ANO 2015 REVISTA
OFICIAL
OUTUBRO - MARZO DO “ATENEO VIKINGO”
Nº 181 - CATOIRA -
w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m
Editorial
FERREIRÓS O “GRAN CAPITÁN”
García favorito nas municipais de maio
M
E
stán os partidos políticos a elaborar as listas de cara ás eleccións municipais do 24 de maio. Aínda que resta tempo dabondo para tal data, no concello de Catoira xa se pode ir albiscando a situación dos que teñen representación na actual corporación. Alberto García García xa ten anunciada a súa presentación como candidato do PSOE con poucos cambios na lista, exceptuando a baixa de Trinidad López. No PP parece que Marcos Coira non concorrerá nesta ocasión e soa o nome de Checho Tarrío como posible candidato. O BNG participará con unha lista que xurdirá de unha vindeira asemblea que terá lugar entre os días 27 e 28 de este mes, pero posiblemente sexa Xan Castaño Conde o que a encabece. O escindido Compromiso Por Galicia, que na actualidade ten como concelleiros a Margarita García Lobato e Chema Dios se debate nestes intres entre a posibilidade de presentarse ou non facelo.
E
que as aspiracións destes grupos divididos con respecto a anteriores eleccións decrecen sensiblemente. Con este panorama todo parece indicar que Alberto García non terá ningún problema para continuar catro anos máis na alcaldía, mesmo con unha boa diferenza de votos. Ese tamén é a análise que fai a xente na rúa. Así está a situación a día de hoxe no concello de Catoira. Se valoraba en algúns foros unha remota posibilidade da presenza de unha candidatura de PODEMOS e de ESQUERDA UNIDA por parte de un grupo de xente nova, pero tal cousa non parece ter visos de realidade polo menos nestes momentos. Pode haber algúns cambios de aquí a maio, pero todo indica de que isto non dá moito máis de si■
Por Pepe Castaño Dios
oi importante debe ser unha persoa cando con só citar seu nome xa todos saben a quen nos referimos. É o caso de Ramón Castaño Ferreirós, Moncho Ferreirós, ou Ferreirós a secas. Nado no 1936, comezo da Guerra Civil, como Suso de Emilio, César Guillán, Elpidio, Moncho Busto, Tucho Castro, Vitorio López... pertence a unha xeración que deu “moita guerra”. Ferreirós era unha persoa leal. Á súa familia, ós amigos, ós xefes (toda a súa vida profesional en CEDONOSA, onde levaba o tema dos pagos e máis de unha vez en plena noite ten volvido á fabrica porque non estaba seguro se deixara a caixa pechada), ó seu líder político (sempre co PSOE e co seu amigo Alberto Garcia), ó seu pobo, Catoira, pois nunca quixo outra cousa que vivir nel. Leal ó seu club de toda a vida: o Club Catoira, no que estableceu todos os “récords” posibles de estancia e capitanía. Leal ao RC Celta (acompañando ás finais por toda España e pertencendo ás peñas celtistas de Rianxo e Vilagarcía).
E
ste central esquerdo (Lucho chamoulle sempre Olivella) tiña un estilo moi persoal. A calquera sitio que vaias e te atopes con un futbolista veterano cando este saiba que es de Catoira che preguntará por Ferreirós. Dicir Ferreirós era dicir Catoira. Cando o fútbol aquí o era todo, Ferreirós foi o referente, o histórico e único Gran Capitán. Seguidor de todos os de Catoira que estaban fóra, sen sentir xamais envexa de nada. Correcto, educado, sempre disposto a axudar, de bo talante, nunca ninguén igualou a súa traxectoria deportiva e humana. Por iso dende aquí desexamos que dende onde esteas vixíes a túa Catoira, o teu Catoira, a túa xente. Unha aperta, Moncho■
►►►
N º 1 81
XA N E L A A B E R T A
out ubr o - ma r z o 2 0 15
2
FERREIRÓS O “GRAN CAPITÁN”
Como capitán do Catoira nas Lombas nun partido entre o Catoira e o Ulla. 9 de xullo do 1963.
