Boletín de verán

Page 1

LECTORES ADULTOS

BOLETÍN DA BIBLIOTECA

Villar, Domingo: O último barco Galaxia

Nº 90 CURSO 2018/19

ESPECIAL VERÁN

A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla...

Legardinier, Gilles: Días de perros. Planeta Cansado de vivir en un mundo en el que no encuentra su lugar, y triste por la pérdida de sus seres queridos más cercanos, el riquísimo Andrew Blake decide dar un giro radical a su vida y desaparecer. Así, el día que le van a otorgar el Premio a la Excelencia Industrial, como mérito a toda una carrera como empresario, deja su Londres natal y se marcha al campo en Francia… ¡a trabajar como mayordomo!

Costas, Ledicia: Infamia Xerais Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza…Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece.

(Praia do amor en Pipa, Brasil)

IES Fernando Esquío Empedrón nº 16 Neda 15510 A Coruña Tlf 881 930387

Visítanos no noso blog:

www.blogfesquio.blogspot.com

E non esquezamos ler no verán… “Sexamos razoables e engadamos un oitavo día á semana dedicado exclusivamente a ler”. Lena Dunham “Dáme unha persoa que leu mil libros e dásme unha compaña interesante. Dáme unha persoa que quizais leu tres libros e dásme unha compaña perigosa.” Anne Rice


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.