Febre

Page 1

FEBRE de HĂŠctor CarrĂŠ

Traballos feitos polo alumnado do club de lectura As mil e unha historias


OS DISTINTOS TIPOS DE MULLER QUE SE PODEN OBSERVAR NO LIBRO DE FEBRE Este libro é moi curioso pois mostra os distintos tipos de mulleres que había en España no principio da ditadura.Transcorre nunha soa cidade e os seus arredores, Noia. Un dos tipos de mulleres estaba formado polas tradicionais daquela época, as que só se preocupaban pola dignidade e por manter as formas sempre. Estas aceptan a sociedade do momento, aceptaban que elas eran inferiores aos homes (como se pensaba naquela época) e non facían nada por cambiar a situación, pois a tíñana demasiado asumida. Estas mulleres, ademais, rexeitaban a calquera persoa que pretendía loitar por cambiar a sociedade. A súa vida limitábase a casar, a coidar os fillos e a compracer ao seu home. Falo, por exemplo das mulleres que estaban na escola da Falanxe (menos Rebeca, unha prostituta) e a maioría das señoras e rapazas que vivían en Noia e que se consideraban “respectables”. Outro tipo de mulleres que aparecen nesta historia son as prostitutas. Estas eran loitadoras e estaban en contra do sistema. O seu obxectivo era cambiar a súa situación. A sociedade de entón considerábaas persoas sen dignidade. O simple feito de que unha muller que non fora prostituta estivera con elas xa podería significar a pérdida da súa decencia. No libro aparecen bastantes prostitutas, como Rebeca, a mellor amiga de Carmucha, a protagonista desta historia, da que falarei despois. Tamén están reflectidas as mulleres das aldeas, que estaban nunha situacion intermedia entre as prostitutas e as mulleres “respectables”. As aldeás tiñan unha situación económica, social e cultural peor que as que vivían na cidade de Noia. Por tanto, víanse obrigadas a traballar, como os homes, no que podían, neste caso na minería. Aínda así non podían facer traballos que conlevasen maior responsabilidade, pois tamén elas eran consideradas inferiores aos homes. Ademais, nalgúns casos tiñan que prostituirse para que os Gardas Civís lles deixaran traballar nas minas. Por último está Carmucha, a protagonista, á cal non se pode clasificar dentro de ningún dos criterios anteriores. Carmucha ao principio era considerada unha muller “respectable”. Pero no seu interior e na forma de comportarse ás veces era moi diferente ás demais. Ela non se conformaba coa sociedade na que lle tocara vivir. Era inconformista, loitadora e moi valente. Carmucha, a pesar da súa idade temperá, tiña este espírito, inculcado pola súa defunta nai, a cal era inglesa e por tanto tiña outros valores distintos aos de España naquela época, debido entre outras cousas á represión da ditadura. A medida que vai avanzando a historia, Carmucha vai sufrindo cambios. Cegada pola febre do volframio conseguiu facerse estraperlista e consiguiu ser respectada como se fora un home, algo que, por outra parte, tiña un prezo moi caro. Tivo que aturar como outras mulleres a desprezaban por loitar polos seus dereitos, enfrontarse a situacións perigrosas e renunciar a algunhas cousas como ao amor. Carmucha tiña un obxectivo, a igualdade entre homes e mulleres e, por tanto, loitaba incondicionalmente, ás veces incluso cegamente. Non renunciaba ao seu obxectivo, a pesar das humillacións, de ser violada, das palizas que recibiu, das ameazas... Un aspecto moi positivo deste personaxe é a falta de prexuízos que ten, fíxase nas persoas e non na súa condición, podendo ser prostitutas, mineiros, homes, mulleres, xente con menos cartos... Pero sobre todo Carmucha estaba moi vinculada ás prostitutas, pois consideraba que elas tamén loitaban á súa maneira. A prota gonista tentaba ensinarlles a ler, escribir e outras cousas creando unha escola para elas, e así axudándoas a que saísen da súa situación de ignorancia. O libro é una historia marco, na que un vello lle conta a súa neta a historia de Carmucha. A medida que vai avanzando o relato, a rapaza vai facendo comentarios que nos mostran a perspectiva que temos na actualidade da situación que tiñan as mulleres non hai tanto tempo e mostra como cambiou a condición delas. Ángela Van der Mel, 4ºB


