ANO 2014 REVISTA
OFICIAL
DECEMBRO - ABRIL DO “ATENEO VIKINGO”
Nº 178 - CATOIRA -
w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m
O CLUB CATOIRA VIRTUAL ASCENDIDO A 2ª AUTONÓMICA
A falla de 5 partidos por disputar avantaxa ao terceiro clasificado en 10 ptos. e ao 2º en 9 ptos. o que tamén o converte en virtual campión. O sábado 12 de abril no restaurante Casa Emilio as vellas glorias do Catoira tiveron o seu encontro anual para rememorar pasados éxitos deportivos.
Noticias de
Catoira. A columna. Equitación. ESPECIAL DEPORTIVO.
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
2
Pandereteiras de Catoira:
De esquerda a dereita: Maruja, Elena, Mari, Milagros, Carmela, Merche, Borja, Lola, Lurdes, Carmen, Valentina e Argentina.
Actividades da asociación de amas de casa “Muíños do Vento”
Excursión da asociación realizada dentro do programa, auspiciado pola Deputación, “Coñece a túa provincia”.
ción Asocia a d s e ad activid Outras VII RUADA SERÁN Comeza: Sábado 26 de abril. Lugar: Edificio Aragunde. Horario: A partir das 10 da noite.
CURSO DE BORDADOS E L A B O R de gancho Comeza: 2 de maio (venres) LUGAR: Casa da cultura de Santa Baia Anotarse: Merchy 986523258 / 616058933
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
CULTURA
Dous libros novos con autores de Catoira
Anxos Sumai: “A lúa da colleita” Galaxia. 244 páxinas. 19 euros
V
olve esta escritora xa consagrada con unha novela coa que gañou o ano pasado o premio “García Barros” de narrativa. A protagonista Nuria, mesmo o seu alter-ego Bert, expresa os seus sentimentos máis íntimos, querendo reconstruír as enigmas do seu pasado, onde aparecen o seu irmán Induvina, pintor, ou o veciño Vidal. Unha lectura trepidante que nos leva polos recunchos do amor e do odio, do medo, dos soños… nun apartamento da Ría de Arousa nunhas vacacións do ano 1992. Todo co estilo peculiar de Anxos Sumai e con unha narrativa tan boa que se plasma nos excelentes diálogos e caracterizacións e descricións, emocións confusas, irreais ás veces, pero sempre con moita exactitude. Sen dúbida unha novela que triunfará en todo o país. Moi recomendable a súa lectura■ ► ►
Premio García Barros 2013. Premio Fervenzas Literarias Mellor Portada Adultos 2013.
Paulo García Conde: “Desgaste vital”.
N
ovela dun escritor debutante e como tal a narración resuma unha frescura que fai da mesma que se poida ler e seguir con interese dende o principio ó fin. As vivencias de Daniel, un estudante universitario, que vai narrando todo o que lle acontece durante o transcurso dun curso académico na Facultade. Se mestura o acontecer diario cos propios sentimentos e mundo interior do protagonista e, segundo imos avanzando na lectura, este vai sufrindo as consecuencias das profundas e vitais reflexións que nos levan a un desenlace cando menos preocupante■
P
aulo García, o autor, é un xornalista novo, fillo de Vicente e Pili Conde Coira, e como tal se amosa cun futuro prometedor no mundo literario. Editorial: Círculo rojo Páxinas: 308 Prezo: 10 €
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
3
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
4
Rouban a campá da capela das Torres de Oeste.
A
campá da capela das Torres de Oeste desapareceu no que, todo apunta, trátase dun roubo pois o Concello non ten constancia de que se retirase por algún motivo. Este feito provocou desconcerto e indignación no municipio.
