Que serĂa da vida de Carmucha tralos acontecementos que se desenvolven no libro?
Dende o club de lectura As mil e unha historias convidĂĄmosvos a descubrilo.
Febre, a continuación Cando Carmucha e Colin chegaron a Nova York, un par de días despois, o luxoso apartamento que o inglés comprara nun dos primeiros rañaceos dos EEUU non serviu para apagar as chamas da pena e angustia que ardían no peito de Carmucha. Instaláronse nese edificio, na cidade que se lle coñece hoxe en día como “the city never sleeps” (“a cidade que nunca dorme”) e pasaron os primeiros días sen falarse, para liberar tensións. Carmucha era incapaz de adormecer, de moverse nin de comer, non soportaba a dor de deixar para sempre atrás ao seu pai. Pero grazas aos esforzos da súa parella conseguiu afacerse á súa nova vida, aínda que non totalmente. Cando xa case era a de antes, ocorréuselle preguntarlle a Colin en que ía traballar, que o soldo de secretario de oficina do inglés non chegaría a nada. O rapaz respondeulle iradamente que vaia se chegaba, que non lle empezara con chorradas, ela ía vivir agora tranquila e sen preocupacións. A Carmucha non lle cocía o corpo aquelas palabras que querían unha muller inútil, vivindo do seu home, pero aínda non tiña enerxías suficientes para debater. Os primeiros dous meses pasounos de ama de casa, limpando, organizando todo, saíndo a comprar. A guerra estaba practicamente rematada e respirábase menos terror nas rúas. Unha das súas actividades cotiás era ver as “NEWS” e cansouse tanto de escoitar as numerosas violacións que sufrían as mulleres, as mortes femininas por violencia machista, a escravitude, que se encheu de histeria e co seu carácter forte díxolle un día a Colin mentres estaban ceando: —Vou traballar! O inglés ergueu a cabeza e riu incrédulo e con total respecto e cariño cara á muller da súa vida. Respondeulle: —Non, non vas traballar, amor. Xa traballaches abondo por Noia e sufriches os sete sufrires. Non penso permitir que iso che ocorra outra vez. —Vou montar a miña propia empresa —dixo ignorando os comentarios do seu noivo. Colin xa sabía que era moi teimuda e deuse conta d e que xa recuperara totalmente o seu carácter e era a de antes, que non se lle podía levar a contraria, iso era o que o engaiolaba dela. Pero non se deixou levar polos sentimentos e recriminoulle. —Non quero que te volvas a meter en problemas! Se queres traballar eu pódoche axudar a atopar un. —Xa o atopei eu! Vou montar a miña propia empresa, que vai ser como unha especie de asociación de axuda a mulleres para mellorar os seus coñecementos. En Noia montei a escola para prostitutas, pero aquí precísana todas Colin, nas noticias saen só elas como escravas sexuais, é o único papel que teñen na sociedade. Estou farta! —berrou con todas as súas forzas. O mozo comprendeuna perfectamente e soubo que a decisión estaba tomada. Así que decidiu axudarlle. —Tes razón! Vouche axudar. Precisas outra persoa que sexa a túa socia. —Xa a teño, a miña profesora de ingles; en dous meses xa me fixo dominar o idioma, non pode haber ninguén mellor! Xa falei con ela, pero eu serei a pioneira, serei a fundadora – alegrouse Carmucha. Foi dito e feito. Dúas semanas despois Carmucha saíu en todos os xornais e nas noticias posando ante o seu novo local chamado “The women´s school”. Foi impresionante! No primeiro día presentáronse na escola trinta e cinco profesoras dispostas a usar horas libres para dar clases e a rapaza, seguindo o criterio que lle ensinara a súa nai escolleu ás quince mellores. Cada día ía aumentando o número de mulleres apuntadas e de persoas que se querían unir só á asociación. Carmucha cumprira o soño da súa vida! Ser profesora estable e recoñecida! Colin estaba moi orgulloso