ANO 2012 REVISTA
OFICIAL
XUÑO - XULLO DO “ATENEO VIKINGO”
Nº 172 - CATOIRA -
w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m
Opinión
por Máximo Sar
A PROPÓSITO DE VIRGILIO PAJARES
N
a “Xanela Aberta” do mes de marzo. lin o artigo que firma Pepe Castaño Dios, o que me moveu a puntualizar algunhas das cousas que relata, por haber sido eu tamén protagonista das mesmas. Refírome a Virgilio Pajares, destacado padronés, polo seu talento e bo humor , con quen participei en moitas saídas nocturnas, celebrando algunha cousa ou, simplemente, polo gusto de troulear, non soamente no casco da vila senón en calquera punto da bisbarra, onde éramos ben Máximo Sar recibidos por acreditados amigos. O retrato de Pepe Castaño é axustado a realidade, pero voulle a poñer algún reparo, sen a máis mínima animosidade. Virgilio non pertenceu o Ateneo Viquingo , nin, polo tanto, tivo que ver coa organización da famosa romaría nas Torres, aínda que posiblemente houbera asistido a algunha das súas e numerosas edicións, que non o sei. Que tiña unha fonda amizade con Faustino Rei Romero iso si que é certo, porque o crego fora castigado polo Bispo de Tui, López Ortiz, a pasar unha tempada no Convento do Carmen de Padrón. Entón, Rei Romero metíase na taberna de Pajares e alí pasaba as horas, escribindo ou falando con Virgilio, ou clientes coñecidos, entre os que me atopaba eu, que, naquel tempo, iba moito pola vila en que nacín. Tampouco foi idea súa a “Feira dos Cans”. Precisamente, cando Virgilio se enterou do cómico invento - xa pasado - dixo : “lástima que non se me ocurrira a min”. Os armadanzas da feira canina – 13 de abril de l963 - foron Gerardo Solar, Pepe Villaverde, meu irmán , Ángel, que era o director da sucursal do Banco de Bilbao, que contaron coa miña colaboración. Na imprenta “Solar” fixéronse unhas octavillas, ilustradas coa caricatura de dous cans: un pequeno, polo que se ofrecían 350 ptas. e outro grandote, de 1.000 ptas. E orlando a ilustración leíase: “Jefe de Compras. Sociedad Investigación Radiactividad”. Estas octavillas repartíronse polas tascas da comarca. E en elas tamén se explicaba que Mr, Oliver Barton, da “Where Amaricam”, convocara en Padrón unha feira de cans, con destino a experimentos, nos xigantescos laboratorios que a entidade
tiña en Massachussestt (U.S.A.), onde estaban a estudar os efectos da radioactividade nos animais. Moitas máis cousas contaría de Virgilio, pero escollo unha que se me veu agora ao recordo e que é totalmente inédita, e que demostra ata onde chegaba o sentido do seu humor. Como di Castaño no seu traballo, co paso dos anos entroulle unha doenza tan grave que lle tiveron que amputar as dúas pernas. E nesta situación atopeino un día en Vilagarcía, sentado no asento do copiloto dun coche, que parou diante dun Banco, onde eu estaba precisamente. Arrimeime a ventaíña, cheo de asombro, e pregunteille que coños pintaba alí, na súa situación. E el respostoume coa súa risiña característica: “E que vin a firmar un contrato co “Club Arousa”, que me queren para reforzar a dianteira”■
A
lúgubre procesión das Caveiras volveu a percorrer as escuras rúas de Catoira. Centos de persoas, sobre todo nenos, con caveiras iluminadas por velas e acompañadas pola banda de Música Municipal déronse cita nesta 13 edición o que mostra o arraigo que este evento ten entre os nosos veciños. Pero ademais houbo teatro, talleres e unha festa gastronómica onde a estrela foi o cabazo cabazo
N OTA: Despois de varios meses de non publicarse, a XANELA ABERTA regresa a aqueles lugares onde habitualmente a podiades atopar. Confiamos que a sigades lendo co mesmo interese que antes. Un saúdo
NÂş 172
XA N E L A A B E R T A
A g o s t o - N o v e mb r o 2 0 1 2
Aires do RĂo Vello no remolque.
