ANO 2015 REVISTA
OFICIAL
DO
XULLO “ATENEO VIKINGO”
Nº 183 - CATOIRA -
w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m
ullo Sábado 18 de x
O
sábado 18 de xullo celebramos o DÍA DO ATENEO nas Torres de Oeste cun xantar de confraternidade para tódolos socios e o tradicional “pasarrías” no Úrsula. Para xantar teremos: pan, viño do país, mexillóns ao vapor, churrasco e café. Todo amenizado cos sons da gaita galega. Lembramos que os acompañantes dos socios que desexen asistir deberán pagar 15 € .
TEATRO
O
grupo de teatro “Airiños” de Asados (Rianxo) en colaboración co Ateneo Vikingo representará nas Torres de Oeste, antes de que empece a comida, a obra “O vikingo impenitente” cuio texto reproducimos neste número da Xanela.
Curso de Verán de Piragüismo Catoira
Nº 183
XANELA ABERTA T
O VIQUINGO IMPENITENTE
E
A
T
xullo 2015 R
2
0
Comentario e introdución a un episodio memorable vivido nas Torres de Oeste co cura poeta de Isorna exercendo de anfitrión. Por Xesús SANTOS
C
ando aquela tardiña de finais de xullo de 1962, Don Faustino invita aos tres mosqueteiros de Asados a pasar unha noite de vixía na fortaleza de Oeste, onde estaba o pescador do Ulla, Pedro o Montañés co meco varado a sotavento da torre de homenaxe, non podiamos imaxinar que aquela extravagancia de Don Faustino Rey Romero acabaría sendo o teatro do imprevisto con reencarnación de personaxes históricos . Bastou unha noite de ensaio entre copas e delirios escénicos, acrecentados con soños de nobreza, para acabar converténdose no xerme do que, aínda hoxe 53 anos despois, segue a ser a distracción favorita dunha boa parte da veciñanza. E menos aínda podiamos pensar que o desembarco viquingo atraería a multitudes, tal como hoxe acontece. Foi a herdanza que a Catoira lle deixou o celebrado “crego dos merlos”. O que si vos podo asegurar e que algúns amigos da Estación trataron de impedirnos de que fixeramos tal cousa, porque o río era un lugar frío para estar toda a noite sen máis abrigo que un cobertor e unha sotana. E inclusive houbo dúas persoas que nos deron as chaves das casas para tentarnos a cambiar de idea. Pero don Faustino non atendía razóns. Tiña outra idea e outras razóns que daquela non alcanzabamos a comprender, pero hoxe, si. Nese escenario de fascinación estaban presentes tamén os tres convidados noitébregos, como actores proclives á versatilidade: Ramón R. Sende, Xosé Luís Axeitos e un servidor Xesús Santos. E como non hai aventura cabaleiresca sen damas: as mozas ribeirás do Ulla foron “dulcineas quixotescas” xurdidas no plenilunio das xunqueiras. O carácter histriónico do noso clérigo poeta, propenso a revestirse de púrpura, xunto coa maxia das Torres, a complicidade da noite con vento nordés, lúa chea e marea viva, e as reiteradas invocacións ao arcebispo guerreiro, fixeron posible que aquela madrugada revivira o espírito de Don Diego Xelmírez na persoa do reverendo de Santa María de Isorna. Esta conxunción astral tamén posibilitou que o descaro e bravura do último descendente de invasores nórdicos, Ulfo o Viquingo, se manifestara no xenio de Pedro o Montañés. Figuras de antepasados que ata aquela velada permanecían secularmente durmidos entre os vetustos muros do castelo. Xesúa Santos A nosa estancia á intemperie non foi por moito tempo, porque tan