da súa noiva e fachendeaba continuamente na oficina. Dous anos despois, a escola e o traballo de aínda un home novo, Colin, ían vento en popa. Todo lles saía ben, seguían tan namorados como aquel día que se bicaran na praia de Noia e decidiron casar. Non tardaron un ano, tras ser marido e muller en ter o súa primeira filla, unha fermosa nena, o que os dous querían, chamada Emily en honra a súa falecida avoa, coa que segundo afirmaba a nai tiña un gran parecido. Da escola de Carmucha logo comezaron a saír mulleres empresarias, políticas, enfermeiras… de todo tipo, que aprenderan grazas ao traballo man a man da dignidade feminina. Tamén, grazas ás campañas e manifestacións realizadas pola asociación, se reduciu a violencia machista, a escravitude e todo o relacionado co maltrato feminino. Si, unha muller astuta e honesta como Carmucha conseguira algo moi importante para un gran país como os Estados Unidos! Carmucha pasou toda a vida dando clase, a súa vocación, educando a Emily e adorando a Colin, o mellor marido que puido ter. Ata que un mal día, lle diagnosticaron cancro de fígado, como a súa nai (pero ela non de beber!) e tivo que xubilarse. O cancro converteuse en terminal e morreu, pero duraría máis se puidese seguir impartindo docencia. Ela morreu de pena por non poder dar clase, iso si que era certo! Todos choraron e Colin e Emily sufriron moito, sen embargo, sabían que se ía a muller da súa vida co seu soño cumprido. Os Estados Unidos enteiros quixeron estar presentes no funeral para despedir á muller que conseguira facer respectable a figura feminina nese país e que o resto dos Estados do mundo copiaran. Esa foi a primeira vez que se ía unha verdadeira muller, con todo o que esa palabra conleva! Mara Gato Vilaseca, 3ºA
Febre Tras dous meses en Nova York, Carmucha encontrou traballo de profesora de castelán nun colexio dun dos barrios máis desfavorecidos de toda a cidade. Colin traballaba de inspector de mercadorías no porto. Co salario dos dous, conseguiron alugar unha casa nun dos rañaceos máis altos de todo Manhattan. Ela quedou impresionada do desenvolvidos que estaban os Estados Unidos, non tiñan comparación con España, e aínda menos con Galicia. Tiveron un fillo, chamado Charles, e unha filla, chamada Manuela en honor a súa defunta amiga. Cando xa levaban ano e medio vivindo alí, chegoulle unha carta da súa querida amiga Rebeca na que lle contaba que tivera un fillo e que traballaba de camareira nun coñecido bar de Barcelona, tamén lle contaba que morreran seu pai Matías e seu amigo Coñoño. Como xa o imaxinaba, non lle supuxo unha nova dolorosa. Dende que veu, cando se separara dos brazos de seu pai no porto, aos gardas apresándoo intuiu a verdade da súa liberdade. A partir dese momento veu a seu pai como unha persoa valente, lamentando todas as veces que se pelexara con el. Entendeu por que súa nai se namorara de seu pai e imaxinounos xuntos no cemiterio. Non volveu nunca a España por medo a recordar e porque non quería poñer aos seus amigos en perigo. En cambio, foron unha vez a Inglaterra visitar á familia por parte de súa nai e a ver aos pais de Colin. Aos seus fillos e netos faloulles sempre da súa terra. Ricardo Casabella Díaz, 3ºB
