ANO 2016 REVISTA
OFICIAL
AGOSTO - ABRIL DO “ATENEO VIKINGO”
Nº 184 - CATOIRA -
w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m
A
portada deste número dedicámoslla a dúas persoas que ao merecen máis que sobradamente.
M
anolo Suárez, que deixou un profundo vacío en todos os que o coñecíamos e apreciabamos, un vacío difícil de encher, A Vikinga, a marcha ciclista ou o xantar do Ateneo xa non serán o mesmo sen a súa presenza.
S
ergio Álvarez, sen dúbida o mellor deportista de Catoira de todos os tempos, que acaba de engadir un novo record ao seu impresionante Curriculum o de ter xogado 100 partidos co RC Celta de Vigo.
A
ámbolos dous dedicarémoslle no interior unha extensa reportaxe.
Nº 184
XANELA ABERTA
agosto - abril 2016
Premio San Telmo de Enxeñería
O
pasado 28 de marzo a ministra de Fomento, Ana Pastor, entregou o premio San Telmo de enxeñería ao deseño do Viaducto del Ulla. O premio e concedido polo Colexio de Camiños Canais e Portos de Galicia.
Catoira dá un paso máis para lograr un balneario e explotar as súas augas termais
A
Consellería de Economía e Industria fai oficial a autorización para o aproveitamento do manancial mineromedicinal das Lombas, en chan público, no campo de fútbol. Foi fai xa cinco anos cando o alcalde Alberto García e dous enxeñeiros de Minas que realizaran en meses previos un estudo xeofísico para localizar o manancial e cuantificar o volume de auga anunciaron a localización deste pozo e explicaron que tiña suficiente caudal para facer viable a construción dun balneario e iniciar un plan de aproveitamento comercial do acuífero. O concello abría entón un pozo de 150 metros de profundidade e 165 milímetros de diámetro antes de detectar un caudal de 25.000 litros por hora a unha profundidade de entre 133 e 147 metros. Era esta unha cantidade moi elevada, xa que existen balnearios en Galicia cuxo manancial apenas arroxa 3.000 l/h■
© alcaldía
2
Nº 184
XANELA ABERTA
SERGIO… CÉLTICO 100 x 100
H
istoria pura de Catoira. Iso é o que está a escribir Sergio Álvarez Conde. Cen partidos co R.C. Celta. Nunca ningunha ou ningún deportista catoirés acadou tal palmarés, con perdón para todos aqueles que gañaron outros títulos ou competicións. Mesmo pode que Sergio sexa o catoirés máis destacado en tódolos ámbitos e especialidades. E a rede pescando. Cen partidos dan para moito. Seguro que o Gato os recorda un a un. Nós queremos esquecer aqueles que non saíron como o gardaredes desexara e centrarnos nalgún dos bos. Porque Sergio lle gañou, el só, ó Barcelona de Messi no Camp Nou. Salvou a vitoria fronte ó Depor chapando un penalti no último minuto en Balaídos. Fixo outro partido memorable no Vicente Calderón cando o Celta sacou un empate (2-2) resolvendo un auténtico aluvión de remates de todas as clases… Grandes actuacións contra os máis grandes: Real Madrid, Barcelona, Atlético, Sevilla, Valencia, Athletic, Villareal, Depor… Elixido un par de veces pola Liga de Fútbol Profesional mellor porteiro de España no Once Ideal do Mes. Un ascenso a Primeira División. Non se pode pedir máis.