pronto o carismático cura de almas, e compañeiro de fatigas, foi ascendido ao rango de arcebispo e coroado cos atributos correspondentes á súa dignidade, acudiu solícito a recibirnos con todos os honores na mesma porta do Salón Nobre do Castellum Honesti e, para noso asombro, concédenos o honor de sermos seus hóspedes, e participar dunha xornada oficial de palacio con todo o seu fausto, como podedes intuír; porque, en realidade, todo o que sucedeu a partir dese momento é secreto de estado. O que si vos podo dicir é que o que hoxe aquí vedes como ruínas, desolación e silencio, foi esplendor, poderío, vida política, social e cultural intensa; pero tamén lugar de revoltas e de intrigas cortesás. Quero ofrecerlle este texto conmemorativo de fai máis de medio século de existencia, aos amigos do “Ateneo Viquingo”. E, por suposto, aos que foron atenienses da Cantina , (sede e sedante do Ullán na década dos 60) con Baldomero Isorna e Faustino Rey á cabeza, pois deles foi o protagonismo. E tamén a todos aqueles directivos de CEDONOSA e a outros colaboradores anónimos que, durante unha chea de anos, mantiveron viva esa ilusión ata lograr facela patrimonio do pobo. Logo elevada ao cumio da exaltación, como festa de interese turístico internacional, baixo a custodia institucional do Concello de Catoira. E ademais este recoñecemento quero facelo extensivo a todos os veciños e veciñas de Santa Baia do Oeste e aos de San Miguel de Catoira, actores directos, ou indirectos, desta singular historia. Podería citar outros nomes que conservo gratamente na memoria, pero temo que, involuntariamente, caia no esquecemento dalgún, e sería un feito lamentable para min.
“O VIQUINGO IMPENITENTE” (Teatro histórico)
A
trama desenvólvese no marco senlleiro do Castelum Honesti con personaxes ambientados no s. XIII. Trátase, pois, dun escenario natural á sombra das centenarias torres, e ó amparo da vetusta capela do Santo Apóstolo, patrón das Españas, que son baluarte de Compostela e avanzada da Europa peregrina. Personaxes
Actores
ARCEBISPO: ULFO: SECRETARIO: AXUNDANTE DE CÁMARA: EMBAIXADOR DE CHARIÑO: MONXES SOLDADOS: DONCELAS:
Faustino Rey Romero Pedro Montañés Xesús Santos Ramón R. Sende Xosé Luís Axeitos Árbores uniformados con luz de lúa Seis estrelas na noite: Flavia, Azucena, Margarida, Rosalía, Rosaura e Violeta. ESCENOGRAFÍA
No escenario hai dúas cadeiras engalanadas, dispostas para o Arcebispo e máis para o Embaixador Hai que dispor, asemade, dun pergameo, que levará o embaixador de don Paio, cunha copia dos versos de Chariño. “ As frores do meu amigo / briosas van no navío... “ Tamén hai que ter un pequeno recipiente con auga e unha cuncha de vieira. Pode haber, ademais dos estandartes coas insignias da igrexa compostelá, outros obxectos litúrxicos que se consideren de interese para a ocasión, sen esquecer a cruz e o anel pastoral. O arcebispo usa o castelán como presaxio de lingua dominante. Servidores e vasalos usan a fala do pobo. Ademais do dito hai outros anacronismos que se poden considerar licencias dramáticas. A acción comeza coa chegada do arcebispo acompañado de monxes soldados portando estandartes, como corresponde a un bispo guerreiro daquel tempo. Van provistos de espada ou puñal. Sona con forza o “Himno ao Apóstolo”, que lle dará máis solemnidade ao acto. O Arcebispo, provisto de báculo, bótalle a bendición aos presentes. Deixa o báculo, séntase e abre o diálogo):