O
alcalde, Alberto García, lamentábase do roubo do instrumento e explicaba que, aínda que non se emprega habitualmente, porque o templo se abre en raras ocasións e xa non é lugar de culto, é un elemento máis do monumento que debe recuperarse. De feito, os responsables municipais non só alertaron ás autoridades policiais senón que tamén realizaron indagacións pola súa conta, aínda que sen éxito. O único testemuño recollido ata agora é o do veciño que achou o soporte de madeira no chan. Sospeitase que o roubo da campá realizouse por vía fluvial■
Dous veciños de Catoira falecen intoxicados con monóxido de carbono O corpo de Jesús Romero foi atopado no dormitorio e o de Milagros Coira no baño.
D
úas persoas faleceron aparentemente tras ter inhalado monóxido de carbono. Trátase dunha parella de Catoira, de avanzada idade, segundo informaron os servizos de Protección Civil. A súa morte descubriuse pasadas as doce da noite, despois de que unha neta da parella intentase sen éxito contactar con eles. Inqueda, chamou ao resto da familia e finalmente avisaron á Garda Civil. A patrulla que se trasladou ata o lugar dos feitos, na rúa do Concello, descubriu o corpo do home, Jesús Romero , tirado sobre a cama. Así que, os axentes entraron na vivenda, atopando tamén o corpo da muller, Milagros Coira, no baño■
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
C a t o i ra d í a a d ía
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
O CONCELLO CATOIRA ADJUDICA A XESTIÓN DA ILUMINACIÓN PÚBLICA Á EMPRESA
O
Abuín na Rúa tomándose un respiro.
Sindito facendo un chourizo ao lume no Mesón a Rúa
E tamén no mesón a Rúa Jorge Catoira preparando unha paella .
5
SETGA.
Concello de Catoira adxudicou provisionalmente á empresa SETGA S.L.U. a xestión e mantemento das instalacións da iluminación pública mediante un concurso público ao que tamén concorreu a compañía Elecnor S.A. A resolución da mesa de contratación valorou con maior puntuación a oferta de SETGA, entre outras cousas porque o canon anual que terá que pagar o Concello será menor: 134.287 euros máis IVE, fronte aos 148.397 euros que se propoñía como prezo máximo de licitación. O contrato que asinarán a empresa e a administración municipal SETGA terá unha duración de investirá máis dez anos. dun millón de A oferta presentada por euros en Setga (que obtivo un total renovar as de 95,50 puntos, mentres luminarias que Elecnor só sumou 57,81) propón a realización de investimentos por valor de 1.019.151 euros, unha cantidade que inclúe os custos das luminarias, centros de mando, unha auditoría e melloras que suman 296.224 euros. Segundo a acta da mesa de contratación, as melloras sobre os equipos propostos serán aplicables aos 1.828 puntos de luz incluídos na licitación. aforro no consumo O horario de funcionamento da iluminación será acordado co Concello e, segundo os cálculos efectuados por Setga, o aforro no consumo de enerxía co novo sistema alcanzará o 81,60%, mentres que a redución da potencia instalada será do 79 %. O prego de condicións da licitación indica que, unha vez se asine o contrato, será a adxudicataria a que deba encargarse do correcto funcionamento da iluminación e pagar os custos da enerxía consumida. Tamén será a súa responsabilidade o mantemento das instalacións e a reparación con substitución dos elementos deteriorados. A adxudicación provisional do servizo debe ser ratificada nun prazo menor a quince días pola Corporación municipal reunida en Pleno■
Nº 178
A C ol u mna ( b is )
X A N E L A A BE R T A
por Pepe Castaño Dios
JESÚS RIVEIRO, MESTRE EN DOMA CLÁSICA
A
índa que na casa de Riveiro sempre houbo cabalos, como en outras de Catoira, podemos afirmar que a Jesús a súa afección, mellor diría devoción, polos equinos, lle ven directamente do seu pai Jesús Manuel. Si, podemos dicir aquelo de que “de casta le viene al galgo”, porque os dous empezaron xogando fútbol na canteira do Club Catoira, Jesús Manuel era un central recio, forte e que cortaba o xogo sen contemplacións, que se decatou axiña de que tiraba máis o cabalar que aquel mediocre proxecto de futbolista, e o seu fillo foi un porteiro que prometía bastante e tamén abandonou sendo un xuvenil. Pero antes os pais lle deron a oportunidade de pasar polo Mareo de Xixón, onde deixou constancia das súas calidades, na compaña de Jonathan Romay Gómez, de Santa Baia, hoxe xogador que está a ter protagonismo no Arousa SC na 3ª División. Pero Jesús xa tiña a paixón polos potros e cabalos dende os 2-3 anos de idade, pois dende que os Reis lle trouxeron un de peluche, xa non deixou de xogar con el ate ser maior. Segundo ía medrando empezou a dar longos paseos polo monte cos equinos da casa. Seus pais non tardaron en decatarse de que o rapaz tiña algo especial con estes animais, mesmo podiamos dicir que era “o neno que susurraba ós cabalos”, parodiando a famosa película, que tiña facilidade para domalos.
