Tristes armas

Page 1

As cartas dos nosos personaxes

Club de lectura As mil e unha historias


Santiago de Compostela, 23 de Maio de 1988 Querida mamá, Escríboche esta carta sen saber se estás viva ou non. Se é que a podes ler, que saibas que te quero moito, que moito te estrañei durante todos estes anos, que se pode dicir que foi toda a miña vida. Que saibas que aínda que aquel día non nos puidemos despedir, sempre me lembrei e me lembro dos teus bicos e apertas. Agora que me atopo de volta en Galicia e estou nunha situación bastante estable é cando me podo sentar a escribirche estas catro letras para contarche como pasei a miña vida nestes últimos cincuenta anos. Como ti xa sabes, saímos do porto de Xixón con rumbo a Rusia. A viaxe resultounos agradable, aínda que tamén tivemos os nosos intres de tristura. Viaxamos con outros nenos que se atopaban na mesma situación ca nós. Cando chegamos a Rusia, leváronnos para unha residencia á que lle chamaban a “casa dos nenos”. Iamos á escola, tiñamos xoguetes cos que xogar, tiñamos comida,... En fin, non nos faltaba de nada, só o cariño da familia. Alí pasamos uns anos ata que fomos mozas. Un día leváronnos ver unha representación de ballet a cargo dunha compañía moi famosa en Rusia. Foi alí onde eu me din conta do que quería ser. Quería ser bailarina. Tiven moita sorte e en pouco tempo xa estaba traballando na compañía. Harmonía decidiu ser coidadora de nenos refuxiados e así foi. Eu cheguei a ser unha das bailarinas máis coñecidas e famosas do mundo. Cando me retirei do baile, pasei a ser mestra das máis novas. Pasou o tempo e Harmonía decidiu formar unha familia cun rapaz que coñeceu no barco que nos


trouxo a Rusia. Dende aquela sempre foron amigos. Casaron e tiveron fillos, así que es avoa e bisavoa. Polo que a min respecta, tamén teño dous fillos adoptados, pero os meus son algo máis novos que os da miña irmá.

Tempo andando, cando Harmonía estaba a punto de cumprir os sesenta anos, León, o seu home, reuniu a toda a familia para falar sobre o regalo que lle iamos dar á miña irmá. Propuxo unha viaxe definitiva de toda a familia a Galicia. A proposta foi ben acollida por todos, especialmente polos mais novos quen estaban espectantes por saber como sería a vida nunha democracia fóra de Rusia. Eu dubideino, tiña medo, pero despois de meditalo un anaquiño, decidín que iría a onde fose a miña irmá. Cando o día do cumpreanos lle demos a sorpresa a Harmonía, esta púxose moi leda e enseguida empezamos a preparar a viaxe de volta á nosa verdadeira casa. O día da viaxe todos estabamos moi nerviosos, viaxamos en avión ata Madrid e logo a Santiago. Alí estábanos agardando un vello amigo que nos levou ata a vila. Que ledicia cando chegamos á nosa casa e que tristeza ao mesmo tempo cando a vimos cuberta de silvas e de maleza! Pasaran tantos anos. Puxémonos a traballar arreo e agora estamos a vivir nela. Gustaríanos que viñeses encher ese oco que queda nela. Moitas apertas e bicos e espero ter axiña novas túas. A túa filla. ROSA María Bouso, 3ºA


TRISTES ARMAS (CARTA AOS PAIS DE LEÓN) Rusia, 28 de outubro de 1955 Ola tíos! Como estades? Desexo que esteades ben, eu atópome tranquilo, pero ás veces síntome un pouco só, porque non vos teño a vós comigo. Sodes a única familia que me queda e para min sodes coma eses pais que perdín. Ben, quero dicirvos que me custou moito separarme de vós, que superei axeitadamente ese trance, que non chorei durante aquel percorrido que tiven que facer naquel barco ata que cheguei aquí, a Leningrado (a miña cidade de acollida durante o exilio). Ben, un pouquiño si que chorei, cando se rompeu aquel xoguete que me deran, chorei tanto, tanto que empecei a tremer, que ata me tiveron que levar ao médico. Cando cheguei a Rusia, estaban alí Harmonía e Rosa xunto coa miña mestra, para recibirme. Sei moi ben que coa miña carta ídesvos sentir moi ledos. Imaxino que será a vosa maior ledicia, como o sería tamén para min recibir novas vosas. Ao longo do traxecto en barco, como vos dicía antes, sentinme un pouco triste, pero naquela viaxe coñecín a Harmonía e a Rosa, dúas irmáns tamén exiliadas no mesmo país ao que fun eu. No orfanato que me tocou vivir, estou moi a gusto, porque a cuidadora que nos atende é unha boa muller, ela chámase Mª del Mar. Nese lugar tamén están Harmonía e Rosa.


