8 de marzo, día da muller

Page 1

"No se nace mujer: se llega a serlo." Simone de Beauvoir

Ay Dios mío, Dios mío si hasta siempre y desde siempre fueras una mujer qué lindo escándalo sería, que venturosa, espléndida, imposible prodigiosa blasfemia.

Mario Benedetti


8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Este día conmemora a loita da muller pola igualdade co home na sociedade. A idea de adicar un día á muller xorde en Copenhague nunha reunión de mulleres na que a política alemana Clara Zetkin propuxo tal celebración. Ó ano seguinte, aínda que non o 8 de marzo, ten lugar a primeira conmemoración na que as mulleres reclaman o seu dereito a voto, ó traballo, formación profesional e a non discriminación laboral, así como a ocupar cargos públicos. Nós imos celebrar este día recordando a un elenco de mulleres que destacaron no campo da cultura, ciencia, política, deporte e arte.

ROSALÍA DE CASTRO, Compostela 1837 Foi unha das voces do Rexurdimento. A súa obra Cantares gallegos supuxo un fito na Literatura galega pola defensa da lingua e o pobo galego como entidades propias, de aí que o 17 de maio, data de edición da mesma, se celebre o Día das Letras Galegas. O seu intimismo e profundo lirismo fixeron que se apreciase a súa obra non só dentro de Galiza, senón tamén fóra.

WANGARI MAUTHAI, Kenia 1940 Foi a primeira muller de África oriental en licenciarse en Medicina. Tamén destaca pola loita contra a corrupción e esixencia ó gobernó do seu país de pluralidade de partidos para participar nas eleccións. Isto levouna ó cárcere. A súa contribución á conservación da natureza e a súa loita polo desenvolvemento sostible, pola paz e a democracia foron a causa de que obtivese o Premio Nobel da Paz. HIPATIA, Alejandría 355 Foi a primeira muller matemática da que se ten coñecemento seguro e detallado. Escribiu sobre xeometría, álxebra e astronomía, mellorou o deseño do astrolabio e inventou o densímetro. Ademais, como cabeza da Escola Neoplatónica de Alexandría, educou a moitos futuros altos cargos de Alexandría. Foi linchada por unha turba cristiana que se opoñía á cultura pagana da que ela era unha destacada defensora.


ANNA POLITKÓSKAYA, Nova Iorque 1958 Destacada periodista que denuncia a situación que sofre Chechenia, onde moitos periodistas e traballadores humanitarios foran secuestrados ou asasinados. Tal atrevemento provocou que fose arrestada e sometida a un simulacro de execución por parte das forzas militares rusas. Ademais, foi envelenada, pero sobreviviu e continuou co seu labor. Escribiu varios libros tanto sobre as guerras de Chechenia como sobre a Rusia de Putin e recibiu numerosos premios internacionais polo seu traballo. Morreu tiroteada no ascensor do seu edificio en Moscú o 7 de outubro de 2006.

ALMUDENA GRANDES, Madrid 1960 Comeza a ser coñecida pola adaptación cinematográfica de Las edades de Lulú. É autora de títulos como Malena es nombre de tango ou Corazón helado. A súa última novela, centrada na época da Guerra Civil, ten como protagonista precisamente a unha muller que ten que saír adiante en momentos tan difíciles da nosa historia. A novela titúlase Inés y la alegría e podedes atopala na biblioteca.

AUDREY HEPBURN, Bélgica 1929 Foi unha actriz moi valorada pola súa calidade interpretativa, elegancia e espontaneidade. Todas estas características, así como os premios que logrou polo seu traballo (dous Óscar e varias nominacións) convertérona nun mito cinematográfico grazas a películas como My fair lady ou Breakfasta at Tiffany’s. Tamén foi moi destacado o seu labor humanitario con UNICEF, centrado sobre todo nos nenos con SIDA e problemas de nutrición.


JUANA IBARBOUROU, Melo 1892 Foi unha poetisa urugaia que acadou renome trala publicación da súa primeira obra Lenguas de diamante. Evolucionou dende o modernismo á vangarda, ata facerse cunha voz máis serena e melancólica que a levou a obter o Premio Nacional de Literatura.

MARINA MAYORAL, Mondoñedo 1942 Esta novelista e catedrática de Literatura española, publicou múltiples traballos de investigación sobre distintas épocas e autores (destacan os feitos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán). Como novelista, creou un mundo imaxinario ó que denomina Brétema, onde se desenvolven a mayoría das súas obras, nas que destacan temas como o amor e a morte. Escribe tanto en galego como en castelán.

ICÍAR BOLLAÍN, Madrid 1967 Como actriz debutou ós 15 anos e recibiu o premio á mellor actriz española en 1992. Despois centrouse no seu traballo como directora de cine e gañou o premio Ciudad de Cuenca á súa traxectoria no II Festival de Cine “Mujeres en Dirección”. Dirixiu películas nas que amosa a súa denuncia de situacións como o maltrato da muller en Te doy mis ojos (pola que gañou o Goya) ou da represión sufrida polos indios de América durante a conquista española en También la lluvia. É membro da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España.