A
sí que seu pai pensou en levalo a unha Escola de Equitación, pero só había dúas importantes en España, as dúas en Andalucía, no berce desta arte deportiva. Eran Xerez e Ronda. A dificultade engadida era que nestas escolas só collían a 3 alumnos por ano de entre os moitos que aspiraban a entrar. Aquí en Galicia non había ninguén que lle puidera axudar a mellorar a técnica. Foron a Ronda e alí na Real Maestranza Jesús demostrou todo o que levaba dentro. Acadou o pase a Escola deixando asombrados aos examinadores coas súas habilidades na monta. Era o primeiro e único galego. Estivo uns 3 anos. Un xinete do equipo de España, Enrique Cruces, o axudou e lle ensinou moito. Despois foi a Alemaña, permanecendo bastante tempo, formouse mediante cursos e clinics... e cando volta inicia unha etapa en solitario. Vai a Sobrado dos Monxes e pasa a ser xinete da eguada Marcq Pla, e dedícase a desbravar eguas, levándoas a concursos, e individualmente clasificouse para o Campionato de España (o Galego xa o gañara sen problemas) onde compite cas grandes figuras españolas (Cruz, Muñoz...), algunhas entre as mellores do mundo, incluíndo os seus antigos adestradores. Na final acada o posto 17 de un total de
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
6
59 participantes, a pesar de non contar agora con alguén que o adestrara, coa potra Sandy, na categoría de 5 anos. Finalmente abandona a eguada Marq Pla e dedícase a desbravar e domar pola súa conta (por ver prezos, exemplo unha egua que Jesús preparou e que custara 12.000 euros foi posta en venda por 70.000).
M
esmo estando fóra da nosa terra Jesús nunca deixa de acudir a participar como vikingo na Romaría, cousa que fai dende os dous anos. Este celtista de 21 anos (seguiu un Depor – Celta nun palco de Riazor co xenro de Amancio Ortega, tamén xinete, pero deportivista) está nunha idade relativamente moi nova para acadar o seu máximo obxectivo dentro da categoría da doma clásica: ser xinete profesional e participar nunha Olimpiada. Pode ser factible por xuventude e porque Jesús Riveiro Castiñeiras domina tódalas facetas da doma. Como todos os grandes campións vive e dedícase con gran entusiasmo a súa actividade, polo que as posibilidades de chegar a meta están todas aí. Este mozo que “lle susurra aos cabalos” conta con todo o noso apoio moral. Adiante■
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
Jesús Riveiro un xinete que apunta moi alto
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
7
N潞 178
Graffitis na casa de Don Pepe
ade d i s o i Cur
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
Informaci贸n Municipal
8
Nº 178
X A N E L A A BE R T A D
E
P
O
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4 R
T
E
9
S
C LUB A S T ORRES DE P IRAGÜISMO
A
s obras de ampliación e mellora do local do Club As Torres despois dun parón provocado polo mal tempo avanzan a bo ritmo. O presuposto é de 378.812,44 euros, dos que o 70% é achegado pola Deputación e o 30% restante polo concello. Algunhas persoas lamentan a ocultación da “vistosa” e antiga fachada Oeste■
Os numerosos trofeos do club terán, a bo seguro, un acubillo acorde á categoría e prestixio da entidade.
