ANO 2013 REVISTA
AGOSTO - NOVEMBRO OFICIAL DO “ATENEO VIKINGO”
Nº 177 - CATOIRA -
w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m
O DRUIDA Nº 12
B
en podería semellar un título do cinema, pero non, non o é, isto é pura realidade, calquera parecido coa ficción é pura coincidencia, como contradirían os castizos doctos na materia. Non veño a usar os tópicos destas ocasións, nada máis lonxe da miña intención, citar aquelo que sempre se dí do home que era bó, non pega coa imaxe que me deixas, amigo Rial: noble, incansable, experto nas túas moitas cousas, caprichoso ás veces. Mal que che pese, que sei que che pesará, veño a recoñecer a labor dun home sinxelo, que impartes a túa xenerosidade onde queira que vaias. Escribirán a obra que ti redactaches, eu non vou a facelo aquí, práceme coa memoria dos moitos momentos compartidos. O teu meirande legado non é material, non é tanxible, pero si disfrutable. Quédanos o teu carismático carácter impregnado nas persoas que han de chorar a túa falla, eu entre todos, e cando se gasten as bágoas aprenderán a pregoar ao mundo os xeitos de cómo a túa traxectoria tórnase en impecable a cadanseu dos pasos, lucindo o suave sorriso marca da túa idiosincracia, valedor como punto de unión de cantos te rodean, tan “resolvedor” de atrancos como esquivo das polémicas. Entón, e ao son dos acordes da Marcha Solemne de Nando e Roi Casal, vas e percorres o derradeiro dos sendeiros, tal como decidiches facelo, ti só e sen avisar a ninguén, así…, con andar firme e orgulloso, sen mirar atrás. Sabes que na aldea dos tempos terás acomodo inmediato, porque os que alí agardan coñecen do agarimo e respecto que provoca a túa estadía. Pero advírtoche, que o saibas ti e máis eles, o que alí chega é o amigo, o viquingo queda connosco para sempre, e así será Sei que, en canto me vexas, reprocharasme por ter feito isto, que non vai contigo, vamos!, pero non puiden resistirme, has de perdoar a miña ousadía, dou por seguro que os teus sí que o farán, ti ensináchelos a facelo Velaivai o patrón Juan Rial…., o druida nº 12 Juan Rial López…., o amigo Rial… sen máis…! Case nada…!
ROMERÍA VIKINGA 2010 © Ateneo Vikingo
Nº 177
X A N E L A AB E R T A
agosto-novembro
"SAN ANTONIO DE PADUA - 2013"
Os famosímos humoristas Mucha e Nucha estiveron no San Antonio.
Revistando a Romaría Vikinga Pepe Castaño Dios
MONSEÑOR DE AVELLANEDA
M
Monseñor de Avellaneda á esquerda.
ergullándonos na historia das Romarías Vikingas que se veñen celebrando dende a súa creación por parte de Rey Romero e Merucho Isorna xunto con outras persoas, teñen ocorrido durante as mesmas diversos acontecementos, peripecias ou anécdotas que son dignas de seren recordadas: estoupe da barca dos fogos artificiais, persoas afogadas, detalles dos pregóns e pregoeiros, asistentes de renome… Permitídeme que me recree nesta ocasión na celebración da misa na capela o ano 1986. Era cura da parroquia de Oeste Don Víctor Manuel Lobato Feijoo, unha persoa a que en outras ocasións teño cualificado como extremadamente boa e algo inxenua. O caso é que o crego convidou a concelebrar a misa a un ilustre visitante que por esa época percorría Galicia, o bispo arxentino Monseñor de Avellaneda. Sorprendeulle a Lobato que o bonaerense se expresara en un bo galego, así que se oficiou a liturxia na lingua de Castelao. Todo transcorreu con normalidade, mesmo o tonsurado percorreu algúns establecementos de Catoira sempre convidado por alguén. A prensa galega resaltaba o paso de este home por romarías, festas e diversos pobos, sobre todo por Santiago de Compostela, berce do cristianismo, onde alternaba con curas, bispo e cardeal, oficiando misas, inauguracións, actos solemnes e vivindo a corpo de rei na capital galega, onde deixou numerosas débedas. Continua na pax. 3
2
Nº 177
X A N E L A AB E R T A
agosto-novembro
3
