Guia nadal 2016

Page 1

CÓMIC E NOVELA GRÁFICA FUTBOLÍN– Alessio Spataro A verdadeira historia de Alexandre de Fisterra, o inventor do futbolín. Alessio Spataro constrúe unha magnífica novela gráfica, impresa soamente en vermello e azul (como os xogadores do futbolín), coa que percorre a vida de Alexandre Campos Ramírez, o galego que patentou a versión moderna do popular xogo SANSAMBA I. Franc-S. Martin Esta novela gráfica presenta a realidade de dous personaxes opostos que se atopan e axudan malia as diferenzas de raza, idade, sexo e relixión. Unha reflexión sobre as fronteiras culturais e emocionais a partir dunha amizade, supostamente, imposible. LA CASA: crónica de una conquista– Daniel Torres Daniel Torres explora toda a historia do home e a relación co seu refuxio. Desde a era neolítica ata o século XXI, atravesando o medievo, a época barroca, o urbanismo da Revolución Industrial, as utopías de 1968 ou os modernos rañaceos do pasado século.

CINE

MUSTANG-2015-

Nun pequeno pobo, ao norte de Turquía, cinco irmás orfas, de entre os 12 e os 16 anos, pasan o verán nun xardín paradisíaco de risas e xogos inocentes cos mozos da escola. Con todo, a condición da muller no país non tardará en provocar rumores de inmoralidade e escándalo das mozas, así que os seus familiares, deciden facerse cargo do asunto; isto é, preparalas cara ao seu destino de futuras esposas.

BIBLIOTECA IES Poeta Añón-OUTES

EL HIJO DE SAÚL –2015

No ano 1944, durante o horror do campo de concentración de Auschwitz, un prisioneiro xudeu húngaro chamado Saul, membro dos 'Sonderkommando' -encargados de queimar os cadáveres dos prisioneiros gaseados nada máis chegar ao campo e limpar as cámaras de gas-, atopa certa supervivencia moral tratando de salvar dos fornos crematorios o corpo dun neno que toma como o seu fillo EL MÉDICO– 2013

Ambientada en Inglaterra, no século XI, narra a historia de Rob Cole (Tom Payne), un mozo que se queda orfo ao morrer a súa nai vítima dunha estraña enfermidade. Esta circunstancia anímao a irse a Persia a estudar medicina baixo a tutela do sabio doutor Ibn Sina. POLAR EXPRESS –2004-

MAFALDA . Quino

Todas as tiras da nena arxentina máis famosa de todos os tempos. Da primeira á última tira, poderás gozar de Mafalda, os seus amigos e a súa familia

Nunha nevada noite de Nadal, un neno emprende unha extraordinaria viaxe en tren cara ao Polo Norte. A partir dese momento empeza unha aventura que lle servirá para coñecerse a si mesmo e que lle ensinará que a maxia pode estar sempre presente na vida a condición de crer nela SUFRAGISTAS –2015

PRESAS FÁCILES– Miguelanxo Prado

Juan Taboada, comercial do Banco Ovejero, aparece morto no seu domicilio por presunto envelenamento. Facía tres días, José Manuel da Vila, conselleiro delegado de Bancamar, foi atropelado por un coche; esa mesma tarde morre no hospital.Nun escenario onde os altos cargos que levaron o país á quebra son recompensados con indemnizacións millonarias e a cidadanía sofre as consecuencias da fraude bancaria pola venda de accións preferentes, a Inspectora Tabares e o inspector Sotillo deben descubrir que relación existe entre os crimes recentes e a crise financeira.