O humor de Nacho Hortas
2
Nº 172
XA N E L A A B E R T A
A 2
3
s festas de Abalo
0
e n
A g o s t o - N o v e mb r o 2 0 1 2
1
2
f o t o s
A
finais de xullo celebráronse as festas de Abalo, unhas festas que se caracterizan pola participación dos veciños na s múltiples actividades programadas. Aquí podedes ver as fotografías dos equipos feminino e masculino que participaron nos tradicionais partidos de solteiro/as contra casados/as.
Equipo das mozas (solteiras e casadas)
Equipo dos “boys” (solteiros e casados)
▲ APLAUSOS
Frases feitas
Para As Torres de Piragüísmo e concretamente para o seu adestrador “Madri” pola enorme repercusión que ten o “Congreso Internacional de Adestradores” que organizan por cuarto ano consecutivo.
C
PITOS ▼ Para o nauseabundo cheiro a cloaca que ás veces, moitas, invade a Avenida e a Rúa da Estación cando o vento sopra de Sur■
SER CU DE MAL ASENTO ando unha persoa actúa de forma inconsciente, non se suxeita a un traballo ou ocupación por moito tempo, ou vai de aquí para alá sen rumbo fixo, dise que ten un cu de mal asento. A expresión alude, non ás pousadeiras dunha persoa, senón ao cu das vasillas, que cando non é totalmente plano fai que aquelas bailen e sexan inestables■
Foto ATENEO VIKINGO
Nº 172
XA N E L A A B E R T A
A g o s t o - N o v e mb r o 2 0 1 2
Especial Eleccións en Galicia Evolución do voto en Catoira nas eleccións Autonómicas dende o ano 2005 ata as do 2012:
Censo
Votos totais
Participación
2005
Censo
Votos totais
Participación
2.933
2.260
77,05%
2009 2.960 EU
PARTIDO
73,61 EU
VOTOS
%
PP
827
37,9
PSG-PSOE
759
34,8
BNG
521
23,9
EU
15
0,6
Censo
Votos totais
Participación
2.934
2.103
71,68%
PSG
PP
2.179
BNG
PARTIDO
PSG
PP
BNG
VOTOS
%
PP
849
37,9
PSG-PSOE
838
37,4
BNG
454
20,3
EU
33
1,4
900 800
2012
700 600 500
PARTIDO PP
VOTOS
%
786
38,4
AGE
400 300
PSG
PSG-PSOE
585
28,5
AGE
213
10,4
BNG
199
9,7
200 100
PP
0 BNG
PSOE
BNG
PP
AGE
Número de escaños por partido:
Resultados das eleccións a nivel de Galicia: PARTIDO
VOTOS
%
653.934
45,7
PSG-PSOE 293.671
20,5
AGE
200.101
13,9
BNG
145.389
10,1
PP
TOTAL
1.467.657
63,8
PP 13 PSG 5 AGE 4 BNG 2
PP 9 PSG 4 AGE 1 BNG 1
PP 11 PSG 5 AGE 3 BNG 3 PP 8 PSG 4 AGE 1 BNG 1
4
Nº 172
XA N E L A A B E R T A
GALERÍA DO LECTOR O Ateneo Vikingo non se fai responsable das opinións aquí reflectidas
FERMOSA INICIATIVA
O
profesorado do CPI Progreso está a desenvolver, xa por 2º ano consecutivo, unha fermosa iniciativa consistente na creación dun banco de libros de texto co que dar resposta á grave crise económica pola que están a pasar moitas familias e que vén a cubrir o valeiro que deixou a substitución do programa de gratuitade universal de libros posto en marcha polo anterior goberno bipartito . Esta iniciativa ademais de promover valores coma a solidariedade entre o alunmnado e as propias familias tamén traballa outros coma o coidado do material escolar ou a reutilización e o consumo necesario e responsable. Iniciativa que parece extenderse da man de Anpas ou outros colectivos como se está a reflexar nos medios de comunicación.