Na prensa do xoves, 11 de setembro do 1986, salta a noticia de que este Monseñor de Avellaneda era un impostor, un falso bispo que dende ese intre estaba a ser buscado pola policía española e a mesma Interpol. Desaparecera da cidade dende o día 4 de setembro tras anunciar ós amigos que fora chamado dende Roma, pero na realidade foi cando veu que empezaba a haber algo de desconfianza. O nome real de este arxentino era Carlos Jorge Valdisieeri, de 53 anos. Calou tanto entre a sociedade santiaguesa que 4 mozos decidiron acompañalo na súa viaxe. Un deles era Jorge Martín Cabañas, da Coruña, orfo de nai e pai, suxeito ó Tribunal de Menores e próximo a cumprir 18 anos, autorizado expresamente a petición do falso prelado. Convenceu á tía de Martín de que o levaría de viaxe por París e outras cidades europeas para finalmente recalar na Alemaña, xa que lle tiña procurado un emprego. Dende alí el marcharía a Roma, onde o Papa o ía ascender e nomealo Primado da Arxentina. O que se facía pasar por Monseñor de Avellaneda estivo en Santiago durante un mes, facendo compras e grandes comidas e convencendo ós donos dos establecementos de un aprazamento no pago. Serva de exemplo a noite que pasou no Hotel Araguaney, de cinco estrelas, para dialogar coa empresa sobre unha reserva de prazas para as peregrinacións que ía enviar dende Arxentina. Era un home de imaxinación prodixiosa que contaba como foi dado por morto nun atentado en Buenos Aires ou como tivo que conducir o automóbil do Papa. Monseñor de Avellaneda soubo que se ía inaugurar unha tenda de recordos en Santiago, por Santa Clara ó lado do Bar Barbantes, correu a catedral, colleu hisopo e acetre e procedeu a oficiar a cerimonia inaugural, con ágape final incluído. Cando finalmente foi detido non tardou moito en saír en liberdade sen cargos, porque as probas testemuñadas contra el non constituían indicio de delito grave. Por se acaso, a Interpol vixiou os seus pasos, pois constáballe que tiña previsto iniciar outra aldraxada virando a profesión de bispo pola de refutado xornalista■
Actividades da asociación de amas de casa “Muíños do Vento” para decembro de 2013
Festividade da patrona Inmaculada Concepción (8 de decembro) Misa ás 12.00 na igrexa de San Miguel de Catoira. Actuacion á saída da misa das “Pandareteiras Muiños do Vento” Comida en casa Emilio ás 14.00 Prezo: 25 € socias: 20€ Curso “centros de navidad Días 16,17 e 18 de decembro de 17.00 a 19.00. Lugar: Casa da cultura de Santa Baia. Prezo: 5€.
Membros da asociación que viaxaron a Terra Santa do 4 ao 11 de outubro. Foto extraída de www.blogoteca.com/catoira/
Nº 177
X A N E L A AB E R T A
agosto-novembro
4
O mellor da Romaría CONCURSO DE ESCAPARATES
O
escaparate da Libraría Manteiga foi o gañador do Concurso de escaparates que, con motivo do Samaín, organizou o Concello■
P
ara moitos o mellor da Romaría Vikinga deste ano foron, sen dúbida, as danesas que por estes lares estiveron. Ainda que as chicas de Catoira tampouco teñen nada que envexarlles. Fotos: Pepe Dios
Nº 177
X A N E L A AB E R T A
agosto-novembro
5
O BRAS NO ENTORNO DA LAGOA P EDRAS M IUDAS
O
bras de rehabilitación e mellora do entorno da lagoa-canteira de Pedras Miúdas que está a realizar a empresa ACCIONA como compensación polo uso tanto de recursos hídricos coma utilización de superficies da Comunidade de Montes San Miguel de Catoira■
Fotos extraídas do facebook de Ramiro Paz Tarrío
Nº 177
X A N E L A AB E R T A
agosto-novembro
Lembrando a
Juan Rial
Estas nove fotos, dende a que figura no seu carnet do Ateneo Vikingo pasando polas da restauración do seu Ursula, ou no Día do Ateneo en Honesti, ou patroneando o drakar son unha pequena homenaxe a Juan Rial, un amigo que recentemente nos deixou e ao que xa añoramos e botamos de menos. DEP
6
Nยบ 177
X A N E L A AB E R T A
agosto-novembro
7
Lembrando a
Juan Rial
Nº 177
X A N E L A AB E R T A
R ECUNCHO H ISTÓRICO Por Reymo
O
agosto-novembro
8
A VERDADEIRA ORIXE DO ATENEO E DA ROMARÍA DOS VIKINGOS.