A represión e o medo en Febre Febre conta a historia de Carmucha, unha rapaza que durante a posguerra persigue a súa independencia e loita contra as inxustizas e os abusos de poder, buscando en todo momento protexer aos máis débiles dos máis poderosos. Sendo un libro cunha acción que se desenvolve durante a posguerra, a maioría dos personaxes están oprimidos polo goberno do momento, que non permite determinadas ideoloxías e comportamentos; por exemplo, o pai de Carmucha apenas ten liberdade para calquera dos seus actos, senón que debe cumprir os desexos de don Severo en todo momento para asegurarse de non meterse en problemas. Ademais, todos os personaxes que non pertenecen á clase alta son demasiado pobres e non teñen ningún tipo de influencia social, polo que a represión que sufren é máis profunda, xa que non só teñen que ocultar as súas ideas se son ilegais, senón que están totalmente sometidos aos máis poderosos, que poden cometer abusos e facer todo o que queiran con eles sen que ninguén os deteña. Isto provoca medo e este medo provoca máis represión, xa que impide que actúen libremente debido ás duras consecuencias que isto pode acarrearlles, o que se manifesta, por exemplo, na insistencia de Félix a Carmucha de que non se rebele contra os abusos de poder ou no feito de que os gardas poden deitarse con todas as mulleres que queiran, xa que elas non se atreven a negarse debido ás consecuencias. Outra das cuestións importantes de opresión que se mostran no libro é o machismo, que se mostra continuamente ao longo da historia. Varios casos son os intentos do pai de Carmucha de que non vaia á universidade, dicíndolle que non teñen suficientes cartos; o gran escándalo que produce a vestimenta de home de Carmucha; ou a violación que sofre a mans do Marelo. Tamén aparecen, en menor medida, outros tipos de represión, como a homofobia, que se manifesta no temor do Marelo a ser descuberto ou en distintas expresións homófobas que se utilizan ao longo de todo o libro. Carmen Pavón Souto, 4ºB