Nº 183
XANELA ABERTA
xullo 2015
3
ARCEBISPO.- Que asuntos nos ocupan esta jornada, secretario. ¿Hay algún despacho oficial? SECRETARIO.- Si, Eminencia, temos a presentación de credenciais do embaixador de Don Paio Gómez Chariño de Soutomaior, Almirante do Mar, Primeiro Señor de Rianxo e ilustre compositor dos cancioneiros. ARCEBISPO.- Bien, hacedlo pasar sin más demora. (O secretario mándao pasar) EMBAIXADOR.- (Entra, seguido de seis fermosas doncelas. Adiántase, faille a reverencia de rigor e bícalle o anele fala) Ilustrísima : Prégolle que acepte, en nome de Don Paio, a ofrenda destas doncelas, como sinal de agradecemento pola xente que a vosa Eminencia lle recrutou entre os vasalos das terras de Iria - Flavia, Valga e Catoira, para acompañar ó meu señor Chariño á conquista de Sevilla e liberala de mouros. (Flavia, Azucena, Margarida, Rosalía, Rosaura e Violeta, forman fila para cumprimentar ó Arcebispo, este, compracido, recíbeas dunha en unha e pregúntalles o nome. Elas bícanlle o anel e fanlle a reverencia). ARCEBISPO.- Ahora, mis amadas doncellas, mientras despacho con el señor Embajador de Don Paio asuntos oficiales podéis pasear por los jardines del castillo, para distraeros, pero sin alejaros en demasía. (Saen) EMBAIXADOR.- Ilustrísima, son portador asemade dunhas trobas que compuxo o meu señor don Paio, para que as coñeza en primicia, sabedor do seu exquisito gusto por estas cantigas de amor. (Entrégalle o pergameo seguido dunha reverencia) ARCEBISPO.- (Indícalle que tome asento ao seu lado mentres desenvolve o pergameo) Bien, veremos lo que nos envía en esta ocasión mi ilustre amigo, celebrado autor de los cancioneros. Recita para os presentes (pode ser a cantiga completa que aparece en calquera manual de literatura galega medieval), ao final hai aplausos. Logo aproveitan para falar algo sobre o contido do pergameo. Ao Axudante e ao Secretario failles ademán que se acerquen para ver a cantiga do pergameo. Entre tanto, ULFO, déixase ver ás agachadas polas inmediacións. Ao pouco escóitase barullo e gritos das doncelas, que corren asustadas cara o lugar de partida, perseguidas polo viquingo; pero, ante a presenza das autoridades, para en seco, observa a comitiva e decide fuxir.) ARCEBISPO.- (Increpando ás doncelas) ¿Dó vais insensatas doncellas.? ¿Acaso no os percatais de que con vuestra actitud casquivana podéis despertar la lascivia de gente impía que merodea por los alrededores? ?¿A que vienen aquestos gritos? Subíd presto a mi presencia y respodend de vuestro comportamiento. (As doncelas soben ao escenario e, sobresaltadas, falan en tropel) FLAVIA.Ai, Señor! Fomos á beira do río a lavar as pernas. AZUCENA.Para refrescarnos un pouco ¿non sabe? MARGARIDA.- E de repente apareceu diante de nós un home. ROSALÍA.Un home cornudo que parecía un demo. ROSAURA.E quixo botarse a nós. VIOLETA.Ai, señor, que medo pasamos.! ARCEBISPO.- (Resolto) ¡Esas fechorías son propias de Ulfo el Viquingo! ¡Apresad de inmediato a ese sátiro! (Saen na súa persecución os gardas do arcebispo) ARCEBISPO.- (En ton meloso) En cuanto a vosotras, queridas doncellas, tenéis bien merecido un correctivo por ese baño atrevido e inoportuno . AS DONCELAS.