CHARLOTTE COOPER, Inglaterra 1870 Convertiuse na primeira muller que gañou un título olímpico, nos Xogos de 1990 en París, aínda que non se entregarían medallas ata 1904. Aqueles xogos olímpicos foron os primeiros con participación femenina (só podían participar en tenis e críquet).

CLARA CAMPOAMOR, Madrid 1888 Formou parte da Comisión Constitucional integrada por 21 diputados, e alí loitou eficazmente para establecer a non discriminación por razón de sexo, a igualdade xurídica dos fillos e hillas habidos dentro e fora do matrimonio, o divorcio e o sufraxio universal, chamado “voto feminino”. Consiguiu todo, agás o relativo ó voto, que tivo que debaterse no Parlamento. MARIE CURIE, Varsovia 1867 Fue unha física e química, pioneira no campo da radioactividade. Entre outros méritos destacamos que foi a primeira persoa en recibir dous Premios Nobel e a primeira muller en ser profesora da Universidad de París. DIAN FOSSEY, EEUU 1932 Foi unha zoóloga recoñecida polo seu labor científico e conservacionista dos gorilas das montañas de Virunga, en Ruanda e o Congo. Durante 22 anos de estudo loitou contra os furtivos que os estaban a esterminar, polo que gañou moitos inimigos. A súa norte violenta foi atribuida ó xefe deses cazadores furtivos. O seu corpo descansa nun cemiterio de gorilas.


FEDERICA MOTSENY, Madrid 1905 Esta muller foi política, sindicalista e exerceu como ministra de Sanidade e Asistencia social durante a II República. Dende este cargo tentou crear lugares de acollida para a infancia, comedores de emabarazadas…, pero destacou por elaborar o primeiro proxecto de Ley do aborto en España. Trala Guerra Civil tivo que exilarse a Francia, onde estivo vixiada. Non volta a España ata a caída da ditadura franquista. Aquí continuará coa súa labor política e reivindicativa.

GABRIELA MISTRAL, Chile 1889 Destacou polo seu labor poético, pero tamén foi unha gran dipolomática, pedagoga e feminista. Colaborou na reforma do sistema educativo mexicano, sistema que se mantén aínda na actualidade. Pola súa labor poética, foi a primeira persoa de América Latina en conseguir o Premio Nobel de Literatura.

FRIDA KALHO, México 1907 Esta pintora mexicana tivo unha vida moi desgrazada, posto que sufriu diferentes accidentes que provocaron secuelas ó longo da súa vida. Desgtaca por ser unha das poucas mulleres que tentou estudar Medicina, cando estas apenas accedían á formación universitaria. Con todo, tivo que deixar a súa formación debido a un accidente. Durante a súa convalecencia descubriu a pintura, á que se adicou o resto da súa vida, pois permitíalle expresar a súa visión do mundo e da muller. Pese ó éxito das súas exposicións, o verdadeiro recoñecemento da súa obra chegou trala súa norte.


INDIRA GHANDI, India 1917 Foi a maior dirixente da India durante décadas. Participou na independencia da India, xa perseguida por Mahatma Gandhi, e obtida trala II Guerra Mundial, cando Inglaterra se debilitara. Conseguiu industrializar o seu país e apoiou a independencia de Pakistán Oriental e Bangladesh. Loitou contra o nacionalismo da minoría sij e foi un membro desta minoría, o seu gardaespaldas, quen a asasinou.

LOUISE BOURGEOIS, París 1911 Esta artista francesa, que viviu parte da súa vida en EEUU, creou unha obra vangardista na que destacan temas como a sexualidade, a familia e a soidade, polo que o movemento feminista a considera un símbolo da súa ideoloxía. Ela representa a nai como unha araña que, segundo a súa opinión, é intelixente, paciente, útil, racional e indispensable. É precisamente unha das súas arañas a que ornamenta a entrada do Museo Guggenheim de Bilbao.

LYNN MARGULIS, Chicago 1938 Foi unha bióloga que destacou polos seus traballos sobre o evolucionismo, posto que desenvolve a teoría de que as células procariotas pasan a eucariotas. As súas teorías son opostas ó neodarwinismo e aínda está por ver o alcance das mesmas. Sempre tivo problemas para acadar que publicasen os resultados das súas investigacións.


MARGARITA XIRGÚ, Cataluña 1888 Famosa actriz española que tras os seus inicios dramáticos fundou unha compañía teatral propia. Representou obras dos grandes dramaturgos da época, como Valle-Inclán, Lorca e Alejandro Casona, entre outros. Exilouse durante a ditadura franquista e chegou a adquirir a nacionalidade uruguaia. Alí, en Montevideo, continuou co seu labor e tivo ó seu cargo a dirección da Escola Municipal de Arte Dramático. PILAR MIRÓ, Madrid 1940 Destacada directora de cine, estudou periodismo, dereito e cine. Dirixiu tamén a radio e televisión públicas en España. No campo de cine desenvolveu un importante papel, posto que logrou mellorar a súa calidade e apostou por grandes retos como levar á pantalla obras que, en principio, se pensaba que non terían éxito. O seu labor provocou moitas críticas, contra as que loitou, defendendo a súa integridade persoal e profesional.