Dende o primeiro momento Harmonía significou para min unha ilusión, unha compañía, unha amiga en quen confiar. Hoxe quero contarvos que estou namorado dela, pero Harmonía nun principio non parecía estalo. Pola contra, Rosa, a irmá de Harmonía, propúxome ser noivo dela, mais eu manifesteille a miña negativa, dicíndolle que era un pouco nova para esas cousas. Ao cabo dun tempo, cando Rosa tiña nove anos tivo que marchar a Bolshoi estudar danza. Entón aproveitei o momento para dicirlle a Harmonía que nunca me separaría dela. Na actualidade vou á escola cada día, pero teño un pouquiño de dificultade co idioma, aínda que cada vez o falo mellor. Na miña escola tamén está Harmonía e vivo ilusionado ese amor. A Rosa gústalle moito a danza, sempre está bailando, Harmonía ama a profesión de cuidadora e eu quixera ser de maior físico ou científico. Quero compartilo con vós, que sodes os meus tíos, as persoas que me gustaría ter ao meu lado, as que me queredes e ás que eu quero. Quero dicirvos que entendo o exilio que me tocou vivir como unha violación de dereitos humanos, porque a miña vida estaba aí, con vós, rodeado dos meus e vivindo coa liberdade que un día me quitaron. Unha aperta e un bico moi forte do voso sobriño León. Martiño Castiñeira, 3ºA


Rusia, 12/10/1955 Querida mamá: Escríboche esta carta para contarche o ben que estivemos e o ben que nos coidaron no orfanato. O día que collemos rumbo a Rusia, no barco fixeime nun neno chamado León. Era o único neno que non choraba. Cando chegamos alá, coñecemos a María del Mar, a muller que nos coidou durante a estancia. Era a mellor profesora. León estivo enfermo e cando regresou ao orfanato sentinme moi alegre ao velo de novo. Cando chegou cabo de nós funo saudar como se foramos íntimos amigos e setinme moi feliz. Rosa e eu fixemos moitos amigos. Ela ao principio fíxose máis amiga ca min de León, pero eramos bos amigos de todas maneiras. Pasaba o tempo e Rosa medraba moi rápido e cada vez era máis guapa. O resto das nenas tíñanlle envexa. León e eu cada vez eramos máis amigos. El chegou a sentir amor por min, pero non se atrevía a dicirmo. Iso tamén me pasaba a min, dábame vergoña dicirllo. Chegaba fin de curso e estabamos tristes porque cada un de nós marcharía para diferentes sitios, distanciariámonos e non sería a mesma relación. María del Mar, Rosa, León e eu fomos ver o ballet de Bolshoi e ao saír notamos a Rosa algo triste. Non sabiamos o que lle pasaba. Rosa quería ser bailarina. María del Mar intentou axudarlle a conseguir unha praza para poder entrar na escola de baile. A directora citounas e díxolle a Rosa que non podía entrar xa que era maior, pero ela pensaba


axudala a conseguir o seu soño xa que tiña moito talento. E así foi, Rosa chegou a realizar o seu soño de ser bailarina. León ía estudar ciencias para poder traballar en Rusia. Chega o día no que nos toca despedirnos de Rosa, xa que tiña que ir para a escola de baile. Foron todos os seus compañeiros, León e eu, pero María del Mar non puido ir e estívonos observando dende a ventá. No momento da despedida fun moi forte xa que non quería que Rosa se preocupara por min. Estabamos todos á espera de que se subirá ao tren. León agarroume polos ombreiros e, cando montou Rosa no tren e marchou, abraceime a el e comecei a chorar. Despois chegamos a ser noivos. Agora eu estou a coidar nenos, como nos coidou María del Mar, nun orfanato. León e eu temos dous nenos e a Rosa vaille moi ben no baile. É coñecida por todo o mundo. E todos estamos ben. Ben, mamaíña, chegou o final da nosa carta. Espero que ti e Alfredo esteades ben e sexades moi felices. Espero que algún día nos poidamos xuntar todos e estar como nunca estivemos por circunstancias da vida. Quérote moito mamaíña. Un bico e unha aperta moi grande. Harmonía Antía Varela, 4ºA


