Recomendación 2015

Page 1

“De los diversos instrumentos inventados por el hombre, el más asombroso es el libro; todos los demás son extensiones de su cuerpo… Solo el libro es una extensión de la imaginación y la memoria”. Jorge Luis Borges


LITERATURA XUVENIL REIGOSA, ANTONIO TRECE NOITES, TRECE LÚAS Nesta viaxe percorremos o tempo mitico que vai desde o 25 de decembro ata o 6 de xaneiro. Entremedias practicamos ritos, reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxia e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan tradicionais como cremos.

BORDONS, PALOMA SOMBRA En Sombra, O páramo é gris, as casas da vila, vellas; a xente vai suxa e ten a roupa desgastada. Nulo e Miaja nin sequera se atreven a dicir en alto a palabra fermoso. YE, sen embargo, aínda que nunca o viron, saben que arriba, no castelo, todo é luz, cor e beleza.. Pero é ouro todo o que reloce?

SAMANIEGO, FÉLIX MARÍA FÁBULAS Os animais son os protagonistas destas narracións nas que o autor reflicte de forma satírica e humorística vicios e costumes humanos.


REDONDO, DOLORES OFRENDA Á TORMENTA Un mes despois da recuperación do seu fillo, qa inspectora Salazar segue sospeitando de que súa nai non morreu e que a espreita dende as sombras. Por riba, aparece unha nena morta e Amaia ten que averiguar se Inguma, o demo que lles chucha a vida, é o culpable. Os soños da inspectora non fan máis ca avisala de que remate co mal que oprime á súa terra, de que debe limpar o río do espíritu inmundo que o contamina.

LALANA, FERNANDO EL PASO DEL ESTRECHO O estreito de Xibraltar, un rapaz árabe cunha misteriosa misión, un temible asasino, un contrabandista que garda un inesperado segreto… Estes son algúns dos elementos que, coa intriga, ironía e aventura, se conxugan cunha acción sen tregua para construír un relato de plena actualidade.

FOLE, ÁNXEL TERRA BRAVA Este é un conxunto de relatos contados, como se o autor estivese sentado a carón do lume, por un dos mestres da narrativa galega contemporánea. É un libro de pantasmas, de celos, de premonicións, de crimes e de defuntos.


VERNE, JULIO CINCO SEMANAS EN GLOBO En abril de 1882, Samuel Ferguson, o seu amigo Dick Kennedy e o seu criado Joe, inician en Zanzíbar unha viaxe sen precedentes: van sobrevoar África en globo para intentar unah auténtica aventura xeográfica no corazón de África, un continente entón descoñecido, obxecto de todos os mitos, crenzas e supersticións.

REIGOSA, ANTONIO LU E GO POLA MURALLA Nunca antes un paseo polo adarve da muralla romana de Lugo resultara tan accidentado. Un gato e un rato, Lu e Go comezan unha aventura cando escoitan unhas palabras de Álvaro Cunqueiro que sospeitan da existencia dun fabuloso tesouro na cidade.

MARTÍN, ANDREU LOS DUEÑOS DEL PARAÍSO Dous compañeiros de estudos van escribir unha novela baseándose nos escritos de fray Bartolomé de las Casas, o dominico que denunciou o xenocidio dos indios durante a conquista de América. Mentres discuten, porque teñen puntos de vista distintos, irán namorándose.


FOLE, ÁNXEL CONTOS DA NÉBOA Dezaoito contos nos que o mestre do relato centra as súas historias nas cidades e vilas galegas. Nos contos conflúen a tradición do conto popular coa modernización e renovación do xénero. O autor manexa maxistralmente a fala coloquial, conservando o seu sentido do humor e engadindo pingadelas de misterio que manteñen o interese da lectura ata o remate.

GALLEGO GARCÍA, LAURA FINIS MUNDI Michel, un monxe cluniacense, debe salvar o mundo condeado pola crueldade do home. Para facelo ten que recuperar os tres eixes sobre os que se sustenta a Roda do tempo acompañado por un xograr, Mattius, co que aprenderá a coñecer o mundo e a valerse por si mesmo.

REIGOSA, ANTONIO GALICIA ENCANTADA O proxecto Galicia Encantada naceu para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web , revisados e actualizados, pasan ao papel coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes.


LAS CUATRO ESTACIONES. INVITACIÓN A LA POESÍA Esta selección de textos poéticos de autores como Bécquer, Juan Ramón Jiménez, Jorge Guillén, Pablo Neruda… amosan as estacións como un símbolo das diferentes etapas da existencia humana: a primavera asóciase á infancia e o despertar do amor; o verá, á xuventude e a paixón amorosa; o outono, á madurez e o invierno, á vellez.

