Xanela 185 de maio a decembro de 2016

Page 1

6 1 0 al 2

i c e p Es ANO 2016 REVISTA

MAIO - DECEMBRO OFICIAL DO “ATENEO VIKINGO”

Nº 185 - CATOIRA -

w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m

Sergio Álvarez deséxalle a todos os lectores da XANELA un Bo Nadal.


Nº 185

XANELA ABERTA

INICIATIVA

O campo de fútbol de As Lombas deberá levar o nome de “Sergio Álvarez” Pepe Castaño Dios

O

fútbol se converteu nun fenómeno mundial. Para moitos nunha relixión. Os futbolistas actuais son como estrelas do rock. As nenas e nenos amosan con orgullo as fotos dos seus ídolos nas carpetas do colexio, nas mochilas, nas libretas. Millóns de persoas se fixan neles e os seguen a diario polos medios de comunicación. Entre eles a Sergio Álvarez, un mozo de Catoira que co R.C.Celta leva o nome do noso concello por toda Europa. O fútbol xa non é unha cousa da plebe que os gobernos usaban para tapar as súas fechorías e incapacidades.

maio - decembro 2016

2

ascendía, xogaba o Mundial de Clubs, aparecía, desaparecía – Villorio dí que resucitaba- . Así que o club da súa alma tivo varias resurreccións. Contaba nun ensaio o gran escritor mexicano: “Cuando vino la resurrección, muchos seguidores apoyaban otras alineaciones, sin más virtud que ser reales. El estadio estaba tan vacío que se volvió célebre una broma. Una persona llamaba para preguntar: “¿A qué hora juega el Necaxa?” “¿A qué hora pueden venir?”, respondían”. Tal foi o desinterese pola marcha do equipo que o decidiron trasladar a Aguascalientes. Alí aconteceu algo asombroso. Había un enxamio de xaponeses que traballaban na planta ensambladora que a marca Nissan ten nesa localidade.

C

ando os nipóns viron o equipo se volvían loucos de paixón e o apoiaron a morte, o mesmo que a firma de

É

moito máis ca iso. Os máis afamados científicos e literatos son seguidores e levan as súas peripecias ás novelas, ensaios ou contos... Juan Villoro, mexicano, é un dos mellores escritores en lingua española. Un dos seus grandes libros se titula: “Dios es redondo”. Nel fai un percorrido polos mundiais de Italia 90, ou Francia 1998, entre outros, seguindo pequenos e autos. ¿Motivo? As cores do equipamento do Necaxa eran grandes momentos dos mesmos, sobre todo a figura de brancas e vermellas, igual que a bandeira do Xapón. O Maradona. equipo comezou a medrar de novo e mesmo chegou a ser un dos mellores da Primeira División. ero non vou a contar o contido da obra. Me vou a

P

A

quedar ca cita que Villorio elixiu para abrir este migos lectores... ¿considerades necesario que vos compendio de textos. Escolleu a descrición que un neno de explique a motivación de pedir para Sergio Álvarez sete anos fixo no colexio cando lle mandaron que narrase a Conde, “o gato de Catoira” que o campo de fútbol do seu orixe do mundo. Este neno se chamaba Rodrigo Navarro pobo natal pase a levar o nome do porteiro vikingo?... Morales. Escribiu o seguinte: “En el principio Dios iba a la Estamos da cordo. Así debe ser e así ha de ser escuela y se ponía a jugar al fútbol con sus amigos hasta que llegaba la hora de irse a sus salones. Aunque Dios sabe muchas cosas, quiere aprender más y hacer cosas nuevas. Un día Dios dijo: “Hoy trabajé mucho y es hora de ir al recreo”. reo que podo escribir que todos os membros do Dios y sus amigos se pusieron a jugar fútbol y Dios chutó tan Ateneo Vikingo apoian esta iniciativa de denominar duro la pelota que cayó en un rosal y se ponchó. Al explotar ao campo de As Lombas co nome do, sen dúbida, la pelota, se creó el universo y todas las cosas que mellor xogador de fútbol de todos os tempos no concello conocemos”. de Catoira. Esta suxerencia facémola extensiva á

APOIO do ATENEO

C

I

nda que Juan Villorio é un gran barcelonista (o seu pai naceu e viviu en Barcelona), adoita contar historia e historias do equipo do seu barrio mexicano: o Necaxa. Este equipo tivo moitos vaivéns. Era campión, descendía,

Corporación Municipal para a súa valoración. Estamos seguros que este é o sentir xeral do pobo de Catoira. Juan J. López (secretario do Ateneo Vikingo e coordinador da Xanela).


