22 ángeles

Page 1

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

A película baséase no libro Ángeles Custodios (2010) de Almudena de Arteaga.

22 ÁNGELES Os nenos da varíola da galega María Solar -precuela da viaxe que se describe na película– relata os momentos previos ao embarque de Balmis na Coruña e a historia de Isabel Zendal cos nenos do orfanato

Miguel Bqrdem–2016 Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

19 marzo 2018


Ficha técnica Título : 22 Ángeles Direción: Miguel Bardem País: España Ano: 2016 Duración: 103 minutos Xénero: Drama histórico Produción: Four Luck Banana/ TVE Clasificación: Non recomendada menores 12 anos

sinopse O doutor Javier Balmis emprende unha viaxe ás Américas para trasladar ao novo continente a vacina da varíola. No barco no que emprende a travesía viaxan 22 nenos portadores da vacina e, xunto a eles, a directora dun orfanato da Coruña, Isabel Cendal, a encargada de atopar a estes "22 anxos" e a persoa que debe coidalos ao longo desta travesía. Ela debe, ademais, enfrontarse a un barco cheo de homes toscos e rudos mariñeiros, onde o único anaco de civilización quizá sexa o axudante do doutor Balmis, o doutor Salvany.

A VARÍOLA A finais do século XVIII a varíola era a enfermidade máis mortífera á que tiña que facer fronte o ser humano e, concretamente en Europa, chegou a ter unha taxa de mortalidade dun 30%, converténdose nunha auténtica epidemia que se propagou enormemente debido ao gran aumento da taxa de poboación. Incluso os que sobrevivían á enfermidade quedaban cegos, con marcas para sempre ou cunha variante mais rara que producía hemorraxias e era máis letal que o évola, cunha taxa de mortalidade próxima ao 90%.

reparto

María Castro

Carlos Santos

Isabel Cendal

Pedro Casablanc Doctor Balmis

Octavi Pujades Doctor Salvany

CONTEXTO HISTÓRICO DA PELÍCULA

En 1796 o médico inglés Eduard Jenner descobre que as leiteiras contaxiábanse dunha especie de “varíola de vaca?” debido ao contacto con estes animais ao muxilos, pero que dalgún xeito conseguían quedar inmunizadas contra a mortífera variante desa enfermidade que era a varíola humana. Decidiu probar a inocular soro desa varíola a un neno de 8 anos e, malia desenvolver síntomas leves da varíola vacuna, finalmente o neno sobreviviu. Seguiu probando noutros nenos e todos responderon de igual forma, co cal descubrira a vacina contra a varíola humana.

A “Real Expedición Filantrópica de la Vacuna”, coñecida como Expedición Balmis en referencia ao médico español Francisco Javier Balmis, foi unha expedición de carácter filantrópico que deu a volta ao mundo e durou desde 1803 ata 1814. O seu obxectivo era en principio que a vacina da varíola alcanzase todos os recunchos do Imperio español, xa que a alta mortaldade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos. O rei Carlos IV apoiou e sufragou con fondos públicos ao médico da corte, o doutor Balmis, na súa idea dunha vacinación masiva de nenos ao longo do Imperio, xa que a súa propia filla, a infanta María Teresa, sufrira a enfermidade. A expedición saíu do porto da Coruña un 30 de novembro de 1803. Considérase a primeira expedición sanitaria internacional da historia. Texto: Wikipedia Imaxe: http://navalaction.es/la-expedicion-balmis/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.