derradeiro sábado de xullo, do ano 1961, celebrouse unha xuntanza, de tipo pantagruélico, polo serán e noitiña, aínda _ que se prolongou deica altas horas, na·s· Torres do Oeste, á que eu non puiden acudir pero na que estiveron presentes, entre outros, Baldomero lsorna Casal, Faustino Rey Romero, Segundo Rodríguez Sánchez e José Piñeiro Ares, acompañados de Pedro o , Montañés, o valeiro de Porto-Pontecesures, (q.e.p.dd.). Cónstame que houbo actos literarios e outros culturais e estrafalarios tamén -como era de rigor-, sendo así que en tal xuntanza propoñen a creación do Ateneo do Ullán e da Romaría dos Vikingos circunstancia que aparece reflectida o luns seguinte na cantina da RENFE, que sería a sede da nacente institución, tal como constaba nun gran cartel confeccionado cunha bolsa vacía de cemento na que, con trazo groso e en liña circular, figuraba o seguinte texto: "ATENEO DO ULLÁN", colgando a cada lado do cartel unha gaita de fol e un ramo de loureiro. Foi esta a primeira Romaría? Así se considera na cronoloxía da mesma, a partires da súa organización por CEDONOSA, se ben entendemos que non é así. Pois esa xuntanza de 1961 foi unha máis das que entón proliferaban e venme á memoria algunha outra deste tipo que xa tiñan lugar, con anterioridade, nas brañas de Campaña, promovidas por funcionarios e veciños de Valga, incluída Casa Maneiro, nas que ternos estado presentes funcionarios e representacións do Concello de Catoira. Cremos, por tanto e así o defendemos sempre, que verdadeiramente a romaría principiou en 1962, cando ós actos literarios se lle engadiron os folclóricos, que nunca estiveran presentes con anterioridade polo que, sen estes últimos actos, non pode existir romaría ningunha, menos a índa cando, como é o caso da dos vikingos, non se da culto a ningún santo. Deste xeito a primeira romaría, mal chamada así polas razóns apuntadas, celebrouse o día 29 de xullo de 1962 (derradeiro domingo do mes) e, anque non se fixeron carteis de propaganda, si que se anunciou reiteradamente na prensa, Faro de Vigo máis ben, sendo así que xa se xuntaron moitos catoireses, todos os cales se dirixiron ó Muelle da Fábrica Vella e, acompañados dos Gaiteiros Os Areeiras e representantes do Ateneo, embarcaron no veleiro do Sr. Emilio, que puxo rumbo as Torres do Oeste, ás once da mañá, mentres se disparaban os foguetes de rigor, que xa se deixaran ó efecto das Festas de San Antonio, celebradas tres semanas antes. Podemos dicir, por tanto, que estivo aquí a orixe do, máis tarde chamado Desembarco Vikingo. A segunda romaría tivo lugar ó ano seguinte, e tamén o derradeiro domingo de xullo, e dicir, o día 28 do devandito mes. Podo engadir que nesta edición si que participei activamente, levando a parte administrativa, polo que houben de contratar ó mesmo cuarteto de gaitas Os Areeiras, que cobraron esta vez 450 pesetas, importando os fogos, que xa non foran os do San Antonio, 365 pesetas e os permisos do Goberno Civil, 205 pesetas. Dáse a circunstancia que conservo os datos do balance de cantas dese ano, apuntados nunha cuartilla que lembro escribín no mesmo Ateneo, da que se deduce que os ingresos e gastos quedaron nivelados en 1.110 pesetas, ben entendido que os ingresos ata alcanzar esa cifra correron de conta dos oito socios do Ateneo, entre os que me conto , que Os protagonistas da II Romaría Vikinga: Pepe R. Moure, Rey Romero, Plácido R. aboamos 1 0 0 pesetas cada un, se ben Castro, Segundo Rodríguez, Pedro o Montañés, Máximo Rodríguez (Máximo Sar) dobrou esta cantidade o cofundador e Piñeiro Ares. Falta Baldomero Isorna (Data da foto: 