Guia nadal 2016

Page 1

CÓMIC E NOVELA GRÁFICA FUTBOLÍN– Alessio Spataro A verdadeira historia de Alexandre de Fisterra, o inventor do futbolín. Alessio Spataro constrúe unha magnífica novela gráfica, impresa soamente en vermello e azul (como os xogadores do futbolín), coa que percorre a vida de Alexandre Campos Ramírez, o galego que patentou a versión moderna do popular xogo SANSAMBA I. Franc-S. Martin Esta novela gráfica presenta a realidade de dous personaxes opostos que se atopan e axudan malia as diferenzas de raza, idade, sexo e relixión. Unha reflexión sobre as fronteiras culturais e emocionais a partir dunha amizade, supostamente, imposible. LA CASA: crónica de una conquista– Daniel Torres Daniel Torres explora toda a historia do home e a relación co seu refuxio. Desde a era neolítica ata o século XXI, atravesando o medievo, a época barroca, o urbanismo da Revolución Industrial, as utopías de 1968 ou os modernos rañaceos do pasado século.

CINE

MUSTANG-2015-

Nun pequeno pobo, ao norte de Turquía, cinco irmás orfas, de entre os 12 e os 16 anos, pasan o verán nun xardín paradisíaco de risas e xogos inocentes cos mozos da escola. Con todo, a condición da muller no país non tardará en provocar rumores de inmoralidade e escándalo das mozas, así que os seus familiares, deciden facerse cargo do asunto; isto é, preparalas cara ao seu destino de futuras esposas.

BIBLIOTECA IES Poeta Añón-OUTES

EL HIJO DE SAÚL –2015

No ano 1944, durante o horror do campo de concentración de Auschwitz, un prisioneiro xudeu húngaro chamado Saul, membro dos 'Sonderkommando' -encargados de queimar os cadáveres dos prisioneiros gaseados nada máis chegar ao campo e limpar as cámaras de gas-, atopa certa supervivencia moral tratando de salvar dos fornos crematorios o corpo dun neno que toma como o seu fillo EL MÉDICO– 2013

Ambientada en Inglaterra, no século XI, narra a historia de Rob Cole (Tom Payne), un mozo que se queda orfo ao morrer a súa nai vítima dunha estraña enfermidade. Esta circunstancia anímao a irse a Persia a estudar medicina baixo a tutela do sabio doutor Ibn Sina. POLAR EXPRESS –2004-

MAFALDA . Quino

Todas as tiras da nena arxentina máis famosa de todos os tempos. Da primeira á última tira, poderás gozar de Mafalda, os seus amigos e a súa familia

Nunha nevada noite de Nadal, un neno emprende unha extraordinaria viaxe en tren cara ao Polo Norte. A partir dese momento empeza unha aventura que lle servirá para coñecerse a si mesmo e que lle ensinará que a maxia pode estar sempre presente na vida a condición de crer nela SUFRAGISTAS –2015

PRESAS FÁCILES– Miguelanxo Prado

Juan Taboada, comercial do Banco Ovejero, aparece morto no seu domicilio por presunto envelenamento. Facía tres días, José Manuel da Vila, conselleiro delegado de Bancamar, foi atropelado por un coche; esa mesma tarde morre no hospital.Nun escenario onde os altos cargos que levaron o país á quebra son recompensados con indemnizacións millonarias e a cidadanía sofre as consecuencias da fraude bancaria pola venda de accións preferentes, a Inspectora Tabares e o inspector Sotillo deben descubrir que relación existe entre os crimes recentes e a crise financeira.

O movemento sufraxista naceu en Inglaterra en vésperas da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). A maioría das sufraxistas non procedían das clases altas, senón que eran obreiras que vían impotentes como as súas pacíficas protestas non servían para nada. Entón radicalizáronse e, no seu incansable loita por conseguir a igualdade, arriscáronse a perdelo todo: o seu traballo, a súa casa, os seus fillos e a súa vida. IES POETAA AÑÓN-OUTES Fontes consultadas para a elaboración desta guía: Reseñas dos libros facilitadas polas editoriais. Reseña de “Contos do Mar de Irlanda “de Miro Villar en La Voz de Galicia Sinopses das películas: www.filmaffinity.com

Debuxo: Noemí Rodríguez Lado Añón 2º ESO EDL—IES Poeta Añón

Recomendacións NADAL 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.