- (Piden todas perdón á vez) Pedimos clemencia, señor, pedimos clemencia. Prometemos non volvelo a facer. ARCEBISPO.- (Solemne) El baño está bien, pero en la intimidad palaciega. Así que no puede haber clemencia sin la debida penitencia. Esta misma noche se os aplicará la penitencia oportuna. (Como meditando) En el silencio de la noche la penitencia es más eficaz y confortante. Retiraos, pues , a vuestros aposentos. (Marchan as doncelas . O Arcebispo comenta o caso co embaixador) (De inmediato aparecen en escena os dous gardas con ULFO apresado, que se resiste a subir diante do arcebispo. Lévano á forza e non o soltan para que non fuxa) ARCEBISPO.- (Póndolle a cruz diante) ¡Vade retro, Satanás! Ulfo el Wikingo, viejo conocido por fechorías y ultrajes a la Santa Madre Iglesia y a los siervos de mi rebaño. Te conmino en nombre de Dios que respetéis a estas criaturas del Señor, y no protagonicéis escenas lujuriosas que ofendan al Creador. ULFO.- ¡Ai, sobispo , que engañado o teñen esas tipas. Eu non fixen máis mal que mirar para elas. (Con descaro coméntalle) ¡Téñenlle boas pernas, eh! ¡Je, je! SECRETARIO.- (Repréndeo baténdolle) Dise señor arcebispo. E fálalle co respecto debido, deslinguado. ULFO.- Ben, ben. Xa sei. Non ve, señor sobispo que o teñen enganado. Son uns pendóns.¡Uns pendóns, que llo digo eu!. ARCEBISPO.- (Entra en ira) ¡Callaos! ¡Hereje impenitente! ¡Bárbaro del norte! Vuestro vocabulario es intolerable y vuestra desfachatez repugna al buen cristiano. Guardad, pues, las formas y sed cautos en las aseveraciones, porque mi paciencia es limitada. Y mi tiempo es oro. Si lo empleo con vós , Ulfo impío, es para salvaros y llevaros a la eterna. (Levanta os brazos coas cruz cara ao ceo) ULFO.- Eu non quero que me leve a ningún lado, estou ben aquí. A miña vida é o río, e a miña casa o meco. Pero non ve que o único que eu quería era levalas abordo para ensinarlle o peixe. ¿ E sabe o que me dixeron? que me ían baixar os pantalóns e pisarme o peixe. Son unhas lobas. (Recibe unha nova labazada) ARCEBISPO.- (Volve a excitarse) Vuestra lujuria os pierde. El demonio, el mundo y la carne os han poseído. Y las Sagradas Escrituras dicen que es mejor entrar en el reino de los cielos sin ojos pecaminosos que caer para siempre en los abismos del infierno. (En plan autoritario aos gardas). Arrancadle, pués los ojos, para que purgue sus pecados en las tinieblas de la noche y así salvar su alma. (Os gardas sacan de puñal) ULFO.- (Cae de xeonllos atemorizado pola sentenza e grita con toda a forza) ¡Ai, señor, os ollos non! ¡Que sería de min sen ollos! Farei todo o que vostede me diga, pero os ollos non, por Dios. ARCEBISPO.- (Compracido) “Inescrutabilis designius Dei”. Los caminos del Señor son indescifrables. Por fin, Ulfo, habéis mencioando el nombre de Dios y su misericordia ha alcanzado vuestro corazón. (Ao Axudante de Cámara) : Que vengan las doncellas para presenciar la ceremonia de acogida de un nuevo cristiano en el seno de la Iglesia. (Chegan e sitúanse no lugar indicado polo axudante) (O Arcebispo diríxese de novo a Ulfo) : El Señor ha escuchado tu voz, Ulfo, ¡Aleluya! (Deixa a cruz en mans dos servidores) ULFO.- (Con sorna) Menos mal que me escoitou, ho. Eu xa gritei ben alto para que me oíra. ARCEBISPO.- Acercaos, neófito. ULFO.- (Estrañado) ¿Quen, eu? Eu son Ulfo que non son “nófito”. (O Axudante empúrrao cara ao Arcebispo e fáino axeonllar) ARCEBISPO.- (Unha vez que están todos no lugar apropiado) ¡Arrodillaos! Ahora falta cumplir el rito del bautismo con el agua que el