MANUEL MARÍA TERRA CHA Terra Cha, publicado por vez primeira en 1954, é sen dúbida un dos seus libros máis intensos e logrados, un sentido canto ós eidos da súa pequena patria luguesa onde os homes, a paisaxe, a palabra, o mundo todo acada unha dimensión íntima e poderosa.

GRIPE, MARÍA LOS ESCARABAJOS VUELAN AL ATARDECER Unha novela de misterio dunha autora imprescindible da literatura europea. Unha casa deshabitada chea de posibilidades. Tres amigos con todo o verán por diante. Unhas cartas antigas cun misterio e un maleficio que non chegaron a desvelar en séculos.


TOLKIEN, J.R. EL SEÑOR DE LOS ANILLOS. LA COMUNIDAD. Na idílica Comarca, un hobbit recibe un encargo: custodiar o Anel único e emprender a viaxe para destrucílo na Greta do Destino. Acompañado por magos, homes, elfos e ananos, atravesará a Terra Media e internarase nas sombras de Mordor, perseguido polos acólitos de Sauron, o Señor Escuro, disposto a recuperalo para establecer o dominio definitivo do Mal.

WELLS, H.G. LA MÁQUINA DEL TIEMPO A obra describe un futuro inquietante no que dúas razas semibestiais, os eloi e os morlock, comparten nunha peculiar simbiose un planeta estraño e desolado no que se produciron catástrofes e transformacións, pero aínda brilla hai unha tenue esperanza, un hálito de humanidade.

LEWIS, C.S. EL SOBRINO DEL MAGO Durante a Segunda Guerra Mundial, catro nenos son enviados á inmensa casa dun vello profesor. Nun armario da súa casa atopan o camino cara a Narnia, un mundo onde viven sorprendentes aventuras.


DELIBES, MIGUEL EL CAMINO Daniel “el Mochuelo” é un rapaz de once anos que desexa estar na aldea cos seus amigos e a natureza que forma parte da súa vida. Pero seu pai vaino mandar á cidade para que estude o Bacharelato, polo que a noite antes empeza a sentir morriña de todo o vivido na súa querida vila.

GRIPE, MARÍA LA HIJA DEL ESPANTAPÁJAROS O mellor amigo de Loella é o espantallo, Papá Pelerín. Seu pai desapareceu e súa nai está de viaxe. Un día súa nai escribe dicíndolle que debe ir a un internado, o cal suporá un importante cambio na súa vida.

LÓPEZ NARVÁEZ, CONCHA MEMORIAS DE UNA GALLIÑA Carolina é unha galiña moi particular. Sumamente inconformista co mundo que a rodea, dende o seu nacemiento comeza a poñer en tela de xuízo as normas establecidas e a reflexionar con ton de humor sobre os valores auténticos da vida, reivindicando así os seus dereitos.


SEPÚLVEDA, LUIS HISTORIA DE UNA GAVIOTA Y EL GATO QUE LE ENSEÑÓ A VOLAR O libro conta as aventuras de Zorbas, un gato grande, negro e gordo, que prometeu a unha gaivota, moribunda a causa dun verquido de petróleo no mar, que coidaría o seu poliño cando nacese. E así o fixo.

MALLORQUÍ, CÉSAR LA CRUZ DE EL DORADO Jaime Mercader recibiu de seu padre todo o cuidado e educación que un xogador e estafador de pouca monta foi capaz de darlle. Cos anos, aprendeu a copiar tales virtudes con singular habilidade. Quizás por iso non estrañarán as súas aventuras...


BEST BOOKS TO READ IN THE SUMMER LOFTING, HUGH THE STORY OF DOCTOR DOLITTLE A lovely story about animals, humans and European and African landscape.

DAHL, ROALD DANNT THE CHAMPION OF THE WORLD A loving father and his son, who live in a caravan, go against the rules of aristocracy and hunt for pheasants in a forbidden forest.

MORPURGO, MICHAEL, THE BUTTERFLY LION Bertie rescues an orphaned White lion cub from the African veld. They are inseparable until Bertie is sent to boarding school far away in England and the lion is sold to a circus.

McKENCZIE, SOPHIE ALL ABOUT EVE TRILOGY Enjoy the love story between Luke and Eve, and the difficulties they have to live their adolescent love. Start with Six Steps to a Girl, then read Three’s a Crowd and don’t miss the final The One and Only.



LITERATURA ADULTOS FOLLETT, KEN LOS PILARES DE LA TIERRA Neste libro poderás adentrarte na Idade Media, un fascinante mundo de reis, damas, cabaleiros, loitas feudais, castelos e cidades amuralladas. O amor e a norte entrecrúzanse ao redor da construcción duhna catedral gótica. A historia comeza co aforcamento dun inocente e remata coa humillacion dun rei.

