Agustín Fernández Paz (1947-2016)
ARTE, CINE, MÚSICA E LITERATURA na novela
1947- Vigo 2016). Perito Industrial Mecánico; Mestre de Ensino Primario; Licenciado en Ciencias da Educación; Diplomado en Lingua Galega.Traballou como profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES Os Rosais II, de Vigo. Foi unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Desde mediados dos anos setenta estivo ligado aos movementos de renovación pedagóxica. Foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega. Xunto con outros profesores/as, organizou diferentes eventos (Xornadas Municipais de Pedagoxía de Mugardos; Xornadas de Normalización Lingüística de Nova Escola Galega, etc.) e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos. Foi autor de diversos traballos espallados por xornais e revistas (As Roladas, Cuadernos de Pedagogía, Revista Galega de Educación, CLIJ, Signos, TEXTOS, Revista Galega do Ensino -nesta última, levou durante varios anos a sección "O pracer de ler"-, etc.). A maior parte dos mesmos xiran ao redor de temas como a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil e a introducción dos medios de comunicación nas aulas. Recibeu premios correspondentes ó seu labor literario (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove…). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas, coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E (2009) da AELG. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.
A CORTINA EXIPCIA ( Matisse ) Cadro no despacho de Félix Barral
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
CINEMA PARADISO Cartaz da película no cuarto de Milena
TEORÍA DO CAOS ( Marilar Alexandre ) ESTIRPE (Mendez Ferrín) Libros que merca Gabriel o día das Letras Galegas, coa súa sobrina.
SOMBRA DO AIRE NA HERBA (L. Pimentel) Nome da casa rural á que invita Gabriel á´Elsa e milena
TOUT CE QUI MEURT (Connelly) Libro que leva Gabriel na maleta ao desprazarse de París a Monteverde
Agustín Fernández Paz: IN MEMORIAM
TOMBE LA NEIGE ( Adamo ) Disco que regala Gabriel a Milucha
Algúns dos títulos que ten Milena na súa biblioteca persoal
24 outubro 2016