O medo e a represión política Tras unha terrible guerra civil, unha ditadura fascista, dirixida polo xeneral Franco impúxose en España, acabando cos dereit os e liberdades do seu pobo. Neste momento en Europa desencadeábase a Segunda Guerra Mundial, na que os aliados e máis os alemáns quedaron enfrontados. Este é o contexto no que se desenvolve a historia, centrada nunha vila galega chamada Noia. Nesta historia reflíctese un mundo no que a violencia, o machismo e as desigualdades considerábanse algo normal na vida da xente. O medo converteuse nun sentimento que perseguía á maior parte da sociedade, ninguén se atrevía a manifestarse contra as inxustizas pois polo simple feito de expresar as súas opinións poderían ser encarcerados, discriminados ou incluso asasinados. O pobo quedóuse sen voz. Pero o pobo xa estaba farto da fame, da pobreza, da crise que lles tocou vivir nos duros anos da guerra e aproveitaban as riquezas que trouxera consigo o volframio para divertirse dunha forma desenfreada. A represion política daqueles tempos perseguía ás persoas ou grupos que tiñan unha ideoloxía diferente á establecida. Realmen te a represión o que pretendía era inculcar o medo na poboación para que así esta actuase como o poder político desexaba. O pai de Carmucha é un exemplo entre moitos dunha persoa que se veu obrigada a deixar de lado as súas ideas políticas por ese medo a poder ser asasinado ou encarcerado. No libro móstrase como el realmente está en desacordo con moitas das ideas políticas do momento, pero non lle queda outra que calar e rexeitar os seus principios, aínda que el realmente era republicano. A igualdade tamén quedou nun segundo plano. As mulleres non podían facer moitas das cousas polo simple feito de nacer mulleres. Elas non podían fumar nin actuar de forma autónoma sen o consentimento dun home. As mulleres eran consideradas inferiores e incapacitadas para o traballo. Non lles quedaba outra que aguantar o que lles tocara, incluso elas mesmas criticaban ás mulleres que loitaban polos seus dereitos. No fondo facíano porque estaban atemorizadas. Tamén vemos o reflexo do medo nos mineiros do volframio, que recibían malleiras e abusos constantes por parte da garda civil. Era unha sociedade na que se temía mesmo á Garda Civil, porque eles actuaban como querían, violando, pegando ou matando a quen se interpuñese no seu camino. Os gardas aceptaban subornos de forma continua. As clases marxinadas, como as prostitutas ou os esmoleiros como Coñoño, perdían a dignidade, era como se por iso deixaran de ser persoas. E o resto das clases sociais podían tratar a estes como quixeran. Carmucha é o personaxe que personifica ás mulleres loitadoras daqueles tempos. Ela representa a valentía e a rebeldía contra aquel mundo inxusto e escuro no que lle tocara vivir. Non era capaz de pechar os ollos e mirar cara a outra parte, como facían a maioría das persoas, ela necesitaba e tiña a necesidade de rebelarse contra aquilo, aínda que o prezo que lle tocara pagar fose demasiado alto. Podemos dicir que Carmucha é tolerante nalgúns aspectos, xa que ela acepta e respecta en todo momento aquelas persoas que eran discriminadas, como era o caso das prostitutas ás cales axuda. Aínda que tamén hai outros aspectos nos que ela non é tolerante. Ela era incapaz de respectar aquelas cousas que lle parecían inxustas ou moralmente malas. Mais neste aspecto podemos dicir que é positivo o feito de que ela non sexa tolerante porque senón terminaría aceptando e respectando esa realidade, como facía a maioría, e así ninguén podería cambiar esa escura realidade. Lucía Van der Mel, 1ºBAC


AS MULLERES EN FEBRE Febre de Hector Carré é un libro no que se mostran distintos tipos de mulleres durante a época na

que se centra a obra. Así mesmo, tamén están reflectidos na historia os diferentes ámbitos dos que proceden estes distintos tipos de mulleres.

Carmucha era unha muller moi diferente ás demais mulleres. Ela xa sabía que era distinta, tanto pola súa forma de vestir como polas súas ideas. Carmucha era una moza que se atopaba na etapa final da adolescencia, antes de converterse en adulta. Á vez de ser intelixente, Carmucha era rebelde e loitadora polo que pelexaba para defender as súas ideas. A protagonista loita pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres como xa adoitaba facer a súa defunta nai. Decide adicarse á venta e á compra de volframio, pero ao principio esa idea foi rexeitada polo feito de que fose muller. Debido ao seu comportamento, a xente da vila dicía que era lesbiana ou simplemente chámalle “marimacho”. Para desmentilo, Carmucha comeza a ir aos bailes do casino levando os vestidos floreados de súa nai e incluso levando a Félix como acompañante. En segundo lugar, na historia aparecen as prostitutas. Carmucha coñece a Rebeca, unha muller uns anos maior ca ela que se dedica á prostitución. Estas mulleres actúan de forma vulgar e grotesca. O seu vocabulario é reducido e as súas formas son incorrectas. A misión de Carmucha é formar unha escola para aprenderlles a ler e moitas outras cousas para que o día de mañá sexan unhas mulleres mellores. Moitas delas xa viron dende pequenas como as súas nais exercían esa mesma profesión. En terceiro lugar, están as mulleres que estudaron con Carmucha na escola e as súas nais. Son persoas que non se relacionan cos campesiños e que tamén evitan a Carmucha polo seu comportamento e ideoloxía. Un claro exemplo é Marisol, compañeira de Carmucha na escola. Marisol ía camiñando pola rúa con súa nai e ve a Carmucha polo que se acerca para saudala. Súa nai evita que se achegue a ela polo que a agarra polo brazo e tira dela marmurándo lle ao oído. Carmucha tamén se ve distinta con relación ás outras mozas da súa idade que van paseando polas rúas e pola alameda moi ben vestidas agardando a que algún mozo as leve ao altar. En último lugar, están as mulleres que traballan na zona libre do volframio. Traballan duramente para sacar beneficio para poder vivir e alimentar os seus fillos. A maioría das veces, cando os gardas chegan para vixiar os furtivos corren detrás das mulleres para detelas. A cambio de non ser detidas, as mulleres do volframio manteñen relacións sexuais no monte cos gardas. Esta actitude sorprende a Carmucha cando estaba na cova con Félix ao ver unha desas mulleres correndo polo monte cun garda. Estas catro situacións da muller, incluíndo a de Carmucha son as que tanto na obra como na sociedade da época, é dicir, na realidade, existían nos anos corenta.