Nº 183
XANELA ABERTA
xullo 2015
4
apóstol Santiago consagró a su paso por este lugar. Traed el agua vivificadora del Ulla. (Acércanlle un cacharro con auga e pregunta ós presentes) ¿Que nombre habéis elegido para este mangallón? (TODOS).- ¡Pedro, señor!. ARCEBISPO.- Muy bien: Pedro, yo os bautizo en el nombre del Padre, del Hijo y del Espírito Santo. (Bótalle auga cunha cuncha de vieira, pero ao final decide botarlle o resto da auga do caldeiro pola cabeza) TODOS.- Amén. PEDRO.- (Soprando) Lástima que non fora viño. ARCEBISPO.- ¡ Pedro ! (Non se dá por aludido) ¡¡Pedroo!! (Como non lle responde o arcebispo dálle coa cuncha na cabeza) PEDRO.- ¡Ai, era por min! (Falando para o público) Pois agora polo visto son Pedro. ¡Manda carallo! SECRETARIO.- Si, e debes responder sempre ao nome de Pedro cun si, señor arcebispo. ARCEBISPO.- Pedro, a partir de ahora serás pescador de hombres. PEDRO.- Pescador de homes, señor sobispo, mira o que me di. ¿E non podía ser de mulleres? ARCEBISPO.- (Cachetes e reprimendas do secretario polo comentario) Necesitas mucho adoctrinamiento, Pedro; recuerda que en lo sucesivo darás ejemplo de hombre nuevo y hai un mandamiento en la lei de Dios que dice:” No comerás de la fruta prohibida”. PEDRO.- Mire, señor, eu home novo xa fun, e voulle dicir que cando vou ao asalto cómolle de todo (Risa malévola) ¡Je, je! ARCEBISPO.- (Molesto polo dito) Y otro mandamiento dice: “Si tus ojos son objeto de escándalo, sácalos y purifícate con los ojos del alma.” PEDRO.- Ai, que manía colleu cos ollos, ¡carafio! (O axudante fai intención de baterlle e deféndese dicindo) ¡Ei, ei, un momentiño, dixen carafio, que non dixen outra cousa, eh! E voulle dicir algo máis: os ollos fanme falta para traballar e para recrear a vista, que é o único que me queda. Así que deixe dunha vez de predicar e vaiamos ao trato, que é do que vivo. Mire: se me permite marchar regálolle as sollas que teño abordo fresquiñas e mañá péscolle máis. ARCEBISPO.- (Irritado) ¡Por Satanás! Estoy harto de sollas, quiero lampreas, percebes, ostras,...! Traedme esas especies! PEDRO.- ¡Arre diola! Lampreas neste tempo. (Intentan baterlle e deféndese) ¡Ei , ei, dixen diola, eh! ARCEBISPO.- No pronuncieis el nombre de Dios en vano, Pedro. En penitencia habéis de pescar para esta casa fortaleza trescientas lampreas. PEDRO.- (En ton burlón) O que ho ,trescentas! E logo moitos sodes nesta casa! Mire que lle van a facer mal, aínda van coller a ictericia. AXUDANTE DE CÁMARA.- Catrocentas, Pedro, catrocentas, por desacato e ousadía. PEDRO.- Está ben, está ben, pero non seguir aumentando senón imos acabar con elas. (Falando para si) A estes haille que dar polo pau, senón é peor. ARCEBISPO.- Y ahora, arrodillaos de nuevo . Falta purificaros con incienso y rociaros con agua bendita para libraros de malas tentaciones. PEDRO.- Máis auga outra vez? ARCEBISPO.- Una y mil veces si fuera menester, hasta que los demonios dejen de habitar tú morada. (Botafumeiro e caldeiro para a cerimonia, e latinorio para o esconxuro) PEDRO.