ANO 2015 REVISTA
OFICIAL
MAIO - XUÑO DO “ATENEO VIKINGO”
Nº 182 - CATOIRA -
w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m
Datos comparativos: 2015 - 2011 1600 1400
1357 1205
1200 1000 722
800
516
506
600 400
Alberto García
Natividad Busto
Carlos Castaño
Eduardo Touriño
Mª Teresa Buceta
Ramón Bouzas
291
200 0
PSG
BNG
2015 Nº de concelleiros
PP
2011 11
Nº de concelleiros
11
Votos contabilizados
2139
Votos contabilizados
2639
Abstencións
729
Abstencións
354
Votos nulos
78
Votos nulos
19
Votos en branco
59
Votos en branco
25
2011
2015 Partido
Conc.
Votos
Partido
Conc.
Votos
PSdeG
7
1205
PSdeG
6
1357
BNG
3
506
BNG
3
722
PP
1
291
PP
2
516
Purificación Quintas Xan Castaño
Gonzalo López PP 1 BNG 3
PSG-PSOE 7
Máis información en páxinas interiores
Xabier Cesar
Adriana Rodríguez
Nº 182
XANELA ABERTA
abril - xuño 2015
G
ran expectación creou o paso do primeiro tren polo recentemente rematado viaduto de Catoira.
Juan de charla.
Partida de cartas nas Rañas
Noel e David con cadansúa corda de amorotes. Cristina cunhas nenas estreando a nova pasarela de Pedras Miúdas
4
Nº 182
XANELA ABERTA
CROQUIS DO PERCORRIDO
abril - xuño 2015
Praia fluvial de Vilarello
SAÍDA/META Adro do Concello HORA 10.30 AVITUALLAMENTO Praia fluvial de Vilarello PERCORRIDO 13,5 km. COLABORAN Concello de Catoira Concello de Valga Protección Civil de Catoira Protección Civil de Valga
Vilar
► Lugares de paso e distancia percorrida: LUGAR
Rañas
Oeste
Fabeira
Estación
Adro de Catoira META
SAÍDA
KMS
Adro do Concello
0,0
Estación
0,5
Borreiros
1,6
Fabeira
2,2
As Rañas
3,6
Vilar
6,0
Praia Fluvial de Vilarello
7,6
Vilar
9,0
As Rañas
11,5
Estación
13,0
Adro do Concello
13,5
3
Nº 182
XANELA ABERTA
abril - xuño 2015
3
SAÚDA
V
anse a cumprir 23 anos dende que comezamos a organizar esta marcha ciclista. 23 anos e tan so unha vez a marcha deixou de circular polas estradas de Catoira. Este ano vémonos obrigados a circular por estradas de carácter local polo que, con moito pesar, non poderemos pasar polas catro parroquias de Catoira tal e como viñamos facendo. Esperemos que nesta edición sigamos contando cunha grande asistencia de incondicionais participantes que, con bo ou mal tempo, acoden puntuais a esta cita. Esperámoste nestes 13,5 Km. co obxectivo de pasalo ben, “disfrutar” dos amigos e, de paso, facer algo de deporte.
NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA OS PARTICIPANTES DA MARCHA:
A
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Catoira e Valga estarán pendentes para que todo saía perfecto.
► A pesares de ser unha marcha organizada, os participantes deberán respectar as normas de circulación. ► Deberase circular pola beirarrúa da dereita e o máis pegado posible ó borde exterior da calzada, sen facer eses nin facer cambios bruscos de dirección. ► A organización abrirá a marcha e non se permitirá que ningún participante a rebase. ► O uso do casco é obrigatorio. ► A organización se reserva o dereito de modificar o itinerario por calquera circunstancia que se puidese dar. ► A marcha conta cun seguro que cubre incidencias que poidan acontecer ► Infrinxir estas normas ou calquera outra das contempladas no código de circulación poderá ser motivo de sanción pola Dirección Xeral de Tráfico. ► Tódolos participantes polo feito de participar neste evento aceptan o presente regulamento.
ASPECTOS A TER EN CONTA O uso do casco é obrigatorio Circular pola dereita o máis pegado posible ao borde da estrada
Revisar freos, cadea e a presión dos neumáticos.
Nº 182
XANELA ABERTA
abril - xuño 2015
5
E
stamos acostumados a ver a Sergio en fotos co Real Club Celta, aquí o vemos nunhas facetas totalmente distintas. Preparando una barbacoa en Dimo.
Levando o santo no San Cibran.
