Santiago Carrillo en Medos, levantado por Jaime Garrido en 1982.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

Praza forte de Vilanova de Cerveira e fortificacións máis próximas. Ardu GEAEM 2145 (Lisboa).

23

O sistema en Portugal En Vilanova de Cerveira creouse un primeiro núcleo medieval, cunha ampliación moderna que significou a sistematización das intervencións. Consérvanse as obras fortificadas medievais e modernas en bastante bo estado, aínda que a atalaia perdeu o seu dominio territorial. As defensas exteriores estaban constituídas por: · Leste: fortificación de Lovelhe. · Sur: atalaia. · Oeste: fortín non construído fronte ao paso de barcas. · Norte: complétase a defensa co sistema Goián. Vista do forte de Lovelhe, no que as estruturas se integran cunha delicada vexetación.


24

Sistema Tui-Valenรงa


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

Sistemas entre pares A defensa fronteiriza baseábase, como se comproba nos magníficos debuxos de Duarte D’Armas, na existencia de pares enfrontados ou conxuntos fortificados que se observaban a un lado e a outro da fronteira. Obxectivos das conquistas e da ocupación, os ditos núcleos hoxe posúen interaccións e relacións que os identifican como elementos únicos e singulares dentro da nova Unión Europea.

Vista do lado sur de Valença do Minho, do Livro das fortalezas. Duarte D’Armas, 1507.

Tui-Valença Dúas cidades enfrontadas polo paso da fronteira que se miran entre si e que constitúen os conxuntos urbanos e monumentais principais da zona. Inclúense neste conxunto o subsistema Amorín-San Luíz Gonzaga-San Jorge de Silva, quizais o maior conxunto de fortes de terra en canto á súa conservación e que, xunto coa atalaia do monte Aloia, pechan un segundo grupo moi compacto, aínda que fortemente desequilibrado polo gran valor monumental da fortificación de Valença.

25


26

Sistema Tui-Valença

Reconstrución dos recintos fortificados sobre un plano actual da cidade de Tui. Por Jaime Garrido.

Cidade amurallada de Tui Tanto en España coma en Portugal, a realidade construída que chega á nosa época confórmase, como mínimo, en dúas grandes estruturas superpostas, a medieval e a fortificación moderna dos séculos XVII e XVIII. Isto é evidente en Tui, que constitúe un conxunto urbano de singular importancia. A complexidade da trama urbana, a historia da conformación do núcleo, as súas relacións co seu par —Valença—, as súas actividades como núcleo cabeceira comarcal e o seu interese como elemento suxeito a distintas etapas e tipoloxías de intervención, fan de Tui un dos fitos fundamentais na análise e no proxecto de dinamización do Miño. Cidade amurallada de Tui. Fotografía de Paisajes Españoles.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

27

Vista da cidade amurallada de Tui. Fotografía de Paisajes Españoles. Plano de autor descoñecido da cidade de Tui, segundo se atopaba o día 10 novembro de 1777. Plano do Sistema Xeral do Exército. Arquivo de Jaime Garrido.


28

Plano do forte de Amorín, de autor e data descoñecidos, sito no Servizo Xeográfico do Exército. Fotografía de Jaime Garrido.

Sistema Tui-Valença

Forte da fraga de Amorín (Goián) Constitúe o exemplo máis salientable dentro das categorías de fortes de terra colonizados pola fraga. Non é visible na perspectiva xeral, pero é fácil de imaxinar cando un se mete na vexetación, posto que todas as estruturas do forte son perfectamente identificables. A primeira fase construtiva data de 1657, foi reformado en 1663 e tamén despois con posterioridade. A súa principal xustificación é a defensa dos camiños de comunicación e como posto de avance defensivo da praza de Tui. Traballar co arboredo e coa vexetación na ruína das fortalezas preséntase como un reto e un desafío arquitectónico.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

29 O sistema en Portugal. Valença do Miño A praza de Valença do Minho completa a fortificación de contraste no lado portugués. Conta cunha posición estratéxica no territorio, constitúe un dos exemplos máis salientables polo seu trazado e boa conservación e é un indicativo da importancia que tiña para Portugal a defensa da fronteira.

Vista aérea da fortificación amurallada de Valença (Portugal). Fotografía de Paisajes Españoles.

Planta da praza de Valença, realizada sobre o ano 1809, de autor descoñecido, gardado no GEASM de Lisboa.


