O misterio das badaladas

Page 1

O AUTOR,XABIER P. DOCAMPO, visto por el mesmo Nacín chairego, fillo de chairegos, o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña nai –meu pai, de Xermar (Cospeito) –, onde fun por primeira vez á escola.  Pasando por riba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudei Bacharelato e Maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Chá, a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fora a estancia. Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica. Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin relatorios en congresos sobre a didáctica da lingua e da literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estrutura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra dela. Estas actividades de reflexión sobre a narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante, en varias ocasións, en eventos sobre tales temas en América. Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica destes medios. Durante un tempo, fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra dela. Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), e durante cinco anos formei parte da súa xunta directiva (dous deles como presidente). Durante tres anos fun columnista semanal na prensa diaria. Déronme algúns premios polos meus libros; por exemplo, os seguintes:  Premio Feira do Libro da Coruña (1989), polo conxunto da miña obra narrativa.  Premio Emilia Pardo Bazán, do Ministerio de Educación.  Premio Rañolas 1994 á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.  Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995.  Honour List IBBY 1996.  White Ravens 1997, da Jugendbibliothek de Munich.  Premio Lecturas, da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GÁLIX), 2004.  White Ravens 2005, da Jugendbibliothekde Munich. 

 

Fonte: www.oqueleo.com

Outros libros de XABIER P. DOCAMPO CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

O MISTERIO DAS BADALADAS Xabier P. Docampo (1986) 27 novembro 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
O misterio das badaladas by IES POETA AÑÓN - Issuu