- (Soprando e sacudindo a auga) Acabou? Mire que xa levo moito tempo en terra e estou perdendo a marea. ARCEBISPO.- Este no es tiempo perdido, Pedro. PEDRO.- Para vostede non, para min si. ARCEBISPO.- ¡Ai, pescador impaciente, iros, iros de una vez, y que los ángeles del Señor os acompañen. PEDRO. - (Irónico) ¿Os ángeles del señor? Mire que non teño sitio para tantos. A ver se imos ir ao fondo, que non sei nadar. ARCEBISPO.- (Socarrón) Por que dudas, hombre de poca fe. (Despídeo cunha palmada) ¡ Buena pesca, Pedro! Y ya sabes, cuatrocientas, ni una menos (Sinalando os catro dedos da man) PEDRO.- (Aparte, rosmando contrariado) Si ho, vou pescar catrocentas ¡Érache boa! Pois logo, traereille das curadas, total como son para os curas. E, senón, tráiolle catro e que fagan o milagre de multiplicalas coma o pan e os peixes. ( Rise con malicia) (Retírase a comitiva. O arcebispo faille carantoñas a un par de doncelas que se poñen gustosas ao seu par. As outras provocan a Pedro e rinse del. Está tentado de correr tras delas, pero non se atreve e faille ameazas coa man. O Axudante de Cámara dáse conta das intencións e dille con xesto burlón): AXUDANTE DE CÁMARA.- Agora son cincocentas, Pedro, cincocentas por reincidente. (Máis risas das mozas e maior cabreo de Pedro) PEDRO.- (Cando xa non miran failles un corte de mangas e berra) : A min non me ghodedes máis. Ide ghoder a outro. Serei Pedro, pero parvo, non¡ eh! ¡Arre carallo, nada menos que cincocentas!. Habedes de tardar en verme o pelo. O que queira lampreas que molle o cu. (Sae de escena)
FIN Xesús Santos xullo 2015
Nº 183
XANELA ABERTA
xullo 2015
5
Juan, Moncho e Marcos traballando... Andaina en Catoira Serán cos Jaruleiros, familia de Modesto ó completo, en Catoira
Son o diaño! Os Paz
Festa na Rúa con La Duendeneta. Sandra, María, Marta, María, Enma, Paula, Tania, Carla, Uxía, Melany e Ana
Dúo Chic. Elena e Lorena actuaron con gran éxito no San Antonio Suso e a súa dona na Festa da Solla Moncho Castiñeiras aliñando
A V I S O Ú T I L
A
gora que estamos en pleno verán e as visitas ó recinto das Torres de Oeste se multiplican, dende a Xanela Aberta recomendamos a aquelas persoas que decidan acercarse ás ruínas históricas cos seus automóbiles, que aparquen os mesmos na explanada do peirao, diante das instalacións do Club de Piragüismo. O motivo é que de novo se están a producir roubos en cadea nos coches aparcados na entrada habitual da fonte da Burga, é dicir, por debaixo da ponte “interprovincial” do Ulla. Na explanada do “Muelle” hai espazo dabondo e é lugar concorrido a todas horas. O desprazamento a pé pola pasarela de madeira é curto e ademais resulta bonito, sobre todo nesta época de verán. Así evitaranse sorpresas desagradables. Sería útil tamén que se lle fixese chegar esta circunstancia a todas as persoas que coñezamos e que teñan pensado visitar as marabillosas Torres de Oeste. Diste xeito non se levarán un mal recordo da súa visita a Catoira, o que resulta favorable para todos.
Nยบ 183
XANELA ABERTA
Dimo 2015
xullo 2015
6
Nº 183
XANELA ABERTA
xullo 2015
7
o ferro, a dobrou, e a deixou no club, que lla devolveu ó Madrid. Este, enviou unha carta de agradecemento e 5.000 pesetas para Lola, que tiña un soldo mensual de 2.000. E moitas máis cousas que quedan no tinteiro.
