IRIDIUM

Page 1

FRANCISCO CASTRO –Vigo , 1966É director xeral da Editorial Galaxia, ademais de escritor e profesor. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica 'O ceo dos afogados' que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano. En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010). En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10', obra que recibiría o Premio Frei Martín Sarmiento en 2016. En 2018 entrou a formar parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Fonte: Editorial Galaxia

Libros de FRANCISCO CASTRO na nosa BIBLIOTECA CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

… e outras obras do mesmo autor

IES POETA AÑÓN R/ Poeta Añón, 21 Outes-15230 (A Coruña)

IRIDIUM Francisco Castro –2018-

2 Decembro 2019


ARGUMENTO

Para a reflexión (frases do libro)

PARA o debate

Esta novela conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato e que, coma tantas e tantos do seu tempo, quere vivir a vida con intensidade. Pero Iris ten, ademais, unha discapacidade froito dun accidente de tráfico que lle deixa secuelas importantes. É unha raíña do Instagram, onde ten milleiros de seguidores en todo o mundo; pero estes ignoran o que lle pasa e se o soubesen igual non a quererían tanto. É, pois, unha novela de denuncia da hipocrisía de moitos “normais” que desprezan a todas e a todos os que son diferentes.

Le todo o que che manden ler pero sobre todo o que non che manden ler. P.16

• Como describirías a Iris, a rapaza protagonista? E a

POESÍA NA NOVELA (mencionada por Profelingua2) MORAIMA (Poema de C.E. Ferreiro) Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a espranza. Digo Moraima e ponse azul a alba.

Tento ser unha tía positiva aínda que teña, seino, a vida rota: porque teño a vida rota. Eu tiña un proxecto de vida diferente. Eu quería tirar para adiante e non ter o mundo enriba... P.21 Cago en todos os que van dicindo por aí que a discapacidade é unha beizón, un estímulo, unha oportunidade. Isto é unha putada p.22

Mario? • Identificácheste con eles ou con algún outro persona-

xe nalgún momento? • E se Iris fose amiga túa, que postura pensas que terí-

as? Como te comportarías? Como Rut, a súa mellor amiga? Como Mario? Como o seu pai? Como Chechu? • O pai e a nai de Iris teñen comportamentos parecidos

ou diferentes ante o accidente e a discapacidade da súa filla? • Para a protagonista, ten algunha vantaxe ter un

Os que len libros son máis intelixentes, non si? p..31

DCA? Como se sinte ela tralo accidente? • O libro contén capítulos, pero o autor emprega ou-

Cando quero soñar digo Moraima. Digo Moraima cando a noite é pechada. Digo Moraima e ponse a luz en marcha. (...)

Pablo Neruda, do libro “20 poemas de amor y una canción desesperada”

HETEROCROMÍA IRIDIUM

Os prexuizos da xente son como unha samesuga poderosa que se mete dentro e xa nunca se vai . P.32

tros dous tipos de texto para desenvolver a trama. Recordas cales? Que pretende empregando estoutros formatos?

Se algo malo podo dicir de Mario é que sempre está serio. Incluso parece enfadado. Anda cabreado co mundo. Si que podemos dicir que é oficialmente un malote e un marxinado. Aínda que eu sei que é un marxinado que se marxina soíño… membro do club de lectura que dende primeiro da ESO… así que moi malote non debe ser. p. 50

• Iris sinte o que é a felicidade tras moito tempo, no

Estou farta de tanta amabilidade, de tanto riquiñismo, de tanto hi hi hi ha ha ha comigo por calquera cousa. Como se eu fose a muller máis simpática do mundo. Que non o sexan tanto, cona! Que me queiran menos (...) Quero ser normal e que me traten normal (p.51)

• As miradas / olladas dos demais son un tema que

Mario e eu somos raros.e non o somos por, digamos, as nosas particularidades. Sómolo porque, coa súa ollada, os outros fannos sentir así.. p.59

ma parte de dúas asociacións relacionadas co DCA. Di o autor “que ´todos os días soben o Himalaya. E sen osíxeno”. É isto posible? A que se refire Francisco Castro?

momento en que chega á súa festa sorpresa de volta a vida. Para ti, que é a felicidade? • E o amor? Serías capaz de darlle a Mario esa defini-

ción que busca e que pide ao seu profe de Lingua (p.67)? Iris menciona ao longo de todo o libro. A que pensas que se debe esa insistencia na maneira de mirar dos demais? • Na páxina 103 o autor dá as grazas á xente que for-


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.