Nº 185

XANELA ABERTA

maio - decembro 2016

3

Os manolos “Manu Riveiro e Manuel Isorna, protagonistas” MANU RIVEIRO

MANUEL ISORNA

on sempre un artista de Catoira acada un premio Mestre Mateo en calquera das súas especialidades. Manu Riveiro ven de facerse co da mellor banda sonora orixinal composta para a película “El desconocido”. Pero resulta que non soa a flauta por unha casualidade. Manolo leva traballando na composición musical dende fai tempo e con moito éxito. Fixo música para series de televisión e películas, para obras de teatro como a da Romaría Vikinga, compuxo para bandas... e segue a tocar no grupo Milladoiro. Un músico e artista dos pés á cabeza. Por iso o queremos resaltar dende estas páxinas. Porque sabemos que ten unha gran carreira por diante. Porque sabemos tamén que vai a continuar ca mesma humildade e sinxeleza que ate o de agora veu amosando. Porque é moi posible que este non sexa o derradeiro premio e recoñecemento que vai ter. Porque así o ámbito musical do concello de Catoira seguirá a producir talentos que leven o seu nome por toda a xeografía nacional e internacional. Estamos seguros que isto vai ser así e Manu volverá a morder máis estatuíñas. E se é deste xeito aquí estaremos nós para o destacar e valorar como se merece. Porque será o resultado dun traballo ben feito. Será igualmente a continuidade no tempo dunha saga de músicos da casa Riveiro que xa fixeron historia no eido musical de Catoira. E que a seguirán a facer porque Manuel non é o último membro da familia que se desenvolve con acerto cas notas musicais. Neste remate do ano 2016 Manu Riveiro puxo a Catoira no mapa das artes de Galicia. Parabéns para ti e toda a túa familia. Recibe a nosa admiración e agarimo■

adrileño” é un deses personaxes dos que un sabe que ten que destacar e valorar na súa xusta medida. Pero como esta medida resulta ser de un nivel moi alto, un vai esperando atopar o momento xusto de o facer. E así vai pasando o tempo e non se fai a xustiza que esta persoa se merece. Por iso cando hai unhas semanas nos atopamos con unhas declaracións de Manuel nas que expresaba a súa intención de abandonar dalgún xeito a súa presenza no Club de Piragüismo As Torres, a un lle asaltan na cabeza un montón de remordementos e sensación de culpabilidade por non ter valorado como se merece a labor e a figura deste home. Aducía con razón que non se valoraba o seu traballo. Sen entrar en consideracións dos detalles ou circunstancias que o levaron a levantar a voz, sen ter en conta se é unha firme resolución ou unha quentura pasaxeira. Polo que queira que sexa, nos apresuramos aquí a poñer en valor as condicións e valores deportivos de Manuel Isorna. Se en cada número desta publicación destacamos merecidamente a valía de un deportista como Sergio Álvarez, do que afirmamos que é o mellor de Catoira de todos os tempos, a continuación do porteiro das Areas debe figurar por méritos propios o nome de Manuel Isorna, “Madrileño”. Falamos de deportistas en calquera das especialidades. Non é necesario resaltar aquí agora a importancia das Torres no noso deporte. E o nome das Torres non se entendería sen o de “Madri”. Somos conscientes tamén que dende dentro do Club se valora a esta persoa. Non sería posible que fora de outro xeito. Pero se Manuel sinte que que esta valoración non se manifesta en feitos que el considera xustos, chegou a hora de reconsiderar a situación e resolver calquera diferenza que puidera existir. E non se debería tardar moito en ir pensando en algo extraordinario. Nunha homenaxe popular e institucional que a figura desta persoa está a pedir a gritos. Non algo interno, das celebracións do propio Club, senón a nivel nacional ou internacional, polos que xa é recoñecida esta figura. Algo que xa se ten gañado. Valoremos o que temos como se merece. Neste caso ó adestrador e organizador de eventos se lle une o seu perfil profesional no campo das drogodependencias. Desculpas Madri pola tardanza en manifestar dende aquí tanta admiración. Tentamos que este comentario sexa positivo, non é unha crítica contra ninguén. Nunca será tarde demais se prende a idea e as cousas se fan como se teñen que facer. Grazas por tanta dedicación, por tanto traballo, por tantos éxitos para Catoira. Por facer das nenas e nenos, de mozas e mozos, mellores deportistas, mellores persoas■