28-07-63) Baldomero Isorna, aportando o resto catro simpatizantes, aínda que tivemos que poñer 25 pesetas máis Faustino Rey, Baldomero lsorna, Segundo Rodríguez e o que escribe esta historia, segundo consta na cuartilla de referencia, coa agravante de que xa eran bastantes cartos daquela. Por certo que nestes primeiros anos da organización faise referencia a certos personaxes colaboradores e debo dicir que se ben houbo algúns, non se atopan entre os que cooperaron economicamente, sendo así que poden aparecer nalgunha foto, pero que non por iso teñan que considerarse cooperadores. Nesta segunda romaría, como no ano anterior, embarcamos tamén cara o mediodía no Muelle da Fábrica
Nº 177
Vella, no mesmo navío do Sr. Emilio que se dirixíu ata as Torres do Oeste, os representantes do Ateneo, acompañados do prestixioso grupo de Gaitas Os Areeiras e certa multitude de veciños e foráneos, así como tamén da Banda de Música de Cañoto, creada ese mesmo ano, mentres se ían disparando os foguetes de rigor. Pero ó mesmo tempo numeroso público acudiu a pe co ánimo de celebrar a comida campestre naquel incomparable e histórico lugar. Esta segunda conmemoración foi todo un éxito de organización e participación, sobre todo.
X A N E L A AB E R T A
agosto-novembro
9
Documentos acreditativos das contas da II Romaría Vikinga (ano 1963).
Aínda me lembro que nun daqueles actos lúdicos, o crego e poeta Rey Romero, subido a unha banqueta ou tallo, que era difícil asentar sobre unha leira que fora sementada de centeo, falou dos ataques dos normandos, que non vikingos, e da defensa que facían dende as Torres os bispos de Compostela, entre os que citou a Sisnando, morto o ser atravesado por unha saeta na batalla de Fornelos, en Cordeiro, Cresconio e o mesmo Xelmírez. A banqueta de referencia facilitáralla José de Guillán, que xa poñía un posto de bebidas moi preto da torre interior, debaixo duns ramallos, para gorecerse do sol. En canto á terceira romaría do ano 1964, non se fixo ningunha xestión para se celebrar no derradeiro domingo de xullo, ó non atoparse aquí o cofundador Baldomero Isorna, que residía en Madrid, e non viría ata agosto, sendo así que mediado este mes, un domingo a saída da misa convócase unha.reunión cos socios máis antigos na Casa Hipólito, na que se acorda a captación de novos socios e fixar a data da romaría para o domingo 30 de agosto, facendo esta vez os oportunos carteis de propaganda e acordando a contratación de Os Areeiras e tamén dos fogos a Pirotecnia López. Por certo que nos carteis acordouse facer constar que os actos eran organizados polo Ateneo do Ullán coa colaboración da Sociedade de San Antonio e invitábase ás familias a celebrar a comida campestre nas Torres e a merenda-cea na Fonte Gaiteira, onde se instalou axeitado alumeado, actuando tamén alí o grupo de Gaitas Os Maneiros de Abalo. Esta vez a festividade foi todo un éxito, acudindo ós dous escenarios unha gran multitude. En definitiva, estaba asegurada xa a celebración da nacente e insólita romaría, pero pouco despois representantes dos produtores da empresa local CEDONOSA, Copia do cartel de propaganda da III Romaría Vikinga desexosos de promover unha festa gremial, coma as que xa (ano 1964) existían na comarca do Ullán, tiveron a ocorrencia, segundo ternos entendido, de dirixirse a Baldomero Isorna, en Madrid, ó consideralo a cabeza visible da organización, co que pactaron tomar eles as rendas da celebración da romaría aínda que, que sepamos, non se consultou cos demais socios do Ateneo que eran, algúns deles, quen levaban o peso da organización, o cal non agradou a moitos, aínda que a romaría, como tiña que ser, alcanzou un inusitado auxe a partir de entón, por razóns que son obvias■