ANEIROS, ROSA VEU VISITARME O MAR É a noite do 12 de novembro de 2002, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Entón, Alba, bióloga nunha piscifactoría da Costa da Morte, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan desde a súa chegada a Lira unha década antes.

CARRASCO, JESÚS INTEMPERIE narra la huida de un niño a traves de un pais castigado por la sequia y gobernado por la violencia. Un mundo cerrado, sin nombres ni fechas, en el que la moral ha escapado por el mismo sumidero por el que se ha ido el agua.


MOURE, TERESA HERBA MOURA A novela amósanos a figura dun Descartes humano e fraxil a dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Helene Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam. A obra trata múltiples temas con variedade de texto e deita unha ollada critica sobre o devir das mulleres na historia, dándolles voz e recuperándoa para elas.

MUÑOZ MOLINA, ANTONIO EL VIENTO DE LA LUNA En 1969 Neil Armstrong convértese no primeiro home en pisar a Lúa. O protagonista é un adolescente que asiste fascinado ao nacemento dunha nova época. Esta historia de iniciación maxistralmente narrada é un novo episodio no ciclo narrativo de Mágina, localidade que forma parte do imaxinario literario do autor.

FEIJOO BARREIRO, PEDRO OS FILLOS DO MAR A novela condúcenos a través do Vigo de hoxe, cidade que protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos leva ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán. É unha novela trepidante, que viaxa no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.


SÁNCHEZ FERLOSIO, RAFAEL EL JARAMA Un grupo de rapaces madrileños van pasar un domingo do mes de agosto no río Jarama. As súas conversas levan á reflexion sobre o paso do tempo e fan un retrato da España do momento.

LOURENZO, MANUEL O XARDÍN DAS PEDRAS FLOTANTES Simón e Anabel están namorados e a súa historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade, marca as súas vidas. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil sentido do humor, esta novela homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes.

PAMUK, OMAR ME LLAMO ROJO En Estambul, a finais do século XVI, o Sultán encarga un gran libro que celebre a súa vida e imperio. Terano que ilustrar os mellores miniaturistas do momento, pero ó estilo europeo. Cando un deles desaparece, o mestre do taller deberá buscar axuda.


LÓPEZ SILVA, INMA MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Víctor Hugo, nenos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e deprimido dos corenta e dos cincuenta, unha Barcelona de bombardeos e partidas de póquer, Buenos Aires e Nova York son as cidades polas que transita o protagonista desta porción de memoria que non sae nos libros de historia.

LARK, SARAH LAS OLAS DEL DESTINO Deirdre leva unha vida protexida na plantacion de súa nai e de seu pai adoptivo. Aínda que moitos rapaces a pretenden, non sente interés por ningún ata que Víctor Dufresne pide a súa man. Tras unha espléndida voda, a parella zarpa cara a Saint-Domingue, na Española. O que alí lles acontece cambiará as súas vidas por completo.


DIVULGACIÓN HARARI, YUVAL NOAH DE ANIMALES A DIOSES Este libro traza unha breve historia da humanidade, desde os primeiros humanos que camiñaron sobre a Terra ata os radicais avances das tres grandes revolucións que a nosa especie protagonizou: a cognitiva, a agrícola e a científica. Os achádegos da humanidade moldearon a nosa sociedade, os animais e as plantas que nos rodean e incluso as nosas personalidades.

MONTSERRAT RECODER, PEDRO LA CULTURA QUE HACE EL PAISAJE O autor amosa a súa admiración pola cultura dos que vivían en vilas da montaña e anímanos a recuperala para devolverlla á xente nova revitalizada de modo que a xestione de xeito adecuado.

WEISMAN, ALAN EL MUNDO SIN NOSOTROS O autor visitou os lugares clave do planeta e falou con expertos de todo tipo para amosarnos cun enfoque orixinal e intelixente o impacto do ser humano sobre o planeta e a impresionante capacidade de rexeneración da natureza.


BRYSON, BILL UNA BREVE HISTORIA DE CASI TODO Encontraremos aquí uns cantos científicos raros, teorías erróneas que dominaron durante demasiado tempo e varios descubrimentos casuais que cambiaron a historia da ciencia. A forma de contar as cousas de Bryson fai que o como e o quen dos descubrimentos científicos sexa accesible e divertido para todas as idades.

FUSTER, VALENTÍN E SAMPEDRO, JOSÉ LUIS LA CIENCIA Y LA VIDA Os autores reflexionan sobre o papel do individuo na transformación do que o rodea e sobre o seu desexo de contribuír a conseguir un mundo mellor, baseándose en temas como a vida sá, a realización persoal, a ciencia, a relixión, o sentido da vida, da muerte...

ARAÚJO, JOAQUÍN ÉTICAS Y POÉTICAS DEL PAISAJE Que mellor defensa da Natureza e da necesidade de ser conscientes de que formamos parte della que ofrecer as ensinanzas e reflexións de toda unha vida de diálogo ininterrompido coas paisaxes.