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
R ECUNCHO H ISTÓRICO Por Reymo
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
10
A CONSTRUCCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE “AS LOMBAS” E A CREACIÓN DO CLUB CATOIRA.
O
Campo de Fútbol de As Lombas, na actualidade municipal, conforme ós datos facilitados por algún contemporáneo da época, principiouse a construír no ano 1920, traballando nel algúns dos que serían logo xogadores do equipo e non hai constancia de que se recibise ningunha axuda para a realización das obras. Este primitivo campo foi sempre de terra, composta de minerais de óxido férrico e estivo aberto durante uns trinta anos, ata que o cerrou de ladrillo José Guillán Busto, quen pensou incluso habilitalo ocasionalmente para
Campión da Liga das Rías Baixas Posiblemente 1957.
facer algunha “becerrada” nel con motivo das festas locais de San Antonio, sen que levase a cabo o intento. Máis tarde, dado que os reiteres do club que utilizaba o recinto deportivo non lle pagaban ningunha participación económica, pintou de chapapote os asentos do graderío, que tamén construíra, así como outros lugares estratéxicos do campo, se ben continuaron celebrándose partidos de competición oficial sen máis reparos, agás os de non ensuciarse co alcatrán. Máis tarde, sobre o ano 1986, por parte do Concello e organismos deportivos fíxose un peche máis consolidado, ampliándose o terreo de xogo convenientemente, inda que dende o principio xa tiña as medidas regulamentarias. E máis adiante construíuse unha bancada cuberta. Case que vinte anos despois, en 2004, instalouse un céspede de herba artificial, que correu a cargo da Excma. Deputación Provincial, que foi inaugurado o 28 de marzo dese ano polo Sr. Presidente da Deputación e polo Sr. Alcalde, actuando na cerimonia a Banda de Música da Escala Municipal, disputándose tamén un partido contra o Anduriña de O Grove, correspondente á Liga de 1ª Rexional. Polo que se refire ó Club Catoira, fundouse no mesmo ano 1920, no que se construíu o campo de xogo como se dixo anteriormente, labor na que intervirán varios xogadores dos que residían en Catoira, estando constituído o primeiro equipo do seguinte xeito: Manuel Carril Torrado, porteiro; Alfonso Tubío Rañó e Emilio Rodríguez Rañó, defensas; José Vázquez Rodríguez e un tal Arenas, de Santiago, con outro. máis que se descoñece, medios e Valentín Casal Sobrino, Segundo Rodríguez 'Sáchez, Antonio o Chocolateiro, o valenciano Ramoné e outro máis descoñecido, dianteiros. O verdadeiro protagonista do equipo naqueles primeiros tempos foi Antonio o Chocolateiro, que estaba establecido
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
11
no salón da finca da Fonda (hoxe Hotel Balneario), complexo do que era propietario un tal Mosquera, de Caldas de Reís. Entón non participaba o equipo nas competicións oficiais, coma outros máis, xogando tan só partidos amigables contra os equipos representativos de municipios máis ou menos próximos, sendo isto tan verídico que a Sociedade de San Antonio de Padua, colaborando co club local, manda o campo de fútbol, xa no ano seguinte ó da súa inauguración, en 1921, ó grupo de gaitas, debeu ser o de Daniel Touriño Coira (qepd), para amenizar o partido amigable xogado con motivo das festas, o que lle supuxo un desembolso de 15 pesetas máis pola actuación do grupo no devandito campo, como así consta na contabilidade da sociedade de festexos. Sábese que no ano 1935 compañía o equipo o seguinte cadro de xogadores: Gerpe, de Cesures, porteiro; Valeiro, tamén de Cesures e Víctor Abuín Sobrino, de Catoira, defensas; Enrique Castañeda Ochoa, Alfredo Ferreirós Busto e Martínez, todos de Catoira, medios; Secundino