30

Sistema Salvaterra-Monção


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

31

Salvaterra-Monçao As dúas cidades están controladas e dominadas por Portugal na época crítica da escisión destes dous países. Cómpre salientar o paso de barcas, visible no punto medio da ribeira entre as dúas fortalezas, indicativo da relación indiscutible existente entre ambas. Esta orixe portuguesa xustifica o carácter urbano do conxunto de Salvaterra, ao estilo das outras prazas portuguesas, como Vilanova, Melgaço, Caminha, etc. O sistema inclúe, ademais, a atalaia de San Paulo do Porto, as fortificacións de Fillaboa, a atalaia da Estrela e a fortaleza de Aitona, na parte española; e a torre de Lapela, na parte portuguesa. Estas fortificacións puideron xustificarse, coma no caso de Medos, como posicións fortificadas españolas, fronte á cabeza de ponte que significaba Salvaterra, baixo dominio portugués. Plano histórico da parte galega do sistema Salvaterra-Monçâo (proporcionado por Jaime Garrido Rodríguez, copia de planos do forte de Santiago de Aytona, de Salvaterra e dos fortíns ou atalaias da Estrela e Fillaboa, copia de José Aparici de 1848, do plano sito no Arquivo Xeral de Simancas, onde se indican os nomes dos fortes e atalaias).


Sistema Salvaterra-Monção

32 Praza forte de Salvaterra

Plano copiado do libro de Miguel de Hermosilla, Relación topográfica das prazas e postos fortificados do Reino de Galicia.

O centro histórico de Salvaterra do Miño está basicamente formado por unha fortificación abaluartada construída en pedra. A praza forte de Salvaterra sitúase ao pé do Miño e fronte á praza forte de Monção, coa que dialoga e coa que comparte gran parte da súa historia e da súa razón de ser. Ten unha trama urbana fortificada que non debe perder o seu carácter. Algunhas vivendas con patio pertencen ao prototipo militar do século XVIII. As edificacións máis destacables, ademais da fortaleza do XVIII, son o castelo medieval transformado na época renacentista (anterior á praza), segundo documentación e escavacións arqueolóxicas recentes, alicerce probable da igrexa e dalgunhas edificacións que manteñen aínda a tipoloxía de casa-cuartel.

Vista aérea da fortaleza de Salvaterra de Miño. Fotografía de Paisajes Españoles.

Atalaia de San Paulo do Porto Fortificación española cabeza de ponte de Salvaterra, oposta á torre Lapela. Foi construída en 1643 e reconstruída cara ao ano 1670. Na actualidade, está cuberta parcialmente por matogueiras moi tupidas e no medio dun bosque de piñeiros, de moi difícil localización. Levantamento topográfico de Jaime Garrido.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

33 Mapa histórico da cidade amurallada de Monçao. Gonçalo Luis da Silva Brandão. Publicación: [S.l.: s.n.], 1758. BPMP-RES Ms. 1909(12)

O sistema en Portugal. Monçao

Vista aerea do sistema. En primeiro plano Monçao, ao fondo Salvaterra. Fotografía de Paisajes Españoles.

Torre de Lapela. De planta cuadrangular de 35 m de alto, con catro pisos, coroada con merlóns piramidais, separada de San Paulo polo río.

Fortaleza de planta poligonal formada por once baluartes, foi construída durante a Guerra de Restauración en 1656 sobre as trazas das murallas e sobre as construcións medievais e melloráronse os seus sistemas defensivos en 1762-1769. As murallas foron resgadas en catro anacos, pola vía do tren e a estrada nacional, e as portas e outros elementos destacados foron desmantelados. Foi centro estratéxico e daba acceso a unha das principais vías de penetración no territorio portugués cara a Braga. Da fortificación dos séculos XVII e XVIII quedan parte dos baluartes, lenzos rachados polas vías modernas e as portas de Salvaterra e do Rosal. A envolvente da fortificación abaluartada é extensa e soporta o núcleo histórico medieval, edificios de uso diverso e espazos públicos.


34

Sistema Fornelos-Melgaรงo


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

35

Fornelos-Melgaço As fortalezas da torre de Fornelos-Crecente, en Galicia, e a praza forte de Melgaço, en Portugal, constitúen un sistema diferenciado dos anteriores, que se coñece co nome da raia seca. Estes sistemas supéranse non só pola navegabilidade do río, senón polo encaixe dos montes e das serras no sistema. Esta zona tamén responde a un momento histórico diferente, máis vinculado á época medieval. Planta da praza de Melgaço.

Aspecto da torre de Fornelos.