Febre Carmucha sentíase como se toda a súa vida fora un mísero engaño, tiña a súa nai coma unha referente, un exemplo a seguir e sen embargo non era máis que unha alcohólica que afogara no alcohol as súas penas e tristezas, tiña o seu pai como un puteiro que non loitara por o amor da súa vida, pero fora este o que a sacara do cárcere, o que loitara por ela, o seu verdadeiro heroe. A viaxe a Nova York fora moi longa, estaba triste posto que lle levara 20 anos saber como era realmente a súa vida, que todo aquilo ocorrera porque as mulleres eran tratadas como obxectos, se o Marelo non a chegase a violar outro galo cantaría. Decatárase de que a sociedade era unha trapallada, os “grandes” mallaban a paus os débiles, pasaban por enriba deles e se alguén se lles rebelaba matábano a tiros ou humillaban a súa dignidade. Cando desembarcaron o primeiro que fixeron Collin e ela fora buscar unha casa na que vivir. Encontraron unha fermosa casa cun baixo enorme no cal ían montar un bar, querían deixar atrás a época do volframio e ser unha familia feliz. Pero era difícil, posto que deixaran moitos cabos soltos, sobre todo Carmucha. Que era de Félix? Quen protexería agora os que collían o volframio na zona libre? Eran tantas as cousas que lle pasaban pola mente que se daba conta de que non podía con todo aquilo , estaba derrotada . O seu soño era montar unha escola máis grande, con máis xente e loitar polos dereitos da muller e aí estaba fuxindo de todo. Decatárase de que non podía loitar máis, acabárase todo, tiña que esquecer os últimos cinco anos da súa vida por moi dícifil que fose, cada día que pasaba conseguíao, vía como xa non lle quedaban tantos recordos e como non tiña tantos pesadelos polas noites. Tres meses despois estaban casados e cun bebé en camiño, eran felices, pero Carmucha non era a mesma, estaba morta por dentro dende o día que descrubira toda a verdade, dérase conta de que ela soa non podía loitar contra o mundo, por moi pequeno que fose, por iso decidira facer o que facían todas as mulleres, casar, ter fillos e atender a casa. Nunca máis regresaría a España, non volvería a ver a tumba da súa nai, nin o seu pai que fora fusilado, nin a Félix. Agora tiña unha nova vida, unha familia e un bo negocio, pero non había día no que non se acordara da “FEBRE” do volframio. Vanessa Moirón, 3ºB
Fin Febre Tras a chegada de Carmucha a Nova York ela só podía pensar en seu pai e nas mortes que causara. Preguntábase se tería sido mellor non loitar, deixando que as cousas seguisen o seu curso. Así, reflexionando, pasaron os meses ata que se decatou de que debía seguir intentándoo, o feito de estar lonxe de Noia non significaba que non puidese facer nada. En 6 meses conseguiu un cargo político de baixo estatus en Nova York. Nel sentíase respectada como persoa, unha sensación que lle encantaba e que nunca sentirá, xa que a diferenza de en Noia ese respecto non proviña do medo, que alí era o único método para conseguilo se eras muller, proviña do simple feito de ser unha persoa sen importar o teu sexo. Grazas ao seu traballo, que lle permitía mover fíos incluso na política doutro país e as influenzas de Colin, non menos importantes, logrou que algún ministro de educación de Noia, ás agachadas, fixese reformas nas escolas das mulleres, de xeito que estas impartiran as mesmas ensinanzas que a escola que ela creara (ler e escribir, sumar e restar,…). Isto levou a que as mulleres gañaran coñecementos e se percataran de que non eran inferiores aos homes. Desta forma lograron acadar postos importantes, derrocando así a dictadura de Franco. Ela soa logrou unha paulatina revolución que lle serviu de satisfacción, xa que sabía que lograra facer realidade o seu soño de que as mulleres e os homes tivesen os mesmos dereitos e, de certa maneira, de homenaxe cara seu pai. David Gómez, 4ºA
