30-xaneiro
PELÍCULAS
Día escolar pola Paz e a non-violencia
BIBLIOTECA
IES POETA AÑÓN -OUTES-
POLA PAZ E A NON-VIOLENCIA
Guía de LECTURAS e PELÍCULAS Curso 2013-14 Poema de William Ernest Henley recitado por Mandela no cárcere. Imaxe e poema recollidos en http://www.actiludis.com
libros CENTAUROS DO NORTE– M. Calveiro Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico. Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e unha moza india, Reina Huarte.
UN ESPÍA CHAMADO SARA—B. Atxaga En plena primeira guerra carlista desenvólvese esta historia de intrigas e traizóns. Martín Saldias é Sara, un espía que, baixo as ordes de Zumalacárregui, realiza unha viaxe desde Bilbao ata a fronte levando información confidencial. No camiño vai atopar todo o mellor das novelas de aventuras: a amizade, a valentía, o amor... . VOANDO SÓ– R .Dahl Roald Dahl introdúcenos nos acontecementos máis fascinantes da súa propia vida narrando as súas viaxes polo continente africano, o terrible accidente cando era un novo piloto de combate na Segunda Guerra Mundial...
EL VIOLINISTA DE MAUTHAUSSEN—A. Pérez Domínguez En París unha parella está a piques de casar na primavera de 1940 pero a Wehrmacht invade Francia e o home, republicano español exiliado, é detido pola Gestapo e enviado ao campo de exterminio de Mauthausen. . LUNA DE LOBOS– J. Llamazares Ramiro, Gildo e Angel, tres soldados republicanos de León, foxen en plena noite das represalias da fronte victorioso que ocupou a súa terra. Refuxiados no monte ven pasar os meses mentres tratan de atopar a forma de sobrevivir e de escapar ao inferno da clandestinidade.
Novela gráfica LAS UVAS DE LA IRA– J. Steinbeck Drama da emigración dos compoñentes da familia Joad, que, obrigados polo po e a seca, vense obrigados a abandonar as súas terras, xunto con outros miles de persoas de Oklahoma e Texas, rumbo á «terra prometida» de Calif ornia.
AGOSTO DO 36– Xosé Fernández Ferreiro O autor aborda o tema da guerra civil en Galicia relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.
LA BIBLIOTECARIA DE AUSCHWITZ - A. G. Iturbe Esta novela está inspirada na historia real de Dita Dorachova, unha pícara checa de 14 anos que é levada xunto á súa familia ao campo de concentración de Auschwitz e que se converte, grazas ao seu empeño e valentía, na celosa gardiá dos únicos libros que existían no inferno nazi. LA LADRONA DE LIBROS –M . Zuzak Novela que describe as peripecias dunha nena alemá de nove anos desde que é dada en adopción pola súa nai ata o final da II Guerra Mundial. A súa nova familia ensínalle a ler e, a través dos libros, Rudy logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristeza. Pero é o libro que ela mesma está escribindo o que finalmente salvaralle a vida .
GORAZDE: ZONA SEGURA J. Sacco Obra mestra que recibiu o premio Will Eisner en 2001 á mellor novela gráfica orixinal e que relata a experiencia vivida polo autor entre finais de 1995 e principios de 1996 nas súas viaxes a Goražde, unha zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia A HISTORIA DE ERIKA– R. Vander Zee Historia dunha sobrevivente do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida.
LA OLA — S. Kampmann Adaptación ó mundo do cómic da novela de Morton Rhue na que un profesor dun instituto californiano, someteu aos seus alumnos a un ousado experimento sociolóxico ao constatar que a estes lles era imposible entender o porqué da pasividade e colaboracionismo da poboación civil alemá con respecto ao nazismo.
TODO 36-39: malos tiempos–C. Giménez Nesta novela gráfica Carlos Giménez céntrase na vida cotiá das xentes, que nas cidades e os campos de España sufrían o medo á morte ao amencer, mentres que en Madrid, como en tantos outros lugares, a fame e o frío, a falta de mediciñas e de roupa, e os bombardeos cobrábanse a súa cota de vidas e destrución .
¡PUTA GUERRA!- Tardy-Verney RUIDO: RELATOS DE GUERRA– J. Murado Historias que transcorren nas guerras da antiga Iugoslavia. O autor mestura lembranzas e ficción sobre o medo, a violencia e a supervivencia.
Tardi retrata a I Guerra Mundial, focalizando no absurdo do conflito e nas historias a pé de trinchera nun cómic claramente antimilitarista e ben documentado grazas á colaboración co historiador Jean Pierre Verney