Ferreirós Busto, de Catoira, A. Caamaño, de Campaña, Manuel Rama Abeijón, de Catoira e Luís e Aquilino Abalo, de Valga, dianteiros. Seique era este un gran equipo, pero a guerra de 1936 paralizou aquela marcha vitoriosa deste conxunto catoirense, no que militaban outros xogadores de Catoira, entre os que non se pode esquecer a Pepe Coira, o fillo de Pepito. Con todo, nese mesmo ano, con anterioridade a contenda civil o Catoira xogou en Rianxo unha copa contra varios equipos e quedou campión da mesma, cando tódolos demais presumían de ser superiores, se ben vence o Catoira na final por 3 goles a 1, lago de realizar un extraordinario partido. Loxicamente o equipo non se reorganizaría ata ben entrada a década de 1940, inda que sería a finais da mesma cando se federou e comezou a participar en competicións oficiais, senda a primeira o Campionato das Rías Baixas, destacando nesta etapa, xusto é lembralo, un gran paladín do fútbol local: José María Guillán González (q.e.p.d.) A organización do devandito campionato, non sei se dependía da federación entón, tiña a súa sede en Vilagarcía de Arousa, no local de Confitería Prada, na hoxe céntrica Praza de Galicia, senda o seu titular quen presidía a organización deportiva. Os equipos que participaron neste primeiro campionato oficial foron os segurntes: Anduriña (O Grove), Catoira, Céltiga (llla de Arousa), Pontearnelas, Portonovo, San Martín (Vilaxoán), Umia (Barrantes) e Vilalonga. Merece lembrarse a rivalidade dos encontros Catoira San Martín, Céltiga - Anduriña, Umia - Pontearnelas e Portonovo Vilalonga. Nestes enfrontamentos era masiva a asistencia de afeccionados. E para rematar, non podemos esquecer gue todos estes clubs participantes eran grandes equipos, se ben o noso representante, co San Martín, Umia e Céltiga, sempre loitaban polo título de campión. Que tempos aqueles!■
Vista parcial do campo municipal “As Lombas” co novo cespede artificial inaugurado o 28 de marzo de 2004. Observese a grada e a gran concurrencia de público.
Nº 178
X A N E L A A BE R T A D
E
P
O
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4 R
T
E
12
S
C ATOIRA C ORRE
Eduardo e Calo co gran Chema Martínez
Na carreira de A Coruña.
M USING
Mónica Touriño gaña a segunda proba da Copa de España co seu can Caramelo.
M
Mónica Touriño, no máis alto do podio con Caramelo na segunda proba da Copa de España, que se disputou e n Barcelona.
ónica Touriño co seu can Caramelo segue gañando. Días despois de proclamarse subcampións de España na modalidade de terra en A Estrada, Mónica e o seu can subiron ao máis alto do podio en Vallgorgina (Barcelona) onde se disputou a segunda proba puntuable para a Copa de España de Mushing. Con este resultado a Mónica está no máis alto da clasificación provisional da Copa de España■
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
13
Xuntanza de históricos do Catoira
Tinito, Pepe Dios, Venancio (Santiago), Suso, Pajares (Padrón), Paco, Gonzalo, Viturro (Rianxo), Ferreirós, Cesar, Lorecho (Rianxo), Froulán e Eusebio (Asados).
Froulán con Eusebio
Ferreirós, Lorecho, Froulán, Eusebio, Ramón e Paco Pajares
Venancio, Paco e Suso
Paco, Gonzalo e Tinito
Cesar, Pajares, Ferreirós, Lorecho e Froulán
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
14
escola Municipal de fútbol “club catoira” O futuro do fútbol de Catoira pasa por eles...
A
incansable e admirable Olga coas futuras estrelas do fútbol de Catoira
A
lgúns dos equipos da base do club: ► Biberón. ► Prebenxamín. ► Benxamín. ► Alevín. ► Cadete.
bIBERÓN
De esquerda a dereita: o adestrador Ismael; De pé: Gabriel, Alexandre, Nicolás, Hugo, Lois e Guillermo (auxiliar). Sentados: O porteiro Tomás, Martín, Rubén, Daniela, Mauro e Sergio.