N

M


Nº 185

XANELA ABERTA

maio - decembro 2016

4

Marcharon no 2016

Fleitas

É

a primeira baixa definitiva de aquel equipo xuvenil do Catoira dos anos 1969-70. José García Iglesias, Fleitas, quedouse co alcume por aquel xogador do Real Madrid, Sebastián Fleitas Miranda. En realidade só tiñan en común que eran morenos. Porque aquel Fleitas, paraguaio, era un dianteiro hábil e miúdo. Con el chegou a lenda do desatascador que saía dende o banco para revolucionar os partidos. Xogaba mellor cando saía de refresco que cando actuaba de titular. Por outra banda o noso Pepe Fleitas era un defensor forte, non exento de técnica (lonxe da do seu fillo, Neno, pero noble igual que este) e moi contundente, impulsivo, como era el. Por desgraza non o disfrutamos moito no Club Catoira, xa que por motivos laborables moi pronto abandonou a práctica do fútbol federado. Agora deixounos con tan só 61 anos. Na nosa memoria queda aquel portentoso partido no que se derrotou ó Pontevedra nas Lombas por 3-0. Aquel día o Catoira, adestrado polo santiagués Cea, aliñou con Santos; Fleitas, Santi, Zoco, Silva; Dios, Caché; Costiñas, Ignacio, Tono, Caché II. Sempre estarás nos nosos pensamentos, Pepe Fleitas.

Bar Chispa

A

Alicia

O

fútbol, e o deporte en termos xerais, non só está representado polos futbolistas. Ó seu arredor se move unha serie de xente que resulta imprescindible para que o espectáculo poida desenvolverse. Directivos, técnicos, socios, colaboradores, afeccionados… forman parte dun club. Entre estes últimos estivo toda a súa vida Alicia Sobrino. Para ela o Club Catoira era a súa casa, parte da familia, da vida. Cada fin de semana, cada día, cada partido ela estaba nas Lombas, para animar a calquera que levase o escudo do Club Catoira. Xa fosen seniors, xuvenís, prebenxamíns, infantís, veteranos… daba o mesmo… pois dende a cantina ou dende o fondo sur se oía a voz de Alicia con un grito de ánimo. Aledándose máis que ninguén nas vitorias e sufrindo tanto coma calquera nas derrotas. Moito a van botar de menos Olguita e Ivana. E todos os que medramos no entorno do campo das Lombas, unha detrás de outra xeración. Querémoste, Alicia.

quí non morreu ningunha persoa. Morreu o bar, que pecha as súas portas por xubilación dos seus propietarios Pepe e Dolores. Podería ser o peche de un establecemento máis, pero non é así. Porque na recta de Santa Baia, no Chispa, se levou a cabo unha actividade deportiva durante moitos anos como foi o futbito. Abriu as súas portas no ano 1983. Meses despois nunha tarde chuviosa da primavera, entre Enrique Sobrino e o que escribe convencemos definitivamente a Pepe que sería unha gran idea montar un campo para a práctica de un deporte que empezaba a arrasar naquela época. Esa mesma tarde xa tomamos as medidas e nacen os Campionatos de Liga, 24 Horas, e demais modalidades. Centos e centos de practicantes, centos e centos de espectadores, partidos de casadas contra solteiras, de nenos, de maiores… Poderiamos empezar a citar nomes tanto de equipos como de xogadores e un sinfin de anécdotas… pero non queda espazo e iso xa me da a min para outras novas historias, que verán a luz noutra ocasión. Inda non acaba de pechar as portas e xa sentimos nostalxia do Bar Chispa.

Mario, José Luis, Lora

N

o peche desta edición da Xanela chegan novas pouco alentadoras para este mundo do fútbol de Catoira e contorna. Mario “o panadeiro”, aquel estremo de Campaña que tanto nos fixo aledar nas Lombas acaba de finar. O mesmo que José Luís Rodríguez Castiñeiras e Lora, que sendo de Cordeiro e gran capitán do Cordeiro, era para os de Catoira coma da casa. Todos eles con unha idade que non facía temer tal desenlace. DEP. 