YARHAM, ROBER E BLUME, HERMANN CÓMO LEER PAISAJES Esta é unha guía concisa e accesible á maravillosa variedade de paisaxes que podemos atopar arredor de nós. Cada forma do terreo ofrece as claves para comprender como e por que unha área determinada se desenvolveu ata chegar ao que vemos na actualidade.

ARTHUS BERTRAND, YANN LA TIERRA EXPLICADA A LOS NIÑOS Neste libro falarase da inmensidade e diversidade do planeta azul. A través dunha marabillosa reportaxe de cen fotografías, Yann Arthus-Bertrand fainos dar unha volta ao dos hombres e mulleres de hoxe. Un mundo que hai que reinventar para o futuro.

MARTÍNEZ HUERTA, JOSEBA VIAJE A LA SOSTENIBILIDAD Esta guía organízase en tres partes: a primeira explora o significado que para a escola ten a sostenibilidade, os retos que plantexa e as oportunidades que ofrece; a segunda propón actividades e procesos para integrar a sostenibilidade na vida da escola, avaliar a práctica e abordar a planificación dos cambios necesarios; na terceira ofrécense as ferramentas que permiten abordar as actividades e os procesos propostos.



CINE BOLLAÍN, ICÍAR TAMBIÉN LA LLUVIA Cochabamba, Bolivia, año 2000. Sebastián e Costa van facer unha película sobre Cristóbal Colón e o descubrimento de América. A película ródase en Cochabama, onde a privatización e venda de auga a unha multinacional sementa entre a poboación un malestar tan grande que estala a famosa Guerra Boliviana da Auga.

HALLSTRÖN, LASSE LA PESCA DEL SALMÓN EN YEMEN Alfred Jones, membro do Centro Nacional para o Fomento da Piscicultura, rexeita a proposta do seu xefe de introducir o salmón en Yemen. Pero o disparatado proxecto, auspiciado por un acaudalado xeque árabe que quere exportar a arte da pesca con mosca ó seu país, atrae a atención do asesor do primeiro ministro, que quere mellorar o prestixio do Reino Unido en Oriente Medio.

ANNAUD, JEAN-JACKES EN BUSCA DEL FUEGO A acción está ambientada integramente na Prehistoria: tres tribos de homínidos buscan novas formas de conseguir facer lume.


LINKLATER, RICHARD FAST FOOD NATION Don Henderson, un executivo dunha importante cadea de restaurantes de comida rápida de California, debe averiguar como e por que a carne das hamburguesas máis famosas da empresa está contaminada. Para atopar a resposta debe abandonar o seu cómodo despacho para adentrarse no mundo dos matadoiros...

ROBERTSON, SARAH E RAVETCH, ADAM LOS REYES DEL ÁRTICO Documental que segue a vida dunha morsa e un oso polar na terra xeada na que viven, cando o seu fogar se está derretendo e periga a súa existencia.

MONTSERRAT RECODER, PEDRO NORTHFORK No prazo de dous días a cidade de Northfork deixará de existir: quedará sumerxida baixo as augas debido á posta en práctica dun proxecto hidroeléctrico. As chairas desaparecerán, as casas do centro serán aniquiladas polas augas e os habitantes terán que emigrar a terras máis altas. Sen embargo, un pequeno grupo de heroicos veciños non quere deixar a cidade.


JOFFÉ, ROLAND LA MISIÓN Á selva tropical chega o padre Gabriel, que segue o exemplo dun xesuíta crucificado. Cando o aceptan os indios guaranís, Gabriel crea a misión San Carlos. Entre os seus seguidores está Rodrigo Mendoza, extraficante de escravos, mercenario e asasino, que se fai xesuíta e atopa a redención entre as súas antigas víctimas.

RUSSELL, WILLIAM D. LA TIERRA PROMETIDA Un granxeiro irritable e anticuado trata de criar aos seus catro fillos sen a axuda dunha nai. Coa súa obstinación arruinou xa unha granxa e vai camiño de arruinar outra, rexeitando calquera axuda externa e o uso de métodos modernos.

MONTSERRAT RECODER, PEDRO AEON FLUX No ano 2011 un desastre industrial eliminou o 99% da poboación do planeta. Os supervivintes refúxianse na cidade illada, onde se propoñen alcanzar unha vida perfecta por medio dunha revolución.


MONTSERRAT RECODER, PEDRO TIERRA Unha fascinante viaxe pola Terra, de norte a sur e ao longo das catro estacións, para retratar os contrastes entre as diferentes partes do planeta e as súas transformacións naturais. Este documental amosa a beleza do mundo animal e advirte sobre o perigo da súa desaparición.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.