Carta de Harmonía Dende aquel último día no que vin a miña terra, a miña España, pasaron tantas cousas, Rosa e eu vivimos momentos duros e felices. Ao principio era todo difícil, non volver a ver a nosos pais, a nosa casa, tantas cousas que botabamos de menos. De alí a un tempo xa nos acostumamos, sabía moi ben como estaba a guerra en España e que nosos pais nos mandaran alí para estar a salvo, así que ese era o noso deber. Fixémonos amigas, Rosa e eu, dun neno moi simpático chamado León, somos grandes amigos. Parecía que os conflitos se estaban poñendo cada vez peor así que nos trasladaron a todos os nenos do orfanato a outro lugar de Rusia. Logo está a rematar a escola e cada un de nós deberá irse polo seu camiño para traballar. Rosa decidiu que ía ser unha gran bailarina de ballet así que María do Mar acompañouna para ver se a admitían no Bolshoi e así foi, admitírona con moito gusto da directora. A miña irmá estaba a punto de converterse na gran bailarina que é hoxe en día. León, o noso gran amigo, acabou casando comigo e converténdose nun gran científico de Rusia e, eu pola miña parte, decidín estudar para ser mestra como foi María do Mar. Gustoume tanto todo iso de coidar nenos que decidín que sería o que faría toda a miña vida. Non puiden volver a ver a miña nai porque non tiñamos permitido saír de Rusia debido á información coa que León traballaba, pero Rosa sempre me contaba sobre ela xa que asistía ás veces aos seus espectáculos. Foi un gran cambio o que tivemos que vivir dende que saímos de España, pero pensar en que non tivera coñecido a León, miña irma non tivese descuberto que quería ser bailarina sería moi triste, así que ao final si que agradezo ter que marchar a Rusia porque nos abriu os ollos e vimos como era a vida, maduramos e tamén nos decatamos de toda a dor que supoñía estar en guerra. Pronto voltaremos a España, diso estou segura. Fátima Moirón, 4ºB


Estados Unidos, 28 de Agosto 1998 Filliña, son eu, tua nai, Carmiña. Hai moito tempo que non sei nada de ti. Dixéronme que casaras cun bo home e que volveras a Galiza para quedarte na casa onde viviches parte da túa infancia. Eu ben sei que non sabes nada de min, por iso che escribo, porque sei que o que che conta Rosa de min non é suficiente. Hai bastantes anos eu casei de novo cun bo rapaz para o que traballaba e tiven dous fillos con el. Sempre lembrei a teu pai e nunca o vou esquecer aínda que eu ame tamén a este home co que casei. Marchamos para América, posto que o meu home tiña a súa casa alí. Eu empecei a traballar de mestra na escola pública de aquí e o meu home na súa empresa. Gañamos moito diñeiro e por iso fixemos unha viaxe ao Brasil cos nosos fillos. Agora eu e mais o meu home estamos xubilados e os nosos fillos están traballando un de mecánico e outro nunha xestoría. Tamén sei que teño uns netos preciosos, por iso para o mes que ben irémosvos facer una visita se non vos parece mal, para poder abrazarte de novo e poder ler esa carta que me escribistes hai moito tempo. Ensinareivos tamén o que me deixou voso pai para vós antes de morrer. Non esquezas que vos quero moito e que logo estarei aí para volver vervos. Unha aperta, Carmiña Lara Barroso, 3ºB


Xibraltar, 23 de outubro de 1968 Queridas nenas: Harmonía, espero que te portes ben cos que te coidan e que coides de Rosa. Eu estou moi triste desde que marcharades, pero cando remate a guerra heivos ir coller para regresar á casa. ¡O outro día pasoume unha anécdota! Estaba vixiando, vin como levaban preso ao meu amigo Henrique, pero daquela veume á cabeza o de non axudalo, púxenme a repasar os recordos que tiven con el. Entón fun rescatalo e díxenlle ao garda que mo trouxeran para matalo. O garda tróuxomo, leveino comigo, falamos sobre as nosas vidas e contoume que a súa muller, a nai das nenas morrera. ¡Que pena! Pero a min caro me costou finxir. Queríavos dicir que vosa nai está moi ben coidando os feridos.¡Non vos preocupedes por ela! Mira Harmonía, estou aquí na fronteira, morreu moita xente, espero non sufrir o mesmo; pero se cando acabe a guerra eu estou vivo, irei para unir de novo a familia. Coidádevos moito, Miguel P.D: Non lle comentes a Rosa nada disto, espero que me encontres un xenro. Diego Barja, 3ºA


Hola papá, hola mamá: A viaxe foinos bastante ben, xa estamos en Rusia. Este é un sitio moi acolledor, a verdade. Aquí trátannos moi ben, regaláronnos xoguetes novos e tamén nos mercaron roupa nova. Coñecimos moi bos compañeiros dos que pouco a pouco nos estamos encariñando e eles de nós. A nosa coidadora trátanos moi ben, como se foramos as súas fillas, quérenos moito. Imos todos os días ao colexio: eu vou cos do meu curso, pero Rosa por agora ven conmigo na clase, xa que non quere ir cos da súa. O noso mellor amigo chámase León, é un neno que quedou orfo e só lle quedan uns tíos aos que nin coñece. Xa nos explicaron que as cartas de Rusia ao noso país nativo ían tardar moito en chegar así que, se algún día ledes esta carta, gustaríame que me responderades e que me contarades como van as cousas por aí. Un bico moi forte. Harmonía PD: non vos preoucupedes por Rosa, está tan bailarina como sempre e eu estouna coidando moito. Jennifer Grandío, 3ºA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.