A vida de Carmucha despois da febre do volframio Carmucha viviu trece anos en Nova York, mesmo a pesar de non falar ben o idioma atopou un traballo feliz como dependenta dunha tenda de roupa. Cando esta aforrou unha cantidade grande de diñeiro decidiu voltar con Colin a Noia a pesar dos malos recordos que lles traguía, porque ao fin e ao cabo alí fora onde Carmucha se criara. Chegaron a Noia e vírona completamente descoñecida, xa non había aquela febre do volframio porque a guerra terminara e Alemaña, por fin, saíra derrotada, polo que moita xente de Noia tivo que emigrar para encontrar traballo. Era unha vila moi tranquila, mesmo de ensoño, pero por desgraza seguíanse cometendo inxustizas que Carmucha desexaría cambiar. Ela e Colin compraron unha casa no medio da vila e atoparon traballo, Colin de carniceiro e Carmucha de mestra esta vez nunha escola pública. Ao principio pareceulle un traballo relaxado, pero ao observar o trato dos profesores cos alumnos a esta entroulle unha rabia por dentro que case non podía controlar; sen embargo, ante isto Carmucha non puido facer nada, así que só se dedicou a enseñar aos seus alumnos da forma menos violenta posible. Co paso do tempo Carmucha tivo forzas para visitar a lápida de seu pai e súa nai, pero cando chegou alí viñéronselle todos os recordos de cando ela era unha adolescente e cría que era capaz de cambiar o mundo cheo de inxustizas e seu pai a detiña só para protexela aínda que ela non se decataba. Chorou como nunca antes chorara e xurou que nunca máis ía volver facer nada que perxudicara a xente do seu arredor, mesmo que fora contra a súa vondade. Despois disto Carmucha puxo flores nas lápidas e contoulles o que lle pasara os últimos anos e o feliz que a facía Colin. Nas semanas seguintes contactaron con Félix e contáronxe o que lles ocorrera aqueles anos nas Américas; tamén falaron con Rebeca, que vivía felizmente casada co seu home e cos seus dous fillos. Nese momento Carmucha deuse de conta de que lle faltaba algo para completar a súa familia, así que nos últimos dous anos tiveron dous fillos aos que lles chamaron Matías e Emily, e así, cunha gran familia Carmucha, Colin, Matías e Emily viviron felices por sempre, deixando atrás o mal pasado que tiveran e aprendendo dos erros que cometeran. Pablo Díaz Otero, 3º ESO-A
A historia de Carmucha unha vez remata o libro Dende que Carmucha chegara a Nova York todo lle foi perfecto. Estaba moi cómoda con Colin alí e gustáballe moito a cidade e a xente, xa que nunca estivera nunha cidade tan grande. Colin seguía dedicándose ao contrabando de vez en cando e ela traballaba polas mañás nunha frutería preto de onde vivían. Ao chegar á casa facía a comida e esperaba a que Colin chegara para xantar con el. Polas tardes sempre iba a dar un paseo pola cidade e gustáballe ir ver a Estatua da Liberdade. Ás noites ían os dous xuntos bailando de festa en festa, e así todos os días. Co paso dos anos Carmucha cambiara de oficio, agora era recepcionista nun luxoso hotel da cidade, e Colin xa deixara de traballar de contrabandista. Nese momento levaban unha vida máis normal, pero tiñan moito traballo na casa, xa que tiveran un fillo ao que chamaron Liam. Os anos seguían pasando e Carmucha xa cumplira os sesenta e nove anos e era viúva. Liam era un importante cirurxán de Nova York e Emily, a outra filla que tiveran, estaba rematando a carreira de dereito. Carmucha ía todos os días ao cemiterio limpar a tumba de Colin e cambiarlle as flores cada semana, como xa facía coa de súa nai, e pensaba que algún día os seus fillos farían o mesmo coa dela. Iván López, 3ºB
