ESCENARIOS DA PELÍCULA
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
A rodaxe do filme empezou a principios de 2015 en diferentes localizacions do Reino Unido (Londres, Cornwall e Blackpool), a Bahía de Tampa (México) e os condados norteamericanos de Hillsborough e Pinellas, na zona de Florida, así como en Bélxica.
Esta película está baseada na novela do escritor estadounidense Ransom Riggs, publicada no 2011, que estivo 63 semanas na lista de best sellers infantís do New York Times. Castillo Torenhof en Brasschaat, no norte de Amberes (Bélxica).
EL HOGAR DE MIS PEREGRINE PARA NIÑOS PECULIARES Tim Burton –2016 Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
27 MARZO 2017
O CINE de TIM BURTON
Ficha técnica Título: El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares Título orixinal: Miss Peregrine’s Home for Peculiar Children Dirección: Tim Burton Intérpretación: Eva Green, Asa Butterfield, Ella Purnell, Samuel L. Jackson, Judi Dench, Allison Janney, Rupert Everett, Terence Stamp e Kim Dickens País: EE.UU Ano: 2016 Xénero: Fantástica. Aventuras. Viaxes no tempo. Duración: 127 min.
sinopse
reparto
Eva Green
Asa Butterfield
Se as viaxes no tempo fosen posibles, a que lugar e a que época che gustaría viaxar?
Cres que é posible a existencia “doutros tipos de persoas” que non coñecemos?
Pensas que hai xente que ten “poderes especiais ou peculiares”?
Na trama da película mestúranse dous momentos temporais: presente e pasado. En que momento histórico sitúas a trama do pasado?
Lembras algunha outra película (ou libro) na que teña lugar unha viaxe no tempo?
Como definirías ti a palabra “peculiar”?
Tes algunha conexión especial cun avó, avoa ou outro adulto? Cal é a base dese entendemento especial?
Atopas estes rasgos en “El hogar de Miss Peregrine…?
Unha horrible traxedia familiar leva a Jacob, de 16 anos, a viaxar pola costa de Gales, onde descobre as ruínas do fogar para nenos especiais de Miss Peregrine. Mentres explora os cuartos e corredores, dáse conta que os nenos que viviron alí (un dos cales foi o seu avó) eran excepcionais. Quizá eran perigosos, quizá había unha boa razón para poñelos en cuarentena nunha illa deserta; ata podería ocorrer que aínda estivesen vivos.
MISS PEREGRINE JACOB PORTLAND
A obra de Tim Burton (director, productor e escritor estadounidense) é perfectamente recoñecible por presentar historias escuras e tétricas como en Eduardo Manostijeras, Beetlejuice, Batman, La novia cadáver, Alicia en el país de las maravillas ... Todas elas son facilmente identificables por presentar un personaxe incomprendido, rexeitado pola sociedade e que debe atoparse a sí mesmo. Pero hai moitos máis elementos que están presentes nas súas películas.
Para pensar...
EMMA
BARRON
Ella Purnell
Samuel L. Jackson
MISS AVOCET
JOHN LEMMON
DR. GOLAN
FRANK PORTLAND
Julie Dench
Ruppert Everett
Allison Janney
Chris O’Dowd
Mestura entre fantasía e realidade
Mundos góticos (con castelos ou grandes mansións)
Nomes recorrentes (os protagonistas acostuman chamarse Victor, Vincent ou Victoria)
Mulleres louras (a miúdo estas toman o papel máis inocente e inxenuo).
Actores habituais (Johnny Depp –8 películas-, Helena Bonham Carter –7-, Christopher Lee - 6-).
Personaxes incomprendidos. Os personaxes principais non encaixan na sociedade, non son entendidos. A sociedade mira raro ao protagonista, polo que son inadaptados e antisociais.
Contrastes dentro da sociedade (por unha banda a “normal” e polo outro a dos “estraños”).
Mala relación coa figura paterna.
Presenza do mundo das sombras e das figuras xeométricas (elemento herdado do expresionismo alemán).
Características físicas esaxeradas
Os protagonistas visitan “outros mundos”
O protagonista debe enfrontarse a un monstro (nunha especie de metáfora para exemplificar o que pasa pola súa mente). Fonte: culturacolectiva.com