CONTEXTO HISTÓRICO DA PELÍCULA
Corren os anos 60 e a Guerra Fría acada un dos seus períodos máis significativos coa chamada carreira espacial, En 1958, a Unión Soviética lanzou o seu pioneiro satélite Sputnik, declarando que tiñan unha tecnoloxía superior á americana . Isto fixo que a carreira espacial se convertese na prioridade número un e máxima preocupación dos Estados Unidos.
A NASA traballaba no chama-do Proxecto Mercury, que consistiría en poñer en órbita ao astronauta John Glenn para que dese unha volta completa á Terra.
A segregación racial faise evidente tamén na sociedade na que viven as protagonistas. Segregar quere dicir “separar”ou “marxinar” . Na sociedade americana dos anos 50-60 blancos e negros debían permanecer separados na vida diaria: vivendas, escolas, transporte, hoteis, restaurantes, incluso os lavabos estaban divididos para evitar que o home branco se contaminase pola influencia do negro. Nalgunhas cidades chegouse a aplicar unha lei marcial que prohibía aos negros saír á rúa a partir das dez da noite.
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
A película baséase no libro Hidden Figures, de Margot Le Shetterly. Esta escritora de non ficción empezou a documentarse e escribir este libro en 2010. En 2014, vendeu os dereitos para facer unha película, cando aínda non se publicara o libro.
FIGURAS OCULTAS Theodore Melfi–2016 Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
18 DECEMBRO 2017