A cidadanía debería reflexionar, nuns momentos de paro tan elevado e recortes tan brutais, acerca da importancia e necesidade de manter uns servicios publicos de calidade e reinvindicar a figura dos seus traballadores, tan maltratados nos últimos tempos, nos que privatizar e facer negocio de dereitos constitucionais básicos como a saúde, a educación ou os servicios de axuda social parecen ser o obxectivo de gran parte dos que nos gobernan máis interesados en servir aos poderes económicos e financeiros, que o único que lles interesa e sacar tallada e non a calidade do servicio, que á cidadanía que lles paga. Por iso, como traballador público que fun, quero agradecer no nome dos meus netos, que asisten ao citado centro, dos seus pais e no meu propio o excelente traballo que están a desenvolver todas as persoas que traballan no centro e, por extensión, nos servicios públicos deste país. Asimesmo, pedirlle que perseveren na búsqueda de alternativas para que esta medida chegue a todas as etapas e niveis que se imparten no centro. Por último, invitar a todas as familias para que se sumen a este tipo de iniciativas encamiñadas a connseguir unha sociedade máis humana, xusta e mellor.
A g o s t o - N o v e mb r o 2 0 1 2
NOTA DE PRENSA ASAMBLEA XERAL. COM. DE MONTES DE SAN MIGUEL DE CATOIRA.
O
pasado 5 de maio, no novo edificio Multiusos do concello de Catoira, a Com. de Montes de San Miguel celebrou Asamblea Xeral. Cunha asistencia de mais de 70 persoas, entre presentes e votos delegados, foi a maior concurrencia dos últimos anos, cousa que a Directiva agradece. Cunha orde do día repleta de asuntos, destacan pola súa importancia o acordo coa empresa Friscos para a cesión de augas comunitarias, os traballos de limpeza e rareo nunhas 30 ha. de monte, axudas a colectivos e a solicitude de permutas por parte de varios particulares. En relación coa cesión de augas, a Directiva fixo constar a boa disposición da Xerencia de FRISCOS para a renovación do acordo. Ese cambio de actitude propiciou un novo convenio polo que se lle cedeu auga por un período inicial de 10 anos, mantendo a empresa o compromiso de priorizar a contratación de persoal na parroquia de San Miguel de Catoira, o que foi aprobado por unha ampla maioría. O Presidente expuxo que no 2011 se contratou unha cuadrilla de cinco persoas desempregadas da parroquia para á limpeza da maleza e poda dunhas 20 ha. do monte próximo ás casas e de difícil acceso, que levaban moitos anos sen limpar. Investíronse máis de 35.000 €, un coste máis alto do previsto inicialmente, polo que se pediu presuposto a varias empresas. Se propuxo limpar 30 ha. a través da empresa que ofertou o prezo de 30.000 €, co compromiso de contratar alomenos tres persoas desempregadas da parroquia, o que se aprobou por unha ampla maioría. Tamén se aprobAron axudas para o Clube de Piraguísmo, o Clube de Fútbol, a Comisión de Festas de San Antonio, o Ateneo Vikingo e Asociación de Axuda ao Pobo Saharauí, suxerindo os propios comuneiros un maior apoio ata un total de 4.000 € en conxunto. A continuación, abordouse o complicado asunto da solicitude de permutas de terreos ocupados dende hai tempo por particulares, a maioiría deles integrados nas súas hortas e, incluso con construcións anexas ás vivendas. Se trataría de regularizar situacións do pasado mediante a apertura dun xeneroso proceso de permutas por outros terreos propiedade dos solicitantes que linden co monte comunal. A Directiva explicou que se trata dunha excelente ocasión para solventar dunha vez problemas que crean moita tensión e enturbian as relacións entre os veciños, proceso do cual nos beneficiaríamos todos. Cada solicitude sométeuse a votación por separado, aprobándose o inicio dos trámites e negociacións de todas elas por amplísima maioría. A Directiva aclarou que o trámite é complexo e require o visto bo da Administración, polo que espera unha actitude constructiva de todas as partes. Por último e como remate, os presentes se desplazaron a un bar próximo para degustar uns estupendos pinchos regados por uns bos viños, co fin de cambiar impresións e charlar animadamente nun ambiente xa máis informal e distendido. En Catoira, a 5 de xuño de 2012
En Catoira, a 16 de setembro de 2.012 José Ramiro Paz Tarrío
5
O Presidente: Luis Rey Lajos. O Secretario: José Ramiro Paz Tarrío.