O
utro futbolista do Hai que Roelo co que tiven algunha relación foi Martín Esperanza. Era seleccionador provincial de xuvenís cando o Catoira disputou a liga man a man co Pontevedra, goleando nós nas Lombas e quedando eles campións e nós subcampións, por diante de Arousa e outros clubs importantes. Pois ben, seleccionou a todo o Pontevedra e a ningún do Catoira. Grave inxustiza, pois Santos, Santi, Pepe Zoco, Caché, Ignacio, Costiñas, Manolito Bouzas ou eu mesmo non iamos desentoar para nada. Quedei cas gañas de llo dicir cando me sentei fronte a fronte con el no local do club pontevedrés para tratar os termos do traspaso de Carlos Padín para os de Pasarón, pois era o secretario técnico daquela. Por certo que este foi un triunfador de Catoira no Pontevedra,
Fernández, Ceresuela, Cholo, Relaño, Lupe Murillo (presidenta), Calleja, Fuertes, José Jorge e Tilve
igual que Miguel Pérez (primo dos Coira) ou o puido ser Manolito do Río, un crack que debeu ser o 9 que levou Ceresuela, e que non tivo moita sorte tampouco na súa relación con Martín Esperanza. Falando de Pasarón, non esquezo aquel partido Catoira – Estradense, a campo abarrotado, en Rexional Preferente, cando lle gañamos 2 – 1 e tiven a oportunidade, como adestrador vikingo, de dar entrada no campo a Alfredo Padín Del Río, un xuvenil que tiña no banquiño, pois era sabedor da ilusión que ese feito lle ía dar ó seu pai, Moncho, seguidor histórico e incondicional do Pontevedra C.F
O CLUB CATOIRA DE FÚTBOL AO BORDE DA DESAPARICIÓN
S
alvo un cambio da situación de última hora, o Club Catoira desaparecerá como tal e deixará de participar nos torneos en que o viña facendo ata o de agora. Despois de varias asembleas non houbo ningunha candidatura que se fixera cargo do mesmo, polo que os actuais responsables decidiron entregar as chaves das instalacións no Concello. De confirmarse esta circunstancia, un montón de historias, unha longa e “exitosa” etapa do mellor fútbol da comarca, darán paso á imposibilidade de practicar este popular deporte para unha morea de nenos e nenas, de mozos e mozas de Catoira. A desaparición da escola de fútbol e tamén do equipo sénior de Catoira é unha mala, malísima, noticia para todo o concello, non só para os practicantes deste deporte. Desaparece así, de repente, o nome de Catoira das páxinas dos diferentes xornais e demais medios de comunicación; é unha perda económica para os pais daqueles futbolistas que teñan que desprazarse a outras localidades para seguir a practicar o deporte que lles gusta. Mesmo para o goberno municipal resulta un contratempo importante, pois se supón que terá que desenrolar unha actividade complementaria que permita a moitos destes deportistas seguir practicando o deporte. Porque é un dos dereitos fundamentais da cidadanía, pois resulta moi beneficioso para o tempo de ocio e, fundamentalmente, para manter unha boa saúde, ademais de apartar a nenos e mocidade doutros hábitos moito menos recomendables. Dende a Xanela Aberta confiamos nunha última opción e que algún grupo de persoas decidan dar un paso e evitar a triste desaparición do Club Catoira. Última Hora: Chorén, Santi e Fran, ex xogadores do Club Catoira, e país de xogadores das categorías inferiores faríanse cargo dos equipos benxamín e alevin.
RENOVADO !!!
A
noticia boa é que o porteiro das Cachopeiras ampliou a súa relación co Real Club Celta ata o 2018. Rematada a pasada campaña, que foi a da confirmación de Sergio como un dos grandes porteiros da Liga española, parecía lóxico pensar nunha renovación á alza para o porteiro de Dimo. Nesas estaban as dúas partes implicadas e confiabamos que nestes días se chegara a un acordo e tiveramos a Sergio no Celta para moitos anos. O entorno do xogador era optimista e pola cabeza de Sergio non pasaba agora mesmo outra idea que non fose a de continuar no club que tanto lle deu e, porque non, a quen tanto lle está a dar o ídolo de todos os catoireses. Parabéns a Sergio e a todo Catoira.