Nº 177
X A N E L A AB E R T A D
E
P
O
C LUB A S T ORRES DE P IRAGÜISMO
C
omo todos os anos o Club As Torres celebrou o pasado sábado día 5 de outubro a comida de fin de tempada organizada por todos os pais dos piragüistas, asistiron preto de 200 persoas Esta comida serviu de celebración de todos os éxitos obtidos este ano nas diferentes ligas tanto galegas coma nacionais. Os resultados foron os seguintes: - 5º Posto na liga nacional de pista de olímpica.
Fotos Piragüismo As Torres
R
agosto-novembro T
E
10
S
- 2º Posto na superliga galega. - 3º Posto na liga galega de pista. - 3º Posto na liga galega de ríos e travesías. - 1º Posto na liga galega de promoción - 3º Posto na liga galega de crías e benxamíns. Ademais o 16 de novembro o club celebrou no Edificio Aragunde a cea de final de tempada con todos os socios e deportistas onde se entregaron diversos premios e recoñecementos■
Nº 177
X A N E L A AB E R T A D
E
P
O
R
agosto-novembro T
E
11
S
Un catoirense para o Celta
P
ablo García Castaño, fillo de Alberto e Celia, foi fichado polo Celta de Vigo para xogar no cadete B. Arriba o vemos durante unha sesión de adestramento na Madroa en Vigo■
C ATOIRA CF
O
Catoira leva un inicio de tempada fabuloso encabezando a clasificación do seu grupo da 3ª autonómica. Aínda que ten dúas baixas sensibles, unha definitiva a de Alex Pérez que fichou polo Bertamiráns (3ª división), e outra a de Samu cunha lesión que o pode ter apartado dos terreos de xogo por dous ou tres meses. Pero non todas son malas noticias pois ao equipo incorporouse recentemente Álvaro Bouzas procedente do Caldas de 1ª rexional.■ Manolo Rey é o adestrador dun Catoira que ostenta o liderato no grupo 15 da 3ª autonómica
XUNTA DIRECTIVA Presidente: Celestino Rodríguez Cochón. Vicepresidente: Manuel Aragunde Abuin. Tesorero: Jose Manuel Lajos Romero. Secretario: Ismael Gey Bello. Vocales: Fco. Javier Lajos Rodríguez Matias Rodríguez Lamas Jose Manuel Mera Barreiro ADESTRADOR Manuel Rey Castaño
Nº 177
X A N E L A AB E R T A D
A columna
E
P
O
por Pepe Castaño Dios
CHUCHAMEL
E
ntre esas persoas que se botan en falta pola Avenida de Catoira está sen dúbida Juan Manteiga Busto, actualmente hospitalizado, e que sempre poñía unha nota de picardía e humor a calquera detalle ou situación que se presentara. Aínda que non era asiduo de asistir ós partidos de fútbol das Lombas, si ten acudido cando no ciclo daqueles xogadores que practicaban un xogo espectacular, época de Padín, Caché, Pichi, Jorge, Taski…, mesmo despois dos partidos adoitaba dicirme entusiasmado: “Dios, ese equipo que tés como xoga… é chuchamel. Dios… chuchamel!” Porque Juan empregaba esa palabra cando quería manifestar algo que lle encantaba, por exemplo: “Vaia chabala levabas onte…chuchamel! Que boa estaba aquela carne (de Ricardo Sumai) … era chuchamel! Hai que recordar, para os máis novos, que o chuchamel é unha flor que contén néctar, unha substancia doce que se adoitaba chuchar e que ulía de marabilla. Tamén chamada herba salgueira (en castelán madreselva) florece durante todo o ano e dáse na beira dos camiños, ríos, prados… cualificada como algo velenosa, moi típica de Galicia, Asturias e León. Os máis carrozas aprendiamos a recoñecer esta flora in situ, atopándoas e xogando con elas, tal como ocorre co mexacán, unha planta que pensabamos que nacía alí onde mexaba un destes animais… aínda que tamén se di que é porque os cans mexaban alí onde atopaban unha destas plantas. Agora hai que aprendelas nos libros.
