SAÚDO
NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA OS PARTICIPANTES DA MARCHA:
anse a cumprir 23 anos dende que comezamos a organizar esta marcha ciclista. 23 anos e tan so unha vez a marcha deixou de circular polas estradas de Catoira. Oa igual que o ano pasado vémonos obrigados a circular por estradas de carácter local polo que, con moito pesar, non poderemos pasar polas catro parroquias de Catoira tal e como viñamos facendo. Esperemos que nesta edición sigamos contando cunha grande asistencia de incondicionais participantes que, con bo ou mal tempo, acoden puntuais a esta cita. Esperámoste nestes 18 Km. co obxectivo de pasalo ben, disfrutar dos amigos e, de paso, facer algo de deporte.
► A pesares de ser unha marcha organizada, os participantes deberán respectar as normas de circulación.
V
P
ero esta marcha xa nunca será mesma posto que Manolo xa non está, deixou no Ateneo un gran valeiro que será imposible de encher, pero estamos seguros de que alá onde estea mirará por nos para que non cometamos ningún erro. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Catoira e Valga velarán para que todo saía perfecto.
► Deberase circular pola beirarrúa da dereita e o máis pegado posible ó borde exterior da calzada, sen facer eses nin facer, cambios bruscos de dirección. ► A organización abrirá a marcha e non se permitirá que ningún participante a rebase. ► O uso do casco é obrigatorio. ► A organización reservase o dereito de modificar o itinerario por calquera circunstancia que se puidese dar. ► A marcha conta cun seguro que cubre incidencias que poidan acontecer ► Infrinxir estas normas ou calquera outra das contempladas no código de circulación poderá ser motivo de sanción pola Dirección Xeral de Tráfico. ► Tódolos participantes polo feito de participar neste evento aceptan o presente regulamento.
ASPECTOS A TER EN CONTA
O uso do casco é obrigatorio
Revisar freos, cadea e a presión dos neumáticos
Circular pola dereita o máis pegado posible ao borde da estrada