CHRISTINE NÖSTLINGER: a autora Naceu en Austria en 1936, no seo dunha familia humilde e antifascista. Ao finalizar o Bacharelato, sentiu atracción polas Belas Artes e dedicouse con paixón á pintura. O seu primeiro libro consistiu nuns debuxos aos que engadiu un texto; pero a crítica fixouse no texto e esqueceuse das ilustracións. A partir desta frustración, comezou unha carreira literaria rutilante. Os seus libros, que nacen de problemas reais, abordados sen dramatismo e case sempre con humor ou ironía, recibiron os maiores galardóns, ata culminar no ano 1984 co “Premio Andersen”, considerado o Nobel da Literatura Infantil. A súa obra abarca máis de sesenta libros para nenos e novos. Algunhas das súas obras son: "Piruleta” "¡Que Noxo "Horario de Clase" "Madisu", "Bonsai" "Por que a Franz lle doeu o estómago" "Mini vai ao colexio". "Rosalinde ten ideas na cabeza". "Konrad". Fonte: www.alfaguarainfantil.com
A autora na nosa biblioteca
CLUB DE LECTURA IES POETA AÑÓN
SOBRE ENCONTROS E DESENCONTROS CULTURAIS PROPOÑEMOSCHE
Intercambio con un inglés (1982) IES POETA AÑÓN OUTES Novembro 2011