Gemma Muíña Bermúdez, 1º BAC


A muller e os seus tipo en Febre Nesta novela Héctor Carré involucrou a varios tipos de mulleres para transmitir mediante elas unha especie de queixa ou para tentar que o lector puidese establecer diferenzas entre unhas e outras. CARMUCHA- ao comezo, preséntase como unha moza dunha clase social distinguida que, a medida que avanza a historia, rompe as normas da época para conseguir o que a ela lle parece máis xusto ou simplemente o que máis desexa. Neste afán por conseguir os seus obxectivos, involúcrase en numerosos problemas ou actividades non propias dunha dama da súa categoría, como tratar coas prostitutas ou traficar con volframio. Como consecuencia destes comportamentos convértese na rapaza sinalada de case toda a vila, xa que ademais de non preocuparse polo seu prestixio ou futuro pon en ridículo ao seu pai en algunhas ocasións, como acontece cando aparece no Casino vestida de home. A súa nai, Emily, morreu cando ela tiña unha curta idade. Nesta figura materna Carmucha ve o seu modelo, como di numerosas veces ao longo da obra. Como conclusión, Carmucha é unha moza rebelde e inconformista, rompe totalmente cos esquemas de rapaza decente que non respecta a autoridade do seu pai, non quere casar e comete accións tan inesperadas nunha dama da súa clase como fumar ou rodearse de mozas non decentes. SEÑORA MANUELA- Descríbese como unha muller duns 50 anos, pequena e moi enrrugada a causa do sol e da intemperie, moi traballadora, loitadora e valente, que coida os seus fillos, Manuela e Félix, a pesar de ter quedado viúva moi nova sen abandonalos en ningún momento. É a caseira de don Matías, Carmucha tenlle moito aprezo a toda a súa familia como demostra ao querer vingar a morte da súa filla Manuela a mans dun garda civil nunha “redada” en contra dos campesiños que extraían o mineral de forma ilegal para despois venderllo aos alemáns ou ingleses. DONA RITA, MARISOL E REBECA- son ou foron mulleres da vida as cales desta forma obteñen diñeiro suficiente para sobrevivir. Rebeca asiste ás clases que Carmucha imparte, para axudar ás mulleres a adquirir algún tipo de coñecemento. Cando a protagonista abandona o seu traballo, decide facer unha escola para impartir clases as mulleres coma Rebeca ou ao recadeiro Coñoño. Carmucha faise amiga destas rapazas. A pesar de que nun principio se avergoña de que a xente a vexa con estas, acaban por ser moi boas amigas e elas axúdanlle nos seus problemas, como cando Rebeca lle ofrece diñeiro ao recadeiro coa intención de que a protagonista obteña información para poder denunciar a Marelo. María Díaz Pardo, 1ºBAC