Nº 178
prebenxamín
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
15
De pé: Nico, Martín, Álex, Hugo, Raúl, Lois e Ángel. Agachados: Noel, David, Paulo, Julián e Álex González.
benxamín
Arriba: David, Hugo, Diego, Samu, Lucas, Samuel e Teo. Abaixo:Pedro, Iago, Miguel, Martín e Quike. Adestradores: Matón e Aragunde.
Nº 178
alevíns
cadetes
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
16
De pé: Mikaela, Joel, Aarón, Eloi, Diego, Mario e Joel Jamardo Sentados: Marcos, Adrián, Eitor, Abel, Adrián, Hugo e Manu.
De pé: Arturo Bea, Juan Castiñeiras, Pedro, Néstor, Álvaro Rey, Sergio, Juan Busto, Yago, Raúl e o auxiliar. Agachados: Martin, Carlos, Álex, Manu, Sergio, Ismael, Álvaro Isorna, Brais, Andrea.
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
17
C LUB A S T ORRES DE P IRAGÜISMO
O presidente recollendo o premio como vencedores na 1ª regata da Liga Galega de Promoción celebrada e Berducido.
Membros do club As Torres repousando nunha regata
Anxo Susavila conseguiu a medalla de Bronce na categoría Hombre Cadete B Kaiak no Campionato de España de Novas Promesas.
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
18
JESU, RUBÉN E JONATHAN: GRAN CAMPAÑA CO AROUSA
J
esu , normalmente titular, Jonny con moitas aparicións e Rubén con algúns minutos, están colaborando na gran campaña que o Arousa está a realizar na 3ª división.
A
quí aparecen os catoirenses nos cromos oficiais editados polo propio club arousán.
C a toira co C el ta d e Vi g o Fotos extraídas de facebook
Celia con Luis Enrique
Un grupo de siareiros demandando a titularidade de Sergio. Dende a Xanela amosámoslle o noso apoio ao xogador referente de Catoira
Nº 178
X A N E L A A BE R T A
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4
19
DÚAS CATOIRESAS NA SELECCIÓN GALEGA SUB-14
Carmen Sumay Dios (gardameta) e Carla Falcón Conde (3ª xogadora de pé pola esq.) coa selección galega de fútbol sub-14. As dúas xogan na Atlética Arousana. Carmen (foto dereita) probablemente adestrará coa selección española.
A c ol u mn a
continuación
Tamén secundarios no fútbol, Rey case non xogou nos maiores (si o fixo no Cordeiro), pero si noutras categorías e especialidades como o futbito, Goriño xogou bastante. O pasamento de Pepe é recente. Un tipo que non pasou inadvertido, amante de crear ambiente coas súas bromas, coas súas cousas, en fin... Manolo mesmo foi meu mestre de clases particulares na Baiuca, a onde acudían tamén Carme de Carmucha, Ramonita Sumai ou Vitorio das Lagoas, por citar algúns dos seus alumnos. Secundarios queridos e recordados por quen tivo a sorte de convivir con eles e a desgraza de perdelos tan pronto. Na paseata pola foto recordo do ano 1971 tamén se atopan outras dúas persoas que xa finaron: Pepe Castromán e Luís Guimarei. Estes de tan secundarios que eran nin xogaron no primeiro equipo do Club Catoira, pero si eran moi afeccionados e participaban nestes encontros dos veráns entre as parroquias do concello.