Carmen Sumay Dios coa selección Galega sub-16
A
gardameta de Catoira Carmen Sumay Dios (que milita no Villestro) disputou en Xixón, coa selección galega de fútbol sub-16, a fase final dos campionatos de España ante rivais de tanta entidade como Madrid, Castela a Mancha e Cataluña. Eva López e Carmen Sumay durante un adestramento
A columna
ven da páxina 6
empresa do tranvía, onde o seu pai era encargado. No mundo enteiro se comentou esta incidencia. Máis tarde, o propio Cholo ten conducido un bus e paseando por Pontevedra ós seus compañeiros de xeración, cando se rememoraban as fazañas desta época. En novembro do 1968 hai un Zaragoza – Pontevedra na Romareda, televisado en directo pola noite, cando xa remataran
Cholo
A de Catoira estivo acompañada pola xogadora da Atlética
todos os partidos da xornada. Antes do comezo do encontro, o central e capitán natural de Amposta (Tarragona) e procedente do Ourense, Manolo Batalla, mira a súa quiniela e comproba que ten acertados os 13 resultados da mesma. Só quedaba acertar o Zaragoza – Pontevedra e, se empataban, tería 14 e sería millonario. Estaba tremendo. No minuto 85 o Pontevedra marca e se pón 0-2. Pero o Zaragoza finalmente marca 2 goles e o partido acaba 2-2. Parece ser que Batalla non tivo nada que ver no tema, pero os comentarios foron masivos en toda España. Cobrou 1.152.705 pesetas, igual que os outro 26 acertantes do pleno. Na tempada 1969 – 1970 rematou aquel ciclo dourado do Pontevedra CF. Pero en Catoira Moncho Padín e Seso Pereiro“o andaluz” (a persoa que máis sabe do Pontevedra no mundo enteiro), dous grandes condutores igual que Cholo, nunca lle foron infieis a este equipo que agora loita por facerse un oco na Segunda B. A súa lealdade co club nin tivo nin terá límites
Nº 182
XANELA ABERTA D
A columna
E
P
O
por Pepe Castaño Dios
Hai que roelo...!
D
e máxima actualidade pola tentativa de acender a Segunda B, o Pontevedra CF conta na súa historia con unhas tempadas nas que chegou a ser o líder da Primeira División española. Foron uns anos dourados, comparables ou superiores en entusiasmo ós do Celta actual, dos que se derivaron moitas anécdotas, algunhas das cales imos rememorar aquí. A primeira acontece co ascenso do equipo a Primeira (de gran mérito fronte a equipos como Español, Real Sociedad, Sporting Gijón, Rácing Santander, Salamanca, Celta, Burgos....). Acadouse na penúltima xornada da xornada da tempada 1962 – 1963. Concretamente o día 14 de marzo deste último ano. Pontevedra – Celta en Pasarón. Os granates necesitaban un só punto. Marcou o Celta o primeiro gol e dominaba totalmente a uns pontevedreses moi nerviosos, con un menos por lesión de Pastor. O dianteiro centro, o aragonés Rafael Ceresuela Frías, non atinaba ca portería celeste fallando repetidas ocasións e o público empezou a meterse con el. Nun deses remates se lle desatou a bota dereita, na portería do fondo Norte. Saíu para atala fóra do campo a un lado da portería, entre os reproches do público. Pero un gris (policía da época) que estaba a facer vixilancia nese lugar lle murmurou no ouvido “tranquilo, que estás sentado enriba de un allo que puxemos nós aí, e vai darche sorte”. Ceresuela volveu o campo. Faltaban 7 minutos para o final. No primeiro balón que colleu acadou o gol do empate colando a pelota pola escuadra do meta Cantero. Dende entón a portería Norte é “a portería do allo”.
E
se primeiro ano en Primeira, despois de gañarlle 1-0 ó Real Madrid de Di Stéfano, Puskas e Gento, descendeu de categoría. Pero a euforia e o ambiente da afección xa eran imparables e se acada un novo ascenso na tempada seguinte. Ficharon xogadores de pouco nome, pero moi ben seleccionados. Comezou o campionato e o Pontevedra se converte no equipo revelación da tempada 1964 - 1965. Como gañaba todos os partidos da casa lle puxeron o nome de “Rei dos Hunos” (sempre era un 1 na quiniela). Cando visitaron As Palmas, uns afeccionados galegos que asistiron ó Estadio
R
abril - xuño 2015 T
E
6
S
Insular empezaron a dicir que o Pontevedra era “un oso duro de roer”. Fixeron unha pancarta que luciu no estadio, con un oso e unha inscrición que poñía “Hai que roelo”. Prensa e televisión captárona e dende aquí o “Hai que roelo” xa forma parte da historia do Pontevedra. O día 28 de novembro do 1965 saía un autobús dende a Avenida Eloi Dominguez de Ceresuela Catoira con dirección a Pasarón, para ver o partido diante do Atlético de Madrid, líder da Liga. Perdoade os demais, pero recordo aquela viaxe en animada charla, chea de bromas e bo humor, cos meus compañeiros Pepe Rey e Manolo Goriño. Este último
mesmo acadou a entrada no estadio mediante una escalada por unha esquina do campo. Cheo total. Juanito Ochoa alínea a Celdrán, Azcueta, Batalla, Cholo; Calleja, Vallejo; Fuertes, Martín Esperanza, Ceresuela, Neme e Odriozola. No banquiño Cobo, Irulegui, José Jorge, Norat, Roldán II... Nas bancadas pancartas “Pouco can para tanto oso” e similares. Gañou o Pontevedra e pasou a ser líder. Foi o punto culminante da historia deste club. Neme foi chamado e xogou na selección de España. Un tema co título de “Hai que roelo” foi canción de moda en España do 1965 (un pouco friki, iso si, pois dicía: Lo difícil que tiene la vida/ son los huesos que hai que roer/ unos dicen que el hueso es el hombre/ y otros opinan que es la mujer/; Hai que roelo, hai que roelo/ hai que roelo e aguantar/ hai que roelo, hai que roelo/ hai que roelo e calar.../).
E
duardo Dapena Lis “Cholo” alternaba o fútbol con ser condutor do trolebús urbano da capital. Xa o foran seu pai e seu irmán maior. El nacera nas cocheras da (Continúa na páxina 5)