Febre O amor e as distintas manifestacións que aparecen na obra Na obra o amor represéntase de varias formas:  Unha das máis destacadas é a relación paterno-filial de Carmucha e Matías. Ambos se queren e sábeno, aínda que para eles sexa difícil demostralo. Tamén se pode ver na maior parte do libro como entre pais e fillos, sobre todo na adolescencia, se provocan disputas que poden chegar a facer que a relación entre estes se deteriore, aínda que tamén poden reparalo e facer que a súa relación mellore. A mala relación de Marica con seus pais é a razón pola que o seu avó lle conta a historia.  Outra clase de amor é a amizade, como a que comparten Rebeca e Carmucha. No libro maniféstase, por exemplo, cando Carmucha non deixa de relacionarse con Rebeca tras descubrir que é prostituta, ou cando Rebeca lle di a Carmucha que se vai casar e esta, aínda que está emocionada e feliz pola súa amiga, tamén está triste, xa que ela era a única persoa coa que podía falar de todo e a entendía como muller e agora xa non poderían verse.  Tamén está o amor romántico, encarnado na historia por Colin e Carmucha. Esta clase de afecto non se mostra demasiado na historia, xa que ao principio Carmucha non desexa ter ningunha relación sentimental con ninguén porque a maioría das relacións que ve entre homes e mulleres son as que observa no bordel, é dicir, relacións sexuais que non teñen nada que ver co cariño, senón que nelas só se busca o pracer. Ademais a maioría dos homes que ela coñece foron vistos na casa de Rita, polo que cre que todos os homes se comportan desa forma. Non obstante, tras pasar un tempo a súa relación evoluciona de simplemente comercial á amizade e finalmente ao amor.  Outro exemplo era o amor, neste caso non correspondido, de Félix a Carmucha.  Tamén se pode destacar o amor idealizado que existe cara alguén ao que apreciabamos xa falecido. No libro o exemplo é o cariño de Carmucha á súa nai. Ela idealízaa e non permite que nada modifique a imaxe que ten dela, xa que iso podería facer que a súa forma de pensar nela cambie e non quere deixar de ver a súa mai como unha heroína porque ela é o modelo no que se basea para ser o máis parecido a unha heroína ela mesma. Uxía Paz, 4ºB


AS MULLERES No libro aparecen principalmente tres tipos de mulleres, Carmucha e a súa nai Emily, que vivían medianamente ben; as prostitutas as cales pertencían a unha clase máis baixa que a de Carmucha e súa nai; e as mulleres que traballaban na mina extraendo o volframio, que vivían en malas condicións pero un pouco mellores que a das prostitutas. Carmucha era unha rapaza nova de 17 anos, vivía ben xa que o seu pai era o presidente do Casino. Ela era un señorita, pero ca ndo se deu conta da situación de submisión na que vivían aquelas mulleres que traballaban extraendo o volframio que despois vendían aos estraperlistas, mudou a súa forma de vida e pasou de ser unha señorita a poñerse ao servizo das persoas humildes. Tiña algún estudo polo que lles daba clases primeiro a persoas que querían certos papeis e posteriormente ás prostitutas. Naqueles anos estaba mal visto que as mulleres como Carmucha comprasen tabaco, é dicir, que fumasen ou que foran lesbianas. Tamén era moi raro que unha muller se adicase ao negocio do volframio, pero Carmucha demostroulles converténdose na heroína de Noia que as mulleres tamén poden estar ao cargo deses traballos. Emily, a nai de Carmucha, era unha muller da mesma clase que a súa filla, tiña estudos e daba clase. Debido aos problemas daqueles anos tivo que deixar o seu oficio da ensinanza. As prostitutas eran un grupo numeroso de mulleres que levaban desde moi novas dedicándose ao negocio da prostitución. Como consecuencia diso non tiñan estudos, é dicir, eran analfabetas xa que non sabían nin ler nin escribir. Estas rapazas non tiñan case diñeiro e vivían en condicións bastante desfavorables. Estas mulleres avergoñábanse do seu traballo e do lugar no que vivían, como no caso de Rebeca que non quería mostrarlle a Carmucha onde realmente vivía para que non descubrira que traballaba na prostitución. Rebeca pensaba que se Carmucha se enteraba non querería ser amiga dela. As mulleres que traballaban na zona libre, é dicir, a mina de onde extraían o volframio para venderlles aos estraperlista, eran mulleres que levaban sempre o medo no corpo xa que recelaban de que viñeran os gardas e as mataran ou que as colleran e as violaran. Estas mulleres encontrábanse sempre baixo a submisión dos gardas e principalmente do cabo Marelo. Alba Ramos Pedreira, 1º BAC


