Pallares 19
2020-2021
APRENDEMOS XOGANDO_1º EP Alumnado de 1º de educación primaria
Este curso foi algo diferente e non puidemos facer todas as actividades en equipo que nos gustaría pero iso non quere dicir que non o pasaramos ben. Ao contrario, na clase de 1º pasamos momentos moi entretidos aprendendo unha chea de cousas.
Todos os xoves fixemos xogos por quendas. Fomos rotando as actividades para que todos puidésemos participar en todas elas. Pintura, construcións, xogos de atención, contos, taller mecánico, encerado…
11