FEBRE Carmucha e Colin, unha vez chegados a América, con Carmucha totalmente desfeita moralmente e consciente do seu desmaio, o primeiro que fixeron foi buscar un sitio onde vivir e pagalo cos cartos que Colin sacara de venderlle o volframio aos alemáns. Durante o mes seguinte retomaron as súas vidas alí, en América. Colin encontrou traballo nun taller de coches, mentres que Carmucha, infiel aos seus principios a causa da tristeza de perder a seu pai e a súa vida anterior, non traballaba e acostumouse á vida de ama de casa, mantida polo seu ¨home¨, pero non lle ía durar moito ese estado de acomodamento, pois todos sabemos como é Carmucha. Xa pasado un tempo, Carmucha tiña máis ou menos asimilado todo o que pasara había uns meses e decidiu seguir adiante loitando polos demais, como toda a vida fixera, e por ela mesma, xa que sabía, que se seguía sen facer nada e apenada na casa o único que se facía a si mesma era pasalo mal, por iso decidiu levantar cabeza. Unha tarde foise a un dos moitos barrios pobres que hai en Nueva York coa esperanza de poder encontrar á súa ¨Rebeca¨ americana, porque ela cría que a xente canto máis pobre, mellor persoa era, pero en lugar diso coñeceu a unha rapaza chamada Ana, que tamén o pasara moi mal na súa vida debido aos abusos do seu marido, e ao pouco tempo fixéronse inseparables. Ao coñecer a Ana, e tendo en conta as súas experiencias anteriores con mulleres, pensou que na cidade tamén habería moitas mulleres pasándoo mal, e xunto coa súa amiga decidiuse a abrir unha escola moi humilde, que máis que unha escola era unha sala nun edficio onde facían reunións para falar libremente dos seus problemas un grupo de mulleres ás que non lles fora moi ben na vida. Pasou un ano e Colin decidira pedirlle matrimonio a Carmucha, de quen estaba namorado totalmente, e esta accedeu. Con motivo do casamento, Carmucha caeu nunha depresión leve, pero que bastou para que lle deran pastillas para dormir, a causa de que seu pai non puidera levala ao altar e tampouco estar presente nunha data tan importante. Cansa de esperar noticias de Matías, como ao seu prometido lle ía ben no traballo e ían ben de cartos, decidiu voltar á casa para ver a seu pai. E dito e feito, un mes despois tiñan data para a súa viaxe, que non resultou tan agradable como crían que ía ser, aínda que non tiñan expectativas moi altas. Cando chegaron á súa vila natal, ninguén quería falarlle sobre o seu pai, ata que despois de moito preguntar, no bar París de Noia, un camareiro novo que non coñecera a Carmucha antes de irse de alí, lles contou que o vello Matías fora asesinado cruelmente igual que Coñoño, ao pouco de irse para América. Coa triste historia de seu pai ás costas e feita toda unha muller, Carmucha, forte como foi, é e será sempre, decidiu volver onde agora está a súa casa, en América, e comezar unha nova vida, formar unha familia e deixar atrás todo o seu pasado, sempre cun bo recordo de seus pais e do que fixo por moita xente cando só era unha mociña. Lidia Barreira, 3ºB
-FEBREHÉCTOR CARRÉ Carmucha e Colin ían no barco camiño a Nova York. Nun instante, as súas vidas cambiaran completamente. Carmucha dérase conta de que non vería máis ao seu pai e iso entristecíaa moito, porque nos últimos meses distanciaránse e sabía que non poderían recuperar ese tempo perdido. Mais pensaba que Colin sempre estaría apoiándoa en todo momento. Tampouco volvería a Noia ver a tumba de súa nai, nin vería a Félix, nin a Rebeca, a ningún dos seus coñecidos… O tempo en Nova York era frío, xa que era inverno. Carmucha e Colin casaran uns meses atrás e esperaban unha nena. Ela seguía pensando no que lle farían ao seu pai, e dábanlle unhas ganas incríbles de marchar de alí e ver o que estaba pasando en Noia. Colin tranquilizábaa dicíndolle que todo estaba ben e que tiña que relaxarse. Ela tamén pensaba en que lle ía dicir á súa filla, cría que cando a nena fora maior lles preguntaría sobre os seus avós, onde naceu… Carmucha quería contarlle a verdade: quería dicirlle por que fuxiran de Noia, por que non coñeceu aos seus avós, quería contarlle quen era Rebeca, Félix, Manuela…, pero o que de verdade quería era explicarlle como se vivía en España nesa época. Cando a filla de Carmucha e Colin cumpriu os 18, viaxaron en