Jostein Gaarder
OUTRAS OBRAS DO AUTOR
Escritor noruego, autor de novelas, contos e libros para nenos. O seu pai era director dunha escola e a súa nai mestra e escritora de literatura infantil. Estudou na universidade de Oslo filoloxía escandinava, historia das ideas e historia da relixión e foi profesor de filosofía e literatura nun instituto de Bergen.Tras algúns éxitos no campo da literatura infantil e xuvenil, O castelo das ras (1988), abandonou a actividade docente.
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
En 1990 recibiu o Premio da Crítica e o Premio Literario do Ministerio de Cultura noruegos pola súa novela O misterio do solitario (1990). Pero é O mundo de Sofía, en 1994, a obra que lle converte nun dos autores de maior éxito en todo o mundo, sendo o libro un auténtico bestseller. A obra foi reeditada varias veces e traducida a máis de corenta idiomas. Gaarder investiu parte do diñeiro gañado para crear unha fundación de corte ecoloxista. Tras varios libros de filosofía, como Vita brevis (1996), Gaarder volveu ao relato infantil con Hai alguén aí? ( 1 9 9 6 ) .
PELÍCULA SOBRE A NOVELA
A súa novela, O vendedor de contos (2002), ten trazos a u t o b i o g r á f i c o s . Polo xeral enfoca a súa literatura ao público infantil e xuvenil e sempre invocando nas súas intrigantes tramas un sentido existencial, didáctico e filosófico. Un dos seus últimos traballos publicados en español é a fábula medioambiental A Terra De Ana (2013)
Ano: 2009
Título orixinal: Appelsinpiken Duración: 76 minutos País: Noruega Director: Eva Darh
LA JOVEN DE LAS NARANJAS Jostein Gaarder 28 novembro 2016