MARTINA NAVRATILOVA, Praga 1956 Importante tenista que acadou 163 títulos ó longo da súa carreira. Conseguiu varios títulos de Wimbledon, Roland Garros, Open de EEUU e de Australia. Os seus logros deportivos fixérona merecedora do Premio Príncipe de Asturias en 1994. Ademais, participa en asociación que defenden os dereitos dos homosexuais, os dos nenos sen recursos e os dos animais.


OUKA LEELE, Madrid 1957 Este é o seudónimo de Bárbara Allende Gil de Biedma, unha fotógrafa autodidacta que destaca polas súas fotografías en branco e negro coloreadas e polos seus grabados. Considera o seu traballo como unha “poesía visual”. Fixo numerosas exposicións ó longo do mundo e no ano 2005 concedéronlle o Premio Nacional de Fotografía.

ROSALIND FRANKLIN, Londres 1920 Esta biofísica contribuiu á comprensión da estructura do ADN, os virus, o carbón e o grafito. Tamén traballou co virus do mosaico de tabaco e o poliovirus. Desenvolveu o seu labor nunha época en que ser muller investigadora estaba mal visto. Incluso os seus colegas mostraban as súas investigacións sen o seu consentimento. Morreu de cancro provocado posiblemente polo exceso de radicións recibidas durante as súas investigacións.

VIRGINIA WOOLF, Londres 1882 Foi unha feminista e escritora destacada na historia da Literatura polo carácter orixinal e experimental das súas técnicas narrativas. Entre as súas obras destacan La señora Dalloway ou Un cuarto propio. Nesta última, que é un ensaio, fala das dificultades da muller para adicarse á escritura, nun mundo dominado polos homes.


ISABEL COIXET, Barcelona 1962 É unha destacada cineasta española que crea e dirixe tamén anuncios publicitarios en todo o mundo, o que lle proporcionou prestixiosos premios. Creou a produtora Miss Wasabi Films dende a que realizou documentais e video clips. Xunto con outras cineastas creou CIMA, unha asociación de mulleres cineastas. Entre as súas películas destaca La vida secreta de las palabras, pola que recibiu varios premios Goya, ó igual que o seu documental Invisibles. En ambas ponse sempre ó lado dos desfavorecidos.

ANA Mª MATUTE, Barcelona 1925 É unha escritora cuxa obra literaria destacou pola presenza dunha mirada infantil e xuvenil, polo seu lirismo e realismo. Recibiu o Premio Nacional de Literatura, o Cervantes, o Nadal, o Lazarillo e estivo nominada para o Nobel de Literatura. É considerada a mellor novelista de posguerra. Entre as súa extensa obra atopamos Los Abel, Olvidado rey Gudú e a última Paraíso inhabitado.

MARY WOLLSTONECRAFT, 1759 Filósofa e escritora británica hoxe considerada precursora da filosofía feminista, pois na súa obra Vindicación dos dereitos da muller defende que as diferencias entre homes e mulleres débense a que non reciben a mesma formación, non ó carácter inferior do xénero feminino.

INGRID BETANCOURT, Bogotá 1961 Esta política colombiana, que loitou contra a corrupción política do seu país, tentou mediar entre o seu goberno e a guerrilla das FARC para conseguir a paz. Sen embargo foi secuestrada pola guerrilla durante seis anos. Cando foi liberada continuou traballando para acabar con esta organización e solidarizouse con todas as vítimas do terrorismo.

Traballo elaborado con información extraída da Wikipedia e con imaxes procedentes da internet.


GEMMA MENGUAL, Barcelona 1977 Titulada en Gemología y campeona de natación sincronizada. Es la única nadadora del mundo que ha conseguido cuatro medallas de oro en unos campeonatos del mundo o europeos. Además, es la diseñadora de los trajes de baño de sus compañeras en diferentes competiciones.

RIGOBERTA MENCHÚ, Uspantán 1959 É unha líder guatemalteca que loita polos dereitos humanos e tentou conseguir fármacos xenéricos a baixo prezo para a poboación do seu país. É embaixadora de boa vontade na UNESCO e recibiu o Premio Nobel da Paz, así como o Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

SHRIN EBADI, Irán 1947 Foi xuiza, cargo que se lle prohibiu exercer ás mulleres iranís trala revolución musulmá. Loitou polos dereitos humanos e a democracia. Por todo isto foi a primeira muller musulmá que recibiu o Premio Nobel da Paz, chegando a recibir ameazas e represións por parte do seu país por pronunciar conferencias e loitar polos dereitos humanos. Creou dúas ONG, unha para defender os dereitos da infancia e outra para defender os dereitos humnanos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.