Carta topográfica do río Minho. Gonçalo Luis da Silva Brandão. Publicação [S.l. : s.n.], 1758 RES Ms.1909(5) (BPMP)


36

Sistema Fornelos-Melgaço

Torre de Fornelos A torre de Fornelos, en Crecente, pecha o sistema fortificado da raia húmida e dálle paso á raia seca, que continúa a liña fronteiriza polo interior do territorio. A súa situación debeu ser motivada para controlar o paso polo val que forma o río Ribadil cara ao interior de Galicia, do mesmo xeito que os desaparecidos castelos de Arbo e de San Martín de Ladróns controlaban o paso sobre o río Deva, que rega as terras da Cañiza. A estratexia dos castelos galegos era defender a penetración portuguesa en Galicia a través dos dous vales, neste grande entrante de terras lusas. Os historiadores sinalan as primeiras referencias documentais da existencia desta “torre e casa forte” no ano 1158. Este afastado e limítrofe recanto de Galicia, montañoso e pouco habitado, non foi escenario de feitos de relevancia histórica, nin sequera na Guerra da Restauración Portuguesa (1640-1668). Planos de planta e sección da torre de Fornelos. Na actualidade, só se conserva a torre, moi deteriorada, e restos de cimentacións da fortaleza.


As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño Planta da praza de Melgaço / [Vila Lobos] Notas n.º 380 do Catálogo da Exposición de Cartografia Nacional (1903-1904), da Sociedade de Xeografía de Lisboa Rexión Portugal / Minho / Viana do Castelo / Melgaço Cota(s) 1/G/22 (SGL).

O sistema en Portugal. Praza forte de Melgaço A vila de Melgaço desempeñou un importante papel ordenador do territorio e mantivo durante a Idade Media a relevancia estratéxica do lugar. A torre do castelo é de finais do século XII, aínda que a construción das murallas continuou nos séculos seguintes, e chegou no primeiro cuarto do século XVI á forma deseñada por Duarte D´Armas. No último cuarto do século XVIII, estaba xa en ruínas e a maior parte das murallas foi demolida no século XIX. A parte que se conserva na actualidade correspóndese, fundamentalmente, á obra medieval.

Aspectos parciais do núcleo de Melgaço.

37


Relatorio de actuacións, propostas e apuntamentos económicos

38 PROPOSTAS XENÉRICAS

PLAN TERRITORIAL SECTORIAL. PLAN NAVEGABILIDADE INTERFRONTEIRIZA. DIFUSIÓN E PROMOCIÓN. DELIMITACIÓN E DOCUMENTACIÓN. PLAN SINALIZACIÓN E INFORMACIÓN. DIFUSIÓN E PROMOCIÓN. DOTACIÓN DE APARACADOIROS. DOCUMENTACIÓN.

Sistema Goián-Vilanova da Cerveira

Sistema Tui-Valença

FORTALEZA SAN LOURENZO DE GOIÁN. - Limpeza e consolidación - Potenciar área do embarcadoiro. - Corta eucaliptos. Intervisibilidade. - Reconstrución revelín. - Conexión peonil co río. - Resituar o aparcadoiro.

RECINTO AMURALLADO DE TUI. - Ordenar ribeira e urbanización. - Limpeza e posta en valor da muralla. - Acceso fluvial. - Potenciar conxunto con Valença. - Proxecto de miradoiros. - Posible centro de interpretación Fortrans.

FORTE DA CONCEPCIÓN. GOIÁN. - Corta e limpeza. - Reconstrución protección. - Urbanización integrada coa sinalización.

Sistema atlántico FORTALEZA STA. CRUZ. A GUARDA - Reconstrucións revelín. - Reconstrucións accesos. - Futuro parque. - Limpeza e consolidación.

FORTE DE AMORÍN. GOIÁN. - Ordenación accesos á fortaleza. - Reconstrución acceso ao reduto. - Reordenar vexetación e xardín. - Recuperación do foxo. - Limpar e definir camiño de rolda. - Conexión e área de lecer no río. - Embarcadoiro de acordo co proxecto de navegabilidade.

FORTE DE SANTIAGO CARRILLO. - Intervención da masa vexetal. - Sinalización de fitos e accesos. - Adecuación plantación de kiwis. - Reconstrución media lúa. - Rehabilitación de camiños.

SALCEDA DE CASELAS

18

TUI 26

TOMIÑO

25 24

16

27

28

17

20

ROSAL 21

19 06 05

08

A GUARDA

07

09 12 10 11

04

13 14 15

23

22

03 01

02

STA. CRUZ Obras urxentes consolidación. . . . . . . . . . 1.000.000 Plans directores. . . . . . . . . . . 80.000 Mellora de accesos e aparcadoiro . . . . . . . . . . . . 150.000 Desenvolvemento museográfico. . . 800.000 Musealización. . . . . . . . . . . . 180.000 Proxectos. . . . . . . . . . . . . . . 100.000

SAN LOURENZO Obras consolidación Mellora de accesos e aparcadoiro . . . . . Musealización . . . . . Proxectos . . . . . . . .

. . . . . . . . 550.000 . . . . . . . . 100.000 . . . . . . . . 180.000 . . . . . . . . . 50.000

SANTIAGO CARRILLO Acceso e aparcadoiro . . . . . . Sinalización e fito de acceso Ordenación de percorridos . . Reordenación masa vexetal . Proxecto . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . .

. . . . .

. 90.000 . 30.000 . 30.000 150.000 . 25.000

TUI Proxectos de construción e musealización . . . . . . . . . . . . 10.000 Obras . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 60.000 Desenvolvemento dos contidos . . . . 90.000 AMORÍN Acceso e aparcadoiro . . . . . Sinalización fito de acceso . Ordenación percorridos . . . Reordenación masa vexetal Proxectos . . . . . . . . . . . . .

. . . . .

. . . . .

. . . . .

. 90.000 . 30.000 . 30.000 150.000 . 25.000


8

As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

39

Sistema Salvaterra-Monçao

Sistema Fornelos-Melgaço

FORTALEZA DE SALVATERRA DO MIÑO. - Recuperación morfoloxía orixinal. - Conexión pazo da Lira e Monçao. - Limpeza glacis e percorrido exterior. - Planificación usos.

FORTALEZA DE CRECENTE. - Limpeza arredores e liñas visuais a Melgaço. - Reconstrución elementos danados. - Ordenación acceso. - Ordenación contorno inmediato.

FORTALEZA SANTIAGO DE AYTONA. - Protección urbanística. - Recuperar baluarte e segunda liña de fortificación. - Ordenar vexetación. Corta bosques. - Recuperar a segunda liña de fortificación. - Promover área de ocio próxima. FORTIFICACIÓN DE FILLABOA. - Proposta de ordenación e explotación mineira. - Limpar restos lenzos. ATALAIA SAN PAULO DO PORTO. SALVATERRA. - Protección acceso e fortaleza. - Situación do espazo de ocio. - Conexión parque infantil.

SALVATERRA DE MIÑO 35 29 30 32 31 33

36

AS NEVES

CRECENTE

34 ARBO

41 40 39

37 38

SALVATERRA Proxectos de construción . . . . . 540.000 Musealización . . . . . . . . . . . . . 180.000 Obras . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 60.000 Desenvolvemento dos contidos . . . . 90.000 Proxectos . . . . . . . . . . . . . . . . . 60.000

ACTUACIÓNS XERAIS

TORRE FORNELOS - Proxectos de obras . . . . . 300.000 - Acceso aparcadoiro . . . . . . 90.000 - Proxectos . . . . . . . . . . . . . 30.000

PLAN TERRITORIAL SECTORIAL . . . . . . . . . . . . . . . . 100.000 DELIMITACIÓN E DOCUMENTACIÓN . . . . . . . . . . . . . 146.000 PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN . . . . . . . . . . . . . . 175.000 PLAN NAVEGABILIDADE INTERFRONTEIRIZA . . . . . . . 387.000 PLAN SINALIZACIÓN E INFORMACIÓN . . . . . . . . . . . . . 62.000 DIFUSIÓN E PROMOCIÓN . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 345.000 ESTUDOS, PROXECTOS, DIRECCIÓN OBRA . . . . . . . . 290.000 MUSEALIZACIÓN . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 360.000


40

O plan director das fortalezas transfronteirizas

Conselleira de Cultura e Deporte Ánxela Bugallo Rodríguez Director xeral de Patrimonio Cultural Felipe Arias Subdirector de Consevación e Restauración de Bens Culturais Federico Garrido Villa Servizo de Arquitectura Manuel Vecoña Manuel Chaín Victoria Rodríguez Alberto Balea Belén Picos Juan Antonio Naveira Germán Hermida Manuel Pérez Rosa M.ª Aneiros M.ª Pilar Rey Mercedes Fernández Coordinación Manuel Vecoña Dirección do plan Antonio Hoyuela Jayo Fernando Cobos Guerra Jaime Garrido Rodríguez Colaboracións Alberto Varela García Mar Devesa Martínez Traballos documentais e arqueolóxicos Felipe Criado Rebeca Blanco Rotea Elisa Crespo Vázquez

Deseño gráfico Barro Salgado Santana (Grupo Revisión Deseño) Impresión Litonor Artes Gráficas Depósito legal C-1913-2006



Fortaleza de Santa Cruz da Guarda \ Forte da Insua \ Praza forte de Caminha \ Forte de San Lourenzo de Goián \ Fortaleza da Nosa Señora da Concepción \ Forte das Chagas \ Torre dos Correas \ Torre dos Ratos \ Praza forte de Vilanova da Cerveira \ Forte de Medos \ Forte de Amorín \ Forte San Luís Gonzaga \ Praza forte de Tui \ Praza forte de Valença \ Fortaleza do Monte Aloia \ Atalaia de San Paulo de Porto \ Torre de Lapela \ Praza forte de Salvaterra \ Fortaleza de Fillaboa \ Forte de Santiago de Aitona \ Forte da Estrela \ Fortaleza de Monção \ Torre de Fornelos \ Vila de Melgaço


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.