O movemento sufraxista naceu en Inglaterra en vésperas da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). A maioría das sufraxistas non procedían das clases altas, senón que eran obreiras que vían impotentes como as súas pacíficas protestas non servían para nada. Entón radicalizáronse e, no seu incansable loita por conseguir a igualdade, arriscáronse a perdelo todo: o seu traballo, a súa casa, os seus fillos e a súa vida. IES POETAA AÑÓN-OUTES Fontes consultadas para a elaboración desta guía: Reseñas dos libros facilitadas polas editoriais. Reseña de “Contos do Mar de Irlanda “de Miro Villar en La Voz de Galicia Sinopses das películas: www.filmaffinity.com

Debuxo: Noemí Rodríguez Lado Añón 2º ESO EDL—IES Poeta Añón

Recomendacións NADAL 2016


De 10 anos en diante POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS. Fran Alonso Libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a

ARKADYA. Jordi Sierra i Fabra Jai está a piques de cumprir 222 meses e, polo tanto, de alcanzar a maioría de idade. Cando chegue ese momento, tras superar un exame, deixará de estudar na Escola de Recursos e será enviado a un Centro de Produción Tecnolóxico para traballar, atopar unha esposa e reproducirse. A vida está perfectamente organizada e dirixida para os habitantes de Arkadya. Un lugar asfixiante, inhóspito, onde sopran aires de revolución.

De 14 anos en diante A DÚBIDA. María Reimóndez Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home.

CONTOS DO MAR DE IRLANDA. X. Souto . Estruturado en tres partes: Ribeira, Unha marea no Gran Sol e No outro lado do espello, son ducias de historias, que rebordan o anecdotario, por máis que algunhas delas a nós «terrícolas» nos parezan incribles.

CUENTOS POPULARES MEXICANOS.

Novidades XA NON ESTOU AQUÍ. Iria Misa Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan

Jules Verne e a vida secreta das mullerse planta O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?

Ed Siruela Os relatos seleccionados ofrecen unha visión sobre os temas ancestrais que perduraron na tradición dos pobos mexicanos: a creación do mundo, a aparición do Sol e da Lúa ou do primeiro home, así como historias protagonizadas por reis, princesas, animais que falan e cheas de transformacións milagrosas e viaxes cheas de perigos.

A LENDA DE SALLY JONES. J Wegelius Esta é unha historia sobre crimes non resoltos en terras afastadas, en cidades ocultas tras a brétema. É unha historia sobre maldade arteira en xunglas calorosas e sobre unha leal amizade en océanos tormentosos. É unha historia sobre morriña, esperanza e crueis traizóns.

O mono do asasino J. Wegelius É de noite no porto de Lisboa. Baixo o brillo das farolas, un home corre para salvar a súa vida. Chámase Afonso Morro e garda un segredo que persoas poderosas queren protexer a calquera prezo.

EL MÉDICO. Noah Gordon Esta é a crónica da incrible viaxe do mozo Rob Cole, da súa loita contra a enfermidade e a morte, do seu don místico para curar. O seu soño de converterse en médico condúceo desde a Inglaterra dominada pola brutalidade e a ignorancia ata a turbulencia da remota Persia.

TAJ. Andrés Pascual Unha historia de amor co trasfondo da construción do Taj Mahal. Pouco antes de que a fermosa emperatriz do Indostán, Mumtaz Mahal, pechase os seus ollos para sempre, o seu esposo prometeulle honrar o seu recordo co monumento máis fermoso xamais construído. Taj é a historia desa obra magnífica e dos seus vinte mil heroes: arquitectos, calígrafos, mestres artesáns e obreiros que, subidos a lombos de elefantes, arrastraban enormes bloques de mármore.

A CAIXIÑA DOS RANCORES. Héctor Cajaraville A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo.

TODO ISTO CHE DAREI– Dolores Redondo Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, mais reteno a alegación contra a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, dirixe á familia de Álvaro, nobres arrolados nos seus privilexios, e a sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna que se enmascarou como accidental.

AMOR NOS ESCUROS DÍAS DE BIRKENAU Alberto Canal É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que pelexar cos seres máis queridos por respirar a última burbulla de osíxeno que fica nas cámaras de gas? Estas son algunhas das preguntas que asaltaron a Thomas Münch pouco tempo despois de coñecer a Irene Rosenthal na fábrica de munición dos campos de exterminio de Auschwitz, a onde acudía regularmente a cortarlles o cabelo ás presas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.