A AUTORA: María Solar
AS SÚA OBRA
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
María Solar (Santiago de Compostela, 1970) é licenciada en Xornalismo e en Bioloxía, diplomada en Maxisterio e Especialista en Información Ecolóxica e Ambiental. Traballa como xornalista e presentadora da Televisión de Galicia (TVG) e da Radio Galega. Presentou e dirixiu programas de todos os xéneros. Co programa Zigzag Diario obtivo en 2012 e 2013 o premio Mestre Mateo ao mellor programa de TV, e tamén recibiu o segundo premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación. Desde 1998 publicou varios títulos de literatura infantil e xuvenil, ámbito no que tamén cultivou galardóns: gañou o Premio Frei Martin Sarmiento 2013 ,2014 e 2016 (outorgado polos lectores), obtivo o Premio Lazarillo de Creación Literaria por O meu pesadelo favorito. Seu tamén é o libro para adultos As horas roubadas, editado por Grijaldo (2016). Foi distinguida na lista The White Ravens 2015 que recolle os mellores libros do mundo, con Teño uns pés perfectos. Entrou de novo na prestixiosa lista The White Ravens en 2016. Con Os nenos da variola tivo un gran éxito no 2017. Os seus libros, escritos orixinalmente en galego, pódense ler en distintos idiomas como castelán, catalán, polaco, e pronto en italiano, chinés e filipino.
OS NENOS DA VARIOLA (2017) María Solar Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
5 MARZO 2018