Nº 183
XANELA ABERTA D
A c o l um n a
E
P
O
por Pepe Castaño Dios
Hai que roelo...! (2)
Ceresuela
R
ebatía o meu amigo Polo Rey sobre o artigo do “Hai Que Roelo” da Xanela anterior argumentando que o dianteiro centro se chamaba Cerezuela, e non Ceresuela como escribiamos na Columna. Pois ben, agradecendo o interese e sen ánimo de polemizar, sigo a denominar Ceresuela (o mesmo nome dunha bonita pequena localidade de Huesca, agora despoboada), a aquel ariete co que tiven a sorte de coincidir en diversas ocasións, xa como veterano, en algúns acontecementos deportivos, debido a que este aragonés quedou a vivir en Pontevedra xunto ca familia (ten un fillo, Fotografía Alejandro Cersuela Fernández, avogado de renome, e dúas fillas: actual de Pilar e Helvia). Proviña do Burgos Ceresuela na portería do e antes xogara no Zaragoza. allo. Estivo no Pontevedra entre os anos 1962 e 1969, sendo un referente na época dourada dos granates. Xa narrada a anécdota do “gol do allo” fronte ó Celta, que Seso Pereiro propiciou o primeiro ascenso a Primeira División, refírome agora a unha que me contou persoalmente. O adestrador Marcel Domingo destacaba polo seu carácter impulsivo e ademais era un gran motivador para o equipo. Tanto, que ás veces se excedía nesta tarefa e os resultados non eran os esperados. Aconteceu na véspera do encontro no campo do Molinón contra o Sporting de Gijón (tempada 1964-65). Para motivar á © Juan Correa xente os levou a ver unha película de cine. Esta película era “La matanza de los Watusi” e, dado o contido da mesma, os futbolistas saíron tan entusiasmados e agresivos ó campo que, con tan só 20 minutos xogados o árbitro xa tivera que expulsar a dous granates por entradas violentas, perdooulles a expulsión a algún máis, e pouco despois mandou á caseta tamén ó porteiro, polo
R
xullo 2015 T
E
8
S
que se tivo que poñer na meta Neme, a estrela do equipo. Perderon 3-1, pero finalmente acadaron o segundo ascenso.
O
nde eu coñecín a Rafael Ceresuela Frías foi no mundo do tenis. Eu participaba nos campionatos provinciais co Club Tenis Vilagarcía a nivel federado e tiñamos partidos contra RC Tenis Vigo, RCT Sanxenxo, RCT O Rial... e tamén contra o RC Tenis Pontevedra, que ten as súas pistas na Caeira, no que estaba Ceresuela e contra quen xoguei un bo número de partidos e eliminatorias. Un día enfrontámonos contra eles nas nosas pistas de Fontecarmoa. Eu xa xogara o meu partido de individuais e acudín á pista onde se enfrontaba Ceresuela contra o meu compañeiro Raúl Raposo. Era este Raposo (da familia dos coñecidos e saborosos Chocolates Raposo, de Santiago) un mestre un tanto introvertido e moi especial, que por certo me acompañou unha semana ó Torneo de Tenis Wimbledon no All England Club. Fora árbitro de 3ª División, actor secundario nalgunha película... O caso é que en pleno partido, cando Rafa facía un punto, Raúl quedaba en pé aplaudindo e dicindo: “Muy buena señor Ceresuela, muy buena” “Formidable señor Ceresuela” “Fantástico señor Ceresuela”..., así unha e outra vez. Rafael, que non atopaba rival no santiagués, poñía mala cara e, nun cambio de lado na pista, achegouse a onde estaba eu e díxome literalmente: “Amigo Dios, por favor díle a tu compañero que se deje de tanto “muy buena” y tanto aplauso y que trate de correr por las bolas, haber si jugamos algo, que si no es un aburrimiento”. Por moito que o tentou, Raúl claudicou diante de Ceresuela claramente.
C
eresuela e familia, namorados de Pontevedra, viviron con entusiasmo este ascenso dos granates a Segunda B. Correron polo campo igual que correu o amigo Seso Pereiro. Tamén me contou Rafa como foi unha tentativa de soborno que lles fixeron nun partido contra o Español en Barcelona (2 millóns por deixarse perder, tanto coma o presuposto do Pontevedra para toda a tempada) e como o rexeitaron gañando en Sarriá por 12. Tamén o Celta o día do “gol do Martín Esperanza allo” tiña unha gran prima do mesmo Español (3 millóns) cousa que me recordou o propio Seso Pereiro. Noutra ocasión, cando o Real Madrid veu xogar a Pasarón, deixou esquecida unha cesta de roupa sucia. A señora Lola, a limpadora, a lavou, lle pasou (Continúa na páxina 7)