Curso 2018/19
Boletín de biblioteca
número 89
No mes do libro e a lectura…. Editorial
Artigos de interese especial No mes do libro e a lectura Ano Mundial da Táboa periódica Manga e anime 500 anos sen Leonardo da Vinci XVII Xornadas literarias: Joseph Conrad
“ao leres irás voando nun paxaro de papel, na folliña dun poema que tiraches do andel, viaxe ao fondo das preguntas: o libro leva a contraria ao “así foi e así será” a toda a rutina diaria pois a lectura é rabuda, descrida e impertinente aprende a desaprender a mirar con outra lente
Con estas palabras de Marilar Aleixandre ilústrase o díptico que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou para conmemorar este día 23 abril de 2019 no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.
a gozar co máis difícil turrar na porta até que abra entrar no descoñecido beber viño de palabras”
2019 Ano Mundial da Táboa periódica Os de sempre: Sabías que? Novidades, a nosa selección Premios e premiados: Letras Galegas 2019 Mª Victoria Moreno
O 2 de novembro de 2017 a Organización de Nacións Unidas proclamou o ano 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos. Como se razoa na nota que acompaña á resolución, a proposta realízase para este ano, entre outros: “Observando que o ano 2019 coincide cos aniversarios dunha serie de fitos importantes na historia da táboa periódica, en particular co illamento do arsénico e o antimonio por Jabir ibn Hayyan fai uns 1200 anos; o descubrimento do fósforo hai 350 anos; a publicación dunha lista de 33 elementos químicos clasificados en gases, metais, non metais e térreos por Lavoisier en 1789; o descubrimento da lei das tríadas por Döbereiner en 1829; a creación da táboa periódica por Mendeleev hai 150 anos; e o descubrimento do francio por Marguerite Perey en 1939…”
Táboa periódica das científicas O pasado 23 de novembro, a enxeñeira química Teresa Valdés-Solís publicou na plataforma Naukas o artigo A Táboa Periódica das Científicas, no que propoñía unha especial táboa periódica composta por nomes de científicas. Plataforma 11 de febreiro
Teresa comentaba na súa entrada que, entre as moitas táboas periódicas que existen de temáticas tan variadas, aínda ninguén dedicara unha ás científicas. Con non pouco traballo, Teresa creou a Táboa Periódica das Científicas, situando unha científica en cada lugar da táboa periódica. Organizounas en diferentes disciplinas e reservou as terras
raras ás españolas, lamentablemente moi pouco coñecidas. Cada símbolo vai enlazado a unha biografía da científica mencionada. Clasificadas na orde alfabética de símbolos, as científicas elixidas (lista con enlaces extraída do seu artigo en Naukas) comezan por: Ag: Maria Agnesi, matemática Al: Frances H. Arnold, enxeñeira química e Premio Nobel de Química 2018 An: Mary Anning, paleontóloga Ap: Virginia Apgar, médico Av: Ángeles Alvariño, oceanógrafa seguir coa listaxe
500 Anos sen Leonardo da Vinci
1452 Italia 1519 Francia
“Foi pintor, anatomista, arquitecto, paleontólogo, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista”
O 2 de maio de 1519 falecía un dos personaxes máis importantes da historia da humanidade: Leonardo dei ser Piero dá Vinci. O polímata toscano representou os ideais do Renacemento italiano. Para moitos, Leonardo dá Vinci é o paradigma de humanista. Xenio como poucos, dominou as máis distinguidas artes como a pintura, a escultura, o gravado e a arquitectura, sen que iso fose un impedimento para interesarse tamén pola anatomía, a ciencia e a enxeñería. En 2019 cúmprense 500 anos desde a súa morte e ségueselle lembrando como unha figura excepcional que demostrou que con paixón pódese lograr todo o que un se propoña.
Sabías que...? Tiña o don da escritura especular, unha forma de escribir na que todas as letras están investidas co propósito de “ocultar” a mensaxe e que só poida ser lido cun espello. seu nome “Dá Vinci” fai referencia ao pobo onde naceu: Vinci, unha localidade italiana da provincia de Toscana. Creou a técnica do “Esfumado” ( Sfumato en italiano), que consiste en crear sombras con liñas moi coidadas e pequenas co propósito de dar profundidade. As súas sombras son tan sutís que locen case como fume. A maioría das súas pinturas estaban incompletas. Leonardo era un home con moitos proxectos e con múltiples ideas que desenvolver, cando se aburría dunha pintura deixábaa a medias. Moitas das súas obras quedaron como borradores. Cando era neno, tiña un humor moi macabro. Unha vez, foi castigado polo seu pai ao facer unha gárgola horrorosa cun tronco do seu patio. Estudaba o corpo dos animais e inspiradas niso, creaba armas de guerra. Por exemplo: foi o primeiro en crear o bosquexo dun tanque de guerra e inspirouse no caparazón dunha tartaruga. Leonardo pouco pintaba con modelos, pero cando o facía contrataba músicos para que tocasen mentres pintaba para que os modelos estivesen relaxados. Era un gran amante dos animais (especificamente dos cabalos, parecíanlle fascinantes). Dedicábase horas a disecionar cadáveres para estudar as súas estruturas óseas e musculares. Foi o primeiro en explicar por que o ceo é de cor azul. (Pola forma na que os raios do sol interactúan cos gases da atmosfera.)…
A nosa selección no mes dos libros… e o resto no Meiga Algunhas biografías
Comprendemos o mundo
Novidades literarias
Cine para pensar
Banda deseñada
XVII Xornadas Literarias: Joseph Conrad
Biblioteca IES Fernando Esquío Empedrón 16 Neda
881930387 fesquio@gmail.com
No mes do libro e as letras en xeral desde o Concello de Neda e a Universidad de A Coruña convídannos a participar nas Xornadas Literarias có gallo do Día do Libro, e presentamos un relatorio sobre o autor homenaxeado neste caso Joseph Conrad, novelista polaco que adoptou o inglés como lingua literaria. Conrad, cuxa obra explora a vulnerabilidade e a inestabilidade moral do ser humano, é considerado como un dos máis grandes novelistas da literatura inglesa. Có grupo de alumnos de 3º ESO do club de lectura limos O axente secreto e fixemos unha revisión biográfica do autor, cos adultos adentrámonos nas profundidades da selva con No corazón das tebras e Na liña de sombra. O vindeiro curso temos a escusa perfecta coas Xornadas para ler a Emilia Pardo Bazán e reivindicar a esta muller tan descoñecida nas nosas letras, quizais porque escribiu en castelán. A condesa de Pardo Bazán, foi unha nobre e novelista, periodista, feminista, ensaísta, crítica literaria, poetisa, dramaturga, tradutora, editora, catedrática e conferenciante introdutora do naturalismo en España.
Letras Galegas 2019: Antonio Fraguas Fraguas
Visítanos no noso blog: blogfesquio.blogspot.com.es
Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país, cunha curiosidade insaciable e cunha capacidade de traballo extraordinaria. Pero Fraguas foi ante todo un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía. A súa vida, que percorremos nestas páxinas, é un exemplo de como a calidade humana, o esforzo e a teimosía se impoñen ás adversidades; de como a bondade e a xenerosidade sempre son recompensadas. A Antonio Fraguas dedícaselle o Día das Letras Galegas 2019. .
Nome e grupo:
Suxerencias Autor
Título
Formato