barco cara Galicia porque querían ensinarlle onde vivira a suá nai. Case 20 anos despois todo seguía igual: a escola en ruínas, a casa de Colin compráraa unha parella inglesa, a tumba da nai de Carmucha xa non tiña as flores e estaba sucia, a casa de Carmucha tamén caía, o barrio das prostitutas seguía igual e a zona libre do volframio xa non estaba tan concorrida como antes. O bar de Roxelio tamén estaba baleiro, xa só quedaban dous ou tres veciños que se achegaron a tomar a cervexa antes de comer. Carmucha buscou o corpo de seu pai e non o atopou e non podía preguntarlle a ninguén sobre el, porque temía que alguén a recoñecera. Pasaron os días e a nena non quería marchar, gústaballe a vida de Noia. A seus pais tamén, pero tiñan medo a ser descubertos, loitaran moito para que agora rematase o seu esforzo. O que lle ocorrera ao Marelo estaba esquecido polo pobo e polos gardas que investigaban a súa morte. Así que decidiron quedar alí. E intentaron ser felices, por Matías e por Emily, en Noia. Mara Otero, 3ºB
Febre Ao chegar a Nova York, Carmucha ficou asombrada ante a estatua da liberdade coa súa gran antorcha. Tamén a asombrou o Empire State, pero iso só foi nos primeiros días. Carmucha levaba semanas buscando traballo de profesora de español en algún centro; pero ningún a aceptou polo seu pasado no barrio chinés que varios embaixadores e espías glorificaban nos bares da zona. Por contra, Colin deseguida atopou traballo nun restaurante de comida rápida, pero todo iso que tantas horas lle custaba gañar a costa de fritir patacas e cheirar todo o día gastábao nos burdeis da zona e en longas festas, disto Carmucha tiña constancia, mais Colin salvaráa e deixouno correr. Cando por fin atopou traballo de profesora de castelán na “Union Region High School” e xa estaba integrada na zona e na cultura neoiorquina, sufriu un duro revés ao enterarse da morte de Rebeca a causa dunha gran paliza do seu home por, simplemente, reñerrlle por poñerlle os cornos. Isto a ela fíxolle pensar, xa que Colin lle era infiel con case todo o que tivera cabelo longo e se movera. Pasou un ano moi feliz no profesional pero non tanto no persoal, porque estaba farta do adulterio de Colin e da mala fama que este tiña por acosar sexualmente a outra empregada do restaurante, pero Colin pensaba que Carmucha non o sabía e facía que non pasaba nada, sen embargo un día: -Colin...por que me es infiel? -Pero que dis, Carmuchiña -Colin presentaba un estado de embriaguez fóra do normal -ti es a única. -Pero se estas coma unha cuba! -Carmucha estaba fóra de si-. Esixo unha explicación. Colin quedouse sen palabras e só se lle ocorreu soltar unha labazada sonora e forte (desas que doen só ao mirar), mais Carmucha aguantou a mirada e ambos marcharon para a cama. Colin estaba a ser un sol, non obstante para Carmucha non era o mesmo, polo cal decidiu deixar o traballo e marchar dese lugar que xa non desfrutaba por culpa dese inglés noxento e cocho; así que colleu a súa maleta e en bus marchou cara ao estado de Montana, onde esperaba ser feliz. En Montana coñeceu a Edward, un profesor de historia co cal conectou dende o primeiro día, e namoráronse perdidamente, polo cal logo saltou a chispa. Despois deron o paso de vivir xuntos. Carmucha encontrou traballo e estaba embarazada, todo isto en só dous anos de relación. Corría o ano 1975 e Carmucha xa era nai experta (tiña tres fillos) e facía dez anos de casada con Edward o 19 de novembro. Cando se enterou dous días despois do aniversario, non o pensou dúas veces e marcharon todos a España. Sete de xuño do ano 2003, Carmucha, con setenta e pico de anos, morre dun infarto pero non morre tranquila, xa que nunca lle confesou a Félix que o amaba. Javier Álvarez, 3ºA