E
n Valencia acadou o 100 redondo. E digo rede pescando porque queda moito Sergio por diante. Ten contrato ate o 2018. Esperemos que Berizzo remate cas absurdas rotacións e volva a contar co Gato como titular único e indiscutible. Calquera momento de baixón no rendemento é normal en todo deportista. O importante é erguerse. E Sergio xa o fixo con moita forza. O Celta vai embalado para Europa e Sergio con el. Nós tamén. Os de Dimo, Catoira, Pontearnelas, Arousa. Porque o casco vikingo na cabeza do porteiro xa percorreu Balaidos nunha imaxe que viuse no mundo enteiro do deporte. Queremos máis. Moito máis. Polo menos outros cen. Redondos. Para que o nome de Catoira siga a soar nos medios de comunicación e sociais. O Gato de Catoira por aquí, o Gato de Catoira por alá. Para que os dous Joses da casa, e Cristina, a que lle fai a empanada de millo nas ocasións, non deixen de acudir a Balaidos cada xornada. Para que os nenos e nenas de Catoira se ilusionen cada vez que se atopan con Sergio pola rúa. Ou cando os visita no Colexio. Ou cando acode, con frecuencia, o campo das Lombas.
É
unha sorte cantar as xestas de alguén que está no cumio da súa carreira. Porque xeralmente os xogos florais son para aqueles que se teñen retirado. Ou que nos faltan. Grande Sergio. Profesional. Persoa. Paisano. O Gato de Catoira. Máis que gato, pantera. Ou tigre. Un pechacancelas para a historia. O día de mañá poderemos dicir: “Eu vin xogar a Sergio Álvarez en Balaídos, no Bernabeu, en San Mamés… en Old Trafford, en San Siro… Si. Eu estaba alí”. Segue cos pés na terra. Non temos dúbidas de que o farás. Coma sempre. Polos vellos celtistas. Polos novos. Polos teus “peñistas”. Por Catoira. A Historia continúa. A Xanela Aberta está aquí para a contar. Polo de agora, parabéns polo centenario. Xa estamos pendentes do vindeiro partido. Porque xoga Sergio. O noso Sergio. Pepe Castaño Dios
agosto - abril 2016
3
Nº 184
Lembrando a Manolo
XANELA ABERTA
agosto - abril 2016
4
Marcha ciclista 2008
Marcha ciclista 2007
Na XXII edición do Día do Ateneo (2009)
Na Romaría Vikinga do ano 2008
agora son os teus veciños, pero todos eles si che coñecían a ti por seren dos nosos. Estou seguro que che habían de dispensar a debida acolleita. Sempre abriches o paso de cadansúa das marchas ciclistas polas rúas e pistas de Catoira, de seguido mirarás agora por onde han transitar as novas rutas que marques, experiencia levas dabondo.
Q
In memoriam
C
por Miguel Ángel Lorenzo
uédannos as escalas que soben ao mástil do Ursula Galeón que, de feito, levan o teu nome porque así é de lei, Cadanseu dos peldaños garda impolutas as túas pegadas rememorando a túa presenza marchitada pola ausencia. A túa ansia eficaz, innata na propia personalidade, contribuíu nos labores primeiro de reforma do navío, e logo de disfrute dos inmensos momentos só entendibles por quen, en tantas ocasións, leva compartido travesía a bordo nos desembarques nas Torres.
orren tempos de ida nas entrañas do Ateneo Vikingo, Manolo Suárez (Manolito o da Sra. Adela, dinlle na súa strañarémosche o día do Ateneo e tamén no San Sibrán Valga natal) arrancou unha viaxe de ida en busca dun novo pero o teu recordo permanecerá. sitio, seica no posto de vixía, fiel gardián das nosas vindeiras vicisitudes, contemplarasnos por sempre e guiarás os nosos Manolo, por sempre, ti es o Ateneo Vikingo pasos en diante. Poida que non coñeceses á maioría dos que
E
Nº 184
XANELA ABERTA
Lembrando a Manolo
agosto - abril 2016
5
Vikinga - 2013
No Magosto do Ateneo - 2005
Tratando de quitar o Ursula á altura de Bamio setembro de 2005
Coa Delegada de Turismo na sede do Ateneo - 2006
Romaría Vikinga 2006
Romaría Vikinga 2006
Nº 184
XANELA ABERTA
agosto - abril 2016
PREMIOS MESTRE MATEO 2016 Catoira estará moi ben representada. Nominados para Música orixinal
-
Manu Conde (Por Serramoura. Cap. 14-36). Manuel Riveiro (Por O Descoñecido). Sergio Moure de Oteyza (Por Lobos sucios). Zeltia Montes (Por O médico certo).