O AMOR EN FEBRE, DE HÉCTOR CARRÉ Ao longo do libro atopamos diferentes manifestacións de amor entre os personaxes: entre familia, vellos coñecidos, novos amigos... ENTRE CARMUCHA E A SÚA NAI Carmucha perdeu a súa nai cando era moi pequena e o feito de non chegar a coñecela marcouna profundamente en canto á idea que lembraba dela, ata o punto de converterla nun modelo que desexa seguir. CARMUCHA E O SEU PAI A pesar dos problemas que a rapaza ten a miúdo co seu pai, entre eles hai unha relación de afecto como calquera outra. Estas diferenzas xorden tras a morte de Emily, nai de Carmucha, e empeoran cos seus problemas de comunicación, os segredos sobre a morte, as complicacións co negocio do volframio. Afortunadamente, cando Carmucha se ve na obriga de fuxir, rematan abrindo os seus corazóns, dicindo un ao outro todo o que senten e perdoándose un ao outro polo dano que se fixeron ao longo dos anos. CARMUCHA E COLIN Colin era un rapaz inglés ao que Carmucha coñece unha noite no Casino e que en principio só lle interesa para poñer en marcha o seu negocio de compra e venda de volframio. Pero co tempo collen máis e máis confianza e aínda que Carmucha non cría no amor, rematan namorados e fuxindo xuntos a Nova York. FÉLIX E CARMUCHA Os dous rapaces coñecíanse dende que eran pequenos, Félix era o fillo dos caseiros da casa de campo da familia de Carmucha, polo que compartiron moito tempo na súa infancia. Cando a protagonista regresa a Noia e se atopan, Félix lembra a amizade que mantiñan dende que eran cativos e comeza a despertar nel un importante cariño cara a ela que non era correspondido pola outra parte. Aínda así, o rapaz axudáballe en todo o que ela precisaba para cumprir o seu soño e apoiábaa. REBECA Rebeca era unha prostituta á que Carmucha coñeceu cando voltara á vila e converteuse nunha das súas mellores amigas. Por iso, cando Rebeca lle conta que un rapaz que acababa de coñecer lle propuxera marchar a Barcelona para casar, Carmucha sentiu unha gran tristeza e prometeulle que non a ía esquecer. CARMUCHA E O DIÑEIRO Carmucha comeza no negocio do volframio para demostrarlle ao seu pai que aínda sendo unha muller é capaz de levalo a cabo e loitar polo seus soños, para conseguir a igualdade da muller ante o home, para montar unha escola onde a xente que o necesitase poidese acodir... Todo lle vai ben e prospera moi axiña, tan axiña que sen darse conta marca como principal finalidade o diñeiro indo en contra dos seus principios e chegando ao límite de asasinar a un Garda Civil. Rocío Rego, 1ºBAC