Moncho Ferreirós nos anos 40 .
Moncho, Manolo, Suso López, Piñeiro, Ferreirós, Lolo e Bicho. ¿?, Cesar, Casanova, Miguel e Narciso.
Nunha comida con Ramón das Pedras pouco despois de Nadal.
O día da súa voda.
Ficha de CEDONOSA.
Salvador, Carmen, Pilar e Moncho. Moncho e Pilar coa súa filla Pili agosto do 1971.
Na voda da súa filla Ana.
Na súa época de concelleiro con Miguel Sendón, Alberto García e Sindo Costas.
Moncho Ferreirós con Julio Castro, Lucho de Miguel e Elvirita de don Pepe.
Moncho e Pilar con Ricardo e a súa muller.
N º 1 81
XA N E L A A B E R T A
out ubr o - ma r z o 2 0 15
3
Asociación de Amas de Casa de Catoira
O
pasado 8 de decembro a Asociación de Amas de Casa de Catoira celebrou o seu XXV ANIVERSARIO cunha serie de actos que se reproducen neste cartel conmemorativo.
ASOCIACION DE AMAS DE CASA DE CATOIRA
"MUIÑOS DO VENTO" ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DOMINGO 22 DE MARZO HORA: 6 DA TARDE "EDIFICIO MULTIÚSOS" DE CATOIRA. ORDE DO DÍA NOMEAMENTO DA NOVA DIRECTIVA
Na asemblea extraordinaria celebrada o día 22 de marzo foi elixida unha nova Directiva que quedou composta por: Presidenta: Mª del Carmen Lorenzo Vidal. Vicepresidenta: Victoria Eiras Pérez. Secretaria: Divina Sumay Rey Tesoreira: Aida García Loureiro. Vocais: Pilar Piñeiro Oubiña. Mª del Carmen Iglesias Isorna. Mª Jesús Alfonso Meniño.
EXCURSIÓN A PORTUGAL DOMINGO 10 DE MAIO Pola mañá: Mercado O Cerdal. Pola tarde: A Fortaleza. Prezo: 8€ (sen comida). Saída: 9.00. Recollida nas paradas de costume. Anotarse antes do día: 7 de maio Carmela (Presidenta): 986505031 Victoria (Vicepresidenta): 986546118
Marcos Coira non será o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Catoira.
O
concelleiro non asistía ao acto de presentación dos candidatos do Partido Popular en Pontevedra. El mesmo incidía en que non volverá ser cabeza de lista por "motivos persoais". Agora mesmo o PP aínda non ten un alcaldable para o noso concello. A continuación reproducimos a mensaxe que Marcos Coira fixo pública no seu Facebook: “Nas próximas eleccións locais non serei candidato do PP de Catoira, por decisión propia. Durante este tempo traballei en beneficio de tódolos veciños, cós seus acertos e erros. Foron 12 anos en política e 8 como candidato e concelleiro, foi un orgullo. Só teño palabras de agradecemento para aqueles que me apoiaron e acompañaron neste proxecto, sen eles non o acadaríamos. Agora toca facer un alto no camiño e cede-lo testigo a outros. Gracias a todos.” Marcos Coira Guimarey.
N º 1 81
XA N E L A A B E R T A D
E
P
O
R
PADIN RECIBE INTACTA DE MANS DE ENRIQUE MOURE, CON MOTIVO DO SEU CORENTA ANIVERSARIO, A INDUMENTARIA COA QUE XOGABA FAI TRINTA ANOS.
F ÚTBOL
out ubr o - ma r z o 2 0 15 T
E
4
S
Santi Míguez pescou o pasado 27 de marzo dúas magníficas robalizas (lubinas). A máis grande pesou sete kg.
PESCA
Padín naceu en Dimo o 15 de outubro de 1974.
O RESTAURANTE “A PEDRA” PATROCINA AO CLUB AS TORRES.