O videoclip "A insignificante historia do home astronómico", do gaiteiro de Bamio Cristián Silva, realizado por Nuria Bouzas, de Abalo, tamén conseguiu colarse entre os nomeados aos Premios Mestre Mateo.
Manu Conde. Músico
Roi Casal con Pablo Milanés
Manuel Riveiro
T
Olalla e Chus,
amén outros músicos de Catoira están a directoras de triunfar nas distintas especialidades. Así Roi O Rei da Selva Casal e o seu grupo estiveron en Cuba a “grabar” un disco ca colaboración de Pablo Milanés. Nuria Bouzas Chus Ferreira Castaño segue a ter gran éxito co seu grupo Coda ca representación, agora en galego, de O Rei da Sabana. Álex Casanova ou os compoñentes do grupo Milladoiro. O gran traballo que está a levar a cabo a Escola de Música Municipal de Catoira e a Banda. Todo isto sen contar con outros vocalistas e músicos de grupos ou orquestras que están a triunfar nas súas formacións respectivas. Todos eles poñen moi alto o nome de Catoira no “mundiño” da música■
Alex Casanova
6
Nº 184
XANELA ABERTA
agosto - abril 2016
7
P IRAGÜÍSMO AS TORRES PROBA NOVAS TéCNICAS DE ADESTRAMENTO
O
s palistas de As Torres xa probaron un novo aparello, da empresa Biomechanics, para mellorar a potencia e a técnica dos nosos kayakistas e canoistas. Este é un produto deportivo innovador, creado para acelerar os procesos de aprendizaxe dos xestos deportivos, así como corrixir e mellorar os anteriores “vicios” posturais.
O club As Torres ten un novo patrocinador trátase de SATEPESA a empresa que dirixe Jesús Riveiro e que ten a súa sede en A Estación.
CARLA FRIEIRIO CAMPIONA GALEGA DE INVERNO O Club As Torres logra, con Carla Frieiro, a vitoria no Campionato Galego de Inverno na categoría Muller Cadete K-1 sobre a distancia de 5.000 m.
O
6 de marzo, celebrouse no encoro de Verducido o Campionato Galego de Inverno para as categorías Cadete, Xuvenil, Senior e Veterano, no que participaron todos os clubs de piragüismo de Galicia. As Torres desprazou a esta regata cuarenta piragüístas. Carla obtivo a victoria cun tempo de 24 minutos e 49 seg. Estaban inscritas nesta regata 58 palistas■
Nº 184
XANELA ABERTA D
E
P
O
A columna por Pepe Castaño Dios
César Lombera, artista, e Miguel Jones.
E
ste recoñecido escultor é vasco de nacemento pero exerce de catoirés e galego dende o primeiro intre no que se instalou en Abalo coa súa compañeira Asun. Lombera fai marabillas co arte popular, aí están as “Marías” e outras obras que se exhiben nas principais cidades galegas. Pero é que César fixo moitas cousas na súa andaina profesional, como por exemplo as montaxes para Benedicto, o cantante de Voces Ceibes, e outras actividades moi dispares, como restaurar cabezudos… ou dirixir con gran éxito a Romaría Vikinga nos seus mellores momentos. Poderíame estender na biografía, na súa relación cunha morea de personaxes da cultura e do arte, e na súa faceta de home bohemio como calquera artista que se prece. Pero non é o caso. E a estas alturas xa se preguntarán que é o que pinta Lombera nesta sección que mergulla deporte e anécdotas curiosas, sen deixar atrás algúns relatos que axudan a coñecer mellor a parte antropolóxica da nosa sociedade. Pois acontece que de calquera persoa podemos sacar algo que o implique nese mundiño por moi pouco interese, ou case ningún como é o caso, que este home teña polo deporte.