A
í están co equipo de Oeste vestindo a camisola do Barça (que lle mercamos de segunda man ós de Vilar cando estes decidiron “finiquitar” o seu equipo). Castromán foi un home coñecido pola súa actividade laboral pero a min tamén me deu clases na escola de Oeste cando facía substitucións de aquel mestre, Don Amador, cando este enfermaba ou mesmo se retiraba a facer os seus rezos constantes... Pero moitos nenos da época tamén lle debemos que nos ensinara a pescar (sobre todo camarón e cangrexo no Ulla), a facer carros de “guiatoria”, a pórlle leite na entrada dos buratos dos
lagartos “arnaus” e das serpes para que saíran e cazalos co lazo de “corredera”... en fin todas esas cousas que nunca se esquecen. Por último Luís Conde Guimarei, ou Luís de Ramona, que só fai meses que tamén finou deixando un recordo moi sentido e emocional, porque Luís non xogou debido a que emigrou a Francia moi pronto e alí completou toda a súa vida de traballo. Este era secundario de secundarios, a persoa máis humilde que un ten coñecido, un home que nunca quixo destacar por nada, que nunca dixo unha palabra máis alta que outra, que nunca estaba anoxado con alguén, que só quería crear bo ambiente, que non envexaba nin desprezaba a ningunha persoa... así era Luís. Todos o recordaremos pola súa bondade. Moito temos que aprender algúns■
Manuel García Bouzón
Juan José Rial López
Luis Conde Guimarei
José Rey López
José Castromán Santos
Nº 178
X A N E L A A BE R T A D
A c ol u mn a
E
P
O
por Pepe Castaño Dios
PASEATA POLOS RECUNCHOS DO FÚTBOL
C
o pasamento de Juan Rial coido que tamén se pode estar na historia de unha entidade sen ser necesariamente unha estrela ou ser dos mellores da especialidade. Hai secundarios moi importantes.
R
ial foi un deles. Nunca foi un porteiro extraordinario, mesmo só foi titular en partido, as outras veces era reserva de un mito do Catoira, Pitito. Pero calquera que coincidiu con el no equipo che fala de un compañeiro dos que fan grupo, dos que creaban bo “rollo” nun vestiario. Pese a que xa o definira moi ben Miguel Arriaga na Xanela anterior, quero ter un pequeno recordo para este amigo entrañable. Tampouco me da o corpo para moito máis pois un non ten asimilado aínda que mañá non o
d e c e m b r o - a br i l 2 0 1 4 R
T
E
20
S
pasou a lúa de mel con Nucha na casa de Xamardo sen saír da mesma durante unha semana... Non, tampouco dos nosos paseos polas Ramblas de Barcelona e as andainas por Palma de Mallorca incluídas as paellas que nos preparaba o cociñeiro do barco da Transmediterránea. Ben, un tipo sempre voluntario, para doar viño para a “chaprada” (nunha ocasión alguén lle dixo que non era moi bo e Juan abriulle a rolla do barril e tirouno todo polo campo da festa abaixo) ou para facer o traballo “sucio” na organización de eventos, como montar a carpa e cousas polo estilo.
A
í o tendes na portería das Lombas con esas pernas arqueadas, aínda sen o seu mostacho inconfundible, Juan de Rial, secundario do fútbol, principal en humildade, camaradería... no importante, bo e xeneroso. Juan de Rial. Aproveitarei esta paseata para rescatar da foto que nos ilustra a outros compañeiros que figuran na mesma e tamén nos deixaron. Aí están dous amigos da Baiuca: Manolo Goriño e Pepe Rey. Inesquecibles para todos aqueles que os coñeceron (como poderán dar testemuña
Febreiro de 1971
vaia a atopar polas Rañas, polas Lombas, polo Galeón... Así que permitirme que non me estenda en afondar en recordos como cando nos detiveron de marcha por Santiago e el tivo que pasar a noite na comisaría, ou cando me levou marcha atrás a toda velocidade dende Bar Riveiro ate Bar Tarrío de Santabaia naquel Gordini que el tiña “tuneado” e cheo de arames que facían as veces de chaves e botóns, de cando lle recordaba que
Juan Rial, Ferreirós, Joaquín Ferreira, Manolo Goriño, Horacio Tarrio, Luis Guimarey e Manolito do Río Pepe Rey, Rosalino, Pepe Dios, Camilo e Pepe Castromán
os compañeiros das oficinas de Cedonosa: Paco, Jaburú, Ferreirós, Manolo o Americano, Sito, Alberto, Campaña...). (Continúa na páxina 19)