R
ecentemente facíase oficial o patrocinio do coñecido Restaurante A Pedra de Catoira para a tempada 2015, o patrocinio vai estar presenta en todas a competicións da Liga Galega de Kaiak de Mar desta tempada, xa que vai ser exclusivamente para a sección de Kaiak de Mar do Club As Torres. Nestas competicións o nome do club vai
ser Club As Torres-Restaurante A Pedra e os participantes van poder vestir unhas camisetas e pantalóns coa publicidade do restaurante e dunha empresa de seguros que se chama MGS-Manuel López Doce. Este patrocinio significa moito para a entidade por dúas cousas, a primeira porque é unha empresa do municipio que axuda ao club e a segunda porque para poder realizar esta modalidade do piragüismo fai falta un importante investimento en material de competición que agora o Club vai poder así competir con garantías de éxito■
N º 1 81
TENIS
XA N E L A A B E R T A
out ubr o - ma r z o 2 0 15
5
Jéssica Bouzas Maneiro, unha campiona galega de Abalo
J
essica é unha auténtica promesa do tenis feminino que pode chegar moi alto se segue a súa progresión como ata agora. Campiona galega benxamín - alevín tanto en individuais coma en dobres na tempada 20014-15, campiona do TTK Warriors Tour (2012), campiona do Máster Babolat alevin e infantil (2014-15), campiona do Hollywood English (2015)... e outros logros importantes (Babolat é unha marca deportiva francesa moi antiga que inventou as cordas das raquetas de tenis, entre outras cousas). Aínda que actualmente reside en Vilagarcía, Jéssica procede de Abalo, pois é filla de Gloria Maneiro e Juan Jesús Bouzas. Jessica participou do 28 de marzo ao 1 de abril no prestixioso torneo “Semana Santa Sub 13 - Albert Costa 2015” acadando o subcampionato. Este torneo, que se celebrou no Club de Tenis Urgell en Lleida, está considerado como un o Campionato de España oficioso para a categoría sub-13. Seguiremos atentamente o seu descorrer polo mundo das competicións e nos felicitamos de que o deporte feminino de Catoira estea a dar grandes campións en distintas especialidades como fútbol, piragüismo, canicross, tenis... sen esquecer que tamén é importante o facer Jessica con algún dos moitos exercicio físico para mellorar a saúde e atoparse ben animicatrofeos que acadou. mente. Bo deporte!■ Estuda no IES Armando Cotarelo onde lle dan clase os tamén catoirenses Pepe e Juanjo.
Sergio elixido no “ONCE IDEAL” da liga BBVA
S
ergio foi elixido no “ONCE IDEAL” da liga BBVA correspondente ao mes de febreiro
Xunto con Sergio formaron parte deste “11 ideal” os seus compañeiros do Celta Michael Krohn-Dehli (medio) e Gustavo Cabral (central).
Sergio Àlvarez (Celta) Gayá (Val) - Mustafi (Val) - Cabral (Cel) - Rosales (Mal) Isco (RM) - Krohn-Dehli (Cel.) - Parejo (Val) Messi (Bar) - Alberto Bueno (Ray) - Griezmann (Atl.)