C
ésar Ángel Clemente Lombera Moret, que é o nome completo do noso personaxe nace en Baracaldo no ano 1953, porque “un bilbaíno puede nacer donde le de la gana” (non se pode descartar unha posible relación familiar co tamén “baracaldés” Javier Clemente, da mesma época). Dende os primeiros pasos a súa vida vai descorrer moi apegada a do seu avó. Este avó foi un toureiro de certo prestixio, pertence a unha camada de diestros vascos que facía corridas e triunfaba nos primeiros anos do século XX. O seu nome artístico era “Morenito de Baracaldo”. Pero resulta que este home si que era un gran afeccionado do fútbol, e foi directivo do Baracaldo durante moito tempo. Cando este equipo militaba e triunfaba na Segunda División. Así que Morenito de Baracaldo fai socio do equipo a César cando
R
agosto - abril 2016 T
E
8
S
este só contaba con un ano de vida. No 1957 este home decide levar ó neto na viaxe que o Baracaldo realiza á Coruña para enfrontarse ó Deportivo. O neno, de tres anos nestes intres, permanece todo o traxecto do autocar no colo de un xogador do club que resultou chamarse Jones. Por esas datas os nenos da época estabamos loucos na procura dos cromos dos futbolistas. Recordo que a min me resultaba enternecedor a visión de un tal Jones, porque en determinado momento era o único negriño da colección. Estaba un moi lonxe de imaxinar a existencia desa relación de Lombera con el.
M
iguel Jones Castillo ten unha historia interesante. Nace en Fernando Poo, na Guinea Ecuatorial de agora, antes Guinea Española, no ano 1938. Chegou á Península no 1943 xunto cos seus pais Wilbardo e Susana e seis irmáns. Instaláronse en Bilbao, onde xa estudara o pai, cousa que tamén fai Miguel, que acada a carreira de Económicas na Universidade de Deusto. Porque esta familia era adiñeirada. Miguel Jones era un portento físico, mesmo facía grandes marcas en atletismo, e xogaba en calquera demarcación, menos de porteiro. O quixo fichar o Athletic de Bilbao, pero a Directiva non se atreveu, debido a cor da pel. Non por racismo, porque fose negro (como se insinuou), senón pola política do club de ter só xogadores nacidos nas Vascongadas. Así que, despois de xogar en Baracaldo e Indautxu, ficha polo Atlético de Madrid. Alí ten unha carreira de 8 anos, acadando 1 Recopa, 1 Liga e 3 Copas. Foi seleccionado 3 veces. Marcou 58 goles, pese a xogar ás veces de defensa ou mediocampista. Nunha ocasión, xogando contra o Elche, o marcaba Llompart e este non podía con Jones, Entón, o arxentino ilicitano Forneris, vendo a situación, achegouse ó marcador e lle dixo: “Hazle el teléfono”. Como Llompart non entendía, o arxentino tivo que explicarllo: “En cuanto vaya a un balón alto le pones la bota en la oreja”. O central aplicou o conto, e anos despois recordaba: “Se puso blanco y no volvió a moverse”. Retirouse no Osasuna e pasou a ser 15 anos Directivo do Indautxu. En realidade Jones foi o segundo xogador negro da Liga. O primeiro foi Lahcen “Chicha”, do Atlético Tetuán, pero este non tivo a repercusión e historial de Jones. Miguel, foi moi amigo de Luís Aragonés. Por iso, cando acusaban a este de racismo, Luís sempre argumentaba que como ía ser racista se o seu mellor amigo, Miguel Jones Castillo, era de raza negra. Coido que xa ninguén me preguntará que pinta César Lombera nesta “columna”