O mundo secreto de Basilius Hoffman
OS AUTORES FERNANDO M. CIMADEVILA (ESCRITOR) Forma parte activa do panorama literario galego como escritor e editor. As súas inquietudes empresariais empurráronlle a abrir as portas de Auryn, librería do fantástico. Dende 2011 é director literario de Contos Estraños Editora, especializada en literatura fantástica, de terror e de ciencia-fición, que reúne unha nova xeración de escritores do xénero. As súas inquietudes musicais levárono a fundar o grupo The Codename como vocalista. Como escritor destaca o seu labor en literatura infantil coa colección "As aventuras do Apalpador" e a serie de fantasía "O mundo secreto de Basilius Hoffman", un dos maiores éxitos xuvenís dos últimos tempos en lingua galega. Entre as súas afeccións deportivas destacan o taekwondo, o trekking e durmir a sesta cos seus gatos.
CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN
*O mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que abrangue varios medios artísticos, centrados todos eles arredor dunha serie de cinco novelas ilustradas da que ata agora se publicaron dous títulos: O ladrón de soños e Un faro na escuridade. *O autor recoñece que a súa obra é debedora de Tolkien e Michael Ende, pero tamén como outros grandes escritores galegos da materia de Bretaña: lendas artúricas, mitos élficos e lendas atlánticas e mesturado co anterior tamén o “agroterror” ou “terror da terra”. *A pesares do nome inglés do protagonista é unha obra escrita orixinariamente en galego e editada por unha editorial galega: Urco edicións. *A edición en castelán da man de SUSHI BOOKS chegou as librarías en outono de 2014 e xa apareceu como unha das 16 novelas xuvenís recomendadas para o pasado Nadal 2014 en TOPCULTURAL. *Está a piques de saír tamén a edición de “ O ladrón de soños” en eúscaro e catalán. *Na primavera do presente ano 2015 presentarase e sairá a venda a terceira entrega da saga. “Ao comezo houbo un soño, pois todas as cousas, grandes ou pequenas, comezan cun soño”.
IVÁN VALLADARES GONZÁLEZ(ilustrador
)
Naceu en Vigo, formouse de maneira autodidacta e máis tarde completou a súa formación artística na Escola de Cómic Joso en Barcelona. Despois de varios anos en Catalunya, regresa a Galiza onde compaxina o seu traballo coma Creativo Gráfico na empresa Amarouk Studio có de ilustrador freelance tanto para España como para Estados Unidos.
Extracto do Diario do Cartógrafo.
O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN Fernando M.Cimadevila Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
26 xaneiro 2015