O AUTOR : Xosé Antonio Neira Cruz
NEIRA CRUZ NA NOSA BIBLIOTECA
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de
libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual.
Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Infor-
mación. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do
sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O
armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán.
Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos
para Teatro de Monicreques con 'O punto da escarola', e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC. As cousas claras foi galardoado co Premio Merlín no
ano 2000 e co Premio Lecturas Gálix no 2002.
Xosé A. Neira Cruz 21 XANEIRO 2013