Situación das mulleres no libro Febre No libro aparecen distintos tipos de muller, das cales imos comezar a falar. Carmucha é unha moza de dezasete anos, sen medo a ninguén, o que a facía diferente a todas as outras mulleres daquel tempo. Aos catorce anos perdeu a súa nai debido a un cancro de fígado, ante esa perda ela quere continuar a vida que a súa nai levaba a cabo, adicándose á ensinaza. Impartindo nas clases, ela tiña oído que o volframio naquel tempo era unha gran fonte de ingresos e pídelle permiso ao seu pai para exercer como intermediaria na venda do volframio, petición que seu pai non acepta xa que considera que non é traballo de mulleres. Non conforme con iso, vístese de home e entra no casino, onde o seu pai, ao vela, érguese e comeza a golpeala. Carmucha sofre na súa vida represión e maltrato físico nalgún momento. Ela loita pola liberdade e a igualdade da muller. Consegue chegar ao que ela pretendía a costa de perder os seus dereitos. Para todo elo volve sufrir a costa dos problemas que xurdiron na mina co garda civil Marelo, chegando incluso a golpeala varias veces e a violala cando ela, presionada, díxolle que lle gustaban os homes. Chegou a ser considerada unha heroína diante os mineiros, xa que ninguén se atrevía a facerlle fronte a este individuo e incluso chegou a matalo. A súa vida sofre un cambio, é encarcerada e nese momento decide axudala seu pai. Despois deste feito, dado que naquela época a emigración a América estaba en auxe, emigra co seu namorado e comenza alí unha nova vida. Rebeca: esta muller pertencía á vida da prostitución, vida totalmente diferente a anterior; non por iso deixaron de ter unha relación entre as dúas de amistade e loitaron por conseguir unha escola no barrio da prostitución para que así poideran aumentar os seus coñecementos e nalgún caso saír do analfabetismo as mulleres adicadas a esa vida. Ao marcharse esta a Barcelona cun home que coñecera, Carmucha sofre na soidade que a deixa, xa que era o seu único apoio. Manuela, de vida humilde, traballaba no volframio xunto a súa nai e o seu irmán para gañar un sustento, a súa sorte foi fatal xa que unha bala disparada ao aire polo Marelo acaba coa súa vida. Marica: rapaza á que o seu avó lle conta esta historia porque a súa vida era parecida á de Carmucha. El contáballa para que lle servira a ela para encamiñarse nun futuro e evitar todas as discusións cos pais. Farid Trih, 1ºBAC


Visión dos distintos tipos de muller que aparecen en Febre Se comezo falando da protagonista desta historia, hai que dicir que é unha muller con ideas, unha muller que quere cambiar a súa situación nun mundo no que a muller non ten voz nin voto e a pesar disto ela consegue o que se vai propondo, tanto sexa bo como malo. É obxecto de burlas e moitas veces porque ela o permite, aínda que a ela lle importe ben pouco. Sempre intenta por todos os seus medios establecer a igualdade entre homes e mulleres, por iso sae da Sección Feminina onde non querían facer outra cousa máis que ensinar ás mulleres que estudaban alí como debían comportarse na sociedade franquista. Despois de ela conseguir diñeiro, destinouno á creación dun lugar moito máis agradable onde poder ensinar ás mulleres que non souberan ler nin escribir do barrio das prostitutas. Moitas das mulleres tiñan por mal visto todo o que facía Carmucha, por exemplo, cando foi a comprar tabaco e lle preguntaron se era para seu pai, ela contestou que era para ela; entón o da tenda negouse a venderllo e as mulleres alí presentes ríanse de Carmucha vendo como ela reclama a súa ración de tabaco. A parte da sociedade que traballaba na zona libre tamén vía mal que unha muller nova traballase no volframio. En xeral toda a sociedade seguía o que lle impoñía o goberno e tiña en mala consideración ao resto, só pensaba na muller como a ama de casa e a que cuida dos fillos e os educaba segundo a ideoloxía franquista, as demais ocupacións non estaban reservadas para as mulleres senón para os homes. Joel Outeiro, 4ºA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.