Nº 172
XA N E L A A B E R T A
D
E
P
O
R
A g o s t o - N o v e mb r o 2 0 1 2
T
E
S
▲ Sergio na presentación das novas indumentarias do RC Celta de Vigo. ◄ Damas senior do Club As Torres. Subcampionas Galegas de kk-4
SERGIO ÁLVAREZ ¡O HÉROE INESPERADO!
S
ergio Álvarez (26 anos) soñaba o día que cruzou por primeira vez a porta da Madroa con 17 anos, con poñerse as luvas para defender a portaría do Celta en Primeira División. Quizais, o que non podía esperar era callar o debut soñado, con dúas intervencións decisivas, mantendo a portaría a cero e con vitoria sobre todo un Sevilla, 2-0 o pasado venres. E iso que a titularidade lle colleu por sorpresa. Con menos de 15 minutos para mentalizarse entre o momento da lesión de Javi Varas e o inicio do partido. As vivencias da estrea amontóanse na súa cabeza. “Estabamos quentando a Javi e nun tiro que lle fixemos, aínda que non me din conta, quitouse ou luva e díxome: quenta, que tes que xogar”. O sevillano, que tiña marcado en vermello o partido, volveu co dedo maimiño da man esquerda vendado pero deseguida claudicou. Non podía. “Creo que foi ou momento non que máis adrenalina subíu Celta - Sevilla minuto 70 polo meu corpo, era algo desexado dende fai moito tempo e Remate de cabeza de Negredo e parada espectacular, estou feliz e contento”. ¡magnifica! de Sergio “o gato de Catoira” Menos mal que a tranquilidade forma parte do ADN de Sergio, que se tomou con naturalidade semellante situación. “Ou que fas é tentar dentro dás túas posibilidades axudar vos compañeiros non que poidas”. Aínda así, nada máis estrearse en Primeira viviu un sobresalto maiúsculo. Unha mala cesión que lle obrigou a un sprint para evitar que Navas lle axustizase. A carreira tróuxolle malos recordos á memoria. “Recordoume a expulsión contra ou Xerez, pero todo quedou nun susto”. Aínda que a gran parada da noite chegou no segundo tempo, co marcador a favor e nun momento transcendental. “Cando Navas centra trato de rectificar na portaría, de corrixir a posición e cando remata Negredo reacciono como podo, estiven afortunado”. Un voo de película de ciencia ficción. O Celta, que levaba tres partidos sen deixar a portaría a cero, conseguiuno por segunda vez en sete xornadas. O máis para un gardameta novato. “O debut foi ou soñado porque ou equipo acadou os tres puntos, conseguimos deixar a portaría a cero e ou equipo segue sumando e ten unha dinámica positiva en Balaídos”■
6
Nº 172
XA N E L A A B E R T A
A g o s t o - N o v e mb r o 2 0 1 2 D
UNA ATLETA VIKINGA
E
P
O
R
T
E
7 S
M
ónica Touriño Ferreirós, campiona da Copa de España, acode coa súa cadela "Brisca"una galga de cinco anos ao Campionato de Europa en Alemaña. Tras varios títulos autonómicos e a recente Copa de España serviron para premiar un traballo que se vén desenvolvendo practicamente diario durante os últimos anos. A propia Mónica revelou que "nos adestramos cinco días á semana e levamos unha planificación moi esixente. O campionato trata de dúas xornadas nas que os participantes, guiados polos seus animais, deberán completar dúas etapas de 4.500 metros cada unha delas co obxectivo de realizar a mellor media de tempos. Unha das particularidades do regulamento é que ten que ser o animal que sempre marque o ritmo de carreira. En ningún momento a persoa pode tomar a dianteira sobre a súa "lebre". O circuíto, de terra, ten bastantes pendentes. Mónica pensa que para estar na zona