P
orque as nenas e nenos carrozas dos que falaba aproveitaban os froitos que se daban ou caían polos camiños, silveiras… (“As castañas que caen no camiño, son do veciño”) para “atemperar” un pouco o estómago, pois non sempre as cousas foron tan doadas coma hoxe. Mesmo no deporte se xogaba cunha pelota feita de calquera cousa e do calzado xa non digamos: furados polas punteiras ou cheos de remendos… Como dicía, non todos podían comer determinadas viandas
R
agosto-novembro T
E
12
S
(moito caldo con touciño e pouca freba) e así, cando había unha ocasión, a xente comía e bebía a fartarse. Vexamos dous exemplos. O primeiro aconteceu cando Salvador González, o Maruxo, montou o carro de bebidas no San Cibrán, como era o seu costume. Axudoulle a subir a mercancía Pepe Coira de Portecanles. Cando remaron e todo estaba no seu sitio Maruxo díxolle a Coira que podía coller unha botella de viño da caixa e darlle uns grolos. Este así o fixo: colleu a botella a morro e dálle que dálle pa dentro sen respiro ate que xa a tiña case acabada. Entón saca a botella da boca e diríxese a Salvador dicindo: “Mecajo en tal, Maruxo… era caña! Efectivamente, Salvador era moi bromista e fíxolle a xogada ó seu compañeiro, pero este non parou de beber porque non sempre había oportunidades de facelo de balde. Ben… a outra anécdota aconteceu en Santa Baia. Estábanse a representar as comedias, así se denominaban uns sainetes de teatro, e durante a posta en escena de “La fierecilla domada”, adaptada de Shakespeare, nun momento determinado había unha comida. Acordouse que as mozas que sabían cociñar fixeran polo guisado para darlle máis verosimilitude á obra. Comeuse un pouco e sobrou, así que aquela xente que non tiña moita oportunidade de probar tal manxar, ao remate da función tirouse a pola comida con entusiasmo. Cando xa se acabara todo e marchabamos para a casa pregunteille a Cándido Ochoa que tal estaba o polo e contestou todo entusiasmado: Dígoche Pepiño que todo era freba!
V
olvendo con Juan Manteiga, alcumado Pirri, polo seu parecido co entón futbolista do Real Madrid, equipo do que era un gran seguidor. Tanto, que unha noite da festa de San Antonio na que tentabamos atopar un sitio no que poder sentar e tomar uns refrescos, como non había xeito de afincar ben (sobre todo Juan polo seu impedimento físico) decidimos que había que colocar un banco diante do estanco para estas ocasións. “E voulle poñer o nome e escudo do Real Madrid” afirmou Juan con rotundidade. Dito e feito. Ese foi a orixe do famoso banco da Avenida. Tamén do Real Madrid era a equipaxe que lle mercou para un equipo infantil que levaba Enrique Moure e no que xogaba entre outros un tal Carlos Padín… Seguro que calquera de vós podería tamén contar mil anécdotas con Juan Manteiga, pero agora imos desexarlle que o tema da saúde lle vaia o mellor posible. Ánimo!■