Nº 185

XANELA ABERTA

maio - decembro 2016

5

Marcharon no 2016 ◄ Lora (primeiro de pé pola dereita) co seu equipo do Cordeiro no campo de Baño no ano 1973. Equipo do Catoira nas Corticeiras (Caldas de Reis) De pé: Chiqui, Carlos, Quico, Presi, Mero, Quintas, Juan, Marino, Pepe Dios, Mario e Atilano. Agachados: Frois, Tucho, Xan, Torrado, Caché, José Antonio e Nino.

◄ No campo de As Lombas. Pepe Dios, Xan, Dani, José Luis Rodríguez e Carou. Fleitas (segundo de pé) no campo de A Lomba 


Nº 185

XANELA ABERTA

maio - decembro 2016

6

MISCELÁNEA 2016

▲Homenaxe a Moure como recoñecemento aos anos ao fronte da Comisión de Festas de San Antonio.

▲Dende finais de agosto Catoira xa conta cunha pista de pádel. A súa construcción supuxo unha inversión de 30.000 euros. ◄ Manu (neto de Ramiro e Puri) outra promesa de Catoira na canteira do R.C Celta.

▲ Ven a xogar connosco!!! Con este slogan o Catoira tamén trata de potenciar a súa canteira animando aos rapaces a facer deporte.

▲O helicóptero repostando nas Pedras Miúdas en pleno incendio. ◄ As futuras promesas do piragüismo posan diante da entrada do Club


Nº 185

XANELA ABERTA

maio - decembro 2016

7

MISCELÁNEA 2016 ◄Á Selección Española Sub 16 Iker Losada Aragunde, de Catoira de Arriba (01-082001), fillo de Chús e Salva, foi convocado para un adestramento da selección española Sub 16 nas Rozas entre o 26 e 28 de Setembro. Iker ten 15 anos e xoga de mediapunta no cadete do R. C. Celta. O seleccionador Santi Denia convocou a 24 xogadores. Iker é un mediocampista de carácter ofensivo que destaca pola súa facilidade para marcar goles, podendo xogar en calquera posto da fronte do ataque. Augurámoslle un gran futuro. Noraboa.

▲Fátima e Catuxa, mundialistas en maratón. Aquí as vemos en pleno esforzo nun porteo. ▲Mónica Touriño, campiona de España en esprint. Impúxose na proba celebrada en Soria Mónica fixo realidade uno dos seus grandes obxectivos ao proclamarse campiona de España de mushing sobre terra na modalidade de esprint na proba que se celebrou na localidade soriana de Ólvega. Competiu co seu can Nepal e logrou unha vitoria máis que clara sobre a segunda clasificada. ◄ Jéssica Bouzas na academia de David Ferrer. A gran promesa do tenis firma cun dos centros de formación máis reputados de España co obxectivo de xogar o Grand Slam Júnior nun prazo de 2 ou 3 anos.


Nº 185

XANELA ABERTA

maio - decembro 2016

Estas non paran. Agora apañando castañas.

D. Manuel e Javi.

Os de Fernando

Que poñedoras estaban as galiñas!

A vendimar todo o mundo!!

Emilia Curros e as sopas borrachas... que pinta teñen!

Antonio e Jorge

Suso de Petra e Juan de Nicolás

8


Nº 185

XANELA ABERTA

maio - decembro 2016

Festas en Santa Baia

Manolo e Suso. Padriño e afillado. Catro xeracións de Catoira A festa da solla é moi dura...

Embotellando no Ribeiro Benxamín e Neno. Atentos á banda.

Moncho, Ovidio e Bañista cos mexilóns despois da andaina

A noite é nosa.

9


Nº 185

XANELA ABERTA

maio - decembro 2016

10

Escoitando a banda de Catoira.

Nieves, Argentina e Seso no teatro.

Montse e filla (Chicas de Abalo)

Este Miguel…!

Dimo en Festas.

Polo descorchando na Fonte Gaiteira.

Tele-Catoira.

Nas festas de Catoira.

Moitas grazas a Juan Correa pois moitas das fotos que aparecen neste número especial da Xanela son súas.


Nº 185

XANELA ABERTA

maio - decembro 2016

Santos preparando a actuación nas Torres.

As Olgas con Roberto Vilar

Co actor Luis Zahera “Petróleo” en Catoira

Milladoiro actuou en Catoira. Xa era hora!