media debe facer menos de catro minutos por quilómetro, pero todo dependerá de como se encontre Foto e texto: FARO DE VIGO "Brisca". Mónica Touriño formará parte dunha selección española na que forman outros tres galegos. O vigués Óscar Piñeiro, con "Gudary", competirá en sénior mentres que Roberto Salvado, de Santiago, correrá con "Berta" en veteranos. Tamén acudirá a Alemaña Roberto Lorenzo (Valdoviño) na modalidade de mushing na que irá guiado por oito cans. O Concello de Catoira colabora cunha cunha axuda económica vital para afrontar os gastos que supón a participación■
NA ÉLITE EUROPEA DO CANICROSS
CLUB AS T ORRES
DE
P IRAGÜÍSMO
Congreso Internacional Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas
Un foro de debate dos XX.OO de Río
O
IV Congreso internacional de piragüismo Catoira en augas tranquilas foi ou punto de encontro da elite internacional deste deporte e por el, o presidente da Federación Internacional de Canotaxe e membro do Comité Olímpico, José Perurena, entende que a V edición do evento, que se celebrará neste municipio pontevedrés en 2014, "é o foro de debate máis adecuado para analizar o futuro olímpico do piragüismo, e especialmente o papel que este deporte deberá xogar nos
XX.OO que se celebrarán en Río de Xaneiro en 2016". Perurena, que foi o responsable de clausurar este evento organizado pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Universidade de Vigo), a Federación Española de Piragüismo e o Club As Torres de Catoira, cerrou a súa intervención dicindo que "O piragüismo interesa, ten futuro e este esbozarase en Catoira en 2014"■
CEA FIN DE TEMPADA
X
a están a venta as entradas para CeaCea-Gala fin de tempada, que se vai a celebrar o próximo Sábado 10 de Novembro. Os prezo son de 10€ para os palistas do club e 25€ para os pais e socios do club.
Nº 172
XA N E L A A B E R T A
D
A c o l um n a
E
P
O
por Pepe Castaño Dios
DESBANDADA
C
atorce futbolistas do Club Catoira veñen de abandonar o equipo para marchar a outros clubs ou deixar de xogar. Falamos de Diego, Taibo, Del Oro, Cristian e Fernando (Cordeiro), Adrián (Chispa), Quique (Furia), Samu (San Martín), Eduardo, Juanillo, Maqui, Mario e Tevi (por descanso) e Bruno (Caldas). Andan no club un pouco contrariados polas formas que algúns dos que se foron empregaron á hora de comunicar que non contasen con eles para a vindeira tempada. Mesmo nun primeiro intre se pensou na idea de non facer equipo de seniors e dedicarse por enteiro ás categorías inferiores. Pero a insistencia do adestrador Moure, entre outras cousas, levou a histórica entidade local a mudar de opinión e se está traballando para completar unha plantilla competitiva de cara ó que resta do curso. Os resultados non están a acompañar no comezo da liga, pero temos que confiar na remontada. Tampouco é cuestión de entrar nos pormenores dos motivos que estes xogadores alegan para fuxir en estampida do Catoira, aínda que é de supoñer que case todos serán moi respectables e senón sempre poderán apelar á liberdade de cada un para ir onde lle pete. Se non me falla a memoria, a maioría destes mozos saíron das primeiras fornadas da Escola Municipal de Fútbol “Club Catoira”, da que un tivo a ocorrencia de propoñerlle ó Concello a fundación, e tivo a honra de dirixir dende os seus primeiros pasos ate que xa camiñou con base firme e sempre dando moi bos froitos. Por iso me resulta unha mágoa esta situación.
