13 anos de Branca

Page 1

Agustín Fernández Paz (Vilalba , 1947)

Libros do autor na nosa biblioteca

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano. Ademais de Perito Industrial Mecánico, Agustín Fernández Paz é Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente durante máis de trinta anos, nos distintos niveis do ensino primario e secundario. Ademais desta dedicación á docencia, desenvolveu unha ampla actividade teórica e divulgativa, centrada en temas como a promoción da lectura, a introdución dos medios de comunicación na aula, a didáctica da lingua ou a normalización da lingua galega nos ámbitos escolar e social. Os seus libros obtiveron numerosos premios, tanto no ámbito galego coma no español. Foi recoñecido dúas veces como o mellor autor do ano Os seus libros gozan do aprecio dos lectores, e moitos deles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno, Trece anos de Branca ou As fadas verdes, superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos. En 2015 recibiu o premio dos Clubs de Lectura escolares de Galicia como autor máis lido. Fonte: http://agustinfernandezpaz.gal/o-autor/

Agustín Fernández Paz

Páxinas web consultadas para a elaboración desta guía: http://agustinfernandezpaz.gal/o-autor/ https://gl.wikipedia.org/wiki/

26 outubro 2015


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.