OS FILLOS DE HAMLET e a noite de WALPURXIS WALPURXIS ou NOITE DE BRUXAS é unha celebración popular que ten lugar cada ano na noite do 30 de abril ao 1 de maio en varios países de Europa Central e Norte, onde se celebra un dos sabbat ou reunións de bruxas mais importantes. Nesta época de transición equinoccial era costume que se xuntasen as bruxas, segundo lendas, nas inmediacións da serra do Harz (en concreto na súa cima máis alta, o Blocksberg) para as súas reunións. A orixe da festividade procede de antigas celebracións pagás celtas, posiblemente da época de losvikingos, adorando e invocando aos deuses da fertilidade a noite do 30 de abril, mesturándose esta celebración nórdica co Beltane celta.
O AUTOR : Agustín Fernández Paz Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de 45 títulos . Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, francés, árabe e italiano. Ademais de Perito Industrial Mecánico, Agustín Fernández Paz é Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente durante máis de trinta anos, nos distintos niveis do ensino primario e secundario. Ademais desta dedicación á docencia, desenvolveu unha ampla actividade teórica e divulgativa, centrada en temas como a promoción da lectura, a introdución dos medios de comunicación na aula, a didáctica da lingua ou a normalización da lingua galega nos ámbitos escolar e social. É un dos poucos escritores que revisa os seus libros xa publicados e os reedita enriquecéndoos e ntroducindo melloras nos textos.
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
AS FRONTEIRAS DO MEDO
Algúns temas para o debate. A que lle tes medo? Lembras algún episodio persoal no que morreras de medo?
Agustín Fernández Paz
Pensas que estamos diante de relatos de medo ou de terror? Localización dos contos: lugares reais? Sitios inventados? Por que pensas que o escritor escolle un narrador en 1ª persoa para os seis relatos?
Libros de Fdez. Paz na nosa biblio
DECEMBRO 2012