R
A g o s t o - N o v e mb r o 2 0 1 2
T
E
S
soubo que xa era casado e con dous fillos, suicidouse). Así entendeu esta historia Juan Carlos Chirinos que a plasmou con moito éxito nunha novela.
R
evolucionario, bohemio, corpulento, juerguista, conquistador (ía de putas con Manuel Machado), Blanco Fombona tivo en París e nunha soa hora un total de tres duelos. Un ás sete e media da mañá: o seu adversario fuxiu ferido de morte. Outro duelo ás oito da mañá: Rufino matou ó seu inimigo. O terceiro adversario, o que estaba citado para as oito e media desa mesma mañá, informado da sorte que correron os dous anteriores, fuxiu en estampida de París e nunca máis souberon del. Fixo ben. Tivo varios duelos máis, tanto a revólver como a espada. Blanco Fombona noutra ocasión coincidiu con Rubén Darío nun guachinche poético na capital francesa e, cheos de viño, nun intre determinado Fombona levantouse, colleu a Darío pola solapa e tirouno a puñazos por unha cristaleira do local. Saíu pola porta ca idea de rematalo e cando xa se dispoñía a facelo, contívose, e díxolle ó nicaraguano: “No te mato porque
D
icía que cada un terá un motivo para abandonar un club, un lugar… e vénme á cabeza a historia do gran escritor modernista venezolano Rufino Blanco Fombona, un auténtico personaxe deses que aparecen un cada cen anos. Nado no 1874, foi desterrado a París por motivos políticos, foi proposto para o Premio Nobel de Literatura, foi gobernador de Almería, gobernador en Navarra, gobernador das Illas Canarias, foi Embaixador de Venezuela en Uruguai, cónsul do Perú en Filadelfia, cónsul en Ámsterdan, cónsul do Paraguai en Lyon, cónsul en Lleida, cónsul en Toulouse, cónsul de Santo Domingo en Boston, secretario da Cámara de Deputados, secretario xeral do Rufino Blanco Fombona estado de Zuli, gobernador do Territorio Federal Amazonas, gañou innumerables premios, fundou editoriais, estivo en varias cárceres… e morre en Arxentina no 1944. A súa vida era de auténtica novela (gran conquistador, casou de segundas con Carmen Casanovas que, cando
8
eres un gran poeta”. Noutra ocasión discutiu con el nunha góndola en Venecia e tirouno á auga, da que tivo que saír a nado. Tamén quixo sacar a Armada Española de Canarias para invadir a Venezuela de Juan Vicente Gómez, o Presidente golpista que o desterrara, e case o consegue. Tivo varios intentos de asasinato, e nun deles Blanco matou a un oficial, sendo despois indultado.
V
olvendo co argumento inicial, mágoa que eses futbolistas que se van, xunto cos que xa estaban fóra (Padín no Ordes, Jesús no Somozas, Chiño no Ribadumia… ou mesmo Álvaro (Caldas) e cos “repescados” Samu e Álex “menudo” equipo se podía facer aquí! Contrasta un pouco coa nostalxia que nos produciu ver fai unhas semanas a emotiva xuntanza, nunha coñecida taberna, de 18 xogadores históricos do Club Catoira (época de Ferreirós, Suso, Seso…) que rememoraron a súa andaina no fútbol do seu tempo. Longa vida para todos eles!■