Con Touriñán en Balaídos no derbi Celta - Depor

11


Nº 185

XANELA ABERTA D

E

P

O

A columna por Pepe Castaño Dios

ZUNZUNEGUI

A

ló polos anos 1960, en pleno auxe e expansión da construción por toda España, unha empresa rexentada por xente de Gondar, triunfaba e levaba a palma sobre todo pola Costa do Sol, Cataluña, Bilbao… Se trataba de Construcciones López Conde S.A. e a súa cabeza visible era Carlos López Conde, ou sexa Carlos de Cándido. Bastante xente de Catoira traballaba nesta compañía, por citar algúns Juan López Castro, Manolo de Clementina, Manuel de Elvira, Paco Castromán, Paco de Ventura, Tino Champanela, Pepe de Rafael, Faustino de Xan... Carlos era un xefe que non tiña problemas en facer ostentación da enorme riqueza que adquiriu por esas datas. Partidas de póker, organización e participación por España e Portugal de tiro ó prato… Na época de Cataluña eran sonadas as noites de festa, moitas veces con actuacións de LOS TAMARA, outras cos AREEIRAS… Así que esta xente tamén mantiña relación con persoas famosas. Entre elas estaba Amancio, o futbolista do Real Madrid, sen dúbida un dos mellores do mundo por aquel entón.

C

on motivo de un Sabadell-Real Madrid, Carlos acudiu a xuntarse co equipo branco co gallo de saudar ó seu amigo Amancio. O encontro foi na discoteca do hotel de concentración do Madrid. Un grupo de escoltas protexían ós xogadores brancos. Amancio introduciu co equipo a Carlos López e, Tino de Moure, que

Barcelona, 4 de novembro do 1968

ía con el, quedou descolgado. Tino xe se vía perdido naquel lugar de luxo e sen cartos no peto, pois Carlos lle dixera que non eran necesarios. Pero en un momento de aquel rebumbio conseguiu contactar con Carlos e Amancio, e estes o meteron no grupo de xogadores. Era tal o baño de masas que se estaban a dar os merengues que a Tino mesmo se lle pasou pola cabeza facerse pasar por un deles. Declinou ceder á tentación. Cando Amancio o viu alí tan tímido e medio asustado, achegouse a el e bisboulle ó ouvido: “Non te quedes aí pasmado, di que es

R

maio - decembro 2016 T

E

12

S

Zunzunegui, que acaba de fichar e non o coñece ninguén, e móvete con nós”. Valentin dubidou… pero en canto observou a cantidade de mozas guapas que se lanzaban polos xogadores, mudou de idea, e na súa vida asinou tantos autógrafos. Iso si, todos co nome de Zunzunegui.

F

ernando Zunzunegui (1943–2014) era un defensa vigués que procedía do R.C. Celta (3 tempadas), onde chegou a ser internacional xuvenil, e no Real Madrid (8 tempadas, 4 ligas, 2 copas) acadou bastante éxito. O que nunca soubo Zunzunegui e que un de Catoira o substituíu nunha noite catalá ó pouco de fichar polos brancos. Os traballadores da empresa mesmo teñen organizado algún partido entre eles ou contra outros aló por Barcelona. Entre os participantes estaba Marcelino, o agora recoñecido cociñeiro, que non dubidaba en facer entradas moi violentas sobre os contrarios. Tal foi a súa sona que por aquel entorno xa o coñecían co alcume de “pié duro” (Claro que aquí no Catoira tamén tiñamos algúns que non quedaban atrás á hora de entrar forte, así a Juan José de Elita lle chamaban: “o acorazado”). Esta empresa construía grandes edificios. Pero tamén outro tipo de obras, como a reconstrución de unha das bancadas de Balaidos. A xeito de curiosidade dicir que os traballadores de Valentín Rey Moure Catoira, entre eles Satiro, José o Sancristán e outros, trouxeron para as súas casas restos da bancada antiga, moita madeira, entre ela algúns puntóns que mesmo hoxe en día están colocados en algunhas viñas do noso concello. A empresa López S.A. morreu de éxito no seu día. Agora outras do noso entorno están a realizar obras das que sentirnos orgullosos. Así EXTRUGASA estivo a poñer as estruturas do Estadio de Brasil que acolleu as Olimpiadas e Astaleiros do Ulla ven de botar un barco, o atuneiro KANTAURI, para o Pais Vasco, un prodixio de modernidade cos mellores materiais do mercado. Que Zunzunegui (1943-2014) cunda! 


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.