N º 1 81
XA N E L A A B E R T A D
A c o l um n a
E
P
O
por Pepe Castaño Dios
Catoira contra Catoira
S
e fixésemos o que os ingleses chaman un “feedback” , ou o que é o mesmo botásemos unha ollada atrás ó longo da fecunda e gloriosa historia do club Catoira no fútbol, atopariámonos con moreas de anécdotas e pequenas historias que, cando menos, nos resultarían curiosas. Vou a rememorar unha que aconteceu aló polos últimos anos de 1950. Íase xogar nas Lombas o partido de liga entre o Catoira e o Vilanova. A esta xornada se chegaba con unha serie de circunstancias: o Catoira non se xogaba nada importante de cara a clasificación; o Vilanova necesitaba a vitoria ou un empate para proclamarse campión; a situación económica do club Vikingo era moi mala (mesmo o presidente Emilio Rodríguez tiña posto moitos cartos do seu peto para poder costear os gastos da entidade)... Así estaban as cousas cando o equipo vilanovense decide contactar co Catoira e ofrecerlle a posibilidade de que lle “vendesen” o partido. Unha representación personouse na localidade e mesmo concretou unha cantidade en metálico para que o club Catoira se deixara perder. Eran Benito Otero Chazo e o médico Sanmartín (por certo falecido fai uns días). A xuntanza foi na Casa Hipólito o luns anterior ó partido. A Directiva do Catoira acordara anteriormente pedir 3.000 pesetas polo apaño. Porque esta era a cantidade que o Club Catoira lle adebedaba a Transportes Baleirón polas viaxes de autocar de toda a tempada. Por parte dos vikingos acudiron á cita de Casa Hipólito José María Guillán, Manolo de Virtudes e Moncho Ferreirós. Unha vez alí Guillán e Sanmartín levaron a voz cantante. O banqueiro solicitou 5.000 pesetas a entregar o mércores seguinte. Aceptaron.
F
oi unha semana de loucura. A Directiva e algúns xogadores carismáticos do concello querían aceptar o diñeiro, xa que este era de gran necesidade para a supervivencia do club. Outro grupo de xogadores querían rexeitar esta oferta xa que non se prestaban a deixarse perder baixo ningún concepto. Aqueles días anteriores ao domingo do partido resultaron tremendamente movidos. Por unha banda a directiva contactaba con xogadores para que se adheriran á súa causa, e pola outra o adestrador (que tamén era xogador) Paco Pajares, buscaba entre o equipo a futbolistas que non aceptasen o soborno. Así estaba a situación cando nos plantamos no día do partido. Non había acordo posible, a metade dos xogadores estaban a favor de
R
out ubr o - ma r z o 2 0 15 T
E
6
S
perder (eran fundamentalmente os catoirenses, máis conscientes das necesidades do club) e a outra metade eran partidarios de saír a gañar, e dicir, non aceptar os cartos do Vilanova (entre estes a maioría de fora máis Cesar Guillán).
N
a aliñación que sacou ao campo o adestrador figuraban seis a favor de gañar e cinco que querían perder ou empatar. Así, sen ningún acordo empezouse o partido. A todo isto a directiva informara aos rivais que aceptaba a oferta e se ían deixar perder. Comezou o encontro entre un equipo, o Vilanova, que loitaba a morte pola vitoria e outro equipo, o Catoira, que disputaba outro partido entre eles mesmos, a metade loitando por gañar e a outra metade tentando que non o acadaran. O partido rematou cun empate, polo que o Catoira recibiu o diñeiro acordado. Foille entregado a Ferreirós nas oficinas de CEDONOSA tal como fora acordado e este llo trasladou a Suso de Riveiro, que era da Directiva e tiña barbería no Bar A Roxa. Quizais estamos a falar de un dos partidos máis “rocambolescos” da historia do fútbol mundial, ou polo menos da historia do club Catoira.
O
utro Catoira contra Catoira xogouse tamén no campo de as Lombas no ano 1984. O Club Catoira viña de acadar o ascenso á segunda rexional como campión da terceira. Entón a Manolo Moure e a quen escribe, que nos encantaba organizar partidos veraniegos nos días de festa do San Antón e demais, retamos a este equipo a enfrontarse contra unha selección de Catoira formada por xogadores que militaban noutros clubs ou, coma no meu caso, Sindo, Casanova, ... xa estabamos a retirarnos. Acordamos ca directiva que a recadación fose íntegra para o club. Xogouse o partido con gran éxito deportivo e económico. Gañou a selección por 1 a 0 e todo resultou moi positivo. Seguramente houbo máis Catoira contra Catoira na historia do noso fútbol, en todo caso, eu conto o que me tocou vivir■
Selección de Catoira (1-0 a Club Catoira) nas Lombas. Ano 1984 Enrique, Ignacio, Presi, Moure, Carlos, Juan Antonio, Santos, César (adestrador). Coira, Sindo, Casanova, Quintas e Pepe Dios.